ATENCIÓN LECTORES: NOVA ACTIVIDADE!!!
Estamos no mes de febreiro, mes da poesía... mes de ROSALÍA!! O equipo da biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , co Equipo de Voz Natura e co de METEOESCOLAS quere celebrar este mes... cun novo concurso de poesía!!! Este ano as poesías versarán sobre os fenómenos meteorolóxicos. Os nenos e nenas de infantil, de 1º e 2º de primaria poden copiar e ilustrar unha poesía, os demais alumnos presentarán unha poesía inédita (escrita en galego) sobre calquera fenómeno meteorolóxico. Tedes que entregalas antes do día 23 de febreiro. As poesías máis fermosas lerémolas no desfile do Entroido. Para a súa presentación debedes pedir o modelo na BIBLIOTECA. ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN