THE MUROS TIMES- Nº 0 - MARZO - 2013

Page 1

The Muros Times ¡¡¡ ANO 0 – Nº 0 – MARZO-2013

REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA

UNA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS The Muros Times ¡¡¡


The Muros Times ¡¡¡ Limiar: Fai non moito tempo, don Jorge Lago, un muradán que reside dende fai moitos anos en Estados Unidos, tivo a feliz idea de crear unha páxina no Facebook a xeito de revista dixital onde recoller os artigos, os escritos e as “cousiñas” que algúns adoitamos a publicar en outras paxinas e sitios de Internet. Deste xeito tan sinxelo e da ilusión que os colaboradores/as convidados amosaron dende o primeiro momento, naceu The

Muros Times ¡¡¡

Dende ambas veiras dun mismo mar e sempre co pensamento posto en Muros, sen ánimo de sentar cátedra en nada e tan só coa ilusión de dar a coñecer aspectos e facetas da vida e da pequena historia de Muros, algúns aceptamos de moi bo grao o seu convite. Outros/as fan dende ela unha labor de divulgación en aspectos tan variados como a mediciña, a música ou a lengua, e entre todos/as puxemos a andar este sinxelo proxecto. Agora da man de dón Manuel Lago Álvarez, damos un pasiño adiante máis e presentamos a publicación en formato de revista. Vaites, que se temos a vosa aceptación e o voso apoio, quizá algún día nos decidamos tamén a pasar tamén ao papel.

The Muros Times ¡¡¡


COLABORADORES:

Jorge Lago de Pexejo Henrique Monteagudo María Castiñeira Joaquín Vilar Antón Lago Alfonso Pouso—Quín Caamaño Escola de Música Esmu—Manuel M. Caamaño Manuela Tajes—Marisé Luces Manolo de Lajo— Manuel Lago

The Muros Times ¡¡¡


The Muros Times ¡¡¡

UNA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS The Muros Times ¡¡¡


A VERSION DO GAÑADOR

A historia escrita polos vencedores non sempre se ten que corresponder coa veracidade dos feitos... De feito, poucas veces se da tal. Nin os indios foros sempre os malos, nin os vaqueiros os bos... Aquí vos deixo u...nha copia do diario de a bordo do fillo da Gran Bretaña e capitán do buque "RMS Loire" Que entrou na ría de Muros aló no mes de xuño de do ano 1804 para conquistar o castelo de Muros e levar canda el de remolque ao buque da Mariña francesa "Le Confiance" que se atopaba fondeado na baia da vila en resgardo e facendo algunhas reparacións. Dende aquela hai un dito moi socorrido na vila cando alguén che pide que teñas confianza en algo ou en alguén. A resposta dun muradán moi posiblemente sexa: "Non home, non. Que a confianza levouna o inglés" Manuel M. Caamaño 4 de xuño de 1805 Novos ataques ingleses ao sur de Fisterra. Valor e Fidalguía en Muros. Segundo despachos de fontes ben informadas o capitán Maitland, ao mando do Loire, soubo por boca de mariñeiros apresados da capturada corsaria Esperanza da existencia dunha nave corsaria francesa de vinte e seis canóns fondeada en Muros, na bisbarra das Rías Baixas, e lista para facerse á vela. Resolto a capturar ou destruír a nave francesa, arredor das nove

da mañá do día catro de xuño, o Loire arrombaba coa marea as inmediacións de Muros remolcando os botes de abordaxe, cincuenta almas entre oficiais e homes baixo o mando, novamente, do bizarro tenente Yeo asistido nesta ocasión polos tenentes dos marines reais Samuel Mallock e Joseph Douglas e o segundo tenente en funcións Charles Clinch. Nada máis acadar a punta de Muros, o Loire viuse sorprendido polo lume dunha pequena batería de dúas pezas longas de 18 libras. Aínda que o capitán Maitland ordenou contestar ao lume puido constatar que os canóns inimigos estaban tan vantaxosamente situados que poderían causar graves danos á súa nave sen apenas recibir danos polo lume contrario. En consecuencia, encoméndaselle ao tenente Yeo a misión de desembarcar e inutilizar a batería. Unha vez que os botes de Yeo dirixíronse cara á costa, Maitland arrombou a súa nave cara ao interior da baía de Muros para descubrir dúas naves corsarias francesas: a corbeta Confiance de trece portas por banda e o bergantín Belier de dez por banda. Segundo parece ambos os dous buques estaban en posición de abrir lume pero, por razóns que descoñecemos, ningún deles o fixo. Iso permitiu que a tripulación do Loire concentrase a súa atención nun forte dotado dunha batería de doce pezas longas de 18 libras que, inmeiatamente, abriu lume a unha distancia menor a un cuarto de milla. Maitland ordenou repeler o lume do fortín pero o tiro inglés, aínda que ben dirixido, resultaba ineficaz fronte á rexa construción inimiga. Durante varios minutos, o Loire sufriu un castigador canoneo que causou varias baixas, concretamente nove feridos tres deles graves. Cremos que de continuar o lume, moi posiblemente o navío inglés resultase destruído ou capturado pero a intervención do tenente Yeo resultou decisiva. Tal e como se lle ordenara, Yeo e a

The Muros Times ¡¡¡


súa forza de asalto desembarcaron e, tras unha breve refrega, neutralizan a pequena batería que hostigaba ao Loire desde a punta. Porén, apercibido do castigo que estaba sufrindo a súa nave a conta das pezas do fortín, resolveu asaltalo. Malia descoñecer o número e forza dos seus ocupantes, Yeo dirixiu á súa exigua tropa por terra acadando a porta exterior do forte. Os españois, que non previran de ningún xeito un asalto terrestre e xa que toda súa a atención concentrábase no Loire, deixaran aberta a porta por que irrompeu a tropa inglesa. A gornición contaba con vinte e dous soldados españois mas un considerable número de cabaleiros e aldeáns voluntarios e uns cen homes da dotación do corsario francés Confiance. A loita no interior foi breve e sanguenta pero a sorpresa e o arroxo foron bazas fundamentais para que, ao cabo de pouco tempo, as cores británicas ondeasen no máis alto do forte. A seguir, unha vez cravados os canóns e estragadas as cureñas, procedeuse a voar as troneiras e outras partes do fortín para embarcar nos botes e regresar ao Loire. As baixas

na forza do tenente Yeo foron de seis feridos, incluíndo ao propio Yeo, o señor Clinch, tres mariñeiros e un marine. Paralelamente o capitán Maitland, tras facerse cargo dos dous corsarios franceses e dun bergantín mercante español tamén fondeado, enviou unha mensaxe á poboación asegurando que en ningún momento daríanse actos de pillaxe nin se atentaría contra as vidas e bens de propios. Unha delegación formada por notables de Muros agradeceu persoalmente ao capitán inglés o seu nobre xesto así como o cristián proceder do tenente Yeo e os seus homes cos feridos españois e franceses do fortín. Unha vez máis séntense os efectos do bloqueo británico e da audacia dos seus ataques. Polo menos cabe agradecer comportamentos como os do capitán Maitland que, no seu dereito a facer a guerra, procuran evitar sufrimentos aos paisanos.

