THE MUROS TIMES - Nº 2 - MAIO - 2013

Page 1

The Muros Times ANO 0 – Nº 2– MAIO-2013

REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA

UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS The Muros Times


The Muros Times ANO 0 – Nº 2 – MAIO—2013 Carta da Redacción: Un número mais de “The Muros Times”, e xa van tres..., e neste especial do Mes das Letras Galegas contamos coa colaboración de mais muradanos comprometidos e queredores: Marcelino García Lariño (Marcelo da Rabela), Manuel María Pena Silva (Rioderradeiro), Xoaquín Figueiras (Xokas), César Acuña Rios, Director da Escola Municipal de Música de Muros, e José Manuel Formoso Luces (Porrúa). Como poderedes ver a revista segue crecendo, e crece en páxinas e seguidores porque Muros botaba en falta unha revista cultural, porque lembra as desaparecidas "A Eiroa" e "A Motora", revistas editadas en Louro e Esteiro, que tanto aportaron en todos os eidos. Agora, TMT quer ser de todos os muradáns, dende unha punta ata outra, e queremos que participe mais xente coas súas colaboracions. Afortunadamente temos unha xuventude moi ben formada e da que Muros ten que sentirse orgulloso. Esta xuventude ten moito que achegar e dicirnos. A xuventude muradán lle decimos: enviade os vosos artigos o correo de TMT. A vosa colaboración e moi importante. NB.: Moitas persoas nos pediron exemplares en papel da revista. De momento, só se fixeron oito exemplares, que foron distribuídos nas bibliotecas, institutos e colexios do Concello.

The Muros Times Difusión da Cultura. Exemplar gratuíto, prohibida a súa venda. The Muros Times


COLABORADORES:

Jorge Lago de Pexejo Henrique Monteagudo María Castiñeira Joaquín Vilar Antón Lago Alfonso Pouso—Quín Caamaño Escola de Música Esmu— Manuel M. Caamaño Manuela Tajes—Marisé Luces Manolo de Lajo— Manuel Lago

The Muros Times


The Muros Times ¡¡¡

UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS

The Muros Times


A VISITA DO SEÑOR CAPELÁN p/Marcelino García Laríño señor Arximiro das Anselmas, con moitos anos ó lombo, e moi eivadiño o pobre por mor das moitas doenzas que padecía, maiormente nos últimos anos, atopábase internado nun santo hospital. O coitadiño que sempre fora moi xangal, moi falador e, por certo, moi agradable no trato, era un home de moi ben ser en tódolos aspectos: nunca rifaba con ninguén, decote con moi boas palabras e, en canto puido e as enfermidades o deixaron, foi un home moi traballador e moi responsable das súas obrigas. O capelán do hospital visitábao tódolos días e algunha vez recuncaba, pois tiña un especial interese polo velliño tan ocorrente, tan falangueiro e tan mansiño nas súas sempre agradables conversas. Un día, como facía a cotío, o Capelán, que estaba ó tanto de todos seus males o mesmo que da súa moita idade, ó pasarlle a visita, preguntoulle: –¡Que! ¿Cómo nos atopamos hoxe, don Arximiro?– Contestándolle o ancián, educado coma sempre: –Pois aquí me ten, doente coma sempre e con moitiños anos riba das costas. –E logo ¿cántos anos ten?– Inquiriu o creo. O que lle respondeu o enfermo con outra pregunta: –¿E vostede cantos me bota?– O capelán sabía de sobra os anos que o señor Arximiro tiña, pero piadosamente e co gallo de darlle azos, díxolle: –¡Home! Vostede terá

a todo máis ter, eu que sei; botándolle xa polo moito... andará cerca dos oitenta anos. O velliño ceibou unha gargallada, e faloulle: –¡Oitenta anos! ¿E vostede de que vai? Téñolle noventa e seis cumpridos xa no mes de santos. –¡Quen o dixera! Para ter eses anos está vostede feito un rapaz. ¡No sei de que se queixa! –Eu non me queixo dos anos, señor. Eu quéixome das moitas enfermidades que teño. Mire vostede, de aquí para arriba – sinalándolle coa man a cintura– teño mal o estómago, o pulmón, o corazón, a gorxa, a vista, o oído... eu que sei: todo. Pero de aquí para baixo –da cintura– estoulle coma un meniño. –Daquela amigo, si se atopa tan ben da cintura para abaixo, vostede quéixase de soberbia. ¿Pero atópase tan ben como vostede di da cintura para abaixo? –Eu non lle dixen que estaba ben. Só lle dixen que estou coma un meniño da teta: porque mexo e fago por min a toda hora. E era certo.

The Muros Times


¿Que facemos na Escola de Música? ¿Para que serve unha Esmu? O papel que me toca hoxe aquí é representar como directora á Escola de Música Municipal de Carnota, e vou falar uns minutiños de o porqué o interés de estar e formar parte desta revista. E non é máis que o de intentar darlle pulo á música, de espallar os nosos coñecementos e de dar a coñecer a importancia das escolas municipais na Sociedade. A triloxía música-educación-sociedade expresa unha relación moi estreira, e non é un feito casual, xa que a música forma parte do home dende que nace. O ser humano comunícase a través da música e ademáis faino dun xeito natural, xa que é ensencialmente unha linguaxe abstracta, pero chea de significados. É por tanto algo importantísimo que estes coñecemntos innatos e naturais se canalicen e se inculquen dende que nos escolarizamos, posto que a música axúdanos en todos os

campos da nosa vida: na sociabilidade, á hora de expresar sentimentos, surte un efecto positivo no rendemento académico dos nenos, axuda a erradicar o fracaso escolar, e así podería estar horas, sin olvidarme do ben coñecido refrán de “A música amansa ás feras”. Pero tantos plans educativos, tantos políticos eruditos que fixeron LOGSEs LOEs e demáis marabillas , non lle souberon dar á música o lugar e o tempo que lle corresponde, que para eso xa están os Conservatorios, antigamente especie de universidades privadas e moi caras. Pero dende hai uns anos surxen as Escolas de Música, que non son máis que un punto de encontro adicado ao universo do son e aos mares de ritmos. Posto que a música é por excelencia a lin-

guaxe de afectividade, deberiamos apreciala e percibila non só como unha arte expresiva, senon, tamén, comunicativa. Unha arte que facilita a potencia as relacións entre individuos dunha mesma sociedade, aínda que moito se utiliza a música en beneficios duns poucos bribóns, ingnorando e despreciando a nosa porpia idiosincrasia e a nosa riqueza cultural, todo aquilo que nos legaron os nosos maiores. A nosa intención é que a música forme parte da educación integral e cultural, a base de experiencias, produccións e audicións tanto individuais como colectivas. A pretensión fundamental das Esmus é formar unha sociedade alfabetizada musicalmente e que isto derive nunha utilizacións práctia dos coñece-

mentos musicais adiquiridos, ben coma aficcionados activos ou como consumidores con xuízo crítico, ademáis de descobrir e enauzar posibles vocacións. Intentamos aportar os medios que favorezan a interrelación, a expresión, a comunicación, a cooperación e a participación. Piares dunha boa e sana convivencia democrática.

The Muros Times


Son da Virxe (II) Joaquín Vilar Gómez

Adicado a toda esa xente que leva (levamos) eses alcumes tan fermosos herdanza e recordo dos nosos ancestros. Tono da Catuxa, tamén Juan José da Colacheira, Marcial da Parroucha e Malita da Papeira. Nome, mote, apodo Mantela,Pompona e Kikolo. Rolamos os tombos nas Neves, bailamos na festa da Función, trouleamos arreo na Plantío encharcamos os pés no Furón. Español, Pandereta, Brinqueiro Laxiña, Queimado e Pateiro. Para praias as de Louro, faro o de Rebordiño, mais para berberechos, a da Virxe do Camiño. Navallas, ameixas, orolas, bois, nécoras e sentolas. A retranca de Minocho, non deixaba indiferente, os seus pareados facían rir á xente: - "Milucho mataba un pucho e Humberto tiña o cu aberto"Nacha, Cubano , Cachucho Cachola, Vilela e Milucho Na Lomba xogamos felices, nas Caustras sentimos medo, subimos ó lugar de Perdices pasando polo Espiñeredo. Palomar, Alivía, Cuncheiro Manijua, Rambla e Barreiro. Estes modestos versos son unha disculpa para volver a escoitar eses nomes e motes tan fermosos, tan sonoros e tan nosos . Hai palabras que por si mesmas, de seu, xa son poesía. E hoxe en día saíron da Virxe e están espallados por unha morea de lugares e países.

The Muros Times


A NOSA XENTE

Son de Carnota as leiteiras Conto por toucas. Son cinco, ben concentradas na estrada, como encofrando mirada para encarrilar o brinco. Son de Carnota as leiteiras; á vila, abrindo a mañán, con caldeiretas na man chegan, de cote, as primeiras. En Muros venden patacas, ovos, allos e cebolas no mercado e polas rúas; se con desprezo as atacas, non por iso as descontrolas nin o valor desvirtúas, pola contra, inda acentúas bautizo ao leite das vacas. http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

N

este número de TMT, traemos ás nosas páxinas, a un muradán singular; un home feito a se mesmo, que foi mestre de varias xeracios ás que soubo, con notable paciencia, inculcarlles a súa paixón pola literatura. Grande orador e excelente prosista, agora, xa con algúns anos, pasional poeta. O noso muradán, Manuel María Pena Silva, naceu na parroquia de Louro non ano 1942, estudou humanidades non Seminario Franciscano de Herbón-Padrón de 1955 a 1960; continúa en Santiago, do 60 ao 61, facendo ou noviciado. De volta a Louro, simultanea traballo nunha pequena empresa familiar relacionada coa pesca cos estudos de Maxisterio (por libre) e remata a carreira durante o servizo militar; xa casado, matricúlase na universidade e acada a licenciatura de Filoloxía na especialidade de Hispánicas. Correspondente dá Axencia EFE dá bisbarra de Muros-Noia durante máis de quince anos, formou tamén parte do equipo de redacción do xornal comarcal "BARBANZA", que contaba, entre outras, coas destacadas colaboracións do poeta Antón Avilés de Taramancos e do dramaturgo e novelista Pepe Agrelo. Realizou traballos de tradución, exerceu a docencia en Muros e xubilouse (na ESO) no Colexio MONTESOL de Vigo. Na actualidade, vive en Muros.

