Proxecto plambe a 2015 16

Page 1

0


1,2,3,…PROBANDO LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN NA BE PARA O CURSO 2015-16 O noso eixo integrador para o curso 2015-16 centrarase en proxectos experimentais baseados na estimulación da curiosidade, da experimentación e da produción e creación doutros novos.Así, será un proceso máis relacionado coa metodoloxía e co desenvolvemento do pensamento crítico e creativo para unha mellor comprensión da realidade, onde o papel da BE como fornecedor de recursos e de propostas metodolóxicas será fundamental. Pretendemos, deste xeito, cubrir unha parte do noso proceso educativo que consideramos con importantes eivas, buscando ir a orixe mesmo do espertar científico: a curiosidade ( por que?), a experimentación ( como? a finalidade (para que?), tendo como produto final a presentación dese proceso e a creación doutros novos. Dito isto, as propostas de motivación e a metodoloxía de traballo centrarán unha parte importante do proxecto, atendendo ás RUTINAS DE PENSAMENTO (ver, pensar, preguntar), a CLASIFICACIÓN DE PREGUNTAS ( curiosidade, aclaración, afondamento), formas de facer o PENSAMENTO VISIBLE ( gráficas, símbolos visuais,), a DOCUMENTACIÓN; traballaremos sobre HABILIDADES DO PENSAMENTO (analizar, comparar, contrastar) dando especial importancia ao PENSAMENTO CRÍTICO E CREATIVO ( deducir, razoar, xeneralizar, crear). O noso proxecto consta de dúas grandes vertentes: por un lado, o seu carácter experimental baseado na observación e experimentación, non só no que se refire aos currículos de ciencias naturais senón tamén ,coa mesma intensidade, na área de matemáticas ou de ciencias sociais. En segundo lugar, o obradoiro de escrita, coordinados en varios cursos, onde os xogos coa linguaxe e a produción de textos (sexan informativos, expositivos, argumentativos ou de ficción) vertebren o currículo lingüístico. Para unha mellor organización, , axustaremos o proxecto en tres grandes bloques arredor do proceso da construción do pensamento pero que non necesariamente implicarán unha secuencia no tempo na súa totalidade: 1. A CAUSA DAS COUSAS: estimulación da curiosidade. 2.A EXPERIMENTACIÓN. 3.A PRODUCIÓN: a PRESENTACIÓN E A CREACIÓN. Como en anos anteriores a biblioteca será a encargada de proporcionar os medios e os recursos para a boa práctica deste proxecto. A tal fin, levará a cabo diferentes accións: A. Coordinar as diferentes opcións relacionadas co proxecto. B. Dotar de recursos documentais as diferentes mochilas de aula, como apoio aos diferentes proxectos. C. Continuar coa metodoloxía de traballo cooperativo. D. Seguir afianzando a integración do proxecto documental na meirande parte dos aspectos curriculares. E. Establecer pautas para coordinar entre o profesorado os criterios básicos respecto á ALFIN. 1. EN RELACIÓN COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN.  Creación do deseño dun novo blogue da biblioteca seguindo o modelo DRUPAL.  Mellorar considerablemente diferentes aspectos tecnolóxicos, incorporando unha maior innovación nos recursos e nas presentación dos mesmos.  Actualización dos fondos e reforma do espazo destinado ao ciclo de E. Infantil. Selección e adquisición de recursos relacionados co proxecto de centro. Incremento dos recursos de non ficción.  Confección física da mascota da Caracola Tola, como recurso motivador en E. Infantil e primeiros cursos de primaria. Elaboración de nova cartelería relacionada coa formación de usuarios na biblioteca.  Selección dos empréstitos para as aulas relacionados co proxecto e os da biblioteca de aula.Adquisición de mochilas para tal efecto. Organización das mochilas viaxeiras e boletíns de recomendacións lectoras.  Coordinación de horarios da biblioteca. Desenvolvemento das actividades relacionadas co incremento do coñecemento da biblioteca e dos seus recursos por parte do profesorado, propoñendo reunións periódicas informativas.( Plan:Aprendemos xuntos). Diversificación das actividades voluntarias dos RECREOS DA BIBLIO ( concertos, contos,..).  Continuación coa coordinación entre departamentos, procurando rendabilizar o proxecto ao máximo tanto nos recursos coma na planificación. Incorporar, na medida do posible, unha representante de E. Infantil.  Incorporación de familias voluntarias para algunhas actividades organizadas pola biblioteca.  Continuar co rexistro e difusión das producións propias da biblioteca e do centro. 1


