PETISCOS DE PAZ

Page 1


ESES LIBROS QUE NOS INSPIRAN…


ACTIVIDADES 1. Cada clase traballa as receitas, facendo fincapé na estrutura das mesmas: título, ingredientes e preparación. 2. Inspirámonos moito no libro “Recetas de lluvia y azúcar”.

3. Prestaremos especial atención ás diferentes cantidades que poden aparecer nas recetas, tanto trecisas como aproximadas: gramos, litros, pizca, … 4. Aproveitaremos para afianzar o significado dalgúns verbos: misturar, adubiar, salpimentar, …

5. Falaremos sobre os valores que queremos potenciar na aula: compañeirismo, amizade, lealtade,…sempre desde un punto de vista positivo. 6. Elaboraremos a receita de xeito cooperativo, mesturando aspectos reais das recetas cos elementos máis abstractos: confianza, amor, …

7. Elaboraremos un documento final por clase dunha receita creada.


8. Tamén montaremos unas tarxetas plastificadas cos ingredientes.

9. O día da Paz, xuntarémonos todos os cursos e iremos lendo as nosas receitas a medida que imos botando as tarxetas ( ingredientes) nunha gran pota. 10. Tamén aprenderemos a canción da “Sopa do nené” de María Fumaça para cantala no acto.











TÍTULO DA RECEITA: TORTILLA DA PAZ

INGREDIENTES: • 8 Unidades de boa voluntade • Un kilo e medio de esperanza • Dúas unidades de paciencia • Unha pizca de amor • Un bo chorro de comprensión

MODO DE FACELO: 1. Cortamos o kilo e medio de esperanza en trociños pequenos. 2.

Collemos as dúas unidades de paciencia e picamolas ben

picadiñas 3.

Batemos ben batidiñas as 8 unidades de vontade

4.

Poñemos a quecer nunha sartén o chorro de comprensión,

cando este estea ben quente añadimoslle os trociños de esperanza. Esperamos que a esperanza estea medio cociñada e botamoslle as dúas unidades picadas de paciencia. Damoslle voltas a fogo lento ata que a esperanza e a paciencia estean no seu punto, misturámola coa vontade remexendo todo con unha pizca de amor.Esperamos dous minutos, damoslle a volta e xa a podemos servir BO PROVEITO! PARA CANTOS MÁIS MELLOR CURSO:



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.