The Muros Times


A NOSA XENTE Marcelino García Lariño (Marcelo da Rabela)

O MEU MUROS Quérote, Muros, de día, Quérote, Muros, de noite, Na tristura, na alegría, Na mala e no boa sorte. Quérote con tolería, E hoxe un pouco mais que onte; Quérerte a ti é teimosía

O noso Marcelo, nado en Muros, un 17 de marzo de 1930, adicou toda a súa vida a louvar a Muros e a súas xentes. Como escritor e poeta, supo acercarnos o mais entrañable das xentes de Muros. Sempre aberto a participar en todalas iniciativas lúdicas e culturais, na sua xuventude foi secretario de Acción Católica Muradana; secretario da refundada Adoración Nocturna de Muros; membro fundador da Comisión da Cabalgada de Reises; Festa da Flor; Festival Mister Feo; Teatro Muradán. Articulista en Xornais galegos, foi tamén un gran colaborador da Folla Parroquial de Muros, na que foi autor de moitos artigos e de sentidos versos, nos que refrexou con sinxela pluma os seus mais íntimos sentimientos de amor á Igrexa. O 28 de maio de 2011, o Salón de plenos do Concello de Muros visteuse de gala para acoller o acto de entrega da Medalla da Vila de Muros o noso benquerido veciño Marcelino García Lariño. Neste acto, acompañado dos seus familiares, Alcalde, Corporación municipal, e un gran número de amigos, Marcelo, visiblemente emocionado, recibeu a distinción, entre una salva de aplausos, que como campanas ó vento, anunciaban os muradanas, que se lle estaba a facer a un dos seus fillos mais queridos unha mais que merecida homenaxe por toda unha vida adicada a Vila que o veu nacer. Dende estas páxinas de “The Muros Times”, non podemos menos que sumarnos a esta merecida homenaxe a este muradán egrexio, bo e xeneroso, e desexarlle que o seu amor a Vila e a suas xentes siga perdurado e que a sua presencia entre nos, siga alentando esos valores dos que él fixo bandeira sempre, que non outros que os de ser, por encima de todo, un “Queredor de Muros”.

Porque te quixen decote. Querereite mentras viva, E aínda… despois da morte.

Marcelino García Lariño

The Muros Times


A RAMPONIA Non sei os máis novos, pero os que rondamos os cincuenta recordamos de escoitar a nosas nais o anoitecer "Vinde para casa que ahí vén a Ramponia". Depois dun longo estudo do acontecido na zona e falar coa xente máis vella do lugar, descubrín que a Ramponia era unha mistura de lobo e raposa, cuxa moradía era en Campalvo, na coñecida vulgarmente como Cachola do Raposo. A Ramponia ten forma de raposa, pero non se lle pode berrar, pois é xorda e non escapa. Agora sí, ten unha vista aguda e ve a través das paredes. Cando baixa a aldea causa pánico e hai que deixarlle comer o que queira, como si son tódalas galiñas do galiñeiro. Si te acercas a ela enfróntase ensinandoche os colmillos afiados. Fascina coa mirada e cando non topa presa o seu xeito, entra nos cemiterios para desenterrar os cadáveres e devoralos, de ahí que se inventara o nicho.

By: Manolo de Lajo

COLON MURADANO ??? P/ Manuel Lago Álvarez Dende sempre, sabe Galicia enteira que os mariños muradáns foron recoñecidos por ser os mellores capitáns e pilotos, acumulando a fama de ser os mellores para mandar buques de vela en navegacións de alto risco, e que o porto de Muros foi recoñecido polos reis como un dous mais importantes da península. Moi coñecida e a frase: "todos somos galegos menos o capitán que é de Muros"; sentenza que confirma un recoñecemento expreso a profesionalidade dos mariños muradáns, moi por enriba dos méritos doutros. Contan os mais vellos que nunha singradura atopáronse dous galeóns. Achegáronse un o outro e saudáronse os capitáns, e un díxolle o outro: "Seica pensas que non te coñecemos Cristobo? Ti és tan de Muros coma nós ¡¡¡. Que Colón fora de Muros, non sería ningún disparate. Quen senón os capitáns de Muros serían capaces de embarcarse rumbo o descoñecido, o que tamén hai que engadir que a carabela capitá, a Santa María, saíra dos astaleiros de Muros, co nome de "La Gallega", e fora rebautizada con este nome na honra dá nai de Deus. Colón escondía a súa procedencia galega, por mor de que os reis católicos, Isabel e Fernando, tíñanlle certo desapego ós galegos, xa que Galicia non os apoiara nas liortas que se deran na sucesión ó trono, nas que Galicia apoiaba a Juana la Beltraneja. Xa contarei mais, que o tema promete.

The Muros Times


CABO VILÁN en largas noches de invierno ofreces tu salvaguarda emitiendo esos destellos y tu sonora pitada en la obscura y negra noche... silueta férrea se alza amenazando con herir a la galerna mas brava,

Es a veces en la quietud de la oscura noche castellana, cuando creo adivinar en la brisa el murmullo de tus olas arremetiendo furiosas contra los agrestes acantilados , en ese mismo instante me doy cuenta del largo camino que una lágrima puede dibujar en una mejilla…. Hoy ha sido uno de ellos.

o cuando el manto de niebla a tus costas arribara... tú , impasible Polifemo, presto nos mandas auxilio , y hacia tu abrigo nos llamas... hoy te mando estas letras desde la tierra mas llana, grandes páramos polvorientos ... yermos, resquebrajados , sin agua ... hoy te escribo amigo, ¡ desde el centro de España !

CABO VILÁN En lo alto de tu cima majestuoso te alzas, escudriñando la noche, tú , ojo que todo alcanzas

y aunque varado me encuentro , aquí, muy lejos del agua... no dejo de pensar en ti, ay, mi Villano del alma...

formas miles de reflejos en el espejo del agua , jugando con la espuma , de olas haciendo guirnaldas...

cuanto hoy yo no daría, por abrir mi gran ventana, y en vez de fría ciudad, mi ría yo divisara , que al ir anocheciendo, hasta ti yo me acercara... y contemplarte embelesado pescando desde mi barca.

esa luz que tu emites , que al navegar me acompaña , ha visto volar el tiempo desde tu hermosa atalaya ha visto como han pasado tres siglos de vigilancia , sin pedirles nada a cambio a las gentes que te aman

© a. pouso

The Muros Times


Entrevista concedida a The Muros Times por María Teresa Mayo Freire. p/Jorge Lago de Pexejo JL._: Encantado de facer esta entrevista contigo María Teresa. Cóntanos algo de tí. Maria Teresa Mayo Freire: Son a menor de catro irmáns. A miña vinculación co mar ven dende a cuna xa que a miña nai foi, elas facíanse chamar daquela, atadoras. Polo tanto pasei

que me permitise compatibilizar a vida laboral coa familiar. No me preguntes como caín na conta de que esa compatibilidad a tiña na propia casa, porque non o recordo, sei que llo propuxen o meu home e tiven sempre o seu apoio, o mesmo tempo que sempre tiven o apoio dos meus pais, que foron que realmente fixeron posible que eu me realizara dentro deste mundo, facéndose cargo da educación e coidados do meu fillo. JL.: A pesar da tua vinculación coa vida do mar, supoño que non crecestes soñando que un día ibas a ser unha mariñeira. Maria Teresa Mayo Freire: Jajajajaja! Non, para nada!! Fun pescar unha vez en toda miña vida ca liña por fora da Nai e Filla e collín un mareo que pensei morrer!!! Ese día dixen que nunca xamáis volvería a embarcar nun barco, claramente, equivoqueime. JL._¿Cantos sodes de tripulación normalmente? Maria Teresa Mayo Freire: máis eu

O meu home e

JL.: Duas persoas. ¿A que clase de pesca vos dedicades? ou ó mellor tiña que decir arte pesqueira, pero que lle queres; eu sonche da aldea.

un parte da miña infancia no muelLE de Cabanas con miña nai e as suas compañeiras. Pero, curiosamente, esa vinculación non foi a que realmente me trouxo a plantexarme o que hoxe fago. Estudiei Bacherelato e (daquela chamase así) F.P.II no instituto de Muros e iniciei a carreira de Relación Laborais na Universidad de Santiago, estudos que non rematei. Caseime con 23 anos, e foi, precisamente o meu marido que me fixo retornar a esa vinculación mariñeira esquencida. Fixemos un barco no ano 97, i eu estaba, por aquel entonces o coidado dos meus avós, cando eles faleceron, foi cando me propuxen que tiña que facer algo, traballar en algo. Quizas por ser a irmán máis nova, non o sei, teño unha gran dependencia familiar, primeiro cos meus avós e logo cos meus paìs, nese tempo tamén naceu o meu fillo, logo pensei que necesitaba un traballo

Maria Teresa Mayo Freire: Non te disculpes que non cola, da aldea serás, pero o mar está b e n c e r c a ! J a j a j a j a j a Digamos que alternamos, coas betas nos meses de Xaneiro a Septembro, e desdes ahí a Xaneiro imos o marisqueo o Freixo. JL.: ¿Cómo se dá eso de traballar tantas horas coa mesma persoa, especialmente cando con esa persoa se comparten máis que as horas de traballo? Maria Teresa Mayo Freire: O que non sei é como sería traballar con outra persoa. O traballo é moi rutinario e cada un sabemos o que temos que facer sen case comunicarnos, o resto das horas que compartimos apartámolas do traballo, cando chegamos somos unha familia máis que fai cousas de familia. Tamén penso que nos axuda que somos de pensamentos independentes, e aínda que temos amigos en común, como é lóxico, tamén nos relacionamos con grupos de xente diferentes. Levamos máis de 20 anos xuntos, e non se me ocurre un compañeiro mellor para nada. Jorge, estasme facer pensar eh!!

The Muros Times


nunca me plantei eso. Supoño que a verdadeira resposta e a máis lóxica é que somos un matrimonio que temos en comùn traballar para un benestar da familia, que mellor que poder facelo xuntos! ¿Non crees!? JL.:

Polo que entendo da tua resposta, o dito de que

Maria Teresa Mayo Freire: Sería unha posibilidá, ¿Verdad? Pero non o podo afirmar. O meu home xubilarase moito antes ca min, e non sei, para aquel entonces o que farei, sinceramente, non o sei. JL.: ¿Gustaríache que o teu fillo seguira coa tradición mariñeira? Maria Teresa Mayo Freire: Esa decisión tena que tomar él. O que non me gustaría é que tomase o mar coma a alternativa máis fácil, non sei se me explico. Él primeiro ten que estudiar e formarse, se despois resulta que o que lle gusta é o mar, pois o seu pai e eu apoiaremos esa decisión. JL.: Como muller, ¿Quéreslle dar alghún consello as mulleres que vexan no mar unha posiblidá de traballo?

donde hai patrón non manda mariñeiro, non aplica. Maria Teresa Mayo Freire: No meu si se aplica, quen manda é o patròn no barco, despois desquitome na casa!! Jajajajajaa. Ahora en serio, Luis é o que leva o control, por experiencia, as xerarquías son importantes a hora de ser serio e traballar con responsabilidá. JL.:

Maria Teresa Mayo Freire: Que non o pensen duas veces, no mar teñen unha posibilidá de traballo. E animo os armadores a que den esa oportunidá, case que lles podo garantizar que se

¿Qué é o que máis che gusta do teu traballo?

Maria Teresa Mayo Freire: Hai moitas cousas que me gustan, pero o que máis valoro é a independencia que me proporciona. JL.:

¿E que é o que menos che gusta?

Maria Teresa Mayo Freire : Non sempre se fai agradable estar no mar, o mal tempo, o frio. Tampouco me gustan moitas das cousas que me perdo da infancia do meu fillo, pero eso non é diferente a calquera outra nai que traballa. JL.: Un sempre tende a pensar en mariñeiros e non en mariñeiras. ¿Con que tipo de reaccións te atopas cando dis ó que te dedicas? Maria Teresa Mayo Freire: A maioría das veces con extrañeza, pero máis extrañeza tiven a descubrir que eu a Muros non vin a inventar nada novo, a muller perdeu representación no mar pois xa antiguamente varias mulleres muradás foron mariñeiras, así que, case poderíamos decir que en Muros, a muller ten sido unha gran protagonista deste mundo do mar. JL.: María Teresa, ¿Pensas seguir facendo ese traballo hasta que te retires?

levarían unha grata sorpresa. As mulleres viñemos demostrando unha gran responsabilidá e constancia no que nos propoñemos. Non temos que ir moi lonxe para aprecialo, as propias mulleres muradás deron boa conta delo. JL.: María Teresa, moi o pesar meu, temos que dar por concluida esta grata e esclarecedora conversación. Moitas gracias por haber compartido con nós eses momentos que estou seghuro han de influenciar positivamente a moitas das nosas leutoras e leutores. Apertas.

The Muros Times


Muros, 20-04-2013. Acto de presentación da Revista dixital The Muros Times, na Aula de Informática da Casa de Cultura de Muros. O acto comenzou as 20:30 horas coa presenza dos colaboradores da revista i en conexión por Vídeo conferencia cos colaboradores na Diáspora nos EE.UU e Madrid. Salvo pequenos imponderables coa conexións cos compañeiros de Alén do mar, o acto resultou moi entrañable e enriquecedor. Púxose en valor esta iniciativa cultural que trata de xunguir no mesmo proxecto aos muradáns que viven na Vila ou perto dela, cos que se atopan na diáspora. Hoxe en día cos medios técncos que manexamos fixeron posible que fillos de Muros, separados por todo un océano, estiveran xuntos na presentación de The Muros Times. Un proxecto cultural que ten como leimotiv a posta en valor de todos aqueles contidos en relación a Muros ou feito por muradáns. The Muros Times quere ser un "caixon dixital" da vida cultural de Muros. Desde estás páxinas queremos darlle as grazas a Caridad Gónzalez, Alcaldesa de Muros, que coa súa presenza lle dou un respaldo institucional o acto. Non podemos deixar pasar a ocasión para agradecer A Agrupación Fatriqueira, que amenizou o acto tanto o comenzo como o remate. Grazas tamén a todos que alí estiveron presentes.

PRESENTACION DE THE MUROS TIMES ¡¡¡

Fotos: José Manuel Formoso Luces (Porrúa), e Mari-Nieves Formoso Vidal.

The Muros Times


The Muros Times


A Capela do Carmen Está

formada por unha planta dunha soa nave dividida en dous treitos por un arco de medio punto apoiado sobre pilastras; cada un dos treitos cóbrese con bóveda de crucería. Na cabeceira a capela maior á que se accede por un arco de medio punto e cóbrese con bóveda de aresta. No exterior destaca a riqueza da fachada principal composta de xeito simétrico, sobre a porta un brasón en forma de medallón de grandes dimensións e debaixo unha inscrición que reza que foi D.Jeronimo Duran, residente en Chile quen puxo o caudal para a construción da capela no ano 1766. A capela conta cun gran patio de cantería onde reza a inscrición 1767. Ramón de Artaza di do brasón e da inscrición de debaixo: “O brasón conta de oito cuarteis máis un central, o primeiro (superior dereito) e o dos Maldonado ou Rúa, o segundo cinco follas de figueira, apelido Figueroa, o terceiro descoñecido, o cuarto son as armas dos Feijóo, o quinto o dos Romero. o sexto poderían ser os Bermudez, o do centro descoñecido”. A inscrición di: SE HIZO CON CAUDAL DE D. JERONIMO DURAN RESIDENTE EN LA CIUDAD DE CHILE,SIENDO EL SR. D. MARCOS ARCAIZ IBARNA BARRO FISCAL DE LA REAL AUDENCIA DE ESTE REINO, DEDICADA A NTRA. SRA. DEL CARMEN, AÑO DE M.D.C.C.LXVII. Artigo do noso conveciño Xokas Figueiras, recollido en: www.patrimoniogalego.net

O seu dono, «in solidum» no ano de 1775 era D. Felipe Romero Duran Alvarez de Figueroa y Ardeleiros.

The Muros Times


TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDAD (II) Ya sabemos que tener un niño con TDAH lleva consigo, la mayoría de las veces, problemas familiares ( incluso de pareja ), sociales y escolares. Sus propios amigos ( a veces influidos por los padres ) van dejando de querer estar con él porque “ pega “” siempre tenemos jaleos “ …, lo mismo pasa con sus compañeros de colegio. Este aislamiento afecta negativamente tanto al niño como a la familia, generando gran angustia. Cuando el niño es preadolescente pueden darse continuas discusiones, enfrentamientos, que pueden llegar a ser “ desesperantes “ para los padres. Es en este punto cuando es necesario acudir a los

profesionales: psicólogo psicopedagogo, etc… El primer paso es ir a su pediatra, el cual nos derivará al profesional correspondiente. Cuando acudamos sería aconsejable llevar un informe de su tutor/a que refleje las conductas que nos han llevado a dar ese paso. Es importantísimo que las normas a seguir que nos marque el psicólogo/a se sigan por parte de todas las personas del entorno del niño, tanto familiar como escolar. Desde aquí vamos a dar unos pequeños consejos que ayudarán a mejorar y a aprender a convivir con ese trastorno: - Aceptar las dificultades que supone tener un hijo con TDAH. - Valorarlo como persona y no solamente sus éxitos. - Reconocerle y alabar los esfuerzos que hace para realizar bien las tareas, eso aumenta su autoestima que en estos niños suele ser bastante baja - Ambiente estructurado, con rutinas, organizado, que ayuden al niño a mejorar su autocontrol. - El niño tiene que saber qué esperamos de él.

p/ Marisé Luces Tajes

SIEMPRE: - Evitar el NO ( no corras, no molestes …). Lo sustituimos por “ vamos a ir más despacio, pide permiso”…. - Procurar no dar mensajes negativos dirigidos a la persona, ej. “ eres un desordenado “ por “ tu mochila, tu habitación está desordenada “. - Proponerle responsabilidades, siempre según su edad, “ ayúdame a… “ - Cuando estemos muy enfadados con él/ella no acusar ni ridiculizarlo. Podemos usar frases como: yo me siento triste cuando… - Las órdenes serán concisas, claras, cortas y con un lenguaje positivo. Mejor acercándonos a é, ya que así nos aseguramos que nos atiende. En lugar de decirle “ pórtate bien “ – algo muy genérico - iremos a la actitud que más molesta en ese momento. Ej. En la mesa: ¡” cómo me gusta verte bien sentado” ¡. - SIEMPRE reforzaremos positivamente aquello que haga bien. - Destacaremos sus habilidades y aspectos positivos ( en el deporte, creatividad, humor… ). - El espacio dónde haga los deberes, estudie, debe de estar con el menor número de estímulos distractores posibles y, si podemos, estar sentados cerca de él/ella. - Cuando cumpla lo que se le pide, elogiárselo inmediatamente. - Si la conducta inapropiada se realizaba delante de un grupo (parque, Vecinos), y ésta mejora, el refuerzo se le dará delante del mismo grupo. - A veces es necesario obviar conductas negativas menores (ruiditos en la mesa …) , hechos para reclamar nuestra atención, ya que si lo corregimos lo estamos reforzando. ¡ Ha conseguido nuestra atención aunque sea para reñirle ¡ *** Refuerzo positivo : Elogiar o reforzar los comportamientos que queremos que se den con mayor frecuencia. ¿ Cómo pueden ser esos refuerzos? - Sociales: alabanzas, un abrazo, una frase… - Privilegios sencillos: dejar que nos acompañe, un ratito más jugando… - PEQUEÑOS premios: cromos, una chuchería… Si alguno de los consejos/ normas de este artículo le ha servido a alguien , la intención con el que ha sido escrito estará conseguida.

