boletin biblioteca

Page 1

NORMAS DE USO Non molestamos aos demais. (Se queremos falar só podemos facelo con voz de biblioteca) Andamos amodiño. Coidamos todo o que hai: mobiliario, libros,ordenadores,bonecos ... Se responsable, devolve os materiais que tes en préstamo dentro do prazo, pensa que outras persoas poden querer usalos. No caso de non devolvelos, deberás repoñelos ou abonar o seu importe, para incorporalos de novo á Biblioteca. Podemos facer uso dos ordenadores sempre con permiso do mestre de garda.

HORARIO A Biblioteca estará aberta no horario lectivo (1 sesión semanal cada grupo/clase co seu titor ou titora) e nos recreos. Nos recreos podes usar a Biblioteca para lectura e consulta. Tamén estará aberta todas as tardes de 4 a 5 e media agás os martes, sobre

todo para o alumnado que non teña ordenador ou acceso a internet na casa.

PRÉSTAMOS 

 

Debes presentar o teu carné de usuario/a para calquera préstamo ou devolución. Pide axuda cando non consigas atopar o libro que necesitas. Encargaranse dos préstamos o alumnado axudante da Biblioteca baixo a supervisión da/do encargada/o da Biblioteca. Prestaranse como máximo2 libros por un período non superior a 15 días. A recollida e devolución dos libros farase no recreo a través dos encargados/as. Ninguén poderá levar un novo libro, ata devolver o/os anterior/es. O préstamo quedará anotado no ordenador

Podes consultar o catálogo en Internet na páxina: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Portada.aspx Ou a través do blog da Biblioteca: http:://aventurasnabiblioteca.blogspot.com

ESPAZOS  ZONA DE CONSULTA: dicionarios, enciclopedias, atlas, biografías … A Biblioteca conta con sete ordenadores con conexión a internet, que che permitirán atopar información sobre calquera tema.  ZONA DE LITERATURA: Os libros de ficción, contos, poesías, teatro, cómics..., están ordenados por idades.  ZONA DE LECTURA: Para poder gozar da lectura comodamente.  ZONA DE TRABALLO : Mesa grande na que podes traballar en grupo ou individualmente.  EXPOSITOR DE NOVIDADES: Últimas incorporacións.  EXPOSITORES DE REVISTAS, COMICS E XORNAIS.  ZONA DE AUDIOVISUAIS: Equipada con ordenadores, pantalla, canón e reprodutor de música, xunto aos andeis cos materiais audiovisuais (CDs, DVDs, CD-ROMs). Utiliza sempre os cascos.


Para atopar os libros que buscas debes ter en conta a etiqueta (“tello”) que teñen colocada na parte inferior do lombo. 82-N LOB con

Os libros clasifícanse polas materias das que tratan ( CDU ) A cada materia correspóndelle un número dende o 0 ata o 9

GUÍA DA BIBLIOTECA 2009-2010 Vinde á Biblio comigo !!!

O nº da CDU, neste caso: LITERATURA-NARRATIVA 3 primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas 3 primeiras letras do título en minúsculas

Os libros de literatura están ordenados por cores :

Xa imos!!!

Pre-lectores Primeiros lectores Lectores autónomos Lectores expertos Xuvenil-Adultos

CEIP San Isidro- NEDA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.