1,2,3,…PROBANDO 2. EN RELACIÓN COA DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DE RECURSOS DA BIBLIOTECA, A SÚA INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE E AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BASICAS DO ALUMNADO. I. 1º TRIMESTRE: A CAUSA DOS COUSAS  LINGUAS: Obradoiro escrita:A descrición dun invento persoal. A narración dunha descuberta persoal. A tráxica vida dun lapis, dunha mochila, dun libro de texto. O diario dun/dunha naturalista: un caderno de campo persoal ( a observación coma fonte de escritura). O abecedario das descubertas persoais. O listado de fracasos. Dez regras transgresoras. Textos descritivos e expositivos dun experimento caseiro.  LINGUA INGLESA: Tolos pola ciencia. Investigo os meus sentimentos. O interrogativo. Dúbidas razoables. Ensaio. Descubro adiviñas. Leo. Penso en monstros. Feitos. Uso a lupa. Máquinas. Personaxes. Espías. Receitas.  E. PLÁSTICA: A imitación da natureza: Gaudí. Pintado de memoria despois dun exercicio de observación. Fotos de diferentes ángulos. Mol, duro, rugoso? Que ten que ver o brócoli con Fibonacci? O caderno d@ investigador/ora da cor. Pero de qué está feito isto? Pos de cores- pigmentos?  CIENCIAS NATURAIS: 1. Os seres vivos. As células: experimentación de diferentes clasificacións. Cambio nos criterios de clasificación. Clasificación de persoas atendendo diversos parámetros. 10 preguntas sobre as células. 2. Instrumentos ópticos. 3. A función de relación: os sentidos: combinación de cousas diferentes. Establecemento de vínculos entre cousas que aparentemente non o teñen. Elección de dúas imaxes e busca de aspectos comúns. 4. A saúde.O coidado dos órganos: a casca de ovo e a caries.  CIENCIAS SOCIAIS: 1. O universo e o sistema solar. Representación do mesmo. Maquetas de plastilina. Experimentación coas fases da lúa. 2.A representación da terra. Experimento sobre a formación das montañas.localízate, localicémonos.  MATEMÁTICAS: 1. Suxestión de preguntas. 2. Busca de datos que faltan. 3. As preguntas enxeñosas e o razoamento lóxico matemático. 4. Manipulación, experimentación e coñecemento das medidas e dos materiais dos experimentos.  MÚSICA:1. Exploración das posibilidades sonoras da voz, do corpo e dos obxectos do noso entorno.2. Diferenciación de son, ruído e silencio.3.As calidades do son: altura, duración, timbre e intensidade.  BIBLIOTECA: Elaboración e busca de recursos.Axuste do proxecto nas programacións. Día das bibliotecas: a biblioteca coma laboratorio de experiencias. Propostas para o 25 de novembro:  DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: Día da Ciencia en Galego. 1.Samaín e magosto: investigación sobre a orixe destas festas. 2.Radio Beretiño: apartado de curiosidades. 3.No recuncho literario, lectura de textos relacionados co proxecto . 4. Concurso troleir@s. II. 2º TRIMESTRE: A EXPERIMENTACIÓN  LINGUAS: As ideas principais e secundarias nun experimento.Resumos, esquemas, mapas conceptuais sobre unha idea. Biografías de precursor@s/ innovador@s, xeni@s.Obradoiro escrita:. Creación de poemas a partir de textos científicos. Publicitamos o noso experimento. Diferentes olladas arredor dunha imaxe. Formas diferentes de dicir as cousas: grazas, un alimento.  LINGUA INGLESA: Son científic@. Descubro os meus sentimentos. O negativo. Resolvo dúbidas. Erro. Resolvo adiviñas. Disecciono. Falo de monstros. Realidades. Sigo as pegadas. Evolucións. Lugares. Códigos secretos. Tempos libres. Beberaxes.  E. PLÁSTICA: Tuneando a xenialidade: a transformación de grandes obras en propias. Colocación de imaxes en sitios insólitos. O surrealismo: Duchamp, Dalí. A banda deseñada. Po caramelo. Formas e cores.  CIENCIAS NATURAIS: 1. As plantas. Os mofos. Fieitos. Nutrición.Experimentación na horta 2. Os ecosistemas. Redes alimentarias. As pegadas dos animais.  CIENCIAS SOCIAIS: 1. O clima e a vexetación. A descuberta do efecto invernadoiro. Experiencia sobre o desprazamento dos ciclóns. Xogamos cos axentes atmosféricos.evolución dunha paisaxe ao 2