The Muros Times


ARCOS DA VILA Reportaxe fotográfico realizado por José Manuel Formoso Luces (Porrúa)

The Muros Times


The Muros Times


Un idioma é un mercado HENRIQUE MONTEAGUDO Hai pouco tempo ocorreu un suceso merecente de vergoñosa lembranza: un establecemento hoteleiro recén estreado redactou un manual de conduta que prohibía aos seus traballadores usar o galego diante do público. Naturalmente, o caso foi silenciado por ese amplo sector dos medios tan dado a magnificar agravios contra o castelán, ou se non existen, a inventalos. A tal nova que non chegou a ser noticia súmase a outras menos recentes pero aínda frescas, coma aqueloutra que nos falaba de que unha coñecida cadea de comida-lixo (perdón, rápida) sancionou co despido a unha empregada por dirixirse en galego á clientela. O paradóxico do asunto é que neses e noutros establecementos os e as clientes que falamos galego -que por suposto pagamos igual que todo o mundo- aturamos a cotío faltas de cortesía que non son tanto responsabilidade das persoas mal instruídas que nos atenden, como dunhas empresas que aparentan ignorar a realidade lingüística do país onde desenvolven os seus negocios. Os prexuízos idiomáticos veñen no balume de contravalores resesos que nos deixou en herdanza unha Galicia caducante, entalada por un variopinto abano de complexos que atrancaron o noso progreso. En calquera parte do mundo moderno se sabe que quen presta un servizo en réxime de explotación comercial ten que adaptarse aos gustos e necesidades de quen llo retribúe. Pois en moitas ocasións, para os galegofalantes ocorre xustamente ao revés. A LINGUA, BEN INTANXIBLE Desde hai décadas, os expertos levan chamando a atención sobre a importancia dos factores intanxibles no bo funcionamento da economía. Intanxibles: con esa denominación nebulosa e un chisco

enigmática faise referencia a elementos inmateriais e dificilmente cuantíficables, pero non por iso de efectos menos reais, tales como a fiabilidade nas transaccións, o nivel de satisfacción dos cidadáns ou as pautas e valores culturais que afectan a aspectos tan variados coma, por caso, o rendemento no traballo ou tamén os hábitos de consumo. Doutra banda, tanto os axentes culturais coma os políticos e os estudosos estanse decatando da relevancia crecente da cultura como sector económico -de aí a expresión industrias da cultura-, nun contexto de desmaterialización progresiva da economía. Dunha ou outra maneira, o que parece claro é que a asociación economía-cultura, que a primeira vista pode parecer rechamante, resulta cada vez máis estreita. Nese binomio, a lingua xoga un papel de primeira orde, pola sinxela razón de que os mercados se constitúen e funcionan a través de redes de comunicación, e as redes de comunicación créanse e mantéñense mediante linguas. Vencellándose a un concreto espazo de comunicación que contribúe a establecer e sobre o cal se funda o funcionamento efectivo da sociedade e a consciencia das comunidades humanas, a lingua emerxe como un referente central da identidade colectiva.

LINGUA GALEGA,TRABALLO E MERCADO Xa que logo, a parella lingua-economía ten moitas viravoltas, sobre as que teremos ocasión de tornar. Pero, desde o punto de vista da lingua galega o asunto revélase máis simple: o seu porvir depende en boa medida do valor que chegue a adquirir no mercado laboral. Se a competencia no galego devén nun elemento relevante para situar-

The Muros Times


galego devén nun elemento relevante para situarse nel, o alumnado aproveitará a oferta de lingua dispoñible no sistema educativo; en caso contrario, a presenza do idioma nas escolas e institutos resultará de eficacia mínima, porque os estudantes carecerán de motivación suficiente para aprendelo e usalo. Igualmente, só se o galego resulta útil no mercado de traballo, os pais e nais galego-falantes terán interese en transmitirlles o idioma nativo aos seus descendentes e non se sentirán presionados para educalos en castelán -como aconteceu ata hoxe-, por mor de aumentar o valor do seu capital lingüístico. Para que a competencia en idioma galego se cargue de valor engadido no mercado de traballo, son precisas como mínimo dúas cousas: unha, que as administracións incrementen (no canto de rebaixaren) as esixencias lingüísticas para o acceso e promoción na carreira funcionarial; dúas, que as empresas comerciais se sintan motivadas para utilizar o galego tanto na publicidade coma na atención ao cliente. Nisto último, os gobernos poden incidir ofrecendo incentivos e impoñendo requisitos. Sempre é preferible a primeira vía, pero en ocasións (e depende para que cousas) a segunda é a única eficaz. Así, tanto a Xunta de Galicia coma algúns concellos veñen practicando políticas de fomento, que van desde convocatorias de subvencións ata a dotación de premios-lémbrese aquí, por caso, o Manuel Beiras do Concello de Santiago-, pasando por campañas de concienciación. Canto ás convocatorias de subvencións da Xunta de Galicia, a verdade é que están amplamente cuestionadas, e con argumentos moi poderosos. En primeiro lugar, os procedementos e criterios da súa asignación son opacos, de maneira que a ninguén pode estrañar a sospeita de que nagúns casos esas axudas veñen sendo empregadas para moi diversas finalidades e no canto de serviren para promocionar o idioma, acaban alimentando perversas redes clientelares. En segundo lugar, non existen mecanismos de control da súa utilización nin de avaliación da súa efectividade. Non se trata de descualificar globalmente toda unha liña de actuación, que sen dúbida propiciou avances puntuais beneficiando iniciativas axeitadas, pero, en nome da decencia e da efica-

cia semella obrigado que se revise en profundidade. Falta por explorar a vía da regulamentación, isto é, a da imposición legal de requisitos de emprego do

idioma galego ás empresas nos ámbitos e na medida que se xulguen razoables. Naturalmente, para isto fai falla moita vontade política, moitísimo tino, pois os excesos adoitan saldarse en fracasos totalmente contraproducentes. DEREITOS DO CONSUMIDOR Pero se aos gobernos non lles faltan ferramentas para actuar neste campo, aos consumidores tamén nos toca a nosa cota de responsabilidade. Non temos por que resignarnos a ser mal antendidos, e menos aínda sentirnos obrigados a adaptarnos ao idioma de quen nos está a servir. Cos mellores modais e en nome precisamente da boa educación, temos dereito a reclamar -sobre todo das grandes empresas- que nos atendan como é debido, e isto quere dicir no noso idioma. Por fortuna, moitas desas empresas xa o entenden así, e elas saben por propia experiencia que abrirse ao galego resulta beneficioso para todos (incluíndoas a elas mesmas), sen prexudicar a ninguén. (Para dicir toda a verdade, sempre hai individuos que se incomodan porque consideran o seu privilexio irrenunciable que outras persoas sexan tratadas peor ca eles: curiosa maneira de darse a valer!). É de esperar que, pola vía do exemplo, máis e máis empresas irán sumándose, pero para iso cómpre que manteñamos un nivel razoable pero firme de esixencia. Unha lingua é un mercado: a imaxe provoca un certo proído, pero non fai mal lema publicitario, e axuda a ver a cuestión do idioma baixo unha nova luz. O galego, tamén un mercado.

The Muros Times


¿Qué factores fan ao músico…? ¿o xenio ou o estudo? “O músico nace, non se fai”. Dise que o talento musical hérdase e que, se se carece del, non é posible triunfar cun instrumento. Non existe evidencia de semellante tese. A capacidade técnica inclúe unha coordinación motora e unha soltura que facilitan a execución de pasaxes rápidas sen titubeos. Con todo, os bos músicos son algo máis que uns técnicos e engaden uns efectos expresivos tales como cambios de medida, de velocidade, matiza-

cións no fraseo, etc. Estes efectos axudan a comprender a música.Nalgúns medios musicais considérase a expresividade como o “xenio” do intérprete, pero as diferenzas de capacidade expresiva poden ser froito dun “talento innato” ou da práctica. O mito do talento. - Os factores culturais, non os biolóxicos, son causas do virtuosismo musical nas nosas sociedades.- O triunfo na música non sempre é de orixe familiar. Pódense lograr resultados extraordinarios en nenos/as sen antecedentes musicais- A maioría dos grandes artistas non foron nenos prodixio, non mostraron indicios de ser unha promesa e tiveron que practicar nos seus instrumentos durante moitos anos.- Non existen exemplos de logros no ámbito musical que non foran precedidos por moitos anos de intensa preparación. Tamén no caso do nenos prodixio.- O “bo oído” considerouse un talento innato cando, de feito, é unha característica dos 2/3 da poboación. Como se desenvolve a capacidade musical? - Hábitos infantís: As experiencias infantís

teñen unha importante influencia no desenvolvemento da capacidade musical. Os estímulos familiares (cancións de berce, bailes), crean certas disposicións para o exercicio musical.Altos niveis de estudo: Os mellores violinistas practicaron durante 10.000 horas ao chegar aos 21 anos, é dicir, o dobre de tempo dos seus compañeiros menos capaces.- Influencia do estímulo familiar: a actitude dos pais é fundamental. Moitos nenos teñen o curioso sentimento de considerarse “músicos” grazas ao apoio familiar. Naturalmente a actitude oposta ten efectos negativos.- Influencia dos profesores: os nenos adoitan cualificar aos seus mestres segundo a simpatía, graza, camaradería e agarimo que lles demostran, en contraste con quen lles fixeron sentirse humillados e desalentados durante as clases. Non negamos a importancia da herdanza nin a súa influencia no comportamento humano. Pero os humanos compartimos o 99% do material xenético e a capacidade musical é característica da nosa

especie. Os dotes musicais dependen dunha serie de xens específicos que constitúen “o talento musical”. Descoñecemos cal é o material xenético que inflúe en tales dotes e nas diferenzas que se manifestan entre individuos a través do pensamento musical. Por outra banda, existen numerosos testemuños científicos que nos falan da influencia da práctica na capacidade musical. p/ CÉSAR ACUÑA RIOS (Director da Escola Municipal de Música de Muros)

The Muros Times


OBESIDAD INFANTIL EL ENTORNO DEL NIÑO ES CLAVE EN LA PREVENCIÓN DE LA OBESIDAD INFANTIL

L

os grandes cambios de las últimas décadas han repercutido, drásticamente, en la manera de alimentarse de los niños. En este sentido, la obesidad infantil o el sobrepeso han experimentado un incremento considerable hasta llegar a convertirse en un problema de salud pública. En España, según datos de la Encuesta Nacional de salud 2011 – 2012, la obesidad ha pasado de afectar al 7,4% de la población en 1987 al 17 % actual. El ascenso ha sido más marcado en hombres que en mujeres, aunque las mujeres llevan una vida más sedentaria. En el caso de los niños, uno de cada diez presenta obesidad y dos de cada diez sobrepeso, con porcentajes similares en ambos sexos. Son datos muy alarmantes y muy similares a los de EE.UU., donde existe el mayor nivel de obesidad del mundo. Además, se está detectando que la obesidad aparece en edades cada vez más tempranas y la mayoría de los casos son de origen multifactorial. La revisión científica británica “The influence of the food environment and obesity in young children”, que recoge 35 estudios realizados en niños menores de 8 años en tratamientos por sobrepeso, destaca que muchos tratamientos sobre la obesidad se han centrado en cambiar el comportamiento individual con el objetivo de prevenir el exceso de peso. Sin embargo esta estrategia solo ha llevado a mejorar a corto plazo la enfermedad y los factores de riesgo relacionados.

