C.E.I.P. SAN ISIDRO
XUテ前 2010- Nツコ 59 Sergio 5ツコ
MIL COUSAS PODEN PASAR
O martes, 9 de marzo, visitou aos alumnos de 5º e 6º do noso cole Jacobo Fernández Serrano o autor do libro, “ Mil cousas poden pasar”, gañador do do Premio Merlín de literatura infantil do ano 2009. Veu acompañado por Isabel, a representante da editorial Xerais para os colexios. Jacobo é escritor, ilustrador, autor de banda deseñada e pintor. É moi simpático e divertido. Di que lle gusta xogar ata coas moscas. Igualiño ca nós. Todos léramos o libro e fixéramos un gran cartel cos personaxes do seu conto. A el gustoulle e sacoulle varias fotos. Como o libro nos gustara moito fixémoslle unha morea de preguntas que nos respondeu encantado. A continuación tamén nos preguntou a nós: que nos parecera, cal fora a ilustración que máis nos gustara….e desvelounos un secreto sobre a 2ª parte do libro que sairá en outubro e que, naturalmente, non vos podemos contar. Díxonos que estaba moi a gusto con nós e botou tanto tempo ( dúas horas e media) que non podemos publicar toda a entrevista.
Aquí vos resumimos un anaquiño: - Gústache ler? - Claro. É moi divertido. A miña casa estaba chea de libros e cómics. Disfruto moito lendo e logo quero facer o mesmo. - Contáronche contos de pequeño? - Si. O meu pai, sobre todo, para durmirme. E líame sempre o mesmo ata que fun maior. - Cantos anos tiñas cando escribiches o 1º libro? - Escribín dende sempre. Primeiro redaccións no cole, logo publiquei cómics. Libros fai uns 10 anos. - A princesa deste conto chámase Neda, por que? - O ano pasado estíven aquí nesta vila. Gustoume para o nome dunha rapaza. É bonito. O 80 % dos nomes son de pobos ou lugares de Galicia. Mercurín hai un cerca de Ordes; en Ourense, Meaño. Donalbai…. - Onde te inspiras para escribir os libros? - En libros e historias doutros escritores, en cómics, debuxos animados e tamén na realidade que se esaxera para facer un personaxe. As veces non sabes en que te inspiras - Cal é o teu escritor favorito? - Difícil, difícil. Para min un dos máximos é Alvaro Cunqueiro que tamén utiliza a maxia e fantasía mezcladas con humor. Agustín Fernández Paz, A autora de Harry Potter…… - Que che gusta facer no teu tempo de lecer? - Gústame xogar cos meus fillos: un rapaz de 9 anos e unha nena de 6. Ler e ver tele, sobre todo debuxos animados. - Cóntaslle contos a alguén? - Conto bastantes, sobre todo, aos meus fillos e a todos nos libros. - De onde quitaches os ditos do gato Kandás? - Non os quitei de ningún sitio. E un personaxe que fai como de refraneiro de sabedoría persoal. Responde ao gusto do autor de facer refráns pequenos - Canto tardaches en escribir este libro? - Bastante. Uns dous meses para as ilustracións e 4 ou 5 meses para o texto.
- Que che pareceu cando o tiñas acabado? - Primeiro estás contento porque chegas ao final e despois esperas que lles guste aos lectores. - Por que lle dedicaches o libro a túa tía avoa? - Primeiro porque a quero moito. Era o familiar máis vello que tiña e collinlle o seu nome para a protagonista. - Por que se pelexaron os fitos e os zoos? - Por dominar o océano e logo por cousiñas pequenas. - Tes algunha editorial? - Claro. Xerais. É na que empecéis e ademáis está a tres minutos da miña casa - Cal é o teu deporte? - Para practicar camiñar. No cole balonmán e taekwondo. - Pódese vivir de escritor? - Son multioficio. Ilustrador, caricaturista, debuxante de cómics e tamán dou clases de debuxo. Por último asinounos e debuxounos, a cada un no noso libro, a ilustración que quixemos. Para nosoutros é un dos mellores escritores. Estamos desexando que saia a segunda parte do libro. Os nenos e nenas de 5º e 6º
ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA: O GRAN DESCOÑECIDO O
“Parque
Nacional
Marítimo
Terrestre da Illas Atlánticas de Galicia”
está formado polos arquipélagos das
Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e tamén polas augas dos seus arredores. As Cíes
sitúanse fronte á ría de Vigo; Ons está na entrada da ría de Pontevedra; Sálvora, na boca da ría de Arousa, e
Cortegada no interior da mesma ría. Estes
arquipélagos
pertencen
aos
concellos de Vigo, Bueu, Ribeira e Vilagarcía respectivamente.
Dos catro arquipélagos do “Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas”, o de
“Cortegada” é o máis próximo á costa, o máis accesible; sen embargo, o gran descoñecido para a maioría dos galegos.