1,2,3,…PROBANDO longo da historia. 2.A prehistoria: construción de fósiles. Os fósiles: os libros da antigüidade. Experiencias sobre a fosilización.  MATEMÁTICAS:1. A aproximación. 2. Busca de patróns e propiedades. 3.Utilización de gráficas. 4. Trucos matemáticos. A maxia das matemáticas. 5. A papiroflexia. 6. O laboratorio de matemáticas: construción de figuras xeométricas. Dominós. Estimación de medidas. Tangram.  MÚSICA: 1. Comunicación oral, corporal e plástica dos sentimentos que nos causa unha música escoitada.2. Utilización de percusión corporal, de obxectos e de instrumentos de pequena percusión como recursos para acompañar diferentes textos e cancións. 3.Improvisación de movementos en resposta a diferentes estímulos sonoros. 4.Improvisación de esquemas rítmicos e melódicos sobre bases musicais dadas 5.Sonorización de distintas imaxes. 6.Instrumentos: clasificación técnica segundo a produción do son. 7.Recoñecemento e identificación das partes dunha peza musical: formas musicais binarias, ternarias e rondó  BIBLIOTECA: Día da Poesía:A poesía científica.A poesía da natureza. Día de Rosalía: experimentos poéticos arredor de Rosalía. 8 de marzo: Experimentos e avances pola igualdade.  DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: 1.Entroido: investigación, recollida de información, e creación de traballos sobre unha figura típica do Entroido galego. 2. Encomendas do Beretiño relacionadas co proxecto. III. 3º TRIMESTRE. A PRODUCIÓN E A CREACIÓN.  LINGUAS:A expresión oral: convencer aos demais. Obradoiro escrita: textos argumentativos para realizar demostracións. Banda deseñada sobre experimentos. Diferentes tipos de textos descontinuos. O oxímoro. Multiadiviñanzas (unha proposta, diferentes solucións). Feitos insólitos: rifarlle a un ordenador, a unha almofada. A escritura automática. E se…  LINGUA INGLESA: Experimento coas palabras. Expreso os meus sentimentos. O afirmativo. Obxectivo superado. Corrixo. Elaboro adiviñas. Recompoño. Creo monstros. Ficcións. Descubro os feitos. Eu, robot. Problemas e solucións. Gadgets. Diario dun ocupad@. As miñas apócemas.  E. PLÁSTICA: A bisociación: Chema Madoz e Magritte. O debuxo automático. Un pouco de lume e a cousa cambia. E se subimos a temperatura. Natureza secuestrada.  CIENCIAS NATURAIS: 1. A materia e a enerxía. Experimentación coas propiedades da materia. A presión do aire. Construción dun foguete. O aire coma fonte de enerxía. O globo de propulsión. Funcionamento da lanterna, da lámpada ou da pila. 2. A densidade. A flotabilidade. O hidrodeslizador: o desprazamento na auga. 3. As máquinas. Construíndo aparellos. 4 . Estruturas. Construción dunha ponte. 5. Forzas e movemento. Comprobación dunha hipótese.  CIENCIAS SOCIAIS: 1. A Idade Media: obradoiros medievais. 2 A Idade Moderna: A descuberta de América e o incremento nos avances científicos e técnicos: transporte, ciencia, novos mercados, novos produtos. 3. A evolución das cidades nunha liña do tempo.  MATEMÁTICAS:1. Estimación do resultado dun problema. 2. Distintos razoamentos, resultados semellantes.3. Detección e corrección de erros.  MÚSICA: 1. Creación, interpretación e gravación de sonorizacións para contos. 2. Creación de pezas musicais breves a partir de elementos dados. 3. Invención e construción dun instrumento musical con obxectos cotiáns 4. Creación de pequenas coreografías para obras musicais breves e sinxelas  BIBLIOTECA: Prensa: As noticias insólitas e científicas nos xornais. Experimentos cun xornal. Día do Libro: diferentes maneiras de observar un libro. A descrición dun libro dun xeito científico ( Cortázar). Distintos usos dun libro. Libros científicos: ler e experimentar.  DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: 1. Revista Folerpas: a revista científica e dos experimentos. 2. Letras Galegas: creación de slogans que promovan a ciencia en galego. 3. EN RELACIÓN COA FORMACIÓN DE USUARIOS E A ADQUISICIÓN DA COMPETENCIA INFORMACIONAL (COMPETENCIA PARA O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL). A. FORMACIÓN DE USUARIOS  Normas da biblioteca.Revisión. Elaboración entre o alumnado de guías do usuario. 3


1,2,3,…PROBANDO 

4.

5.

6.

7.

Clasificamos libros: a CDU. Que outras clasificacións podemos facer cos libros?: tamaño, editorial, colección. Como atopar un libro na biblioteca? Un autor? A materia?. Mapas, gráficos e símbolos visuais para a sinalización da biblioteca.  Como saber se un libro nos interesa: índices, contraportadas.Tipos de libros: clasificación. Analoxías e diferenzas. B. COMPETENCIA INFORMACIONAL  Guías para realizar os traballos documentais. Guías para buscar información na rede.  Aula virtual: información, experimentación, exposición. Busca de información. Elaborar symbaloo (enlaces).  Planificación a longo prazo: elaborar axenda. Planificar proxectos investigación para os tres trimestres. Caderno de campo dixital (powerpoint). Remuiño de ideas (padlet).  Elaboración de mapas conceptuais (mind 42 ou similar). Taboa de rexistro de observación e fórmulas de cálculo. (excell). Actividades lim sobre ciencias.  Explicar experimento e deseño de actividades (libros lim). Desenvolvemento dun experimento paso a paso: prezi ou similar. Montaxe experimento con imaxes. elaborar video. movie maker ou similar. Proxecto de montaxe dixital: stop motion. EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E CO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR DO CENTRO. Marcar os itinerarios lectores relacionándoos cos bloques temáticos do proxecto e deseño de actividades sobre os mesmos.Pescudas sobre innovador@s e precurso@s. Continuación e ampliación dos contacontos do alumnado de 6º a outros ámbitos de actuación. Uso de estratexias e habilidades para todo tipo de lecturas. Incremento das actividades de expresión. “LER CIENCIA” na hora de ler. Implementar as pescudas sobre diferentes aspectos relacionados co proxecto. Exposición temáticas. Encontros con autores. A transmisión oral da información: o final do traballo na aprendizaxe. Programación de actividades sobre os itinerarios lectores. Actividades de presentación de libros (temática de interese) e de novidades. OUTRAS ACTUACIÓNS Continuar e ampliar o grado de colaboración coas bibliotecas públicas e escolares de Chapela. Continuar cos empréstitos interbibliotecarios sobre determinados centros de interese. Incrementar unha maior implicación das familias no labor da biblioteca. Incrementar actuacións relacionadas coa atención á diversidade e as dificultades de aprendizaxe, en estreita colaboración co departamento de Orientación. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN  CRITERIOS o Grao de implicación do profesorado e do alumnado no proxecto da biblioteca. Grao de incremento do nivel lector no alumnado. Cuantificación dos empréstitos colectivos e individuais. Grao de importancia dos empréstitos específicos. Grao de efectividade dos materiais aportados pola biblioteca. Grao de participación nas actividades programadas. Grao de competencia nos traballos realizados e na transmisión da información.  PROCEDEMENTOS o Probas periódicas de comprensión lectora realizadas polo departamento de Orientación do centro. Cuestionario de autoavaliación sobre o funcionamento da biblioteca baseado no elaborado pola Fundación GSR. Documentos finais de traballos elaborados polo alumnado. Documentos finais elaborados polo equipo de biblioteca. PERSOA DESIGNADA COMO RESPONSABLE/ DINAMIZADORA DA BE. EQUIPO DE APOIO. HORARIO PREVISTO. Persoa responsable: Laura Goldar Villar. Tempo previsto: 4 horas semanais.

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.