Por Dra. Castiñeira laborales de los padres, el incremento de las familias monoparentales, comedores escolares, etc. han afectado el comportamiento de las familias y, por lo tanto, de los niños, en múltiples aspectos, incluidos el comportamiento alimentario y la actividad física. Esta situación es producto de los profundos cambios sociales y de conducta que afectan negativamente a la actividad de los niños. Actualmente, su tiempo libre lo ocupan en actividades sedentarias como ver la televisión, jugar con videojuegos, usar el teléfono móvil, ordenador e Internet, etc. Contribuyen a este problema por una parte la tecnificación del hogar y de los edificios (ascensor, electrodomésticos) y el uso de los medios de transporte motorizados, y por otra parte, la inseguridad en las

INFLUENCIAS NEGATIVAS Según el estudio, es muy difícil cambiar un comportamiento individual en un ambiente donde cada vez más se promueve un estilo de vida sedentario y un consumo elevado de calorías. Los individuos interactúan con el ambiente en múltiples “microambientes” como la escuela, sus hogares y su barrio. A su vez, están influidos por los llamados “macroambientes” como la educación, la salud, las instituciones, la industria alimenticia y las ideologías y las actitudes de la sociedad. Esta suma de influencias en las condiciones de vida actuales es lo que promueve la obesidad en los individuos. En este sentido, modificar el ambiente obesogénico podría producir un efecto más duradero que en los cambios del comportamiento individual. Se requiere sensibilizar a la sociedad de los riesgos para la salud que conlleva el sobrepeso u obesidad y de la importancia que tiene transformar los ambientes obesogénicos en que actualmente viven los niños, donde la práctica de actividad física es muy limitada. LOS CAMBIOS Estos cambios conductuales que conllevan el aumento de los casos de los niños con obesidad infantil o sobrepeso se deben, en parte, a los cambios demográficos y culturales de nuestra sociedad: los horarios

calles en cuanto a viabilidad y delincuencia ha producido una disminución importante en el porcentaje de niños que van a pie o en bicicleta hasta el colegio, y que juegan en las calles. INFLUENCIAS DIARIAS El estudio evidencia que las influencias diarias son determinantes para sufrir obesidad y que la edad apropiada para comenzar a prevenir la obesidad se encuentra en los primeros años de vida de los niños. Además, y sin que exista una única causa que lo provoque, la obesidad infantil o el sobrepeso exige una profunda revisión de los hábitos de los niños así como en la educación de padres y profesores. Destaca que el entorno familiar y escolar tiene una gran importancia a la hora de determinar la actitud del niño hacia determinados alimentos y el consumo de los mismos. Los especialistas recuerdan que los hábitos alimentarios – que influyen en las preferencias de alimentos, el consumo de energía y la ingesta de nutrientes- se desarrollan normalmente durante la infancia y en particular durante la adolescencia.

The Muros Times


Muros, xuño de 1844 No mes de xuño do ano 1844 aparece editado en varios xornais de ámbito nacional unha extrana nova que fala do achádego fronte as costas de Muros dun barco ao garete, cos seus 14 tripulantes degolados. p/ Manuel M. Caamaño) El Espectador (Madrid. 1841). 6/6/1844, página 4. : “Leemos en el Heraldo la siguiente carta de Santiago de fecha 31; “Por cartas de la villa do Muros recibidas ayer por el correo de la provincia, se supo que apareciera en aquellas aguas un barco español mercante con los palos cortados, impelido por las olas cual si fuera una boya, sin dirección ni ruta conocida. Picada , como era natural , la curiosidad del ayudante do marina del distrito , al momento dispusieron su reconocimiento , y no bien subieron á bordo los que tal comisión desempeñaron , cuando se presentó á su vista el espectáculo horrendo que formaban catorce hombres bárbaramente degollados y con señales marcadas de haber opuesto una resistencia heroica á la ferocidad de sus verdugos. Parece que no se encontraron en el barco papel que indiquen la procedencia, ni efectos de ningún género.... A vista de un suceso horroroso como este , capaz de irritar al hombre mas impasible por cuyas venas circule sangre española , todos convienen en la necesidad urgentísima devengar la de nuestros hermanos derramada por la crueldad de esos africanos, á quienes se atribuye este nuevo asesinato; todos, sin distinción de matices , convienen en la necesidad de llevar nuestras armas al imperio marroquí, y desenvolviendo en él el pabellón español , pisado y escupido por sus bárbaros habitantes, lavarle con sangre africana basta que quede rojo y esplendente como estuvo en otros tiempos, cuando no podía dirigírsele la vista sino con un respeto profundo de admiración. ¿Dónde

está el orgullo español? ¿Dónde la intrepidez castellana?” Esta nova a pesares de ser publicada nos xornais, resultou ser un bulo. Non sabemos de onde partiu esta falsa nova, nin que intereses agochaba a propagación de tan bárbaro, como falso, suceso. No xornal “El Eco del comercio. 21/6/1844, n.º 552, página 3.” publícase está nota do Axudante de Mariña de Muros inquirido pola comandancia da Coruña; desmentindo de xeito taxante que tivese ocorrido tal aparición, nin tal barbarie nas nosas augas.

The Muros Times


Nós non chegamos a comprender os motivos ou o trasfondo que levou a alguén a publicar semellante bulo, pero aí quedan as novas da hemeroteca como testemuña muda daquel suceso, xa de por si, difícil de crer. No 1844, o reino de España estaba inmerso en varios conflitos nas súas posesións de Ultramar: A loita pola independencia da República Dominicana; o recoñecemento da

Acta de Independencia de Chile, etc... E no ámbito domestico estaba moi recente (o 23 de marzo) o regreso da raiña María Cristina tralo seu desterro. Pero non había conflito ningún cos nosos veciños, que puidese xustificar tal acto de barbarie. Queda para alguén máis informado que min, a procura e a interpretación dos motivos. Eu só constato os feitos.

The Muros Times


25 ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA XIMIELA P/

Quín Caamaño

-A Agrupación Folclórica Ximiela de Louro celebra no mes de Maio o seu 25 aniversario, por tal motivo desde The Muros Times quixemos achegarnos a Louro para que nos conten un pouco a historia e os momentos mais relevantes da Agrupación.

-Fundación do Grupo Ximiela.

-Ximiela non se creaba para ser un grupo folclórico internacional nin fastoso, senón para unha meta máis común pero non menos importante: recuperar as nosas tradicións, as

O 24 de xuño de 1908, día de San Xoán, o afundimento dun vapor-correo chamado Larache alarmaba a parroquia de Louro embarrancando no baixío de Ximiela. A xente de Louro e veciños da vila de Muros socorreron a tripulantes e pasaxeiros da embarcación sen sorprenderse da traxedia que por desgraza non era a primeira vez. O mar quixo levar con el 91 vidas que viaxaban nese correo-mixto que tiña como ruta Vigo – A Coruña. Os 60 náufragos foron enviados ó seu destino; recibindo así máis tarde un telegrama da compañía transatlántica o agradecemento polos auxilios prestados ós fillos nobres de Muros.

No ano 2002, necesitábamos que o grupo tuvera entidade propia, con estatutos e una directiva. Ese foi o motivo de independizarnos da ANPA do Colexio e creamos A Agrupación Folclórica Ximiela. ¿Por qué o nome de Ximiela?

Por este lugar situado no océano Atlántico fronte a Montelouro, en lembranza do labor humanitario, os compoñentes da agrupación acordamos que levase o nome: “XIMIELA”. nosas raíces o noso folclore. Foi todo pasiño a pasiño, sen pretensión ningunha e deste xeito comezaron a xurdir pequenas oportunidades: as primeiras actuacións, os viaxes fóra de Galicia, os novos traxes, as aparicións televisivas, a gravación do disco, a publicación do libro A indumentaria tradicional galega: O traxe de Muros, as exposicións dos nosos traxes, e agora o noso 25 aniversario que terá lugar na Antiga Fábrica de Sel o vindeiro 25 de Maio.

-Xa dende os inicios comenzáchedes a actuar fora de Louro. ¿Cómo xurdiron as viaxes?

¿Cómo empezou o grupo de baile? En 1988 no seo da A.N.P.A: do Colexio Público de Louro, nace un grupo de baile tradicional coa intención de que os xoves de Louro mostraran interese polo noso folclore xa casi esquencido entre a poboación nova e non tan nova do pobo. Con moita ilusión e sin experiencia o grupo vai collendo forma es os rapaces e rapazas vanse involucrando cada vez mais. Empezan con actuacións no colexio, na vila e ata fora do Concello.