Está formado polas illas de Malveira Grande, Malveira Chica, illote das Briñas e a máis
grande, Cortegada. A illa de Cortegada ten una lonxitude de 1 Km e unha anchura de 0,5 Km. A súa altura máxima é de 19 metros, sendo a illa do Parque Nacional que ten unha maior densidade de árbores.
POR QUE? O GRAN DESCOÑECIDO
Porque no século XIX, como había moitos problemas económicos na ría de Arousa, os concellos de Vilagarcía e Carril decidiron doar a illa de “Cortegada” ao rei Afonso XIII para que construíra nela o seu palacio de verán e así axudar a mellorar a economía da ría. Pero os
trámites legais da doazón tardaron varios anos (pois na illa vivían 16 familias e había unas 1.204 fincas que pertencían a 211 propietarios), e no 1.910, cando por fin se lle entrega ao rei,
este xa estaba a construír o Palacio de A Magdalena en Santander. Así, Cortegada quedou despoboada e sen Palacio.
Durante a República volve a ser do Estado pero os Borbóns recupérana no ano 1958, e no 1978 véndenlla á inmobiliaria Cortegada que pretende urbanizala. Os ecoloxistas conseguiron que non se construíra nela, e no 2002 pasou a formar parte do Parque Nacional
das Illas Atlánticas”. Finalmente, a súa expropiación pola “Xunta de Galicia” rematou en setembro de 2007.
Ao longo do século XX, o arquipélago de Cortegada converteuse nun lugar despoboado e abandonado, no que a vexetación foi invadindo as illas. Na illa de Cortegada medrou un
bosque de “loureiros” que é o mellor conservado da Europa Atlántica, e xunto ao que abundan os carballos, os salgueiros, os piñeiros e unha colonia única de fungos ( formada por corenta e cinco especies de fungos).
Baixo este bosque viven anfibios e réptiles coma o “lagarto arnal” (o maior que habita o continente europeo); grandes aves coma a “garza real”, depredadores coma a “curuxa” e o “azor” e pequenos mamíferos .
Debaixo dos bosques tamén se atopan as ruínas dunha quincena de casas mariñeiras coas súas
construcións complementarias, hórreos, cortes e fornos de pan; a capela de Santa María de
Cortegada; o hospitaliño de Carril; un cruceiro; unha fonte; un lavadoiro; un muíño de vento; un peirao…
Este verán, se tés tempo e queres, anímate a coñecela!
Adrián Castro, Adrián Novo e Adrián Yáñez de 5º
SÍMBOLOS DO XACOBEO O “Camiño de Santiago” é unha ruta que recorren os peregrinos procedentes de España e de toda Europa para chegar a cidade de Santiago de Compostela, onde se veneran as reliquias do apóstolo Santiago o Maior. Durante a Idade Media foi moi concorrido, despois foi esquecido e na actualidade reviviu. O Camiño de Santiago foi declarado pola Unesco “Patrimonio da Humanidade” e “Itinerario Cultural Europeo” polo Consello de Europa. As orixes do culto a Santiago na Hispania romana son descoñecidas, pero parece ser que no ano 814 encontráronse reliquias atribuídas ao apóstolo. Ao final do século VII difundiuse pola Europa cristiá. No século XI o número de peregrinos aumentou consideradamente grazas a contactos culturais entre as nacións europeas.
Cando unha persoa desexa peregrinar a Santiago e quere utilizar os refuxios que hai ao longo do Camiño para durmir, descansar, asearse ..., necesita unha “credencial”. A “credencial” é un documento que acredita ao portador a condición de peregrino. Pódese conseguir en asociacións, cofradías ou nos refuxios de peregrinos que hai ao longo dos distintos Camiños (podendo collela no punto de partida da peregrinación). Esta “credencial” débese selar unha ou dúas veces ao día nos lugares polos que se pasa (selos de igrexas, refuxios, hoteis, bares ...), indicando a data, para demostrar que se está facendo a peregrinación. Se non se puidese conseguir, pode utilizarse un “diario de ruta” (un simple caderno) para poder colocar nel os selos, coas súas correspondentes datas.
CREDENCIAL
COMPOSTELANA A “Compostelana” é un documento do “Cabildo Catedralíceo” de Santiago, escrito en latín que acredita que unha persoa foi en peregrinación a Santiago de Compostela. Para conseguila, hai que amosar a “credencial”, que se foi selando e poñendo a data ao longo do Camiño, como por exemplo nos refuxios nos que se durmiu. Conséguese a “Compostelana” cando se chega a Santiago despois de peregrinar 100 quilómetros a pé ou 200 quilómetros a cabalo ou en bicicleta.
