Contos medo de microsoft word

Page 1

Sonia Rodríguez 6ºB


Era unha noite máis escura do normal. Aínda así no ceo non se vía ningunha nube, e ao cabo de dous minutos nubrouse moitísimo e empezou a chover cunha inmensa forza. Todas as pingas da choiva caían, caían... caían. Ningunha se librou excepto eu. Corrín e corrín ata refuxiarme nesta casa. E así foi como pasei a noite máis incrible da miña vida.- Relatou Narigota aos seus amigos, un cubo de xeo

chamado

Helxeo

e

nube

de

unha nome

Barrosa.

-Incrible!!!-exclamou Helxeo, abraiado pola historia -Narigota, eu non estiven nesa noite, seino porque senón ti serías a miña filla e eu sei que a miña única filla é unha pequena nube, Néboa- afirmou Barrosa. -Si, eso é certo- dixoNarigota Recolleron a mesa, lavaron os


dentes e foron durmir. Era moi tarde, xa estaban todas as luces apagadas, acendíanse ás 6:00 e apagábanse ás 12:00 Na ventá da habitación de Narigota comezaron a medrar unhas pequenas flores. Na da habitación de Helxeo caeron algunhas follas de plantas. Na da habitación de Barrosa empezou a chover tan, tan forte que rompeu un chisco do cristal esquerdo e outro anaquiño do cristal dereito. Eran as 6:30 da mañá cando Barrosa espertou moi asustada, viu que Helxeo e Narigota estaban moi tranquilos, tomaron o almorzo e cada un foi recoller a súa habitación. Narigota viu as flores e sorriu, Helxeo viu as follas e relaxouse. Barrosa viu o cristal roto e empezou a berrar. - Aaaaaahh!!!!! Narigotaaa!!! Vinde aquí, rápido!!!! Narigota e Helxeo foron correndo á habitación de Barrosa e viron o cristal roto. -Que lle pasou a túa fiestra??? .-preguntaron Narigota e Helxeo á vez -N...non, non o se... sei...- dixo Barrosa chorando. -Tranquila, agora mesmo, remata de recoller a


túa habitación, abrígate e sairemos a buscar pistas para saber o que sucedeu- dixo Narigota. -Vale, dixo Barrosa. -Está ben, dixo Helxeo. Na metade do camiño atopáronse cunha vella raiola de sol que lles dixo: -“Seis minerais forman unha rocha, a rocha une tres forzas, tres forzas vencen o malo”. Seguidamente, a raiola entregoulles unha rocha moi peculiar, tiña as cores do arco da vella. Narigota gardouna e proseguiron o seu camiño. Non atoparon nada, pero Narigota tivo unha boísima idea, que lle explicou aos seus amigos. -Ben, este é o plan: Borrosa, ti estarás nun recuncho da túa habitación, Helxeo e mais eu agocharémonos no xardín cunha trampa. Cando eu toque o asubío, ti correrás para onde estamos nos e unirémonos nun só ser e así capturaremos ao culpable. Chegou a noite e todos seguiron o planque ideara Narigota.


Volveu o misterioso personaxe “rompe-cristais” e, cando chegou á casa, empezou a chover intensamente, igualiño ca aquela noite onde se romperan os cristais por primeira vez Narigota tocou o asubío e a súa amiga Borrosa acudiu. Antes de que se uniran o estraño ser volveu romper os cristais pero esta vez descubriron co que: Eran raios láser nos ollos!!!!. Agora uníronse e formaron un ser chamado “HELGOTOSA”. O “TRI-SER”colleu a rede e botoulla enriba ao rompe-cristais, foille imposible saír poque estaba electrificada. Ao atrapar ao ser, Helgotosa descubriu que o rompe-cristais era outro ser pero cun disfrace e.... Ao quitarlle o disfrace... Helgotosa viu que era unha pinga de auga igualiña ca Narigota!!! Helgotosa volveuse a separar en Helxeo, Narigota e Borrosa.