(Manuel Martínez Caamaño)

The Muros Times ¡¡¡


<meta http-equiv="refresh" content="0; URL=/home.php? _fb_noscript=1" /> <meta http-equiv="X-Frame-Options" 1.

content="deny" />

O NAUFRAXIO DO GRAN LIVERPOOL O 24 de marzo de 1846 reinaba un forte temporal do suroeste en toda a costa, ainda que o barco navegaba con normalidade rumbo norte e tras haber pasado a costa portuguesa sin percances, o estar chegando a altu...ra de Fisterra parece que o capitán corrixeu o rumbo a estribor demasiado pronto, ou o vento de suroeste abateuno sin él percatarse de que o desviou da derrota marcada na carta. O caso é que tocou uns baixos entre os cabos de Corrubedo e Fisterra, seguramente Meixide, danando o buque pero non de maneira considerable. Visto o acontecido o capitán decide introducilo barco ata entrada da ría de Corcubión e embarrancalo na praia de Gures. Varou o barco de punta, e decir perpendicular a costa, para así ser máis doado o séu reflotamento, pero a forza do vento e as olas atravesarono quedando paralelo a praia. Salvouse toda a tripulación e maila pasaxe, coa única perda dunha pasaxeira e a carga. Conta a lenda que a muller nunca máis apareceu por mor do peso das xoías que levaba encima. Sigue contando a lenda que o capitán se suicidou posteriormente cortando o pescozo cunha navalla barbeira, por a dor da morte da pasaxeira, que o parecer lle fixera as beiras durante a viaxe de volta da India. By: Manolo de Lajo

The Muros Times ¡¡¡

Adicado os/as que viven algunha ausencia.

RECORDOS A nosa infancia é un retrato, un pasado en branco e negro, lembranzas de anos idos polas rendixas do tempo. Fotos de cores marelas,... de experiencias xa vividas, unhas de risas e festas outras de dores sufridas Mirar atrás non é retroceso, eu diría lei de vida, aínda que ollando en exceso xurda algunha ferida. O pasado non sempre pasa, moitas veces permanece, o presente non ten memoria e o futuro adoece. (Joaquín Vilar Gómez)


O Faro de Monte Louro Aí o está, non o asemella, pero o faro de Monte Louro xa ten 152 anos de vida! Foi construido coa finalidade de embocar a ría de Muros librando dos baixos de Virullos e Ximiela. A súa, luz vindo de norte para sur, e ...sempre co alto do cabo da Nave á vista por fora do cabo de Fisterra (para librar por fora de Meixide) non é visible até estar ao W verdadeiro do faro; que é cando se está libre polo S. dos devanditos baixos. Pola parte de sur da ría, deixa de ser visible por debaixo do 205º, o que permite libras sen problemas do baixo de Baia. Foi unha gran axuda para todos os navegantes o establecemento e de seguro que evitou máis dunha perda nos traizoeiros baixos que están na embocadura da nosa ría. ................................... "O proxecto deste faro redactouse en 1860 e saíu a poxa o 12 de abril do mesmo ano cun orzamento de contrata de 98.168,12 reais. Consiste nun pequeno edificio de planta rectangular de 11 x 10,20 metros a torre é tronco piramidal de sección hexagonal e cunha altura de 5,30 metros coroados por un balconciño lixeiramente voado sobre o que descansa a torre grande cilíndrica que, pola súa parte, soporta a lanterna poligonal de 1,60 metros de diámetro con cristais planos e montantes verticais. Os traballos finalizáronse en 1861. O seu aparello luminoso, da casa Sautter, con óptica de 375 mm de diámetro e unha lámpada de émbolo que utilizaba como combustible aceite, posteriormente substituída por unha Maris de petróleo. O custo da lanterna e o aparello ascendeu a 6.197 pesetas. A súa instalación foi realizada a principios de 1862 por D. Feliciano Mariño. (Nota do Instituto de Hidrografía. Ano 1862). “Está situado na Punta do Queixal do monte Louro, a 82º E da cúspide do mesmo, na embocadura da ría de Muros. Ten as seguintes características: Aparello catadióptrico de 5ª orde. Luz fixa branca. Alcance en estado ordinario da atmosfera 10 millas. Latitude 42º 44´10" N. Lonxitude 2º 51´45" Ou de San Fernando. Elevación do foco luminoso sobre o nivel do mar 27,5 metros sobre o terreo 8 m. A torre é hexagonal, da cor claro do granito do que está construída, e a lanterna octogonal branca; está unida á habitación dos torreiros, a cal é rectangular e pintada de branco con ventás verdes. ACESO O 15 DE XULLO DE 1862.” Por aplicación da reforma do

Plan de 1902, en 1019 realízase un proxecto de reforma do aparello, axustándolle un xogo de pantallas xiratorias accionadas por unha máquina de reloxaría, conxunto que se adquiriu á empresa Maquinista Valenciana. A característica resultante quedou así en grupos de 4 e 1 ocultacións brancas. Así permaneceu ata o 18 de abril de 1949 en que se substituíu a lámpada Maris por un sistema de acetileno composto por un destellador AGA con válvula solar e queimadora de 25 l/h. Ao tempo se lle cambiou a característica a grupos de 2 + 1 escintileos brancos e 12 millas de alcance. Isto significou a supresión do persoal que o atendía, agregándose o servizo ao do faro de Rebordiño, onde lle situaría a residencia do técnico. Actualmente encóntrase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica fornecida por seis módulos de 75 W/p Reforma esta realizada a principios do ano 1993."

