Os bosques constitúen un dos ecosistemas máis valiosos do planeta. Cando falamos das árbores autóctonas estamos a falar da cultura e da historia dun pobo. Na nosa contorna abundan carballos, castiñeiros, freixos, ameneiros...que a xente sempre aproveitou polas súas propiedades curativas, produtivas e alimentarias e que, desde sempre, forman parte da nosa memoria colectiva Un bosque é moito máis que un conxunto de árbores; constitúe unha comunidade que tamén inclúe innumerables arbustos, herbas, brións, liques e fungos, onde ademais habita unha ampla variedade de animais. Para descubrir a importancia que teñen os bosques autóctonos xurde, en colaboración co equipo de Voz Natura o proxecto “Entre salgueiros, bidueiros e carballos” no que seguindo o lema: “Planta un fillo, escribe unha árbore e ten un libro” pretendemos vincular e unir aos nenos e nenas co patrimonio natural e cultural da nosa contorna aproveitando a sabedoría da nosa xente. Unha aposta pola educación medioambiental entre as novas xeracións e pola protección dos espazos con valor ecolóxico.
Un proxecto documental integrado Centro de interese Os bosques e as รกrbores da nosa contorna.
Proposto polo EQUIPO DA BIBLIOTECA e o EQUIPO DE VOZ NATURA en colaboraciรณn con toda a COMUNIDADE ESCOLAR para o curso 2018-2019
►Investigar a importancia dos bosques autóctonos na loita contra o cambio climático e descubrir cales son as árbores, os arbustos e as herbáceas propias da nosa contorna e descubrir algunhas das súas características. ►Aumentar os coñecementos e o vocabulario relativo aos bosques autóctonos e coñecer a denominación específica que adquiren os bosques nos que predominan ou viven en exclusiva árbores da mesma especie. ►Utilizar claves dicotómicas ou outros medios para a identificación e clasificación de árbores. ►Coñecer e valorar a súa contorna natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e coidado tanto desde a escola, como desde a propia contorna. ► Recoñecer e promover accións que favorezan a conservación do medio ambiente. ► Favorecer a transformación dos bosques galegos cara un novo modelo forestal no que predominen as especies autóctonas e os aproveitamentos tradicionais do bosque. ►Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade na conservación da natureza.
▶ Competencias sociais e cívicas . ▶Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía . ▶ Competencia en comunicación lingüística. ▶Sentido da iniciativa e espírito emprendedor. ▶Competencia dixital. ▶Aprender a aprender. ▶ Conciencia e expresións culturais.
A hora de ler
O blog do equipo de Dinamizaciรณn da Lingua Galega
Traballos de Documentaciรณn