Moen coma o vento (GL)

Page 1

niquelarte CMVMC de Nebra

ANTEPROXECTO TÉCNICO


Proxecto Moen coma o vento Promotor Comunidade de Montes de Nebra Autor do proxecto Asociación Cultural Niquelarte Dirección das obras O promotor das obras descritas no presente documento deberá designar e/ou contratar ós técnicos competentes que se encarguen da dirección facultativa da execución das obras.

1. Presentación En colaboración entre a Comunidade de Montes de Nebra e a Asociación Cultural Niquelarte, redáctase este proxecto para a posta en valor dos Muíños de Cornido, Tores e do seu entorno. A proposta diríxese dende o Muíño de Tores, escollido pola súa singularidade e situación dentro da parroquia, aos usos sociais da paisaxe asociada. Todo isto encami-­ ñado ao mantemento dos valores culturais e naturais da comunidade local. 2. Obxectivos As propostas de intervención centraranse nos seguintes obxectivos: : Recuperación dun espazo social: Creación dun espazo aberto á activi-­ dade, produtiva e de lecer, para o desenvolvemento e convivencia da comunidade (colexio, veciños, propietarios e turistas). :: Conservación dos valores culturais dos Muíños e os seus entornos: Tendo en conta o seu carácter simbólico para a economía local e os va-­ lores de carácter etnográfico, produtivo, e paisaxístico. ::: Reforzo da relación da comunidade co seu patrimonio, cultural e natural: Facer partícipe á sociedade local que habita e convive dia-­ riamente con este patrimonio e que, polas súas características,sintan esta necesidade e estexan abertos a mante-­lo e protexe-­lo ao carón do seu entorno.


5. Descrición e situación xurídica Plan Nacional do Litoral de Galicia DOG nº 37 do 23/2011 : Muíño de Cornido

Muíño de Cornido

Cornido. Porto do Son (A Coruña)

Coordeadas Referencia catastral Localización Superficie do solo Uso Propiedade

502703,4730684 15072A502013090000OD Polígono 502, Parcela 1309 85 m2 Sen uso Privada

Datos da finca na que se integra o Ben Inmoble (extraídos do Sixpac)

Muíño tradicional de reducio e unha moa. De planta rectangular e cu-­ berta a dúas augas. Realizado en excelente cantería de granito tanto os muros coma a cuberta. Conserva canle de pedra tapada por lousas de granito nos últimos 3 m., no inicio do cubo ten un canizo de pedra. Para a procura da luz natural ten tres bufardas, unha horizontal enriba da porta e dúas verticais, unha fronte á porta e a outra enriba da saída do sartego. Conserva un gravado pouco lexible encima da lu-­ mieira da porta. En xeral o estado da fábrica é bo, algúns dos elemen-­ tos de madeira para moenda precisan de restauración ou substitución. Inventariado no planeamento urbanístico e no PXOM (Ver Anexo Documen-­ tación Gráfica.


:: Muíño de Tores

Muíño de Tores

Agra do Enxamio. Porto do Son (A Coruña)

Coordeadas Referencia catastral Localización Superficie do solo Uso Propiedade

502720, 4730622 15072A502006850000OT Polígono 502, Parcela 685 240 m2 Agrario Privada

Datos da finca na que se integra o Ben Inmoble (extraídos do Sixpac)

Muíño tradicional de reducio e unha moa, de planta rectangular. Reali-­ zado en cachotería, reforzada por pezas de maior tamaño nos ocos das aberturas e nas esquinas e rematado con topetes pouco traballados. O cubo é trapezoidal sen tapar. O sartego ten unha abertura para darlle saída á auga. O tremiñado ten unha porta nunha parede maior. No exte-­ rior e no lado dereito da porta ten un pousadoiro. Dos elementos para a moenda só conserva o pé e a cuberta, que non se conserva, era dunha auga. A falta de mantemento levou ó crecemento da vexetación do entor-­ no que foi ocupando e creando un manto espeso por riba da canle e dos muros. Inventariado no PXOM. (Ver Anexo Documentación Gráfica)


::: Entorno do Muíño de Cornido

Entorno Muíño de Cornido

Porto do Son (A Coruña)

Referencia catastral Localización Superficie do solo Uso Propiedade

15072A502013100000OK Polígono 502, Parcela 1310 4.145 m2 Parcela uso agrícola, na actualidade sen uso Privada

Datos da finca na que se integra o Ben Inmoble (extraídos do Sixpac)

::: Entorno do Muíño de Cornido

Entorno Muiño de Cornido

Agra do Enxamio. Porto do Son (A Coruña)

Referencia catastral Localización Superficie do solo Uso Propiedade

15072A502006850000OT Polígono 502, Parcela 685 240 m2 Agrario Descoñecida

Datos da finca na que se integra o Ben Inmoble (extraídos do Sixpac)