The Muros Times ¡¡¡

(Manuel M. Caamaño)


ROSALÍA DE CASTRO E O GALEGO Estes días recibín varias consultas sobre a decisión de Rosalía de deixar de escribir en galego, cuestión que puxo de actualidade a escritora Marta Rivera de la Cruz co gallo dunha polémica na que non vou entrar. Para quen queira saber sobre o asunto, resumo: Rosalía remata o prólogo da súa última obra en galego, asinado en marzo de 1880, afirmando: “Alá van as ‘Follas... Novas’, que mellor se dirían vellas pois o son, e últimas, porque pagada xa a deuda en que me parecía estar coa miña terra, difícil é que volva a escribir máis versos na lengua materna”. Un ano máis tarde, escríbelle a Murguía en carta: “Te he escrito ayer, pero vuelvo a hacerlo hoy deprisa para decirte únicamente que me extraña que me insistas todavía en que escriba un nuevo tomo de versos en dialecto gallego […] ni por tres, ni por seis, ni por nueve mil reales volveré a escribir nada en nuestro dialecto, ni acaso tampoco a ocuparme de nada que a nuestro país concierna”. Téñense dado varias explicacións da decisión da autora (Alonso Montero, Francisco Rodríguez…). As palabras da carta a Murguía, como reacción ante as furiosas protestas que suscitara un artigo de prensa, “Costumbres gallegas”, en que falaba dun suposto costume das familias mariñeiras, artigo que críticos benpensantes xulgaban aldraxante. Doutra banda, Dolores Vilavedra ve a decisión de Rosalía como consecuencia da súa frustración polas dificultades que tivera para publicar “Follas Novas” (tardou varios anos en conseguilo) e sobre todo pola mala acollida da crítica seria coetánea (Valera, Paardo Bazán), que aplaudía o uso do galego en obras de sabor folklorizante como “Cantares”, pero enxeitábao na poesía de maior alcance, como “Follas” (D. Vilavedra: “Rosalía de Castro: Escribir desde la(s) frontera(s)”, en “Canon y subversión. La obra narrativa de RC”, pp. 45-60). Henrique Monteagudo

Velliña frente ó mar ( testemuña de esperanza ) Por Joaquín Vilar

Es NAI silandeira, curtida na espera, daquel que se marcha, do que nunca chega. Es VIÚVA de náufragos, no mar soterrados, e tamén dos vivos polo mundo espallados. Es MULLER de néboa, pouco tempo compartido, de home navegante e mariñeiro, frío alento recibido. Es AVOA de arrugas, vestida de sabios consellos, a da mirada perdida entre farrapos vellos. Só quedas Ti, e Ti es todas: nai, viúva, muller, avoa… cen mulleres nunha soa! Adicado os mariñeiros muradáns de onte, de hoxe, de sempre...

The Muros Times ¡¡¡


Quixera agradecer os creadores o terme en estima pra incluírme como administrador-colaborador en ista gran idea , e como primeiro aporte gustaríame que iste pequeno texto , fose unha homenaxe de recoñecemento a esas nais que un día nos tiveron que ver marchar lonxe do seu carón...

LUNA LUNERA... A través de la gris ventana observo como la pálida Luna, con su tenue luz dibuja mil y una formas de penumbra , al reflejarse en el árbol del parque. Vuelan a mi mente en tropel, una gran ola de recuerdos arremolinados Cuál torbellino en mi interior. Son un sin fin de momentos pasados, de vivencias de mi niñez, algunos de los cuáles , producen en mi rostro una mueca de felicidad agridulce... Con cariño aún veo nítido como el primer momento ,esa silueta recortada. En el lateral de mi cama, llenando las negras sombras nocturnas de estrellas para mí. Infatigable mujer, la que llenaba de luz mis días, la que velaba la noche si enfermo me ponía… Cuanta ternura derrochaba para con sus hijos... Siempre dispuesta a regalarme un beso, una caricia, y con su faz serena de eterna sonrisa por mas cansada que llegase a casa , después de una agotadora jornada . Eran tiempos obscuros, de pobreza miseria y exiguos recursos para la mayoría de nosotros; Tiempos en los cuales, nunca dejaste que viésemos la crudeza de esa precariedad. Hoy te digo todo esto, mirando desde mi ventana de gran ciudad la Luna… Esa misma Luna, que tantas veces incluías en tus cuentos, y lo mismo era el castillo de un malvado mago, Que una gran bola de queso, en la cual vivía el ratoncito Pérez… Te digo todas estas cosas, sin hablar, como tan solo tú y yo sabemos hacerlo, con los ojos de una sola alma. Quiero decirte, MADRE, que aún eres mi faro y guía, y hoy al poder tenerte a mi lado aún, ¡El motivo de mi alegría!. Quisiera decirte tantas cosas.... Desearía estar a tu lado, que me arroparas de noche, como hacías antaño, besar tu blanca frente , sentado en tu regazo, compartir un caramelo. Mordisqueando ambos lados… Al fin y al cabo MADRE, sigo como de niño... hablando yo demasiado. Pero si hoy hago esto, con la Luna divagando… Mientras refleja las sombras , del parque en el viejo árbol, tan solo es la esperanza , que mi pecho ha guardado, que el alma ordene hoy a este corazón alado … que vuele hasta ti madre mía, y te diga QUE TE AMO… © a.pouso

Breve Historia do Piano Forte O piano pódese considerar sin dúbida algunha o rei dos instrumentos musicais. Pero non sempre foi así. Os seus orixens son moito máis humildes e plebeios podendo atopar entre os seus ancestros a cítara, ainda que a sua evolución ven máis directamente do Clavicémbalo, 1. chamado tamén Clavecín. A medida de que as composicións musicais ian evolucionando e crecendo na sua complexidá, os Clavicémbalos íanse quedando rezagados nó que eran capaces de dar de sí e como ocurre moitas veces, a technoloxía e a necesidá viñeron en axuda dos exighentes. Alá polo 1700, o paduano Bartolomeo Cristofori soupo ver a necesidá de superar as limitacións dos instrumentos de teclado existentes e lanzóuse a experimentar, coa axuda do mecenas Fernando II de Medici para o que construeu o primeiro “Piano e Forte.” A gran virtú e diferencia eran precisamente o que o nome implica; un instrumento que poidera producir diferentes grados de intensidá fortes e suaves dependendo da presión exercida sobre as teclas e un sistema de escapamento que permitira rapidez nunca antes lograda cando os martelos golperan as cordas. A través dos anos e coa chegada da revolución industrial, o piano foi medrando e mellorando técnicamente. A posibilidá de fabricar alambres de aceiro máis resistentes e o marco de ferro fundido perimitiron que se chegaran a fabricar pianos que aguanten unha tensión de unhas vinte toneladas con caixas de resonancia moito mais amplias, mellora da tonalidá, timbre, potencia acústica e tesitura. Con máis de 5000 partes o piano requiere ademáis de afinamento periódico, mantemento técnico por xente especializada. Quero con esta sinopsis rendir homaxe a un instrumento que gracias as suas posibilidades técnicas i expresivas inspiraron a un sinnúmero de virtuosos a compoñer e realizar algunhas das obras que máis enriqueceron a humanidá. (By Jorge Lago de Pexejo)