Os primeiros viaxes foron intecambios culturais con outros grupos de diferentes sitios. Un co que estivemos máis en contacto e viaxamos a súa terra foi “Maura Xeva” de Avilés, ademáis de ser un dos primeiros grupos en acollernos. Máis tarde iríamos ata a Badalona, Santurce,

The Muros Times


Madrid, Viana do Castelo, Oviedo… sen olvidarnos moitos lugares da nosa terra. Todos estes viaxes foron experiencias marabillosas para Ximiela, novas amistades, novos lugares, novas ilusións e sobre todo foron un xeito de unir máis o grupo e sentir que hai recompensa despois de tanto traballo. -Os traxes que lucides nas galas son verdadeiras xoias. ¿Qué traballo hai detrás? Cos anos Ximiela foise establecendo e collendo experiencia e comezou a inquedanza de realizar novos traxes pero para iso foi necesario investigar o noso traxe. Sobre todo existía e existe unha especial predilección pola recuperación da indumentaria muradana. Petamos moitas portas para que nos ensinasen esas reliquias que alghúns afortunados posúen, vimos moitas fotos, escoitamos moitos recordos de xente maior e limos a pouca información escrita que existe. Todo este traballo é totalmente artesanal e realizado polos propios membros de Ximiela, moitas delas parte da directiva da asociación. Elas intentan reproducir ata o máis mínimo detalle para ser o máis fieis posible ao traxes antigos, desde os botóns ata o voo das saias. -Outro dos ambiciosos proxectos do grupo foi a publicación do libro “A indumentaria Tradicional Galega”. ¿Por qué un libro? A Agrupación conta cun vestiario moi variado, con traxes de gala, entre o que destaca o traxe de Muradana, traxes de cotío e traxes de época. A historia do libro naceu a partir da idea dun calendario e mira no que acabou. Ximiela tiña a intención de realizar un calendario con fotos do noso traxe. O fotógrafo encantoulle os nosas vestimentas e comentounos porque non facíamos un libro todo ese material. E así xunto coa colaboración da Deputación de A Coruña publicamos A indumentaria tradicional galega: O traxe de Muros. Esta publicación levounos a facer unha serie de exposicións pola provincia de A Coruña e tamén en Madrid, Santurce e Viana do Castelo; ademáis de isto naceu a nosa colección de bonecas. -Non só realizades os traxes, rebuscades no folclore senón que tamén tendes un disco editado. Outro momento marabilloso para o grupo foi a gravación do noso disco que leva nome do grupo. Baixo a dirección de Pablo Seoane e ca Fundación Paideia fomos ata o estudo Mans para realizar o noso primer traballo discográfico, baixo a dirección de Pablo Seoane. -Este mes de Maio celebrades o 25 aniversario, para elo grabástedes un spot para

anunciar A Gala. ¿Qué nos podedes adiantar a The Muros Times? Ca gala que estamos preparando para este 25 aniversario queremos demostrar que no noso pobo se poden facer cousas importantes e de calidade. Nesta actuación buscamos unha forma nova de “consumir” a cultura tradicional, crear espectáculo e que xente descubra o noso folclore ten o sufiente potencial para que se leve a grandes espazos.

É moi difícil preparar algo tan grande porque moitos dos rapaces estamos fóra estudando ou traballando pero facemos o sacrificio de vir todos os fins de semana porque pensamos que isto que estamos facendo vale realmente a pena. E xa non é só ensair, tamén é preocuparse desde cómo vai ser o cartel que vamos poñer ata se todas as pezas de roupa quedan adecuadamente a todos os membros. Este 25 aniversario comezou ca gravación dun spot que ademáis de que foi realizado para promocionar a gala tamén foi unha actividade especial para os que formamos parte de Ximiela, sobre todo para os nenos que disfrutaron un montón. Puxemos en marcha un blog onde tratamos temas do grupo, entrevistas a xente do folclore, o traxe galego, eventos importantes neste eido… Gracias XIMIELA pola vosa colaboración, achegándonos toda a información e por brindarvos a realizar esta entrevista. Gracias que queremos facer extensivas o Grupo por todo ese traballo de recuperación do noso folclore. Desde The Muros Times desexamos que a Gala sexa todo un éxito.

The Muros Times


O SEÑOR FACUNDO ALCUMADO “COLLÓN”, E OS RAPACIÑOS CANTORES Permitídenos que acheguemos un relato que non é noso, pero que si é dun muradán que, a pesar de ter vivido a meirande parte da súa vida afastado de Muros, nunca tivo á Vila lonxe do corazón. -José María García Rodríguez, naceu en Muros e residiu durante moitos anos en San Juan de Puerto Rico. Foi escritor, xuíz e diplomático. Estudou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu como xuíz en diversas cidades españolas. Foi Canciller do Consulado de España en República Dominicana e en Puerto Rico.Ahí vai o conto: “O señor Facundo estaba casado coa señora Merexilda. Tiñan unha tendiña que se achegaba a taberna. En fronte deles vivían as Rulas; unha vella, súa nora e un rapaciño, neto da primeira e fillo da segunda. O señor Facundo e a señora Merexilda tamén eran vellos. El regordecho. Ela fraquiña; o pelexo da cara engurrado, guedellas brancas e os ollos negros. Ben puidera asemellarse a unha bruxa. As Rulas dicían que o era. E non entraban nin saían da casa, sen ter moito coidado en darlle o cu a porta da tenda dos seus veciños. A máis de facerlle a figa. A figa sabedes que non son os corniños. Os cornos danse, endereitando na man o furabolos e o dedo meñique e recollendo os outros dous. -Toma, toma, cornos para ti, dicían as mulleres ao berrar. E batían as dúas mans cos cornos dados. A figa faise cos dedos pechados nun puño e metido o gordo entre o furabolos e o maior. Esa é a figa que lle facían as Rulas a señora Merexilda, que andaba por elo queimada, frixida e refrixida coa rabia. Case que doente. Un pouquiño mais alá tiña a súa casa don Santiago Loxo, cos seus soportais. Embaixo deles protexíanse os rapaces e poñianse a cantar: Collín, collín, collín, toxos e flores en pensamé e pensamé, e pensamentos, palá, palá, palabras amorosas que leva o ve, que leva o ve, que leva o vento. Ai quéreme, Maruxa, quéreme, que che vai ben, chas, pun!

O señor cura de Esteiro ten a camisa rachada, que a rachou na silveira ao correr tras a criada... Ai quéreme, Maruxa, quéreme, que che vai ben, chas, pun! E unha volta e outra, E máis os días de chuvia. O señor facundo, que se enrabechaba que o levaba o demo co alcume que lle tiñan, dende que comezaba a oír iso de "collín, collín, collín toxos e flores..." poñía unha cadeira na porta da tenda, enriba dela unha bulsa chea de croios e pelouros, e nas mans ou na faldriqueira as pesas da libra, media libra e tres cuartos. E esperaba. porque aqueles condenados dos rapaces cantores, máis cedo ou máis tarde, finaban cambiando a letra do cantariño. E ouvíase un "collón, collón, collón toxos e flores..." tan fortemente berrado que até no inferno, o mesmo Arrenégote o escoitaría. O señor Facundo a súa vez, berráballes nun castelán severo e hiperbólico:

The Muros Times


"¡Mal rayo los parta! ¡Así el mismísimo demonio los confunda!" E os rapaces fuxían. O señor facundo corría detrás deles e arreboláballes as pesas e os pedregullos con canta forza podía. Un seixo bateu a un mociño de Louro e fíxolle unha grecha na cachola. Houbo que chamar a don Antonio Beiro, que era o médico, para que lle cosese os puntos na botica de don Carlos Iglesias. Viñan, de brazo dado o señor Manuel do Monte e Ferreirós, que eran os dous gardiñas da vila e chegaban sempre tarde a todos os barullos: Que pasa? Que Pasa? preguntaban. Dicíanllo. Sabíano de sobra. E no máis rexo do rebumbio, pregábanlle ao inxuriado con tratamento de moita cerimonia: -Non se incomode don Facundo; haxa paz e paciencia... Ao carón dos gardas había varios rapaces, dos cantores ou non. Un avisáballe -Señor facundo, as Rulas están mirando pola fiestra e ándanlle facendo a figa. E ríndose... E o señor facundo -Un raio que as fenda. Calquera día póñolles un xuízo de faltas que as fodo. E outro rapaz con moita vontade: -Quer que lle axude a buscar as pesas? Axudábanlle. Xuntáronse mais rapaces embaixo dos soportais de don Santiago Loxo, cantaruxando: -Ferreirós, rouboulle a capa a Dios, e os zapatos a Pilatos... E Ferreirós: -Señor facundo, emprésteme as pesas, que os escarallo... E mentres os corría, viña outra manchea de mociños, poñendo a boca no mundo ao cantar: Collín, collín, collín, toxos e flores... O señor Facundo ao señor Manuel do Monte: -Vostede é a autoridade, interveña. -Coma vou intervir, se aínda non se fixo violación de lei ningunha? -Pero vaise a producir e xa se produciu. Vostede querería que lle chamasen o que eses desvergoñados me chaman? Retrucaba irado o señor Manuel do Monte: Peche o peteiro, a min non me ensine a cumprir coa miña obriga. Volveu Ferreirós cos liviáns na boca, case que afogado. O señor Facundo preguntaba, comesto polo carraxe: -Para que serve a autoridade nesta vila? Doume

aos demos! Os rapaces non lle deron tempo de seguir, pois xa estaban de novo coa cantaroliña, embaixo dos soportais de don Santiago Loxo. E o señor Facundo coa orella esperta, os ollos abertos e as pesas nas mans, dálle que te dálle a leria de que na vila non había autoridade, que o alcalde era un merdeiro e os gardas uns non sei que. Comezou a orballar. E dixo Ferreirós, sen que o señor Facundo puidese escoitalo: -Son máis das dez da noite, ímonos, meu compañeiro, que xa me ten até os collóns, este Collón do carallo... E fóronse. En canto se foron, saíu de novo a maldicida cantaroliña, esta vez da banda da praza do Cristo. E cando se escoitou a verba inxuriosa, o señor Facundo arrebólalle unha pesa a un rapaz e rómpelle un vidro do escaparate de Luís do Peludo, zapateiro da veciñanza. A señora Merexilda e a muller do Peludo puxéronse a berrar polos danos...E embaixo dos soportais de don Santiago Loxo xa había outros cantando. E cando foi o señor Facundo a escorrentalos a pedradas e coas pesas, cantábanlle o collín, collín, dende a praza do Cristo...Toleábano. Seguían a señora Merexilda e a muller do Peludo berrando. As Rulas facíanlle a figa dende a xanela. Mentres pasaba por alí Chichapán: -Aí Basilisa, mira como veño Cunha borracheira que xa non me teño...! De viño, claro. porque a auga, o noso follalateiro nin a probaba. Basilisa era a súa dona, coma xa sabedes ou imaxinades. Mentres dende a súa fiestra, Pepa da Fortuna, que era pouco asisada, berraba: -Padre amado, viva Muros cu de riba para abaixo! Os cans ouveaban medio tolos polas rúas da vila . E mentres, seguía a orballar. A señora Merexilda pregoulle ao seu home: -Facundo, ímonos deitar que xa é noite. -Tes razón, que eses dous carabineiros de Manuel do Monte e Ferreirós, levan xa roncando como meniños por máis de dúas horas, esquecidos de manter o imperio da lei, nesta nosa puñetera vila. Fóronse durmir. Ao lonxe escotábase aínda: Collín, collín, collín toxos e flores...”

