HOME ARTISTA INVENTOR
ยก XENIO !
LEONARDO DA VINCI
LEONARDO DA VINCI
1.- Leonardo e a pintura 2.- A súa faceta de escultor 3.- A inxeñaría e Leonardo
NACEMENTO DE LEONARDO
Leonardo naceu en Italia, en Vinci, preto de Florencia no ano 1452.
Dende moi pequeno xa se lle ven calidades para o debuxo, as matem谩ticas e a observaci贸n.
LEONARDO E A PINTURA
No ano 1466, con 14 anos, Leonardo e a sĂşa familia foron vivir a Florencia
Os seus primeiros debuxos eran tan bos que tan pronto como o seu pai llos mostrou ao pintor Andrea Verrocchio, este tomou a Leonardo como aprendiz no seu importante taller.
LEONARDO E A PINTURA No taller de Verrocchio, primeiro aprende a mesturar cores e despois a pintar .
Unha das sĂşas primeiras obras de importancia ĂŠ o cadro da Virxe das Rochas
LEONARDO E A PINTURA
Para pintar este cadro uilizou unha técnica da súa invención, o sfumato, que permitía difuminar figuras e paisaxes dando unha sensación de distancia.
Detalle do cadro no que se aprecia a utilización da técnica.
LEONARDO E A PINTURA
(Batalla de Anghiari)
A Leonardo gustáballe captar o movemento. As súas figuras estaban cheas de vida ao contrario da antiga pintura con imaxes estáticas.
LEONARDO E A PINTURA
En 1495, Leonardo pintou A última cea, unha gran pintura mural que realizou sobre unha das paredes do comedor dun convento. Nesta gran obra, ademáis da súa técnica do sfumato, destacaba o xogo de miradas e xestos que había entre as personaxes: dor, indignación, sorpresa... Unha vez máis o cadro estaba vivo.
LEONARDO E A PINTURA
Entre 1503 e 1505, pintou a súa gran obra mestra: A Gioconda. Este retrato é unha das pinturas máis valoradas e copiadas de toda a historia da pintura. Foi un encargo do marido da modelo (O Giocondo) , pero segundo conta a lenda, gustoulle tanto a Leonardo o retrato que nunca llo entregou e levouno sempre consigo nas viaxes que emprendeu.
LEONARDO E A PINTURA
Leonardo tamén debuxou a anatomía do corpo humano como ninguén ata entón. Os seus debuxos eran precisos e meticulosos. Utilizaba cadáveres para poder copiar do orixinal. Deste xeito fixo unha importante aportación á medicina.
LEONARDO ESCULTOR Leonardo foi tamén un gran escultor. Aprendeu esta arte do seu profesor de xuventude Verrocchio, pero a súa obra non chegou ata nós. Quédannos planos, debuxos e pequenas esculturas de cando era novo, pero non as grandes obras. Escultura en cera atribuída a Leonardo
Cabalo encabritado atribuído a Leonardo do Museo de Budapest
LEONARDO ESCULTOR
Quizais a obra escultórica máis salientable de Leonardo foi o cabalo colosal erixido á memoria de Francisco Sforza. Leonardo deseñou primeiramente esta estatua cun cabalo coas patas dianteiras levantadas, pero este deseño resultaba moi inestable, xa que a estatua debería ser feita de bronce, un metal moi pesado. Primeiro deseño da estatua de Sforza
LEONARDO ESCULTOR
Finalmente obtou por facela cun cabalo camiñando a catro patas. A estatua debía medir uns sete metros de altura, sería a maior estatua ecuestre da historia ata entón. Cando xa a tiña feita en xeso e só faltaba fundila en bronce, estoupou unha guerra con Francia e a estatua non se puido rematar. O molde en xeso foi utilizado polos soldados en prácticas de tiro e tamén foi destruído.
Reprodución do cabalo Sforza
A INXEÑARÍA E LEONARDO Pero a faceta que quizais nos sorprenda máis de Leonardo, é o Leonardo creador de máquinas. Máquinas de todo tipo que en moitas ocasións non puido realizar porque a súa mente ía máis lonxe que a tecnoloxía da época. Leonardo era un portento imaxinativo.
A INXEÑARÍA E LEONARDO Os traballos de inxeñaría de Leonardo foron moi variados. Abarcaron o transporte terrestre, as máquinas voadoras, as engranaxes, as máquinas de guerra e outros moitos utensilios de diversos usos.
A INXEÑARÍA E LEONARDO Transportes terrestres: Un exemplo de vehículo terrestre foi a súa bicicleta de madeira. Contaba este enxeño con pedais e cadea metálica para transmitir a forza desde os pes ata a roda traseira. Esta forma de trasmitir a forza é moi semellante a das bicicletas actuais.
A INXEÑARÍA E LEONARDO Transportes terrestres: Un enxeño moi sofisticado foi o carro que se move mediante resortes. Parece que este carro foi deseñado por Leonardo para utilizalo en escenarios de teatro e festas; non tiña unha función propiamente de transporte xa que o conductor necesitaba apearse frecuentemente para darlle corda.
A INXEÑARÍA E LEONARDO Transporte marítimo: Leonardo tamen deseñou enxeños relacionados co transporte marítimo. El foi o inventor dos barcos de dobre casco. O casco dobre facilita que un barco que sufra un golpe poida seguir aboiando grazas ao segundo casco. Os constructores do Titanic non utilizaron o invento de Leonardo e por iso, cando o casco rompeu, se afundiu.
A INXEÑARÍA E LEONARDO Inventos relacionados co mar:
Da Vinci tamén deseñou o salvavidas, a escafandra de mergullador e os esquís para andar sobre a auga, moi parecidos aos esquís que utilizamos para a neve.
A INXEÑARÍA E LEONARDO Máquinas de guerra:
Nos tempos de Leonardo, a guerra era bastante frecuente. Os nobres que loitaban, sabedores do inxenio de Da Vinci, lle solicitaban aparellos para pelexar ou para defenderse. Por iso inventou catapultas, carros con coitelas, e ata tanques.
A INXEÑARÍA E LEONARDO Máquinas de guerra:
O tanque deseñado por Leonardo movíase grazas ao esforzo dos soldados que ían no seu interior. Eles, encargábanse tamén, de disparar os canóns.
A INXEÑARÍA E LEONARDO
Máquinas voadoras: As máquinas relacionadas co voo foron das predilectas de Da Vinci. Unha das máis coñecidas é o “Parafuso voador”. Leonardo dicía que se se lle facía xirar con rapidez, conseguiría despegar. O inxeño non chegou nunca a voar, pero os inxeñeiros de hoxe en día consideran ao “Parafuso voador” o precursor das hélices de barcos e avións.
A INXEÑARÍA E LEONARDO
Máquinas voadoras: Entre as máquinas voadoras deseñadas por Leonardo destacan as planeadoras e as que imitaban o movemento das ás das aves. Tamén deseñou o paracaídas.
Leonardo sempre estaba creando novos proxectos. En moitas ocasións non podía rematar un proxecto, porque outro xa se estaba formando no seu cerebro. Tan ocupado estaba que nunca casou nin tivo fillos. Algunhas persoas pensan que foi, quizais, a persoa máis influinte do renacemento, a pesares de que nin escribíu e que nin apenas nos quedan esculturas e moi poucas pinturas súas. Xenios desta altura aparecen poucas veces na humanidade. Leonardo morreu o dous de maio de 1519 no castelo de Clos-Lucé (Francia) cando tiña 67 anos.
Guión e realización: Luis A. Peña Baseada na exposición: LEONARDO DA VINCI HOME – INVENTOR - XENIO