6. Definición e deseño da proposta de intervención Unha intervención integral executaríase a través de catro áreas de in-­ tervención: : Área 1 / Muíño de Cornido A súa singularidade e o seu bo estado de conservación permiten que sexa un recurso estético e funcional enmarcado no proxecto;; polo que as ac-­ tuacións irán encamiñadas á: · Rehabilitación do mecanismo do muíño para desenvolver a tarefa da moenda(limpeza, tratamento e/ou substitución de elementos dañados). · Limpeza dos paramentos e do tellado. · Limpeza dos canais e reposición de pezas. · Limpeza da marxe do río. A acumulación de sedimentos xerada nos in-­ cendios acontecidos na Serra do Barbanza provocou un aumento no nivel dos sedimentos que crea problemas á hora de traballar no muíño. :: Área 2 / Muíño de Tores As actuacións que se propoñen buscan preservar e conservar o inmoble a partir da limpeza, da eliminación daqueles materiais que perxudiquen a súa conservación e da reposición de elementos que minimicen o seu de-­ terioro. · Limpeza no leito do entullo provocado pola caída da cuberta. · Limpeza dos paramentos interiores de morteiros de cemento. · Consolidación dos muros de cachotería. · Reconstrucións de tipo estrutural en zonas puntuais dos muros usando, sempre que sexa posible, o material existente. Reposición do tellado. · Construción e colocación da porta de madeira. · Limpeza do contorno e canais da vexetación e maleza que crece incon-­ trolada. ::: Área 3 / Entorno do Muíño de Cornido Nesta parcela, actuarase só nun terreo duns 1.000 m2 máis próximos ao muíño para obter un espazo para actividades de lecer e posibles usos agrícolas relacionados coa moenda, por parte dos beneficiarios do proxecto. · Roza e limpeza da capa da maleza. · Nivelación do terreo. · Plantación de herbáceas nas zonas de lecer. · Contención no límite entre a estrada e a parcela. · Colocación de bancos e colocación de escadas de acceso dende a estra-­ da ata a zona de lecer. · Limpeza e recollida de lixo e escombros da canle do río e as súas beiras. · Sinalización cun panel informativo sobre o valor cultural e natural do muíño e do entorno no camiño próximo aos paneis existentes.


::: Área 4 / Camiño entre os Muíños · Rehabilitación e adecuación do sendeiro que percorre a ribeira do río Foloña cara á ponte onde se encontra o Muíño de Tores, eliminando a maleza existente na actualidade e mantendo a flora e foresta propias da ribeira fluvial. 7. Impacto das obras As obras a realizar, en especial as de execución no entorno do muíños, realizaranse dentro dun criterio de mínimo impacto ambiental e buscan-­ do a maior integración paisaxística posible. Dende o punto de vista medioambiental e paisaxístico as áreas de ac-­ tuación atinxen especialmente ao bosque de ribeira da contorna dos ríos nos que se sitúan os muíños e ao aproveitamento agrícola das marxes dos ríos. Estes usos tradicionais conformaron unha nova paisaxe na que o compo-­ ñente agrícola deixa a entorna natural relegada a unha estreita franxa de vexetación arbórea e arbustiva, na que encontramos sen embargo bos exemplos de especies autóctonas características destas formacións vexetais. É por isto que se terán en conta a consecución dos seguintes obxectivos ambientais e paisaxísticos: · Minimizar a afección sobre o medio ambiental mantendo a funcionali-­ dade dos ecosistemas. · Integrar na proposta os elementos característicos dos valores am-­ bientais e culturais. · Establecer unha continuidade e complementariedade funcional e ecoló-­ xica no entorno. · Potenciar a eficiencia, dende el punto de vista ambiental, estético e funcional.


8. Bibliografía · Otero Pedrayo, Ramón et al. Gran Enciclopedia Gallega. Páx. 133-­134 Ed. Silverio Cañada. Santiago de Compostela, 1974. · Ortiz Soler, D. e Cara Barrionuevo, L. El molino de Rosendo (Vera, Almería). Un proyecto de puesta en valor. III Jornadas de Molinología. Almería. · P. Moreira, R. Diversidade natural de Galicia. Ed. SOGAMA. 2004. · Suárez Caamaño, J (Xosé de Cándido). Nebra, un lugar por descubrir. 2005 Arquitectura de auga en Nebra. Ed. Tórculo. Santiago de Compostela, 2012. · Rodríguez Paz, M. e Diz Bugarín, J. Exposición educativa sobre o fluxo de enerxías renovables na cultura tradicional do millo en Gali-­ cia. IES Tomiño, Solleiro e IES Escolas Proval, Nigrán. España.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

E para que conste a efectos oportunos asinan: O promotor A dirección facultativa


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.