BOTAFUMEIRO Un dos símbolos máis coñecidos e populares da Catedral de Santiago de Compostela é o “Botafumeiro”, o incensario máis grande do mundo. Di a lenda que o primeiro incensario do templo foi construído no século XI por motivos de hixiene para perfumar o Templo e para que desaparecese o mal olor que deixaban os exhaustos peregrinos, sucios e moitos deles enfermos e cheos de parasitos. Hai que lembrar que daquela na Catedral de Santiago permitíase aos peregrinos durmir no interior, o que provocaba un olor moi desagradable, de aí a
necesidade de ter un incensario tan grande. Hai que recordar que o uso do incenso e común en moitas relixións e ritos durante os períodos de oración. No século XVI, grazas a unha ofrenda do rei Lois XI de Francia , substituíuse o botafumeiro medieval por outro renacentista e de prata. Roubárono as tropas francesas de Napoleón no 1809, durante a guerra da Independencia Española. Foi substituído polo actual de latón prateado feito polo ourive Xosé Losada no ano 1851 e pesaba 60 Kg. No ano 2006 reparáronlle os guiches e déronlle un baño de prata, o que fixo aumentar o seu peso en 2 Kg, pasando a pesar 62 Kg baleiro e mide 1,60 m de altura; a corda da que pendura do cruceiro da Catedral é sintética (antes era de esparto ou cánabo), mide 65 m.e ten 5 cm. de diámetro . Énchese con 40 Kg de carbón e incenso, co que supera cheo, e ao inicio dos seus movementos, os 100 Kg. Logo átase con fortes nós a corda suxeita no teito do cruceiro, e desprázase grazas a unhas poleas e a os “tiraboleiros” pola nave da igrexa, dende a porta de Acibecharía ata a porta de Pratarías. Habitualmente, o botafumeiro atópase no Museo da Catedral de Santiago de Compostela, só se exhibe na catedral nas misas solemnes (misas do Peregrino dos domingos de ano Santo ou Xacobeo), o resto dos días utilízase outro incensario coñecido co nome de “A Alcachofa". Dende xullo de 2007 os peregrinos poderán pagar uns 300 € para contemplar o botafumeiro en funcionamento. Durante o último milenio producíronse diversos accidentes durante o uso do Botafumeiro. Un dos máis soados sucedeu durante a visita da princesa Catarina de Aragón en 1499, cando o botafumeiro se desprendeu e saíu despedido a través dunha das fiestras de Pratarías. Ninguén resultou ferido. As cordas ou outros elementos de seguridade fallaron máis veces, coma en 1622, en 1925 e en 1937, pero nunca se produciron feridos.
OS TIRABOLEIROS, QUEN SON? Cando a mestra nos comentou que no entroido iamos ir disfrazados de “tiraboleiros”, algúns da clase pensaron que o disfrace tiña que ver coa caza, outros cos bolos, pero a maioría non sabiamos o que significaba. Polo que buscamos en Internet información que agora imos compartir con vós. Son as persoas encargadas de desprazar o “botafumeiro” pola Catedral de Santiago de Compostela. O equipo está formado por oito homes, que visten sotanas curtas e vermellas, pero que non se dedican profesionalmente a esta labor. Os “tiraboleiros” transportan o “botafumeiro” dende o museo da Catedral ata o cruceiro do templo, cárgano de carbón e incenso, pendúrano da corda e despois póñeno en movemento. Para iso teñen que empurralo, e logo aproveitan a inercia do “botafumeiro” para, coa axuda da corda e dun sistema de poleas, irlle dando velocidade e percorrido ata chegar á bóveda. Tamén son os que deteñen o “botafumeiro”, chapándoo ao voo. O actual xefe dos tiraboleiros e Armando Raposo. Icía, Aldara, Alejandra e Sofía de 5ºA
OS MANDALAS Son debuxos xeométricos e concéntricos que simbolizan o Universo no Budismo. Ademais de na India atopáronse representacións xeométricas simbólicas noutras culturas coma nas dos indíxenas de América do Norte, dos aztecas, dos incas, dos aborixes australianos, etc. Para algúns psicoanalistas interactuar cos mandalas axuda a acadar o equilibrio, estimular a creatividade e despertar os sentidos. Pintar ou debuxar mandalas é unha técnica de meditación, débese facer escoitando unha música suave ou en silencio. Os deseños dos mandalas son moi variados, poden ser moi simples ou extremadamente complexos, pero teñen sempre características similares: un centro e figuras dispostas ao redor con certa simetría. Coloréanse recheando de cor os diferentes elementos, pódese comezar a pintar polo centro hacia fóra ou de fóra hacia dentro, pero sempre seguindo a mesma dirección e escollendo as cores en función do estado de ánimo, da intensidade da cor... Tamén podemos crear os nosos propios mandalas cunha regra, un compás, un espirógrafo, etc.
Neste curso, os alumnos/as de 5º, coloreamos distintos mándalas para facer a nosa árbore de Nadal. Tamén pintamos outro xigante para o “Día da Paz”, cortámolo en dezaseis sectores circulares, coloreamos cada un de nós un sector e despois reconstruímos o mándala; quedou moi bonito. Carlos e Pedro de 5º A
Durante o pasado curso empezamos coa remodelación da Biblioteca: pintamos, colocamos
cortinas, retiramos mobles en mal estado, fíxose un moble baixo para a zona de Infantil e unha mesa para a zona de Primaria,... co gallo de dispor dunha Biblioteca escolar que sexa atractiva, dinámica, aberta á Comunidade educativa e cuxos fondos e respondan ás necesidades dos usuarios aos que vai dirixida.
actividades
Tamén elaboramos un proxecto para entrar no PLAMBE (Plan de Mellora de
Bibliotecas Escolares) e tivemos a sorte de que nolo concederon. Isto supuxo unha aportación económica importante que nos permitiu mercar fondos (libros, películas, música,..), material informático (impresoras, ordenadores), mobiliario (estanterías, sofás,...).