The Muros Times

José María García Rodríguez.


A perda do CARDENAL CISNEROS By:Manolo de Lajo

O Cardenal Cisneros era un cruceiro da Armada de 7.500 toneladas de desprazamento, 106 metros de eslora e 18,55 metros de manga. Foi botado en Ferrol en 1897 e montaba 2 canóns de 280mm., 8 de 140mm., 8 de 57mm. 10 de 37mm. ademais de 3 tubos lanzatorpedos. Estaba propulsado por 2 máquinas verticales de triple expansión con 4 caldeiras dobles e 40 fornos para darlle unha potencia máxima de 15.000 cv. a unha velocidad de 20 nós. Na noite do día 28 de outubro de 1905 as lanchas xeiteiras de Baño e Boavista sairon de Anido para dar o lance de alborada. Esa mañanciña decidiron facelo na zona da costa comprendida entre os baixos de Meixide e Ximiela, visto que no lance do axexo tiveran boa marea nela. Contaba meu bisavó Tieles que cando estaban recollendo as pesas viron o Cardenal

Cisneros virar o Neixón e poñer rumbo a Virullos, correxíndoo a babor o estar nas cercanías destes e tomar unha nova derrota para pasar por o suroeste de Meixide, ainda que para o coñecemento del pareceulle moi pouco o desvío. O barco navegaba a un andar de 10 ou 12 nos por o cal estaría o caron de Meixide en 10 minutos, eso si conseguia librar Ximiela pois levaba casi na proa. Entón meu bisavó e os patróns das outras lanchas, entre eles os Coxos e os Saturnos, comenzaron a levantar as mans e berrar para avisarlles do perigo; o cal o barco

repondeu cunha salva de pitadas, coidarían que os estaban a saudar. Uns minutos máis tarde sentiuse a bordo unha forte trepidación, que fixo deter a máquina. Tocaron cuns baixos por o sur de meixide que nas cartas da época non estaban marcados, pero que os mariñeiros muradans sí coñecían.

A consecuencía do choque inundáronse os departamentos das caldeiras de popa e os das máquinas de proa inutilizando as bombas coa parada da máquina. Dando o barco por perdido o comandante Manuel Díaz Iglesias, a voz de sálvese quen poida, mandou arriar os botes salvavidas onde embarcaron os tripulantes e disparáronse uns cañonazos co fin de chamala atención. O Cisneros mergullou primeiro a proa e dispois, levantando a popa, afundeuse por completo mostrando as hélices. Toda a tripulación, navegando nos seus própios botes ou a bordo das lanchas muradanas que acudiron a demanda de auxilio, foi chegando de volta a Muros. O rei Alfonso XIII fíxolle un recoñecemento o povo de Muros por a súa actuación, tanto no rescate como na acollida. Nos dias seguintes non tardou en soar esta cantiga na vila: "Adeus Cardenal Cisneros que pronto te has perdido, despois de sair de Muros, nos baixos de Meixido".

The Muros Times


O Naufraxio e o expolio do buque Sovereing O día 3 de xaneiro de 1901, embarranca na Cova do Rego de Auga o veleiro Inglés Sovereign

De Cardiff zarpou o bergantín inglés Sovereign o día 3 de xaneiro de 1901con rumbo a Vilagarcía . Ao chegar a altura da ría de Muros o temporal do SW arrepiaba e o capitán do Sovereing decidiu gorecerse no porto de Muros pero veu a embicar na mañá do día 7 na pequena enseada da Cova entre as puntas Rebordiño e A Vouga a escasos dous quilómetros da Vila. O pouco de acontecer o naufraxio presentouse no lugar o axudante de mariña de Muros para coordinar o salvamento dos tripulantes do navío e tratar de salvagardar a súa carga. Os mariñeiros ingleses foron axiña postos a salvo polas xentes de Muros sendo aloxados en casas da veciñanza ata seren repatriados. O buque despezouse no lugar do seu embarrancamento, non sen antes ser visitado polos raqueiros que espoliaron parte do seu cargamento e das pertenzas dos tripulantes. Que despois de cumprido o deber de salvar as vidas dos tripulantes, tamén había que atender ás necesidades materiais!

Texto dun telegrama enviado polo axudante de mariña de Muros á comandancia militar de mariña da Coruña : 7 de xaneiro do 1901, Muros 12 da mañá: “Esta madrugada embarrancou no punto da nosa costa denominado a Cova, o bergantín inglés Sovereing, Toda a tripulación foi salvada en botes . O buque no vai poder reflotarse. Comézase a sacar do mesmo os obxectos persoais dos tripulantes e a carga. Un bote pertencente ó canoneiro da Armada Española Vasco Núñez de Balboa saíu para prestar auxilios. As autoridades e veciños deste porto prestan excelentes servizos co motivo do sinistro”. The Muros Times


COUSAS DE NENOS… Ás veces, algunhas poucas veceso sangue xeóuseme nas veas ao entrar na cociña e ver a José A. sentado ao lado da cheminea e xunto a el, que era aínda máis grave se cabe, ao seu pai, tomando un vaso de viño e charlando amigablemente co meu, os deuses decidiran me dí conta nada máis entrar cando a miña cara sen querer tropezou coa palma da man do meu pai, mentres o cabrón de José Antonio cos seus relucentes seis puntos de sutura sorría o moi can, sorriso que máis adiante lle custaría..., pero dunha forma cruel, sem, recuperamos a facultade perdida de volver á nosa nenez a través do máxico mundo dos sonos e esta foi unha delas, unha desas noites nas que desexarías que non amencese, que non rematase nunca. Recobrei a sensación pracenteira do sol primaveral acariciando o meu rostro ao durmir nas rochas da praia de Portocelo xunto aos meus amigos de delitos mentres nos escondiamos facendo xovencos na escola, un de tantos días, pasando a tarde entre calada e calada daqueles míticos Celtas curtos, eran sen filtro e endiabladamente fortes, pero á súa vez os máis alcanzables aos nosos cheos de arañeiras petos e como colofón entre cigarro e cigarro, un bo baño en pelotas no mar, así nos evitabamos mollarnos os calzóns de algodón, máis malos de secar ao sol que a nai que os pariu... Así transcorrían as horas, facendo tempo para que desen as seis e poder volver á casa a pola merenda, coma se nada tivese sucedido colliamos o chusco de pan da tahona do señor " Pepe do Cancholo " e as dúas onzas de chocolate groso e duro, que aínda que era dos de facer á cunca os cativos o roïamos con verdadeiro afán, aqueles aínda non eran tempos

de petit suisses, non para nós polo menos, e como frechas volviamos saír a xogar á rúa, o verdadeiro cuarto de xogos daquel entón. Tras reunión de urxencia na árbore "do rio de abaixo ", tomamos a decisión de volver declarar a guerra aos de " Corea " barrio fronteirizo do noso, o " roeiro novo " e xuntos, media ducia de chacais, esperabamos a que algún pasase preto do dique, os deuses bendicíannos e estaban connosco pois viñan tres incautos inimigos sen decatarse da emboscada cruel que no seu contra estábase a fraguar, e á orde de Fuegoo!, saíu en tropel unha chuvia de pedras que obscurecieron o seu ceo coma se dun chuvasco do Norte se tratase. Os proxectís eran pedras de cuarzo, por aquí chamadas de ( Seixo )escogidas con esme-

ro na calita do Pindo, ao lado dePortocelo, polo seu tamaño e peso perfectos para tal e s m a s a c r e s . A sorte esta vez, non estaba do meu lado, xa que no fragor da loita puxen tanto empeño no meu lanzamento que esquecendo a orde de non tirar a dar, lle asestei unha fenomenal pedrada a José A. facéndolle caer redondo como antano fixese David con Goliat, nin que dicir ten, que esa tarde a escorrentada foi xeneral e cada moucho á súa oliveira antes das oito. Transcorrida unha hora máis ou menos do tráxico suceso, co meu ego polas nubes dirixín os meus pasos á casa, pre nos volve chamar xunto a el este mundo para fodernos o bo que temos ,y entón soou o espertador anunciando a hora de levantarse

