Recomendacions nadal 2016microsoft word document

Page 1

NESTE NADAL... ENTRÉNALO PARA LA VIDA Editorial: Plataforma

Os nenos son agora mais inseguros, están sobreprotexidos e teñen moitos mais medos, pero cando un neno entende algunha das cousas que sente, ou o que lle sucede por dentro, percibes como lle cambia a mirada de golpe, e como por fin modifica facilmente o seu comportamento. Con prólogo de Eva Bach, este libro aporta recursos para pais para potenciar a educación emocional dos seus fillos.

EL GRAN LIBRO DE JUEGOS PARA TODA LA FAMILIA EDITORIAL: ANAYA

Un libro con xogos de todas as clases: de mesa, de cartas, perfectos para o parque, para xogar con papel e lapis, montados nun coche e moito mais. Os expertos Àngels Navarro e Oriol Ripoll convídannos a divertirnos como o fan noutros lugares do mundo, de onte e de hoxe, coidadosamente explicados para poder divertirse en familia ou con amigos. Desde os cadrados máxicos da China ata o Quizl inglés, pasando por diversións dos cinco continentes, O gran libro dos xogos ten un para cada ocasión.

ACOMPÁÑATE DUN BO LIBRO!


LA NAVIDAD DE NICOLÁS Editorial: TRAMUNTANA Este ano sen dúbida o noso amigo Nicolás atopará a Papá Noel! Porta pechada, luz apagada. Nicolás mantén os ollos abertos na cama e a mirada fixa nas agullas do seu espertador. Gustaríalle que as horas pasaran mais rápido. O oído atento cara o son da casa. Quere que os seus pais se vaian para a cama inmediatamente.

UNHA ÚLTIMA CARTA Editorial: KALANDRAKA As palabras pode levalas o vento ou, no caso desta fermosa historia, un amable carteiro. No seu derradeiro día de traballo, agárdalle unha experiencia inesquecible.

ELMISTERIO DEL TREN FANTASMA Editorial: SM Max vai á feira con Dola, a súa irmá maior. Alí atoparase con personaxes moi, moi singulares aos que lle irá collendo cariño e verase involucrado nunha cruzada contra os especuladores. Humor, aventuras, perigos nunha historia que narra o comezo dunha amizade

20000 LEGUAS BAIXO DOS MARES Editorial: Baiaedicions Mortos de frío e case sen folgos, Pierre Aronnax, Conseil e Ned Land atópanse na auga a lombos dun monstro. Só entón se decatan de non se trata nin dunha balea nin dunha criatura mariña, senón dunha estraña máquina submarina, o Nautilus!

CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS Editorial: SANTILLANA

EL JARDINERO NOCTURNO Editorial: TIMUNMAS Un día, William descobre que na árbore que hai fóra da súa casa esculpiron un magnífico bufo. Cada mañá cando se ergue, William encontra novos animais e cada un é mais fermoso ca o anterior… Pronto, este pequeno pobo gris vaise enchendo de cor e vida gracias a un misterioso Xardineiro Nocturno.

MARCAPOLA, OS PIRATAS DA LÚA Editorial: XERAIS Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.

Unha particular revisión dos cuentos clásicos. Un libro divertidísimo, maxistralmente acompañado polas hilarantes ilustracións de Quentin Blak

O NENO BISIESTO Editorial: KALANDRAKA Aos seus dez anos, Daniel séntese diferente aos demais porque naceu un 29 de febreiro; por iso no colexio puxéronlle o alcume de Bisesto. Este libro é un relato en primeira persoa das súas experiencias, pensamentos e emocións: dende a rebeldía á incomprensión, pasando polo espertar do amor, ata a reafirmación da amizade.

UNDER THE SEA María and her mother are spending the afternoon by the sea when suddenly the girl finds a bottle with a message inside: ?SOS. I need help, and fast.? So María, full of curiosity, dives under the sea to find out who is sending these messages through the waves. A fable of foam and salt water, penned by Paula Carbonell and illustrated by Marjorie Pourchet, telling of the wonderful relationship between children, play and imagination.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.