Organizamos 5 espazos dentro da Biblioteca: • • • • •
Unha zona para Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria. Unha zona de investigación e consulta. Unha zona de lectura relaxada. A zona de audiovisuais. A zona de xestión.
Contamos cun equipo de axudantes da Biblioteca constituido por 3 alumnas de 6ยบ de Primaria.
Puxemos en marcha o blog da Biblioteca onde podedes ver todas as producións do
alumnado, novidades, acontecementos,... relacionados coa lectura e a Biblioteca. O enderezo é: http://aventurasnabiblioteca.blogspot.com/
Contamos co apoio do Concello, coa colaboración da ANPA e da Biblioteca Municipal a onde asistimos periodicamente con todo o alumnado a actividades de animación á lectura
Na semana das Letras Galegas imos inaugurar, por fin, a Biblioteca que estará aberta para a lectura e a consulta durante o horario lectivo. Abrirase durante os recreos para uso do alumnado e profesorado do Centro. Algunhas tardes tamén
permanecerá aberta para facilitar o acceso, tanto aos materiais impresos como aos multimedia e poder facer traballos e consultas.
As familias recibirán información das normas de uso, de funcionamento, guías da
biblioteca, recomendacións de lecturas (como xa levaron en Nadal), actividades a
realizar,... Imos necesitar a vosa axuda para a realización dalgunhas actividades que
temos prgramadas para empezar o curso que vén, xa que durante a infancia, a familia é o principal referente, os/as nenos/as aprenden por imitación, polo que se
ven ler van querer ler e como dí o Premio Nobel Günter Grass :"Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
É moi importante que valoredes o hábito da lectura, xa que :
Mellor capacidade lectora = Mellor comprensión = Maior rendemento escolar.
O Equipo da Biblioteca
OS NENOS DE 3 ANOS DEBÚXANNOS AS SÚAS FAMILIAS
OS NENOS DE CATRO ANOS DESCUBREN O ARTE DE PINTAR CON PINCEL
ARIADNA DEBUXA A “CAMPANILLA”
UNAI DEBUXA UNHA SERPE PERDIDA
NOEL PASEA COS SEUS CANS
MARCOS DEBUXA A XOSÉ XOGANDO COA TIROLINA
PATRICIA PINTA BOLBORETAS
ÁNGEL DEBUXA UNHA PAISAXE
BRUNO DEBÚXASE COA SÚA NAI E UN ROBOT
LAURA PINTA UNHA FEIRA DE ATRACIÓNS
MARTA DEBUXA A SÚA CASA
ÁNGEL DEBUXA A SÚA FAMILIA
ESTA É A PRIMAVERA QUE DEBUXA ANDREA
A FAMILIA DE DAVID
IVÁN PINTA DÚAS CARAS DE TIGRES
AS MONTAÑAS DE HUGO
ESTE É O PARAISO DE CARLOS
O BAUTIZO DA IRMÁ DE YAGO
ISMAEL DEBUXA PIRATAS
ESTE É A PRAIA DE MARCOS
ANNA DEBUXA OS SEUS CANS
ESTA ACTIVIDADE AXUDA A DESENVOLVER A CREATIVIDADE DOS ALUMNOS E ALUMNAS.
VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NEDA “O FLAUTISTA DE HAMELIN”
Na biblioteca Municipal léronnos contos, fixemos caroutas,... Pasámolo moi ben!!!
INFANTIL 5 ANOS
FOMOS A RECICLATERRA RECICLAMOS PAPEL PARA AS ÁRBORES NON CORTAR.
EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS
COSIMA O día dez de novembro os nenos de 4º, 5º e 6º fomos ao Teatro Municipal de Narón ver unha obra de teatro que se chamaba “Cósima”. Cósima era unha nena a que lle encantaban os animais. O seu pai, que era malísimo, un día levou un barril para a casa e díxolle que non o abrira, pero Cósima empezou a oir unhas voces que dicían: - Cósima, Cósima, sácanos de aquí. Ela abriu a tapa e sairon uns caracois. Foise a durmir e escapáronse todos. O seu pai obrigouna a comer os caracois e tiveron unha gran discusión. Entón escapou da casa e foise a vivir a unha árbore xurando que nunca máis baixaría del. O pai prohibiulle a nai que falara con ela ou lle levara comida, pero a nai levaballa igual e falaba coa súa filla. Un día coñeceu a unha amiga chamada Rosalinda e a un señor que estaba buscando a un dos seus paxaros. Os tres fixéronse amigos e Cósima contoulles por que estaba na árbore. Logo chegaron os pais e a nai pedíulle ao pai que lle perdoara. Entón disculpouse e os tres volveron para a casa onde viviron felices e…non comeron caracois. A verdade é que os decorados eran moi bonitos e a obra nos gustou moito. Xa de volta ao cole xogamos un pouco na pista o que tampouco estivo nada mal. Jorge e Alex de 6º
Excursion a Santiago de Compostela O pasado 14 de abril de 2010 fomos a Santiago de Compostela os nenos e as nenas dos cursos 3º e 4º de Primaria . O primeiro sitio que visitamos ao chegar foi o Museo de Historia Natural que está na Facultade de Química. Alí vimos moitas cousas interesantes: •
• •
Nunha sala había animais desecados de todo o mundo: monos, leopardos, leóns, ornitorrincos, canguros, unha tartaruga mariña atopada en A Coruña, morcegos, osos, moas de mamut e ata unha momia inca e unha cabeza reducida pola tribo dos xíbaros!!!. Nesta sala tamén había unha colección de cunchas que é a segunda máis importante de todo o mundo e á que pertence
unha cuncha xigante única no mundo. Na sala de animais no seu habitat eran case todo aves e entre elas estaba a PITA DO MONTE, en perigo de extinción por mor de non ter de que alimentarse no inverno xa que quedan moi poucos acivros. Nesta sala tamén vimos crustáceos e insectos. Na sala de minerais había fósiles e tamén moitas pedras preciosas: diamantes, zafiros, esmeraldas, topacios, balaxes...
Ao rematar fomos cara á Alameda a merendar antes da seguinte visita: Galicia Dixital, onde fixemos unha morea de actividades. •
Vimos peliculas en 3D cunhas gafas especiais: *Unha ensinounos a cidade de Santiago e mollounos a choiva!!! *Noutra vimos unha etapa do camiño francés. *Noutra un peregrino ensinounos a catedral por dentro e o botafumeiro parecía que saía da pantalla e viña cara nós e botaba incienso de verdade. • Montamos en simuladores: dunha montaña rusa por riba da catedral, dun submarino, fixemos carreiras de carrilanas e tiramos do botafumeiro como se fósemos tiraboleiros. • Xogamos nunha fonte máxica e tamén con pantallas dixitais.
Ao sairmos demos unha volta arredor da Catedral e a maioría de nós compramos algún recordo da excursión. Como xa era hora de comer achegámosnos ao parque de Bonaval e alí xantamos e xogamos antes de ir ao Museo do Pobo Galego. No Museo fomos ver a sala dos mariñeiros na que había distintos tipos de embarcacións de pesca, tanto para o río como para o mar, tamén había redes, nasas e maquetas (de barcos e tamén dunha vila mariñeira). Noutra sala vimos ferramentas de varios oficios: zoqueiros, zapateiros, carpinteiros, ferreiros e afiadores.. Unha das cousas que máis nos gustou foi a triple escaleira helicoidal sen pilar central No mesmo oco desenvólvense tres ramplas independentes, que conducen aos diferentes andares . Foi a mellor excursión de toda a nosa vida!!!
Na semana do 2 ao 6 de novembro celebramos no cole a festa do Samaín. Para a celebración desta data, e como ben sendo habitual, contamos coa colaboración do ANPA que fai cos nenos de infantil colares de castañas.
Tamén traen unhas maquilladoras
para que ese día maquillen as caras de tódolos nenos e nenas do colexio.
Para rematar a festa convidan a tóda a comunidade educativa a comer castañas asadas, tan típicas desta época do ano, e pan con chourizo.
Durante toda a semana adornamos entre
todos os corredores do colexio, na entrada unha exposición de cogumelos, e no
comedor unha exposición de cabazas adornadas polos nenos e nenas e as dos
máis pequenos con axuda dos seus pais e nais.
E con este ambiente tan máxico
poñemos fin a esta celebración con tanta tradición pola nosa zona
e que os nosos antergos celebraban polo día de defuntos.
Recibimos estas festas cunha grande ĂĄrbore de nadal
adornada
coas
caras
nenos/as e profes do cole.
de
todos
os
Antes de empezar as vacaciĂłns despedĂmonos cun festival para toda a comunidade educativa
O día 30 de Xaneiro é o Día ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. Durante toda a semana todos os alumnos/as fixeron un mural nunha parede do colexio O día 29 de xaneiro fixemos un acto no colexio para celebrar O DÍA DA PAZ. Os alumnos/as de 3º leeron unha adaptación dun poema sobre a PAZ do mestre Martín Pinos Quílez, os de 5º fixeron un traballo sobre o que é e o que non é o maltrato e no lo amosaron cunha presentación en power point.
Para rematar o acto, todos rascamos un pouco nos petos para a colecta que todos os anos facemos para a cociña económica. Este ano recolectáronse 425€.
Este colgante, co símbolo da Paz, foi o que ese día levamos para as nosas cosas como recordo desta celebración.
O ENTROIDO XACOBEO AO 30 % O Entroido é unha festa moi importante para o colexio: saímos polas rúas cun boneco que logo quemamos ao chagar ó colexio, como remate de festa. M.O.R. (6º)
A Santiago I go ligerito camiñando y aos peregrinos por el camino vou saudando. A Santiago I go lixeiriño suspirando, Os tunos pequeniños por el Obradoiro van namorando. Atopamos turistas, hippies e guiris, menudo lío Pero agora co inglés: jelou! Como estás? Eu very well, tío. A Santiago I go, a Santiago I go Dende San Isidro a Compostela a Santiago I go. En Santiago I am en Fonseca farreando los jueves pola noite cos estudiantes vou trouleando. Por la Puerta Santa na Catedral xa estramos entrando Y los tiraboleiros co botafumeiro abaneando. Atopamos turistas, hippies e guiris, menudo lío Pero agora...
O venres, 14 de maio, celebramos o día das letras galegas, que este ano estivo adicado a UXIO NOVONEIRA, un dos poetas máis relevantes da lingua galega. A súa obra está eraizada na tradición e no popular. Para conmemorar este día convidamos a toda a comunidade educativa a un festival, onde os alumnos dos diferentes niveis foron agasallándonos con actuacións coma bailes, cancións,...
EU QUERO MADURAR O xogo constitúe un medio espontáneo de expresión e de aprendizaxe no que interaccionan todos
os sentidos, ó
manipular, investigar e crear novas situacións ; tamén exercitan os hábitos intelectuais, físicos, sociais e éticos. O
xogo axuda o neno a reducir tensións, defenderse de frutracións e reproducir situacións placenteiras.
Así, cos xogos de construción o neno desenvolve o sentido
espaci-temporal, a orde, o ritmo, a simetria, a creatividade e o inxenio.
O xogo é unha gran actividade infantil: o neno aprende
xogando sobre todo en grupo. O xogo é un gran recurso
metodolóxico como afirma Montessori, Decroly, Justo Torres ...e moitos outros psicopedagogos.
AS ACAMPADAS INTERMUNICIPAIS NA NATUREZA Hai quince anos descubrín as acampadas intermunicipais na natureza, unha actividade diferente a todas as que coñecera ata o momento, e un lugar do que me namorei enseguida, a área natural de Vilarbó, no corazón das fragas do Eume. Eu, que daquela acababa de rematar os meus estudios para mestra e iniciaba as miñas andainas no mundo da educación, atopei nos campamentos de Vilarbó unha actividade formativa que me permitiu realizarme como educadora. As acampadas intermunicipais na natureza son un proxecto ideado pola asociación Néboa hai máis de vinte anos, no que colaboran o concello de Neda, o concello de As Pontes, o concello de Ferrol, e outros concellos da comarca ou doutros puntos da xeografía galega e española. De ahí o de acampadas intermunicipais, porque son campamentos nos que se procura a convivencia entre campistas de distintas procedencias coa idea de que os nenos, nenas, rapaces e rapazas dun concello coñezan, se relacionen e traben amizade con outros diferentes ós do seu entorno habitual. O disfrute no entorno natural, o coñecemento do medio, a realización de actividades lúdicas e deportivas en contacto directo coa natureza son outro dos pilares nos que se fundamentan os campamentos de Vilarbó. Cada ano se programan distintas actividades a desenvolver no río, ás beiras do encoro da Ribeira, no medio da fraga, entre elas, canoa e remo, xogos acuáticos, tirolina, tiro con arco, xogos predeportivos e tradicionais, marchas, acampadas itinerantes, obradoiros de medio ambiente e artesanía, … As acampadas intermunicipais están concebidas como unha actividade eminentemente educativa na medida en que se fomenta a autonomía do campista, os monitores ensinan ós campistas a desenvolverse por sí sós, lonxe dos seus pais, e a convivir con xente diferente á habitual nun entorno distinto do habitual aceptando as normas propias da convivencia. Cada ano se ofertan dúas quendas de campamentos, unha de sete días para rapaces e rapazas de 6 a 11 anos, á que denominamos campamento aventura, e outra de catorce días para xoves de 12 a 17 anos, á que chamamos campamento fortuna. A mediados do mes de maio as fichas de inscripción están a disposición de todos tanto no concello de Neda como na asociación Néboa. Para rematar non me queda máis que animarvos ós rapaces/zas que leades esto e ós pais dos rapaces/zas a participar nas acampadas intermunicipais e probar unha actividade única e diferente que a min persoalmente me enganchou e me dou a oportunidade de coñecer magníficos campistas e monitores impresionantes que fan unha labor educativa poucas veces recoiñecida e valorada. Mª José Ruán Serantes Mestra en san Isidro e monitora en Vilarbó