The Muros Times

©. a. pouso


p/ Dra. CASTIÑEIRA Un estudio a largo plazo muestra los beneficios en la salud cardiaca de dejar el hábito aunque se gane algo de peso Aunque muchos fumadores temen el aumento de peso que a menudo conlleva el dejar de fumar, un estudio reciente sugiere que ese peso adicional no contrarrestará los beneficios en la salud de dejar de fumar. El estudio, que contó con más de 3,200 personas adultas de EE. UU., halló que los fumadores que lo habían dejado redujeron su riesgo de enfermedad cardiaca y accidente cerebrovascular a la mitad. No importaba si ganaban peso después de dejar de fumar. "Esto vuelve a confirmar a los fumadores que los beneficios de dejar de fumar siguen siendo mucho mayores que cualquier pequeño riesgo para la salud que pueda ocasionar el ganar peso", indicó el Dr. Michael Fiore, fundador del Centro de Investigación e Intervención en Tabaco de la Universidad de Wisconsin, en Madison. La investigación sugiere que la mitad de las mujeres y la cuarta parte de los hombres que fuman están preocupados por el peso que ganarían si dejaran de fumar. "El aumento de peso es una razón habitual que los fumadores señalan para no dejar de fumar", comentó Fiore, que coescribió un editorial que acompañaba al estudio en la edición del 13 de marzo de la revista Journal of the American Medical Association. Por supuesto, el miedo a ganar peso podría deberse a razones de salud o no. Algunos fumadores quieren evitar esos kilos adicionales por una razón "cosmética", afirmó el Dr. James Meigs, autor principal del estudio y médico en el H. General de Massachusetts. Pero con respecto a la salud cardiovascular, agregó Meigs, los nuevos hallazgos muestran que ganar peso no es una excusa para no dejar de fumar. Fiore se mostró de acuerdo. "Dejar de fumar es lo mejor que puede hacer por su salud", aseguró. Los hallazgos se basan en 3,251 personas adultas que participaron en el Estudio de Descendientes de Framingham, una ramificación a largo plazo del Estudio Cardiaco de Framingham. Dentro del periodo de tiempo considerado, de 1984 a 2011, los participantes se sometieron a exámenes de salud aproximadamente cada cuatro años; al principio, el 31 por ciento eran fumadores, pero en el último examen, esa cifra se había reducido hasta el 13 por ciento. Durante el periodo del estudio, 631 personas sufrieron un

ataque cardiaco, un accidente cerebrovascular, insuficiencia cardiaca o de arterias de las piernas obstruidas, o fallecieron por problemas cardiovasculares. Pero los antiguos fumadores tenían solo la mitad del riesgo de los actuales fumadores, aunque hubieran ganado peso. Y como ocurre habitualmente, habían aumentado de peso: un promedio de 5 a 10 libras (de 2.26 a 4.5 kilos) en los años siguientes a dejar de fumar. "De manera que el mensaje es: sí, puede esperar que ganará peso en los primeros años después de dejar de fumar", afirmó Meigs. "Pero, aun así, reducirá su riesgo de enfermedad cardiovascular a la mitad". Los investigadores también se centraron en los participantes del estudio con diabetes, un factor de riesgo importante de enfermedad cardiaca y accidente cerebrovascular. Descubrieron que las personas que dejaron el hábito de fumar experimentaban una reducción del riesgo parecida a la de los fumadores sin diabetes. Pero el hallazgo no fue significativo desde el punto de vista estadístico, lo que significa que pudo deberse a la casualidad. No obstante, Meigs hizo hincapié en que el descubrimiento no significa que las personas con diabetes no se beneficien de dejar de fumar. Culpó a las estadísticas: simplemente no había las suficientes personas en el estudio que fueran fumadoras, tuvieran diabetes y sufrieran de un problema cardiaco como para obtener un dato estadísticamente fiable. Y Meigs indicó que, para un fumador con una afección cardiaca importante como la diabetes, dejar de fumar sería incluso más importante. Pero incluso aunque ganar peso no contrarrestará los beneficios para el corazón de dejar de fumar, muchos fumadores quizás quieran evitar pasar por eso de todas maneras. "Y hay algunas cosas que usted puede hacer para minimizarlo", comentó Fiore. Una de ellas sería empezar a hacer ejercicio. "Introduzca algo más de actividad física en su rutina diaria", aconsejó Fiore. Y como premio, añadió, la investigación sugiere que el ejercicio puede ayudar a rebajar las ansias de nicotina. Vigilar la dieta es clave, comentó Fiore, porque los fumadores a menudo recurren a los alimentos dulces y grasos cuando intentan dejar de fumar. También hay evidencias de que los chicles y las pastillas de nicotina pueden ayudar a evitar el aumento de peso. No se sabe con certeza la razón, pero puede ser por los efectos de la nicotina en el metabolismo, comentó Fiore.

The Muros Times


Muros, 1846: o axustizamento de Ginés Mato ai partes da nosa historia que son descoñecidas. As veces porque a tradición oral perdeunas e outras porque as referencias escritas desapareceron. No caso que hoxe vou a relatar, tal vez, polo escabroso do tema, a xente quixo esquecelo, pero aínda hai hoxe en Muros, aboas que lembran escoitar das súas aboas, relatos do acaecido na Vila durante e despois dos feitos que hoxe relatarei. Das aínda vivas, recollín datos que me serviron para darlle forma a unha historia certa que acabou movendo as conciencias de moitos. O día 15 de xuño de 1846, produciuse en Muros o axustizamento dun home chamado Ginés Mato. Foi a última persoa á que un xuíz de primeira instancia de Muros, condenou a morte en garrote. A Ginés Mato, de 33 anos, fillo de Pedro Mato, natural de Noia, e de María dá Canle, da parroquia de San Cosme de Outeiro, acusóuselle de ter dado morte a un home na Parroquia natal da súa nai. Tras o xuízo, e despois de haber apelado a Real Audiencia, a sentencia a morte confirmouse.

garrote ordinario la que se imponga a personas de estado llano; en garrote vil la que castigue delitos infamantes sin distinción de clase; y que subsista, según las leyes vigentes, el garrote noble para los que correspondan a la de hijosdalgo”.

O uso do garrote xeneralízase ao longo do século XVIII, favorecido pola simplicidade da súa fabricación, que estaba ao alcance de calquera ferreiro. Mediante decreto do 24 de abril de 1832, o rei Fernando VII aboliu a pena de morte en forca e dispuxo que, a partir de entón, se executase a todos os condenados a morte co garrote: “Deseando conciliar el último e inevitable rigor de la justicia con la humanidad y la decencia en la ejecución de la pena capital, y que el suplicio en que los reos expían sus delitos no les irrogue infamia cuando por ellos no la mereciesen, he querido señalar con este beneficio la gran memoria del feliz cumpleaños de la Reina mi muy amada esposa, y vengo a abolir para siempre en todos mis dominios la pena de muerte por horca; mandando que adelante se ejecute en

Cada tipo de execución levaba aparellada unha escenificación distinta, diferenciándose cada unha principalmente polo modo de conducir o condenado ata o garrote: os condenados a garrote nobre ían en cabalo enselado, os de garrote ordinario ían en macho ou cabalo e os de garrote vil en burro, sentados mirando cara á anca, ou arrastrados. É a denominación garrote vil a que prevaleceu e hoxe en día adóitase usar este nome para designar tanto o

The Muros Times


instrumento como a pena de morte que o utiliza. A execución anunciábase cuns tambores co parche frouxo, non tirante, que se chamaban "caixas destemperadas", de onde quedou a expresión. Ginés Mato foi axustizado a garrote, nun taboado que se puxo no campo de San Roque, en lugar perfectamente coñecido, e que non cito nin sitúo, como tampouco citarei outros extremos para non ferir a sensibilidade dos lectores. O corpo do malfadado rapaz estivo exposto ó público dende as 11 da mañá ata as catro da tarde. Antes da execución recibira os sacramentos de penitencia e comuñón. Os irmáns da caridade acompañaron o seu cadáver, que foi soterrado no cemiterio parroquial de Muros, dentro da capela do cemiterio, que fora anteriormente o presbiterio da anterga parroquial de San Pedro. O VERDUGO VEU DE VALLADOLID O verdugo é un personaxe tan antigo como a Lei. O que sucede é que, polo seu atavío, carapucha, machado etc.. . adóitaselle identificar moito coa Idade Media. En moitas ocasións o verdugo impúxose para evitar que tras a cacharela, a multitude estendese as muxicas con grave perigo público. E en situacións así encontrouse Luís XI, Carlos El Malo, Pedro I de Castela, Pedro IV de Aragón.... e, se damos un salto no tempo, tamén o tivo que utilizar Isabel de Inglaterra, Pedro el Grande e ata o propio Napoleón.

socialmente. aínda así, transmitíase de pais a fillos. E é curioso que o verdugo Sansón, famoso na Revolución Francesa, que guillotinou a maioría dos condenados, era fillo e neto de verdugos. Pois xa nesa época, escribiu unhas memorias coas súas mellores execucións. O verdugo que executou a Ginés veu dende Valladolid, e estivo en Muros moito antes da execución. O principio pasou desapercibido, pero cando a xente soubo quen era, o seu paso polas rúas da Vila, os veciños pechaban fiestras e portas. Non lle foi mal o executor, que quedou na Vila e acabou casándose cunha moza e tivo descendencia. Penosa foi a execución e sorprendente o que aconteceu anos despois: un home atormentado polos remordementos confesouse autor do crime que lle atribuíron a Ginés. As xentes da Vila sentíronse culpables do sucedido, e consideraron o axustizado un “santo”, sendo moitas as persoas que durante longos anos, cando pasaban polo lugar onde fora axustizado, facían a sinal da Cruz, e outra moitas acudían a súa tumba a implorar os mais diversos favores. Fontes: Arquivo Parroquial de Muros, L.S. 34. Fol 72. vto, depositado no Arquivo Histórico Diocesano, e relatos contrastados con xente maior da Vila.

E se o verdugo fose unha muller ? Pois as houbo! , se, en Francia, en tempos de San Luís, para executar outras mulleres e se lle chamaba a "Bourelle". En España xa se comezou a exonerar de cargas o verdugo en tempos de Juan II quen, en 1.435, ordenou que quen exercera de verdugo estivese exento de toda carga municipal ou real. Mais adiante regúlase con maior precisión o cargo de verdugo. Carlos I ditou unha Ordenanza, en Toledo, en 1.525 e, mais tarde, o seu fillo Felipe II outra en Valladolid, en 1.556, que permitían ao verdugo quedar coas roupas que levaran postas os condenados. O cargo de verdugo estaba mal considerado

The Muros Times


COLABORA:

CONCELLO DE MUROS

The Muros Times


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.