NOTICIÓN NO CEIP VALLE - INCLÁN Dende hai varias décadas existe un programa espacial que ten por finalidade atopar vida extraterrestre. Este programa utiliza a xigantesca antena de Arecibo en Costa Rica para escoitar posibles emisións intelixentes de radio que proveñan doutros mundos. Por fin esta busca rematou, pero dun
xeito totalmente inesperado.
Un platillo voador aterrou no patio do CEIP Valle-Inclán de Perillo en horario escolar. Varios periodistas de sexto seguiron esta interesante noticia.
NOTICIÓN NO CEIP VALLE INCLÁN Como podedes ver os nosos reporteiros informáronos
puntualmente sobre este acontecemento de interese mundial. Unha auténtica primicia. Os periodistas dos principais diarios do estado: El Mundo, El Pais, ABC… non saen do seu asombro. Uns principiantes na profesión, consiguen a maior noticia da historia.