A copia de Narigota deulle unha forte aperta á Narigota e díxolle: -Narigota, irmá... Son a túa xemelga, Bocgota. Rompín os cristais para chamar a túa atencióne convidarte a miña festa, queres vir? -Por suposto!!! Pero cos meus amigos. . Xenial!!!! Veña, vamos!!!! E así foi a primeira aventura de Narigota no seu percorrido polo ciclo da auga .


Son a vosa amiga Narigota e vouvos contar o que lle pasou a miña amiga Xulia. O dá se Samaín unha nena xogaba coa súa pelota polo seu xardín. A nena chamábase Xulia e vivía ó lado dunha casa que parecía encantada. Cando se fixo de noite, Xulia foi pedindo “TRUCO OU

TRATO”

polo

seu

barrio.

Andando,

andando...chegou ata esa casa tan sinistra, timbrou e ninguén foi a abrirlle. Xulia probou a abrir a porta, a porta abriuse e a nena entrou. A casa era mais bela e como se estivese habitada facía uns 1000 ou 2000 anos. Xulia non tiña medo e seguiu investigando a casa. Unha casa así non podía ser outra cousa que....UNHA CASA ENCANTADA!!!! Xulia era moi valente e pensou: -Por que non ir a investigar por toda a casa? Primeiro foi ao piso de arriba e mirou por todas as habitacións, había tres. Nunha habitación Xulia, que estaba moi cansa, botouse unha boa


sesta, e cando espertou estaba no xardín da casa rodeada de bruxas. Xulia estaba moi asustada, as bruxas dixéronlle: -Ímoste

cociñar

e

comerémoste

con

salsa

picante!!! Xulia intentou escapar pero as bruxas atárona rapidamente cun candado e tragáronse a chave. As bruxas fóronse un anaco e dun arbusto saíu unha nena, non era unha nena calquera!!! Era unha nena-loba que coas súas uñas, que estaban moi longas e aguzadas, abriu o candado e escaparon. Pero non chegaron moi lonxe...! As bruxas colleron as dúas e leváronas para unha habitación onde quedaron encerradas con chave, e como sempre, as bruxas comeron a chave. Esta vez non puideron escapar porque a pechadura estaba por fóra. As nenas pasaron días e días nesa habitación e os pais de Xulia preocupáronse moito e pensaron que Xulia se perdera polo seu barrio. E ...Iso era moi, moi raro!!!


Non tiñan escapatoria ata que unha pantasma entrou na habitación , Xulia asustouse moito. A nena-loba, que se chamaba Luli, díxolle a Xulia: - Non pasa nada é a amiga Marca. - Marca, Marca.... Sálvanos!!! Díxolle Luli a Marca. - E... Que podo facer? Preguntoulle Marca - E ti que cres? Está claro!!! Entra no corpo da bruxa Piruxa e fai que bote a chave, ou, como tu eres unha pantasma colle a chave dentro do corpo da bruxa Piruxa. Non é tan complicado! Dixo Luli berrando. - -Claro, como non se me ocurriu antes!- Dixo Marca.


Marca foi xunto a bruxa e quitoulle a chave do seu estómago e foille abrir a porta as dúas rapazas. Moi xuntiñas baixaron sixilosamente ao piso inferior pero volveron pillalas. Esta vez colléronas unha parella de cabazas que non eran malos, eran moi bos e eles tamén intentaban escapar da casa

Pero alguén, nese momento, soltou unha maldición na casa e esta converteuse ...NUNHA CASA ENCANTADA!!! As cabazas dixéronlle que se chamaban Sra Cabaza e señor Cabaciño.


Todos estaban moi asustados e intentaron saír da casa sen facer ruído, viron uns monstros que se meteron no medio e lle dixeron: - Tranquilos, non imos facervos dano, queremos ser os vosos amigos. - Luli, Xulia, Maca, Sra Cabaza e o señor Cabaciño sentíronse aliviados porque pensaban que os querían comer. Fixéronse todos moi amigos e, dende aquel día, Xulia íaos visitar a aquela casa e xogaban todos xuntos porque as bruxas tamén se converteron en boas persoas e gustáballe facer festas.

Autora: Ariadne Franco Montero, 4º A

















Narigota estaba cos seus amigos: Frigote e Vaporón . Estaba contándolles unha historia: -Estaba paseando cunha amiga miña que é unha nena que se chama Lúa- Dixo Narigota. - En serio! Tes unha amiga que é unha nena e que se chama Lúa?-Dixo Frigote. -Si, Frigote, déixame seguir coa historia. Entón estaba con Lúa e ela escoitou un ruído e....Fomos a ver! Encontramos unha casa abandonada cunha enredadeira xigantesca e as ventás atrancadas con paus. Ela preguntoume se entrabamos e eu díxenlle que si. Cando entramos algo se moveu e eu asusteime moitísimo. Vin unha sombra, din a volta...E xa non vin nada! Volvín ver a sombra, din a volta rapidamente , e descubrín unha pequena pantasma, AAAHHH!!! LÚA, UNHA PANTAAASMAAA!! Lúa deu a volta pero non viu nada. Seguimos andando, a pantasma apareceu de súpeto e díxonos: -Oooola, son Cásper, a pantasma pequena, como vos chamades vos?-Eu son Narigota e ela é a miña amiga Lúa. -Quero ser o voso amigo, síntome moi só nesta casa aínda que viven nela moitos mais monstros!! Uns somos bos e outros non o son. Vouvos invitar á festa do Samaín que celebraremos hoxe dentro dunha miga. -Ben, entón será mellor que nos vaiamos a disfrazar á casa de Lúa. -Dixen eu-Non fai falta, aquí temos moitos disfraces.-Dixo Cásper


- Grazas, Cásper- dixo Lúa- Narigota e mais eu disfrazarémonos aquí, seguro que quedamos máis reais, ha,ha, ha!!! Unha miga despois xa estabamos na festa, non paraban de aparecer monstros. - Cásper, cantos monstros!! Narigota, estás ben?- Dixo Lúa. - Non, mira que monstro!! – Dixo Narigota. -Aaah!! Ese é o meu curmán Xoan o ”Pés Grandes”- Dixo Cásper. AAAAH, ESQUECINME!! Ese día era o Samaín . Ao final Lúa e mais eu despedímonos de Cásper e marchamos cada unha para a súa casa. Guau!!! Menuda aventura tiveches, Narigota!!! – Dixo Vaporón.




AUTORA: ROSANA FDEZ TORRES 4ยบ B


Todo o mundo na vila falaba do que sucedera na fábrica dos xoguetes á noite. Un grupo de nenos que se chamaban: Noa, Carla, Xan e Xosé escoitaron esa conversa e decidiron fuxir das súas casas para explorar a fábrica dos xoguetes. Todos foron puntuais e ás doce en punto estaban no agocho segredo. Ao chegar á fábrica todo estaba escuro e cheo de arañas, formigas, ratos, mosquitos e arañeiras!!! Noa acendeu a luz, todo empezou a iluminarse, os xoguetes comezaron a cobrar vida e perseguiron aos novos visitantes.

Os

nenos saíron correndo e cheos de medo daquel lugar . Era un sitio moi singular, os pallasos, en vez de facer rir, daban moitísimo medo! Todo era raro porque todo era ao contrario do real. Pero a historia non remata aquí. Houbo unha gran tormenta que caeu sobre a vila e unha pinga de auga chamada Narigota, recobrou vida; ía acompañada por unha nube chamada Vaporón e un cubo de xeo chamado Frigón. Estes personaxes metéronlle moito medo aos nenos porque, cando xa acabara a tormenta, eles


seguían perseguindo aos nenos, pero eles non querían asustalos só querían axudalos e saber que era o que lles pasara. Os nenos non o sabían e cada vez corrían mais.

