O TEXTO INSTRUTIVO

Page 1

AS NOSAS RECEITAS

1


BISCOITO DE LIMÓN Ingredientes • • • • •

4 ovos. 1 sobre de levadura. 2 iogures de limón. 2 vasos de azucre. 2 vasos fariña de repostería.

Elaboración 1. Parte os ovos e separa as xemas das claras. 2. Bate as claras ata que se faga unha escuma e bótaas nun recipiente. 3. Engade as xemas do ovo e remove. 4. Bota os dous iogures de limón e continúa batendo. 5. Usa o recipiente do iogur para medir a fariña, agrégaa e bate ben a mestura. 6. Bótalle dous vasos do iogur cheos de azucre e engade o lévedo. 7. Colle un recipiente e baleira a masa. 8. Pono no forno durante aproximadamente. 2

45

minutos


TORTA DE MAZÁ

Ingredientes

Mazá. Manteiga. Masa de follado. Ovos. Azucre. Leite.

Elaboración 1.Unte a forma con manteiga. 2.Estire a masa e póñaa sobre a forma. 3.Corte as mazás en tiras e vaia colocándoas de forma circular ata chegar ao centro. 5.Parta os ovos, bátaos, e mestúreos co leite e co azucre. 6.Bote a mestura por enriba das mazás. 7.Métao ao forno. 8.Déixeo arrefriar.

3


NATILLAS Ingredientes 12 xemas de ovo. 3 litros de leite. 1 casca de limón. 12 culleradas de azucre e dúas culleradas de canela en po. Maicena.

Elaboración 1. Bater as xemas dos ovos. 2. Ferver o leite nun cazo co azucre e a casca de limón. 3. Engadir dúas culleradas de maicena e poñer ao lume sen deixar ferver ata que se forme unha crema. 4. Coar e poñer en recipientes individuais. 5. Botar a canela en po. 6. Deixar arrefriar. 4


ARROZ CON LEITE

Ingredientes • •

• • •

3 culleradas de azucre. Canela en rama e en po. 250 gr. de arroz. 1 litro de leite. 1 anaco de limón.

Elaboración 1. Poñer o leite e a canela en rama nunha pota a lume lento. 2. Despois de cinco minutos, botar o arroz e remexer durante dez minutos. 3. Apagar o lume ao ferver. 5. Baleirar nun recipiente e engadir dúas culleradas de azucre, a canela en po e un limón de adorno. 6. Poñer a arrefriar no frigorífico.

5


ARROZ CON LEITE

Ingredientes • • • • • •

1 cunca de arroz. 1 l de leite. 1/2 cunca de auga. 3 culleradas de azucre. 1 xema de ovo. 1 casca de limón.

Elaboración 1. Botar nunha cazola un pouco de auga co arroz e poñer ao lume. 2. Engadir o leite e deixar cocer. 3. Bater a xema e agregar a casca do limón. 4. Remover o arroz co azucre para que non se pegue. 5. Servir e se se desexa botar máis azucre e canela.

6


TORTAS

Ingredientes • • • • •

2 ovos. 250 g de leite. 250 g de fariña. 1 sobre de levadura. 4 culleradas de azucre.

Elaboración 1. Botar nun recipiente os ovos, o leite, o lévedo e o azucre e mesturalo ata conseguir una masa homoxénea. 2. Mentres repousa a masa, quentar o aceite na tixola. 3. Botar a masa na tixola. 4. Deixar fritir unha a unha as tortas. 5. Servir con nata e chocolate (a gusto do comensal).

7


FLAN DE OVO

Ingredientes • • •

1 litro de leite. 6 ovos. 6 culleradas sopeiras de azucre.

Elaboración 1. Prepare o caramelo fervendo o azucre humedecido en auga, a continuación cando colla cor torrada sáqueo. 2. Engada o caramelo nas formas. 3. Bata os ovos e o azucre. 4. Ferva o leite. 4. Mesture o leite cos ovos. 5. Métao no forno arredor de 30 minutos.

