Librospara mamá de microsoft office word

Page 1

Mamá, ti si que me entendes. Teresa Moure Editorial Galaxia Preséntanos, desde os ollos dun bebé, os medos e as inquedanzas das nais que non son quen de aleitar aos seus fillos pero queren, das que poden pero non saben se deben… pero tamén a historia de como a sociedade presiona, en moitas ocasións, para que rapidamente se pase ao biberón. Neste novo libro sobre o aleitamento materno de Teresa Moure, o que predomina é o intelixente humor (palabra que rima con amor) que destila o seu protagonista/narrador: un bebé moi sabio.

Miña nai é fantástica. Nick Butterworth Editorial Xerais

Reinvindica o papel das nais como mulleres activas e capaces que fan cousas inimaxinables para procurarnos benestar, confianza e sobre todo moito amor.


Un mundo de mamás. Marta Gómez Mata Editorial Comanegra Proponnos unha viaxe a través dá figura materna, unha revisión do papel tradicional da nai. Seguindo un texto cheo de poesía, mergullado en belas ilustracións, coñeceremos as particularidades de 25 tipos de mamás: Mamá Fada, bólido, Montaña Rusa, Mozart, Mamá Dragona... Un libro cheo de maxia que nos transporta de novo á infancia. É, ademais dun libro para nenos, un agasallo ideal para adultos: para nais que o son, para as que están esperando selo, para as que se converteron en avoas.

Adivina cuanto te quiero. Sam MacBratney Editorial Kókinos Relata a relación inmensurable entre unha lebre grande e unha lebre pequena, narrando unha conversación entre ambas antes de irse a durmir. Fala do amor entre pais e fillos e da importancia de expresar o sentimento do amor. Os pequenos sempre se preguntan canto lles queremos e fan esforzos por destacar no seu desexo de expresión e emotividade.


Mamás del mundo V.V.A.A. Editorial La Galera Un vibrante, emotivo e suxerente achegamento fotográfico ás relacións maternofiliais que se xestan calada e discretamente nun variopinto puñado de recunchos do planeta. En case todos os rostros o lector descubrirá un sorriso, unha mirada cálida, un sopro de esperanza, de serena aceptación das circunstancias. E ao pechar a obra, sen dúbida, nenos e adultos sentirán que viviron unha aventura que lles permitiu medrar e aprender sen grandes discursos nin leccións moralizantes. A forza expresiva das magníficas fotografías fai que as palabras sexan innecesarias.

Vida secreta de las mamás. Beatrice Masini e Alina Marais Editorial Laberinto Que fan as mamás cando deixan aos nenos no cole? Moitas cousas! E iso é porque as mamás teñen unha vida secreta: hai mamás que loitan con dragóns, hai mamás bruxas, mamás sirenas… Pero os nenos nunca deben contarlle a ninguén cal é o segredo da súa mamá. Deixaría de ser un segredo!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.