Pensaban que estaban

perseguidos por todo o mundo, Estaban tan, tan asustados que non se deron conta da trampa que lles puxeron os xoguetes. -Que ben, aquí non poden entrar os

monstros!-dixo Xosé,

Narigota como era unha pinga de auga si que podía entrar tanto ela como os seus amigos. Enseguida xe fixeron todos amigos, e todos xuntos, tramaron un plan para poder escapar da trampa na que caeran. -Podemos montar en Vaporón xa

que é unha nube e pode flotar,

pero un de cada vez. – Dixo Xan. E despois temos que facer un plan para transformar “os monstros” en xoguetes de verdade. -Vai ser unha noite moi longa. –Dixo Carla. - Mozos... Que plan temos para que os xoguetes volvan a ser normais? –Preguntou Xosé. - Temos que pechalos a todos nunha habitación e apagar as luces, xa que, así, os xoguetes non terán enerxía e todo volverá á normalidade. Puxéronse mans a obra e conseguiron pechar a todos os xoguetes nunha habitación. Por fin!! Os xoguetes volveron a ser normais e os rapaces con Narigota e os seus

amigos decidiron non volver

mais á FÁBRICA DOS XOGUETES.


N

unha noite escura e tormentosa

, unha pinga de auga separouse das demais e perdeunas . Perdida pola Terra encontrou novos amigos e decidiron ir na busca das demais pingas de auga pero no camiño encontráronse cunha pantasma que lles dixo : - Quen osa interromper á Fantasmín na súa sesta? - dixo moi enfadadoVouvos papar por espertarme! Pero entón á pinga de auga ocorréuselle unha idea e díxolle á pantasma quen, por certo era pouco espelida: -Facemos un trato, se acertamos o teu nome á primeira déixasnos pasar e non nos comes ? A pantasma, que non se acordaba de que xa dixera o seu nome, aceptou. -A que te chamas Fantasmín? -Si...E ti como o sabes? Pareces unha adiviña! Seguiron o seu camiño atravesando bosques e soportando ventos moi fortes. Cando xa levaban un bo cacho andado, atopáronse cun diaño que tiña pinta de estar moi enfadado. Mirounos con mala cara e preguntoulles: -Quen sodes vos? A pinga comentoulle o que lles pasaba e o diaño deixounos pasar porque a el pasáballe o mesmo. Antes de que marcharan o diaño preguntoulles: -Podo ir con vos? A pinga, como era moi boa aínda que un pouco picona, respondeulle: -Si, podes vir, pero tes que prometernos que nos serás fiel e que non te escaparás sen nos. O diaño aceptou e todos xuntos colleron o camiño, andando, andando chegaron a unha casa pequena. Decidiron chamar á


porta por se lle daban algo de comer xa que... Estaban esfameados! Á porta saíu un boneco que levaba un coitelo na man e que nada mais velos espetoulles: -Vouvos matar por chamar a miña porta! De súpeto apareceu un canciño pequeno, que escoitara as ameazas do boneco, e, dun salto, púxose diante del para que non os matara. O diaño, moi enfadado, lanzoulle unha bola de lume e derreteu ao canciño.Escaparon, como puideron, daquela casa e seguiron o seu camiño. Cando estaban pola metade viron a unha nena que paseaba polo bosque apañando flores. A nena mirou para os viaxeiros e, como viu á pinga un pouco triste, preguntoulle: -E logo, que che pasa? A gota explicoulle que se separara das súas irmás e que quería volver con elas. A nena díxolle que ela coñecía un sitio onde van parar todas as pingas de auga. Estaba ao cruzar o Monte Rosbel. -Debedes ter moito coidado!- Avisouna a nena- xa que teredes que pasar pola ponte levadiza para chegar ao “Río Das Ánimas”, cando pasedes todo iso, veredes unha enorme catarata, atravesádea, e de seguido atoparedes as vosas amigas. Despois de mostrarlle o seu agradecemento á nena seguiron o camiño indicado. Tal e como lle dixera a nena, atopáronse coa ponte levadiza, era moi difícil de cruzar porque debaixo dela corría un río de lava e coa calor a pinga podíase evaporar. O demo dixo que tiña unha idea: colleu paus, palla seca, unhas follas moi grandes...Con todo iso fixo un globo, montaron nel e pasaron por riba da lava sen problemas. Uns minutos despois o globo rebentou e tiveron que seguir o camiño andando. Por Fin!!-Berraron todos cando avistaron o Río Das ÁnimasDecidiron cruzar o río nadando, pero... cando o diaño meteu un pé, agarroullo unha ánima, e, case se afoga! A pinga, ao ver o que lle pasaba fíxolle cóxegas á ánima e conseguiu liberalo. Estaban discutino como cruzar o río, cando apareceu unha gaivota que se ofreceu a levalos se lle daban un pouco de auga para as súas crías que estaban sedentas.Aceptaron o trato e gaivota levounos ata a outra beira do río. Despois de varios días de viaxe atoparon a cascada, a pinga moi contenta animou ao grupo: -Veña, só nos queda cruzar!