8


FLAN DE OVO Ingredientes • •

6 ovos. 4 culleradas de azucre. 1/2 litro de leite.

Elaboración 1. Escachar os ovos nun prato. 2. Botar os ovos e o azucre nun recipiente e batelo. 3. Engadir o leite e volver bater. 4. Facer o caramelo con azucre no molde onde se vai cocer o flan. 5. Cando o caramelo estea feito, botar no molde a mestura dos ingredientes. 6. Cocer a mestura no molde e presentalo nun prato.

9


CREPES Ingredientes •

125 g de azucre.

275 g de maizena.

1 chisco de sal.

2 ovos.

25 g de derretida.

manteiga

3/4 dun vaso auga.

1/2 vaso de leite.

Elaboración 1. Pór o azucre nun recipiente e botar unha cullerada de fariña, o sal e os ovos. 2. Derreter a manteiga e mesturala co resto dos ingredientes. 3. Engadir a auga. 4. Bater a mestura e agregar o resto da fariña pouco a pouco. 5. Engadir 1/2 vaso de leite e remover ata obter una mestura homoxénea e sen grumos. 6. Pór unha tixola de tamaño mediano, cun pouco de aceite e comezar a facelas. 10


CREPES Ingredientes • • • • • •

150 g de fariña. 25 g de azucre. 2 dl de leite. 1 ovo enteiro. 2 xemas de ovo. 1 culleriña de aceite.

Elaboración 1. Coller unha ensaladeira, e engadir a fariña, o azucre e o leite.

2. Bater ata que non queden grumos. 3. Engadir o ovo enteiro e as dúas xemas. 4. Volver a bater, deixar repousar de unha a dúas horas.

5. Poñer unha tixola ao lume e ir engadindo a mestura pouco a pouco, cando se empece a dourar nos bordes darlle a volta e servir. 11


CORZO CON FABAS Ingredientes • • • • • • • • • • • •

Corzo. Fabas. Cebola. Allo. Sal. Pemento. Cenoria. Aceite de oliva. Cervexa. Coñac. Perexil. Viño branco.

Elaboración 1. Adoba dous días antes o corzo con perexil, con allo, aceite e viño branco. 2. Escórreo, pementa.

pon unha cebola con aceite e engade sal e

3. Deixa que coza un mínimo dunha hora, despois bótalle o allo, a cebola picada e a cenoria. 4. Unha vez que estean as verduras pasadas, engade unha cervexa ou un vaso de coñac e un pemento vermello picadiño. 5. Déixao unha hora máis de cocción. 6. Coce as fabas á parte en auga fría e cun pouco de sal. 7. Unha vez cocidas as fabas engádelle o corzo. 8. Serve e bo proveito aos comensais. 12


ESPAGUETES CON

CARNE

Ingredientes Espaguetes Carne Queixo Avecrem Sal Aceite Cebola Allo Perexil Tomate Viño

• • • • • • • • • • •

Elaboración • • • •

Botar un chorro de aceite na tixola. Engadir a carne, sal, allo e perexil. Facer unha salsa con cebola, allo e tomate. Agregar unha pastilla de avrecrem e medio vaso de viño branco. • Cocer os espaguetes e mesturar coa salsa. • Mesturar o queixo.

13


MACARRÓNS CON QUEIXO Ingredientes • •

• •

1/2 kg de macarróns. 2 botes medianos de tomate. 800 g de carne. Allo, perexil aceite e sal. Queixo.

Elaboración 1.Poñer os macarróns a cocer con sal nunha pota 2.Facer a carne picada noutro recipiente, con allo, perexil, aceite e sal. 3.Mesturar os macarróns coa carne, botalos nunca fonte e engadirlles queixo por riba para gratinar. 4.Introducir os macarróns e a carne no forno durante dez minutos.

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.