The Muros Times ¡¡¡


o Balandro “Joaquín Pérez”

ñeiro, peitos e curazóns finchados como velas pol’o alento da Raza, técnica sinxela e eterna do náuta, e do pescador, todo isto cantará na yalma dos Ultreyas como canta o vento nas furnas e nos piñeirales. Dende a mar a fisiognomía da Galiza xurde crara e sin dúbidas, c’a sua enerxía espranzada dos Ultreyas, dos chamados a maguer a redenzón galega, ca benzón dos bardos precursores, da aldeia, e da mariña, ca intensa benzón da sua concenza galega. Honra pra quen soupo avencellar ôs mociños no ordre dos Ultreyas. Co eles, navegando pol’os roteiros da mar de Amadís, o berro litúrxico dos pelegrinos da vía Francígena, recibe o baptismo da mar. No seu branco barco, navegan engayolados nas velas e nos paos, nosas millores espranzas. E cando, pol’a noitiña, chegando ô peirao amigos, os rapaces Ultreyas entoen de concerto cas ondas, as estrofas bariles do Hino Galego, seu canto resoa, ô lonxe, vencedor de montes, de mesetas, e de incomprensiós nos peitos dos que en Madrí —Castelao, Villar Ponte, Picallo, e moitos outros bós e xenerosos— sentimos queimante a febre da saudade." .......................................... E don Fermín Bouza Brey compuxo esta regueifa, para conmemorar tamén a viaxe destes pioneiros galeguistas:

O día 1 de xullo do ano 1932 foi unha data histórica para Galicia e para Muros. No balandro “Joaquín Pérez”, deste porto, ondeou por primeira A balandra dos “Ultreya” vez nun buque, soa e sen ningunha outra, a bandeira Galega. Foi con leva os corazóns por vela; motivo dun cruceiro de estudos... que fixeron alumnos e profesores <meta http-equiv="refresh" content="0; URL=/home.php?_fb_noscript=1" /> <meta http-equiv="X-Frame-Options" c navega cara ao Futuro … dende esta vila e porto, percorrendo a costa galega, ata Vigo. Don Ra1. ¡toda Galiza vai nela! món Otero Pedrayo faise eco dese senlleiro viaxe nun artigo de prensa con estas verbas: "Cecais hoxe, ista mañán, co primeiro locir do día no Toda Galiza vai nela, lombo das ondas, terá saído de Muros a náu argonáutica dos Ultreyas. prenda do meu paladar. Do Muros céltigo asucalcado xardín urbán na aba do monte vixiante, do ¡Os mares polo Infinito Muros cuias donas teñen un andar de “mermaid”, do Muros aínda cheo que leviáns son de pasar! da lexendaria épica das antergas navigazóns a vela, da vila que ten ancorada diante o bruar atránteco a insoa de soedade do Monte Louro. Que leviáns son de pasar, Esperimentamos unha saudade non privada de envexa. Nos eiquí alaprenda do meu corazón, peados no cerne da meseta mais pol’a incomprensión que pol’o sol os astros forma triskeles trunfal aínda queimante de intransixenza. Eles, os mociños, os Ultreyas en cada constelazón. a espranza frolida da Galiza, navigando, a yalma resoante de cósmecas e raciales armuñías. Eiquí, n’iste intre a envexa nosa pode ser perdoaEn cada constelazón da. Os Ultreyas, os da Beiramar e os do centro da Galiza, van recibir co oise cantar unha estrela: iste viaxe o doutorado espirtoal sumo da galeguidade na Universidá da “Velaivén a fror das naos, mar e da costa. Os ollos e os anceios galegos, como os ríos da Terra, ¡¡¡toda Galiza con ela”!!! .... viven dende os orixes alagados de océano e de Oucidente. Como nas serras latexa un arelar de se deitar na onda en rexa figura de esculturaMuros foi o punto de partida do promontoiro, como os vales deixanse morrer gostosamente franda "Nao dos Ultreias". queados no seo materno das rías, a yalma galega fleta no ensoño e no pensar, as naus, proa ô infindo, das descobertas. Deica onde chega a Foi o barco muradán "Joaquín Pérez" o que por nuben e a orballeira mariña, chegan os marcos materiaes da Galiza, e primeira vez enarbolou orgulloso a nosa bandeiela, a Nosa Terra, perfeizoa seu paisaxe na Beiramar. Os Ultreyas, finara no bico do seu mastro. Foi dende Porto Piollo do o curso, pra folgar galegamente, fán iste periplo revelador, ô largo onde dou comezo aquela odisea. Os muradáns d’un arco da nosa costa. Mirarán ô vello cabo onde Pondal mirou a despediron a Nao e, ¡¡¡toda Galiza con ela”!!! imaxen prometeica e tráxica do destino, mirarán as Illas arrincadas a Hoxe os nosos corazóns latexan de orgullo ao Terra pol’os bicos amorosos da mar, e pousados os ollos no branco lembrar que naquela bandeira, ondeaba tamén vagantío das praias e no paralelo decorrer das serras e das ondas, seno sentir de moitos muradáns. tirán a presenza material da Galiza eterna, guiada pol’os Faros simbólecos e pol’os Fachos adustos, na noite acesos de lumes estelares. Xuven(Manuel M. Caamaño.) tude, veciñanza da fonte primeira, vibrazón de inmorrente enerxía, paixón saudosa medida e aproveitada no esforzo, enxebre falar mari-

The Muros Times ¡¡¡


misa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saia

TERBUTALINA

á lus (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado Que-de-leite! con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarja. Os 15 temas do Broncodilatador son unha pequena mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a

Ahí vai… información do grupo muradán, TERBUTALINA que o 7 de Marzo estrearon o seu novo disco "Ritmo Serbio" na Sala Capitol en Santiago. E vós de quen sodes? A Terbutalina nase no insentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Exmembros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiant...e e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de jaraxe, o punk e outros sons. En 2011 lansan o seu traballo de presentasión Live in Catoira, que recolle 8 temas dun conserto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a cabesa).

súa formasión nos diferentes consertos que teñen ofrecido ao longo da xeografía galega, nos que mesturan diversión, velosidade e empanada. Na primavera de 2012 ve a lus un novo EP jravado en Portugal baixo o título Hostias para todos. Este traballo contén sete temas directos e susios nos que mesturan estilos, sachadas á altura dos xeonllos e cabesadas na nuca. O sexto corte do disco, “Suisidarse”, contará tamén cun videoclip dirixido por Lucas Nadal (director de vídeos para jrupos como Ataque Escampe ou Samesugas). Ademais deste lansamento, tamén colaboran cun tema no recopilatorio Galician Bizarre II, que recolle cansións de até 18 bandas. E despois? Pois non parar de tocar, que para apalancarse hai tempo a jodelo. Bailen, hostia! Bailen!