Empezaron a cruzar a cascada, a pinga mirou para os seus amigos, todos estaban moi contentos, todos menos o diaño que tiña unha cara moi triste. -Que che pasa?- Preguntoulle - Non podo cruzar, estou feito de lume e, se cruzo, esta auga con esta forza matarame. A pinga tivo unha idea...Colleu a súa bufanda, atoulle un pau e converteuna nun paraugas que protexeu ao diaño. Cando cruzaron a catarata... Todas as pingas estaban alí! A pinga estaba moi feliz, atopara as súas irmás e coñecera novos amigos. Desde entón a pinga non se volveu a separar do seu grupo.


H

abía unha vez unha pinga de auga, que unha noite moi escura, caeu do ceo e quedouse

durmida deitada nunha pedra. Ao día seguinte,cando a gota de auga espertou, coñeceu a unha nube de vapor e un cubiño de xeo; como non tiña ningún nome decidiron poñérllelo e, como tiña un nariz moi grande e era unha gota de auga, chamáronlle Narigota. Estes novos amigos contáronlle que había un vilán, que se chamaba Pollutín, que contaminaba o medio ambiente. Narigota dixo: -Oxalá tivera tivera a alguén que me axudase a loitar contra ese tal Pollutín!!! -Nos andabamos buscando a alguén que quixese loitar contra el!!!- dixeron os dous novos amigos á vez.


-Podemos unirnos e loitar contra eses vilán que só contamina!!-berrou Narigota moi emocionada. -Vale, podemos saír mañá!- dixo a nube de vapor - Claro!- afirmou Narigota. Ao día seguinte, Narigota e os seus amigos, emprenderon o camiño para loitar contra o vilán. Dous días despois atopáronse cun monstro que cuspía lume pola boca. Os tres amigos tiveron unha idea, colleron unha corda e comezaron a correr ao seu redor ata que lle enredaron as pernas e caeu ao chan. Libres deses monstro, Narigota e os seus amigos seguiron o seu camiño. Cando estaban chegando á mansión de Pollutin, atopáronse cun escorpión xigante que lanzaba veleno polo seu aguillón. Narigota e os seus amigos non sabían como vencelo . O escorpión comezou a perseguilos e a lanzarlles o seu veleno, pero tropezou cunha pedra e caeu, agora non podía erguerse e moito menos botar o veleno!


Cando chegaron ao seu destino atopáronse cun montón de soldados. Entre os tres conseguiron vencer a ese gran escuadrón. Subiron á última planta da mansión e ...Alí estaba Pollutin!!! Ha!, Ha!,Ha!!!! Nunca me venceredes!!!-Dixo Pollutin. Os tres amigos arrodearon a Pollutin , empezaron a dar voltas e O vilán caeu desmaiado. Ataron a Pollutin e mandárono para moi lonxe. -Xa non temos ningún vilán que contamine!!!-Exclamaron os tres amigos emocionados.. Os tres amigos proclamáronse membros da Brigada Anti-contaminación e, desde ese momento, vixían a Terra contra os que a contaminan

Autor: Ismael Del Río Alamancos 6ºA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.