OO Chegou o final do curso e é o momento de ver os resultados e sobre todo felicitar aos compañeiros e compañeiras que participaron nas actividades deportivas do colexio e nos diferentes campionatos, sobre todo por iso, por participar e traballar, adestrando todo o ano. A mensaxe que dende o colexio queremos dar a todos é o mesmo de todos os anos, “o mais importante é que todos o pasaran moi ben e disfrutaran xogando e participando en grupo, cos compañeiros”, porque a relación deporte-amistade-compañeirismo é o fin que buscamos dende o cole cando participamos en calquer actividade deportiva. Despois de non poderse facer o ano pasado, este ano conseguimos crear un equipo de preminibasket, composto por 12 nenos e nenas de 3º e 4º (9 do noso colexio e 3 de Maciñeira). Ademais, seguiu participando na competición escolar (igual que o curso pasado) un equipo de Duatlon, que é un deporte que combina atletismo e ciclismo. Tanto unha como outra funcionaron como actividades extraescolares (dous días á semán), sendo coordinadas e dirixidas polo colexio. O grupo de preminibasket participou na liga zonal. Os resultados non foron moi bos, pero temos que ter en conta que partían de cero e era o primeiro ano que xogaban. Ademais, 9 dos 12 xogadores eran de primeiro ano (3º primaria), enfrentándose a nenos e nenas mais maiores e que levan mais tempo practicando este deporte, estando en clara inferioridade respecto aos demais. Ainda que no momento de escribir estas páxinas non se celebrou, van a participar no Día Autonómico do minibasket, xunto a equipos de toda Galicia, o 12 de xuño en Santiago. O grupo de 12 mantívose todo o ano, traballou moito nos adestramentos e a melloría notouse según avanzaba o curso. Iso significa que o pasaron ben ou que lles gustou. Se este grupo se mantén o curso que ven, cun ano mais de idade, seguro que empezarán a recoller os
EQUIPO DE PREMINIBASKET De pé: Antón, Tomás, India, Lucía Meizoso, Diego e Irene Agachados: Marcos Agras,Marcos,Jorge, Iris, Laura e Lucía Vázquez
froitos dese esforzo con mellores resultados. Co grupo de duatlon, cun equipo xa feito dende o inicio de curso, participamos, por cuarto ano consecutivo, no campionato escolar de duatlon. Participamos en duas probas previas: Santiago e Ferrol e no campionato provincial en Vedra, preto de Santiago cun equipo alevín feminino (Sara, María e Nerea) e cun participante individual na categoría alevín masculina (Marcos). Os resultados individuais foron bos. No campionato provincial, na categoría feminina, Nerea quedou 9ª, María 6ª e Sara 4ª. Sara tivo mala sorte e non puido subir ao podio, como si fixo nas duas carreiras clasificatorias, pois sufriu un accidente mecánico (ao desmontárselle a cadea da bici) que lle fixo perder moito tempo e lle provocou ademais un pequeno esguince nun pé. Iso fixo que o resto da carreira en bici e o último sector (500 m.) correndo a pe o fixese lesionada. Na categoría alevín masculina o único representante foi Marcos. É un participante de primeiro ano na sua categoría, sendo tamén o primeiro ano que participou e o fixo moi ben, xa que no campionato provincial quedou clasificado no 7º posto. Ten moito mérito porque o nivel era moi alto pois competiu con nenos de maior idade, de equipos específicos de duatlon e todos eles con bicicletas de carreiras, que facilitan o esforzo e da unha importante vantaxe. Na proba de equipos do campionato provincial si que temos que destacar o segundo posto do equipo alevín feminino.
Ao igual que o ano pasado temos que destacar o esforzo de todos os participantes, xa que non sendo especialistas neste tipo de probas, enfrentáronse a nenos e nenas mais experimentados rematando todos e todas as duas probas non producíndose ningún abandono. O duatlon alevín consiste nunha carreira de atletismo de 1 km., a continuación outra en bicicleta de 4 km. e rematar correndo un tramo de 500 m. O tempo que invertiron os participantes do noso colexio oscilou entre 16 e 20 minutos. Noraboa a todos e todas polo seu gran esforzo.
Equipo Alevín Feminino: Sara, María e Nerea SUBCAMPIÓN PROVINCIAL
Equipo Alevín : Sara, Marcos, María e Nerea
Como vedes gústanos quedar ben clasificados pero sobre todo que fagades deporte divertíndovos, facendo grupo e amigos porque somos un equipo e é importante o esforzo de todos, os que quedan ben e os que non quedan tan ben.
En canto ás probas de atletismo, este ano celebrouse a IV Carreira escolar “Concello de Neda” nas ruas de Neda, correspondéndolle esta ano a colaboración na organización da mesma ao ANPA do colexio. A participación foi moi boa e por iso o noso colexio acadou moi bos resultados, tanto nas clasificacións xerais como na de participantes dos colexios de Neda. Noraboa a todos (nenos e pais) e gracias pola vosa participación e colaboración.
Nos recreos tamén celebramos varias actividades durante o curso. No outono e tal e como di o refrán “Polo San Martiño o peón ao camiño”, fíxose o campionato de peón. O gañador foi Juan, seguido por Alex e Kevin (todos de 6º). Xa na segunda metade do curso celebramos varios campionatos por cursos tanto de fútbol-sala como de balonmán, brilé ou futbolín. No momento de editar este xornal non temos os resultados finais destes campionatos pero neles participan, como complemento das actividades de Educación Física, a totalidade do alumnado de cada curso.
Dende estas liñas queremos facer un chamamento ós pais, para que animen ós seus fillos/as a facer un deporte cos compañeiros de colexio e no propio colexio, pois detectamos claramente que os nenos/as cada vez fan menos deporte, sobre todo de equipo e colectivo, e é unha práctica que non queremos que se perda. A actividade deportiva é unha práctica a fomentar no alumnado desde o propio colexio, xa que sen dúbida é un complemento esencial que debe existir na formación integral dunha persoa. Os valores que defendemos de compañerismo, cooperación, participación, disciplina, hábitos saudables ou de traballo colectivo teñen un reflexo moi claro na práctica deportiva.
No colexio apostamos polo deporte guiado desde o centro, promover disciplinas de deporte escolar que xa existiron e funcionaron moi ben (minibasket, duatlon...). Non adiantar moito a idade de iniciación (en 3º - 4º como moi cedo), xa que está probado que canto antes se inicien antes o deixan, e o que queremos e que fagan deporte o maior número de anos que poidan, tanto no colexio como no instituto. Así pois, agardemos que o curso que ven vos animedes mais nenos e nenas a participar (sobre todo os que ides a empezar 3º e 4º), para poder seguir facendo equipos do colexio. ¡Papás e mamás, animádeos!
ANPA C.E.I.P. SAN ISIDRO
-Festa do Magosto. -Chocolatada
A EDUCACIÓN necesita o compromiso dos pais e nais
Participa
e colabora na ANPA Su opinión e necesaria
a ANPA Eu son d
¿E ti
?
¿QUÉ É A TARXETA ANPA? para o vindeiro curso 2010/11,
ANPA a d n o s Eu
¿E ti ? PARTICIPAna ANPA s ación do A na educ PARTICIP /as. teus fillos
E coa Tarxeta ANPA Obterás Gratuitamente Descontos e Servicios adicionais.
i@ Soc /a cio do l so mede Nore Nomb
FESTAS E EVENTOS NAS QUE COLABOROU ESTE ANO A ANPA CO COLE. -Festa do Samaín
“PARTICIPA E COLABORA NA
A ANPA quere agradecer a oportunidade que nos brinda o cole nesta publicación para solicitar a vosa colaboración e apoio, con fin de poder seguir desempeñando o noso labor. Queremos facer unha chamada á PARTICIPACIÓN. Xa se demostrou que a implicación da familia na educación pode influír positivamente na mellora do rendimento escolar, polo tanto animámosvos unha vez máis á colaboración, renovando para o ano que ven a ficha de socios/as, como na detección de problemas e apoiando novas suxerencias. ¿CÓMO PODEDES CONTACTAR CONNOSCO? Lembrámosvos que sempre podedes faceros soci@s da ANPA en cualquera momento, e participar activamente con novas ideas ou colaborando coas actividades anuais. Por só 18 €/ano por familia. O NOSO HORARIO É: De Luns a Venres de 8:50 a 9:30. Para calqueira, dúbida, aclaración, queixa, suxerencia etc… e todos os últimos mércores de cada mes de 8:50 a 10:00. Para o cobramento das actividades extraescolares máis os Bonos da “Hora do Bocata”.
O FORNEIRO Nº 59 XUÑO 2010
Ademáis, queremos incorporar a Tarxeta ANPA. ¿Qué é a Tarxeta ANPA?A Tarxeta ANPA ademáis de ser un documento de identificación dá condición de socios/as, facilita a posibilidade de obter descontos nas actividades extraescolares do Colexio así como no importante número de establecementos comerciais, empresas de servizos e profesionais. A Tarxeta ANPA só adquirirase mediante a inscripción da Ficha de Socios/as, e terase opción de facer o carné da Biblioteca Municipal do Concello de Neda a todo aquel que ainda non o sexa.Tamén, aquelas familias interesadas en adherir os seus establecementos comerciais ou servizos profesionais ao listado non ten máis que poñerse en contacto connosco (non haberá custo algún).
-Entroido. -Día das Letras Galegas (Mago Benxamín) -IV Carreira “Concello de Neda” -Festa de Fin de Curso
ESTE ANO ADEMÁIS FIXEMOS E CONSEGUIMOS: -“A HORA DO BOCATA”
-FELICITACIÓN DE NADAL -SORTEO DA CESTA DE NADAL. -SUBVENCION DEPUTACIÓN CORUÑA.
DA DA
-SUBVENCION DO CONCELLO DE NEDA -COLABORACIÓN PARA A IV Carreira “Concello de Neda” CA -CONVENIO BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE NEDA -AXUDAS PARA O NOSO LOCAL.
PARA O VINDEIRO CURSO GUSTARIANOS: -SER MÁIS SOCI@S
-ESTABLECER A TARXETA ANPA -ORGANIZAR CONCURSOS, ETC...