Meses despois viaxan até L.A. para jravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador. Un disco con 15 rasións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a pre-

The Muros Times ¡¡¡

(Quin Muros Negreira)


LENDA DA CASA DOS MEDOS Vouvos a relatar unha lenda que nos contaba miña avoa cando no inverno nos sentabamos arredor da cusiña de ferro. Na divisa entre os concellos de Muros e Carnota, na veira da estrada, encontrase unha casa misteriosa a cal estivo deshabitada por un longo período de tempo. A razón de que así fose, atribuese a un horrendo crime que nela aconteceu. Marmuraba a xente que a casa tiña un maleficio ou mal de ollo como sole decirse entre nos, é naide conseguía morar nela por mor dos ruidos e griterios que se escutaban de noite. Actualmente está habitada, pero para que eso fose posible, o novo inquilino tivo que traer dende a Amazonía brasileira o famoso Indio Amazónico (aljo así como os que quitan o aire entre nos), para desfacer o entorto. Tan grande debía de ser o maleficio que a volta de tres dias do seu regreso o Amazonas, o dichoso indio morreu dunha enfermedade que era moi común na miña infancia e que non había vacina para ela, "MORRER DE REPENTE". Para mín sempre foi unha incognita dita enfermedá, escutar a xente preguntar ¿elo de que morreu fulanito? pois morreu de repente, meu probe tan lusido como se via. Ainda que o caso máis sorprendente desta enfermedade foi o de unha visiña que era diabética, e por San Xoan a familía fixera uns cachelos para cear, é ela non podendo aguantar o covizo pois douse unha enchenta deles, con tan mala sorte que o outro día apareceu morta na cama. Lembro de estar no velorio cerca do viudo e escutar preguntarlle a unha muller de que morrera, sendo a súa resposta, pois morreu dunha cachelada nosa María. Pero voltando o conto da dichosa casa dos medos , conta a lenda que a primeiros do século XX moraba nela un rudo mariñeiro curtido en mil batallas, curiosamente era un retornado da guerra de Cuba, a guerra dos probes, porque os ricos pagaban por non ir. Dito mariñeiro non se relacionaba coa veciñanza e ademáis non deixaba que naide ollara a súa muller, soio algunhas línguas contan de ver asomada por a fiestra unha cara triste de ollos verdes e cabelos dourados. No lugar chamabanlle a meiga.

The Muros Times ¡¡¡

Pasado un tempo a meiga morreu, seguramente de tristura, e o rudo mariñeiro soterrouna no soto, data a partir da cal se comenzaron a sentir uns ruidos de cadeas (coas que él a tiña amarrada) arrastrandose por o chan e uns gritos infernáis. O mariñeiro non podendo soportar o calvario que lle tocaría vivir, adentrouse no mar nunha noite de inverno para núnca máis voltar. Lembro de xoven de pasar unha noite con un grupo de amigos, que ainda viven e poden probar a veracidade, e escutar as cadeas e os gritos, pero o máis sorprendente foron as manchas de sangre nas paredes. Algunhas rapazas do grupo ainda creo que están correndo hoxe cara a Muros. By: Manolo de Lajo


POZO DO CACHÓN-A Ponte dos Muíños P/ Joaquín Caamaño) Ignacio Pérez Bazarra era natural de Muros, emigrou a América e ao seu regreso solicita construír “unos molinos harineros de maréa”, información recollida nunha copia de 1830 do plano do proxecto de construción cuxo orixinal (hoxe desaparecido) data do 15 de setembro de 1815. O “Gremio del Mar de Muros" regalou ao Sr. Bazarra os terreos para que construíse o muíño. Con todo, houbo unha serie de problemas cun forasteiro, desterrado político que se apropiou destes terreos, pero finalmente a construción do muíño foi posible grazas ao interese do Gremio en que se levara adiante o proxecto. Na década dos 30, crese que o muíño xa estaba abandonado e que foi comprado por Abelardo Dubert Siaba, fillo dun francés afincado en Muros. Outras fontes sitúan a compra cara ao ano 1890, polo que a data non é segura. Dubert encargouse de restauralo anexionándolle unha casa de baños. En total o muíño tivo nove propietarios, sendo hoxe en día propiedade municipal. No ano 1990 iniciáronse as obras de restauración que foron rematadas en 2005. Hoxe acolle o Centro de Interpretación da Ruta dos Muíños da Costa da Morte. Descrición: Trátase dun conxunto de muíños de marés reunidos nunha única edificación, sendo un dos muíños da súa tipoloxía máis grandes de España. É de planta rectangular alcanzando un gran desenvolvemento lonxitudinal, feito na parte inferior só con perpiaño e na superior combinado con cachote. Ten dúas portas de acceso e tres fiestras no muro onde ten as portas, catro no muro oposto e no lado estreito e extremo ten dúas superpostas. Consta de dúas plantas, na baixa atopábanse as entradas da auga e na primeira situábanse as pedras de moer e unha lareira. A cuberta era a dúas augas, sotida por trabes de madeira. Hai que diferenciar a zona dos muíños propiamente dita e a parte que antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última, funcionaron a principios do século XX, por iniciativa de D. Alberto Dubert, os baños de Santa Rita, unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños tépedos de algas e auga mariña.

