…Falamos da aseveración
Como vos sentides cando..?
Non sendo capaces de dicir o que tiñades que dicir. Impedindo que os demais se decataran dos vosos sentimentos.
Pensando que esas persoas non quererán volver falar, xogar nin traballar convosco.
Cando queirades expresar algo, facédeo. Nunca teñades medo de expresar os vosos sentimentos, os vosos puntos de vista… Pode que os outros pensen que esa non é a mellor opción, pero seguro que agradecen a vosa participación…se son persoas que valen a pena.
Vexamos agora os tipos de comportamento e as súas consecuencias:
Esta é a miña opinión, iso é o que eu penso así é como me sinto…
O que ti digas,….como queiras!
Non me importa o que penses, vaise facer así, como eu diga!
Antepoñer as necesidades dos demais e os desexos dos demais sen considerar as nosas propias necesidades e desexos. Dicir sempre “SI” cando queremos dicir “NON”. O noso obxectivo é satisfacer os outros e evitar Os conflitos “a toda costa”.
Ignorar os sentimentos dos demais. Poñerse á “defensiva”. Querer gañar a “toda costa”. Intentar manipular. Provocar agresividade no contorno.
É a capacidade dunha persoa para expresar sentimentos, aptitudes e capacidades socialmente aceptadas e identificadas coa autoestima e co benestar persoal.
Os principios da aseveración:
Ser asertivo significa defender os teus dereitos e expresar os teus pensamentos, crenzas e desexos dunha forma directa, honesta e apropiada sen violar os dereitos dos demais .
A aseveración é unha expresión honesta e auténtica de quen somos e do que esperamos dos demais.
Facer que os demais saiban que os escoitamos e entendemos. Dicirlle aos demais o que sentimos e o que queremos.
A aseveración non pode confundirse nunca coa agresividade, xa que a agresividade inclúe que para defender os teus dereitos violas os dereitos do outro, algo que nunca faría unha persoa asertiva.
(Departamento de orientación)