Referencias Bibliográficas: Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

The Muros Times ¡¡¡


MAIS SOBRE O POZO DO CACHÓN. Por Manuel M. Caamaño

O propietario, I. Pérez Bazarra era natural de Muros, emigrou a América e foi á súa volta cando decidiu levar a cabo a construción dos muíños, empresa que contou con algunhas dificultades. Neste sentido ARTAZA MALVAREZ (1959, 181-182) recolle o seguinte: “Era el Gremio del Mar de Muros una entidad de significación y poder. Propietario de multitud de terrenos y de bienes cuantiosos, cedía con frecuencia unos y otros, siempre en beneficio del progreso y del bienestar de su pueblo, y así regaló a D. Ignacio Pérez Bazarra, la propiedad de los terrenos sitos a la orilla del mar en el punto llamado de la «Asea», hoy términos de Anido, para que levantase los molinos que proyectaba, cerca de cuyo punto construyera el Gremio un muelle en el año 1812, con el solo fin -dice el informe emitido favorablemente por el Gremio, en la consulta de la Ayudantía de Marina sobre la conveniencia de los molinos en ese punto-, de impedir que los catalanes formasen igual obra que la que ahora se pretende, con almacén o pósito de frutos para extraer del país por este punto. Cierta compañía de catalanes, años antes, trataba de introducirse bajo cubierta de construir molinos de aceña en un sitio a propósito llamado la «Acea». sin embargo los naturales accederían si dicho sitio no estuviese a ese tiempo destinado por ellos para hacer un puerto de abrigo para sus lanchas, que hicieron presente al capitán general, consiguiendo su licencia y cuando a costa de 20.000 reales habían avanzado la obra hasta la mitad, el mismo general concede permiso a los catalanes para la suya, de modo que en corto tiempo se han expedido cuatro órdenes opuestas, sin más razón que la que se exponía en el momento”. A construción dos muíños que proxectaba o Sr. Bazarra e que ao fin realizou, era unha obra beneficiosa para a vila. Esta obra achou as súas dificultades, e o tristeiro do caso é que estas foron debidas a un forasteiro, desterrado político no Convento dos franciscanos de Louro, D. Manuel Acuña, o cal nas súas visitas a vila por diversión súa -di o señor Bazarra [Arquivo do Apostadero do Ferrol, Ano 1829] puxo, ou mandou poñer uns paus ou aceñas no mesmo sitio onde as vosas mercés (os do Gremio) cedéronme o terreo, sen máis licenza, nin consentimento que a súa e o seu capricho e agora este señor, que respecto moito, que toda Galicia ben coñece, se apropia do terreo Como seu... Visto o cal, o Sr. Bazarra pediu ao Gremio, antes de levar a cabo a súa obra, a seguridade do seu apoio e este procedeu con toda enerxía a gabiar as dificultades de tan extemporánea como indebidamente presentadas, construíndose ao fin os citados muíños. Atopamos outra referencia nunha carta mariña de 1838. corrixida e aumentada en 1868, «Costa Oeste

de España. Plano de la Ría de Muros levantado de orden superior por el Capitán de Fragata de la Armada D. Ignacio Fernández Florez y publicado en la Dirección de Hidrografía. Año 1838. Madrid» , na que o muíño aparece como Muíño de Bazarra. Os datos dalgúns informantes non coinciden cos aportados no plano. xa que sitúan a compra do muíño por parte de Abelardo Dubert Siaba aproximadamente no ano 1890, mentres que no plano se especifica claramente a data de 1830. Das mesmas fontes procede a información de que cando Dubert comprouno xa estaba abandonado; el traxo pedras francesas e o puxo de novo en funcionamento, do que se encargaba un empregado deste, chamado Eduardo Vázquez, que era quen traballaba e vivía no muíño. Tamén se lle adxudica a construción da casa de baños anexa ao edificio do muíño, a este Dubert, fillo dun francés afincado en Muros. A partir da súa construción ata hoxe, o muíño pasou por nove propietarios, Sendo hoxe en día propiedade municipal. Despois de moitos anos de abandono e ruina , hoxe en día o conxunto dos muíños de marea do Pozo do Cachon atopase totalmente restaurado e adicado para fins culturais do concello . O seu funcionamento e estado de conservación pasou por diferentes etapas, sendo que polos anos 1880-1890 estaba nun certo abandono e co muro da presa caído en parte, estado que se prolongou por un tempo ata que se ergueu de novo o muro, que volve a caer polos anos 1928-1929 (A. Romaní García, com. pers. e informantes). Sobre o momento en que deixou de traballar definitivamente non hai coincidencia nas datas aportadas polos informantes, pero resúmese en dous momentos: arredor do ano 1915, cando se instala en Muros un muíño eléctrico, ou sobre os anos 1930. Sen dúbida, e concordando coas fases de alteracións no seu estado, o muíño pasou por etapas de inactividade e quizais nos últimos anos esta fose moi escasa, polo que non é posible precisar máis. DESCRIPCION O conxunto ofrece hoxe un aspecto moi diferente ao que debeu ter cando a súa construción e nas primeiras épocas de funcionamento. O edificio, ten outro adosado construído por Dubert e que en principio ía ser un aserradeiro de madeira pero que rapidamente se converteu nunha casa de baños mariños con algas para doenzas reumáticas, e tamén en almacén de grans; incluso parece ser que tivo algunha outra finalidade antes de converterse nun almacén de nasas. A presa está moi modificada por mos dos arrastres do río e vertidos diversos, así como por uns muros construídos na zona posterior aos edificios. O muro da presa, antes caído caído nalgún tramo, esta restaurado hoxe en día polo que se pode atravesar doadamente por él. Fonte: http://homesdepedraenbarcosdepau.lacoctelera.net/ post/2007/04/24/o-muino-das-mareas-o-pozo-do-cachon-2-

The Muros Times ¡¡¡


Velaí vai a primeira entrega dun artigo sobre o 'Falar muradán'. É unha contribución modesta, só para animarvos para corrixila e completala.

FALAR MURADÁN

(1) Henrique Monteagudo

No

verán de 2011 fun convidado a dar unha charla no centro cultural que se acababa de inaugurar nas instalación do que eu sempre coñecín como ‘fábrica de Sel’. Pedíranme que disertase sobre o galego falado en Muros. Para tratar o asunto coa debida profundidade había que dispoñer dun estudo en profundidade que, polo que sei, está sen facer. Teremos que animar ao noso veciño Francisco Dubert, un dos mellores dialectólogos galegos, a que o faga ou o dirixa. En canto non se fai, atrévome a publicar estes apuntamentos feitos de memoria e escritos a correr, máis que nada para chamar a curiosidade dos muradáns e das muradanas e animar a alguén a que o faga. Galego occidental Os falares galegos clasifícanse en tres grandes grupos: o oriental (montaña de Lugo e Ourense, coas terras estremeiras de Asturias, León e Zamora), o central (a maior parte das provincias de Lugo e Ourense e o interior da Coruña e Pontevedra), e o occidental. Como é evidente, o falar muradán inclúese de cheo no galego occidental. Entre os trazos que o definen están a gheada (ghindar, xoghar), os plurais dos nomes en –ns (cans – bens – fins – saltóns- uns), finais en –an en palabras como man, irmán, chan, verán (compárese con mao, irmao, chao, verao) e mais mañán, miña irmán (compárese con mañá, irmá); a forma bo (compárese con bon). Igualmente, as pronuncias con \è\ pechado en palabras como dènte, xènte (compárese con xénte, dénte, con \é\ aberto).

2. Galego fisterrán Dentro do galego occidental pode distinguirse un grupo de falares que podemos chamar galego extremo occidental do norte, que incluiría toda a beira norte da ría da Arousa, a ría de Muros e todas as terras de Compostela cara o mar ata o norte do cabo de Fisterra (polo que tamén se denomina galego fisterrán, nun sentido amplo). Algunhas características dos falares destas comarcas son: • O seseo completo, que pode realizarse con distintos tipos de [s]: sinco, cosiña, faser, segho, ghosar, rason, moso, des, ves, lus, … • Pronunciacións especiais das vocais [è] e [ò] pechadas e [é] e [ó] abertas (un fenómeno chamado metafonía): èl (pechada) – éla (aberta), nòvo (pechada) – nóva (aberta), sòghro – sóghra, mòrto – mórta, òllo (pechado), hóra (aberta), … • Pronuncia especial do [a], case como [é] aberto, antes de vocal acentuada: serdiña (sardiña), neveghar (navegar), pantelón (pantalón), xerdín (xardín), máis que min… • Formas verbais como ti levastes- collestes partistes (no galego común levaches, colliches, partiches), vós falás – falades, eles falano – falaron … • O uso de che en casos como ‘vinche na festa’, ‘non che colleron a tempo?’ (‘vinte’, non te colleron’). Este fenómeno é denominado cheísmo. O galego común distingue entre ‘vinte na festa’ e ‘vinche unhas cousas ben bonitas’, ‘non te colleron’ e ‘non che colleron as cousas que encargaras?’. Dentro dese galego fisterrán, aínda podemos distinguir un grupo de falas que corresponden máis ou menos á península do Barbanza e a beira norte da ría de Muros. Chamémoslle galego barbanzón ou fisterrán do sur. Nestes falares, as formas correntes son moito, oito, noite, coiro, mentres que desde Muros cara a Fisterra (xa en Louro) atopamos muito, uito, nuite, cuiro; así e todo, é de notar que o lugar do Ancoradoiro, entre Louro e Lariño, presenta o ditongo [oi] e non [ui]. Por outra banda, de Muros cara a Noia e no Barbanza as formas que se oen son colleu e parteu, mentres que cara a Carnota e Fisterra o que se di é colliu e partiu, aínda que estas últimas formas tamén llas teño oído a xente de Serres e Baño (corrixídeme se me engano). 3. O falar muradán propiamente dito Finalmente, imos ver algunhas peculiaridades

The Muros Times ¡¡¡


do falar muradán propiamente dito, isto é, o corrente na vila de Muros e os inmediatos arredores. • Pronuncia do \x\ como [sh], isto é, despalatalizado: shente (xente), sheito (xeito), disho (dixo), fisho (fixo)… Foi un dos trazos que tiven que corrixir no meu galego cando comecei a dar clases: ao principio, o alumnos sempre me facían notar que o meu \x\ lles soaba demasiado ‘suave’, case indistinguible do \s\. • Desaparición do \i\ entre dous \a\ nalgunhas palabras: ‘faiado’ dise faado, ‘vaias’ dise ‘vaas’, ‘desmaiarse’ dise desmaarse; en cambio, o \i\ mantense en palabras como saia. De todos os xeitos, ese \i\ entre vogais en toda a comarca tende a pronunciarse case como \e\: Noea (‘Noia’), maeo (‘maio’), raeo (‘raio’). Nas exclamacións, para indicar unha gran cantidade, utilizamos quei! (‘canto’): quei había xente!, quei corrín! quei fala! • Nas preguntas, podemos utilizar cal? para preguntar pola localización, o lugar onde se atopa algo (‘ulo? , onde está?): cal é Xela? (‘onde está?) Cal é a miña roupa? (ula?). O interrogativo ulo? – ula? penso que está en desuso. Miña avoa, de Esteiro, utilizábao continuamente. Sería interesante comprobar se aínda se emprega. Nos verbos, é característica a forma (el) vén para o pasado (‘veu’): ‘Manel vén onte pola tarde’. Igualmente, aparece a forma traxo (‘trouxo’), e quéiramos - quéirades (‘queiramos’ / ‘queirades’), levábanos (levábamos). • Unha construción que teño oído en Muros é o uso de ‘de’ por ‘en’: ‘está da tenda’, ‘vai do mar'. (Decontado vai a segunda entrega).

PSORIASIS —LOS PACIENTES CON PSORIASIS TIENEN TRASTORNOS PSICOSOCIALES ENTRE 3 y 5 VECES MÁS QUE LA POBLACION GENERAL— (por DRA. CASTIÑEIRA)l A muchos pacientes les resulta difícil conciliar esta enfermedad crónica con su vida normal, entre otros motivos por miedo a ser rechazados, lo que les lleva a un mayor estrés y en muchos casos depresión, que no siempre es reconocida por ellos mismos o por los profesionales sanitarios involucrados en su cuidado. La psoriasis es una enfermedad inflamatoria crónica que afecta a un 1,4% de la población española (650.000 personas) y que va más allá de las lesiones que aparecen en la piel. Es una patología que tiene otras repercusiones que no se ven. “Por eso, hoy en día está considerada como una enfermedad sistémica que actúa sobre otros órganos ocasionando la posibilidad de que el paciente desarrolle otras enfermedades asociadas o comorbilidades, cuyo impacto sobre la salud puede ser incluso mayor que la afectación cutánea”, explica la Dra. Carmen Brufau, profesora de Dermatología de la Universidad de Murcia, jefe de Sección de Dermatología del Hospital General Universitario Reina Sofía y miembro del GEDEPSI de la AEDV. Por un lado, al ser lesiones que afectan al órgano más visible, la piel, los afectados ven alterada su imagen, lo que hace que casi 6 de cada 10 pacientes reconozcan que esta enfermedad tiene un impacto palpable en su autoestima, y que entre un 32% y un 60% de pacientes con psoriasis moderada grave padezca depresión. “Para muchos es difícil conciliar esta enfermedad crónica con su vida normal, entre otros motivos, por el miedo a ser rechazados y esto les lleva a un mayor estrés, ansiedad y en muchos casos depresión, que no siempre es reconocida por ellos mismos o por los profesionales sanitarios implicados en su cuidado. Sin embargo, los trastornos psicosociales están presentes en estos pacientes con psoriasis entre 3 y 5 veces más que en la población general, por lo que estas comorbilidades psíquicas son una fuente de considerable sufrimiento para los pacientes”, afirma la Dra. Brufau. Por otro lado, “hay estudios que demuestran que, principalmente en el grupo de pacientes con psoriasis moderada-grave, hay un mayor porcentaje de fumadores, las tasas de consumo de alcohol son más elevadas y la obesidad es más frecuente, lo que empeora considerablemente no sólo su calidad de vida sino sus expectativas” explica la Dra. Brufau, a lo que añade que “sumado a la alteración de los lípidos sanguíneos, la hipertensión y la diabetes (una serie de trastornos asociados a la psoriasis que constituyen el llamado síndrome metabólico), el riesgo de que sufran eventos cardiovasculares es mayor”. La artritis psoriásica es otra de las patologías comúnmente asociadas a este colectivo, afectando entre un 6 y un 42% de los pacientes con psoriasis. En este sentido, la Dra. Brufau señala la importancia de que los pacientes sean muy disciplinados y se tomen en serio su enfermedad, puntualizando que generalmente predomina lo contrario. Asimismo, traslada la necesidad de que el tratamiento sea integral, de forma que no sólo se dirija a mejorar las lesiones de la piel, sino también a las mencionadas comorbilidades. “La piel y el sistema nervioso surgen de una misma hoja embrionaria llamada ectodermo. Un origen común que se cree que puede explicar la estrecha relación entre la piel y la mente. Por ello, los dermatólogos debemos ser cada vez más conscientes de esta repercusión psíquica que la psoriasis tiene en cada paciente en concreto y actuar de acuerdo con la importancia que el paciente le da a su psoriasis. Hay pacientes que con psoriasis moderada o grave están más adaptados y lo llevan mejor que otros que pueden tener lesiones leves pero que, sin embargo, no las toleran en absoluto”

The Muros Times ¡¡¡


El Campo del Rollo P/ Manuel Lago Álvarez

Allá en el “arrabalde” de la Villa de Muros, al final de la calle Agesta, en un llano de la ladera del monte y muy cerca de la Capilla de los Remedios, que fuera fundada en el año 1744, hay un lugar conocido por “Campo do Rollo”. El ser del nombre viene del hecho de que allí se encontraba el rollo. El rollo, (del latín “rótulos”- “cilindro”) consiste en un conjunto escultórico de piedra formado por gradas, fuste, capitel y remate. Su presencia daba jurisdicción propia a una localidad. El rollo acreditaba la categoría de la Villa y simbolizaba el poder que el Señor de la Villa tenía para administrar justicia sobre sus vasallos. El rollo de Muros debió ser levantado más tarde del año 1298, cuando la Iglesia de Santiago recibe la Villa como donación del Rey Fernando IV, por esta donación Muros dejó de ser Villa Realenga para depender de los Prelados Compostelanos, y en el tiempo continuó hasta el año 1824. En la actualidad, en el mencionado Campo do Rollo, no hay ningún elemento arquitectónico que pueda dar testimonio de la existencia del conjunto que le dio nombre, pero a pocos metros hay una pequeña capilla conocida por capilla de Santa Isabel o de Los Remedios, que fue fundada en el año 1744 por Doña María Pose de Leis. Frente a la puerta de la capilla, en un pequeño atrio, hay un hermoso crucero cuyo pedestal es más antiguo que la columna y la cruz. En sus cuatro esquinas tiene una calavera grababa, y en dos de los laterales unas tibias entrecruzadas. Al frente, una inscripción con la fecha en números de época: 1556, y sobre ella, en la losa, el grabado de un lagarto. El fuste, bien conservado, es cilíndrico, teniendo en su frente la figura grabada de un sacerdote con ropa talar, que tiene en una mano un cáliz, y en la otra unas disciplinas. En lo alto, sobre el capitel, una cruz simple, algo desproporcionada, con la imagen de Cristo crucificado, con el pie derecho sobre el izquierdo. La fecha grabada en la basa (1556), no concuerda con la fundación de la capilla (1744), ni tampoco la visible diferencia de los tres elementos pétreos que componen el conjunto: basa, fuste y cruz. No sería descabellado pensar que este cruceiro fuera reconstruido con elementos de diferentes épocas y traídos de diferentes lugares, ni tampoco, que conocida la existencia del rollo en los aledaños de la capilla, al construirse ésta y ser lugar sagrado, se hubiera hecho desaparecer el rollo, que de seguro también se vendría utilizando como picota, cuya función era la de servir para la exposición

The Muros Times ¡¡¡


a la vergüenza pública de los reos, para azotarlos, e incluso para mutilar o ejecutar a los sentenciados y mostrar allí sus miembros amputados o sus cadáveres. Abundaría en ello, el hecho de que la basa tenga grabadas las calaveras y las tibias, figuras habituales en las picotas. Las picotas no se parecen en mucho a los rollos. Tenían finalidades muy diferentes; las unas para “hacer justicia pública”; los otros para simbolizar el poder sobre los vasallos, y mientras los rollos se erigirían a la entrada de las poblaciones y siempre junto a las vías principales, las picotas se instalaban en el lugar más público de la población, plaza mayor o lugar donde se celebrase el mercado, aunque el pasar del tiempo entremezcló sus funciones, bien por economía, bien por sacar de lugar concurrido, el triste espectáculo de ver como se ejecutaban las sentencias. Rollos y picotas empezaron a ver su fin por un decreto de las Cortes de Cádiz de 6 de Agosto de 1811) por el que se suspendían los derechos jurisdiccionales de los nobles sobre sus poblaciones. El Decreto se aprobó por propuesta del diputado Sr. Alonso López ( “Que se destierren sin dilación del pueblo español y de la vista del público el feudalismo visible de horcas, argollas, rollos y cuales quiera otros signos tiránicos e insultantes a la humanidad, que tiene erigido el sistema de dominio feudal en muchos cotos y pueblos de la península”). La puntilla se la dio otro Decreto (26 de Mayo del 1813) por el que se llama específicamente a “demoler todos los signos de vasallaje”, con lo que gran parte de los rollos jurisdiccionales son desmontados y utilizados como cantera o para cimientos de nuevas edificaciones. En el caso de Muros, no hicieron falta esos Decretos. Soy de la opinión de que la construcción de la Capilla dedicada a Santa Isabel, madre de San Juan Bautista, que fuera encarcelado y decapitado por orden de Herodes Antipas en la fortaleza de Maqueronte, fue el motivo de la reconversión del rollo y picota existentes en el Campo do Rollo, en un hermoso crucero, que resulta más acorde con la piedad cristiana. De buen seguro, la fundadora de la capilla, Doña María Pose de Leis, haciendo memoria del dolor de Santa Isabel, madre del Bautista, no quiso que ninguna otra madre pasara por el trance de ver a su hijo decapitado.

The Muros Times ¡¡¡


COLABORA:

CONCELLO DE MUROS

The Muros Times ¡¡¡


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.