Columnas Visigóticas San Salvador Setecoros (GL)

Page 1

COLUMNAS

VISIGÓTICAS SAN SALVADOR DE SETECOROS (VALGA) Xabier Bernárdez Fresco

v a l o r a c i ó n

e

p r o p o s t a s

presentación a iniciativa da comunidade de Setecoros de conservar e manter a súa igrexa, redescubre un espazo que máis aló do uso litúrxico, mestura historia, música e arte. A partir do estudo e propostas para a conservación da igrexa de San Salvador, constátanse aspectos destacables da igrexa, como son as columnas e capiteis que nos ocupan, así como outra serie de necesidades que deberían satisfacerse para un mellor goce do inmoble. Este proxecto ten como obxectivos principais a conservación, exhibición e divulgación destes elementos dentro do contexto cultural da parroquia de Setecoros. Aínda que o orzamento axústase ós parámetros do programa C/13 infraestrutura requiridos pola “SUBVENCIÓN DE APOIO Á CULTURA” parécenos convinte realizar un proxecto integral para acadar unha rendibilidade cultural, social e económica na parroquia.

descrición situadas entre a nave e a ábsida, sustentando o arco triunfal, estas dúas columnas foron reutilizadas dunha construción anterior e encastadas nos muros de fábrica, polo que non podemos contemplar todas as caras do capitel de forma completa. Datadas entre s. III e VII d.C., dependendo do autor consultado. Están labradas en mármore ou calcaria recristalizada e acadan unha altura de máis de 2m. Na unión entre o fuste e o capitel teñen 20 cm. de cemento recubrindo algún material utilizado para salvar a altura necesaria para a construción presente. Os fustes son sección circular teñen unha altura de 1,80 m. e descansan sobre basas de granito. Os capiteis de 40 cm. de altura


son compostos cunha dobre fila de follas de acanto con triplo nervio central, da segunda serie de follas xorde unha cornucopia cun arranque entorchado que dá paso a unha peculiar decoración a modo de membrana vexetal. historia a igrexa, ós pes da vía XIX á súa entrada a Iria Flavia, contén (segundo diversos autores varios elementos “de época sueva” como ladrillos reutilizados no arco triunfal, as columnas das que nos referimos neste documento e seis capiteis e outros restos construtivos. Parece ser que esta primitiva construción sería reformada a fins do século VII, pois algúns dos capiteis son desta época1. A esta basílica atribúenselle un total de oito capiteis, os outros seis, conservados nos museos de Pontevedra e da catedral de Santiago de Compostela. Todos eles derivan das producións corintias canónicas romanas e a maioría presenta un colariño liso na base e unha altura arredor dos 40 cm. Cinco deles, entre os que están os conservados na igrexa, de tipo máis clásico poderían pertencer a unha fase anterior do edificio, arredor do século III-IV d.C., pois neles, respecto ás producións canónicas romanas, soamente está ausente o calicillo2.,

Os outros tres exemplares destacan pola súa calidade técnica e poderían datarse no século VI d.C. en base ó tipo de talla e á presenza de numerosos elementos decorativos a cordón.

1

R.IZQUIERDO PERRÍN, Arte Medieval, p. 31-32; M.NUÑEZ, Arquitectura prerrománica; A.RODRIGUEZ COLMENERO, Historia del arte romano. 2 J. A. Domingo Magaña. Capiteles tardorromanos y visigodos en la península ibérica (siglos IV-VIII d. C.).Institut catalá de arqueoloxía clásica. Tarragona 2011


Para explicar a presenza destes materiais foráneos nesta igrexa, algúns autores apuntaron á posibilidade da súa importación, ou ben á execución por parte dun taller foráneo itinerante, orientando a súa filiación estilística cara a baixa romanidade (Núnez). Outros como Schlunk sinalaron paralelismos da súa decoración con algúns capiteis andaluces. Por esta mesma razón R. Izquierdo considera que existiría un taller operando neste lugar, explicable probablemente pola súa proximidade a Iria. Este mesmo taller e incluso o mesmo artista, probablemente labrou o magnífico capitel de Vilaronte (Lugo) e quizais o de Carcacía (A Coruña)3. Novas investigacións sobre o uso de rocha calcarea en Galicia, realizadas pola Universidade de Ourense, apuntan a posible utilización de rocha do este de Galicia. Preto de Setecoros no veciño lugar de Reguenxo apareceron restos en superficie dun posible asentamento rural romano e medieval4, e dentro do concello de Valga, na parroquia Cordeiro no lugar de Igrexa Vella (Santa Comba de Louro) leváronse a cabo unhas escavacións nas que aparecen materiais de entre os s. IV e XVIII, entre os que destaca un forno de vidro de época tardorromana (quizais do s. IV) 5 e s t a d o d e c o n s e r v a c i ó n o feito de ter a metade das columnas encastadas non permite coñecer o seu estado de conservación de forma completa. As alteracións que presentan o estado actual están relacionadas ca humidade, usos e intervencións. m a t e r i a l a nivel xeral as alteracións que mostran son debidas a factores antrópicos. o

p e r d a d e m a t e r i a as intervencións de adecuación da igrexa ó uso, provocou que as esquinas dos capiteis foran picadas para adaptalas a un púlpito agora desaparecido. Nos fustes tamén se atopan

3

R.IZQUIERDO PERRÍN, El arte en Galicia p. 124-125 M.C.MARTINEZ LÓPEZ, X.AMADO REINO, M.M.LÓPEZ CORDEIRO. La arqueología en la gasificación de Galicia 9: Correción de Impacto del Gaseoducto de Transpote Valga-Tuy. TAPA (Traballos de Arqueología do Paisaxe) 2000. Santiago de Compostela p.252 5 http://igrexavellasantacombadelouro.wordpress.com/ 4


dous buratos, posiblemente dalgún elemento.

realizados

o

depósitos capiteis

o

a l t e r a c i ó n s c r o m á t i c a s ennegrecemento xeralizado que, a falta dun estudo que confirme a súa natureza, prevese que sexan debidas a fumes graxos das velas. Tamén o capitel do lado do Evanxeo presenta un velo de cor branco en forma de goteiróns.

para

a

colocación

de cal e cemento, tanto nas columnas coma nos

entorno inmediato o a l t e r a c i ó n s b i o c r o m á t i c a s (verdíns) provocadas pola elevada humidade que facilita a proliferación de microorganismos.

factores de deterioro presentes o humidade

de

escorrentas

filtración do

tellado

directamente dende a tella. unha

as

separación

con

caen Esta ten

respecto

ó

paramento de poucos centímetros, e a auga

baixa

contrafortes. colonización coma

no

directamente A

maior

cantidade

biolóxica interior

polos

no

de

exterior

coinciden

coa

situación dos contrafortes. o c e m e n t o o recebo interior de cemento ademais de ser unha fonte de sales ten uns coeficientes de permeabilidade e dilatación térmica diferentes á fábrica tradicional, provocando fisuras e bolsas de humidade no interior dos muros.


representatividade dentro da súa cronoloxía, os capiteis compostos de Setecoros constitúen pezas únicas do prerrománico galego, tanto pola súa singularidade, como pola calidade estrutural e decorativa, debido ás coidadas formas ornamentais e á orixinal labra que presentan as pezas. O Museo de Pontevedra e o Museo da Catedral de Santiago de Compostela conservan outros exemplares procedentes da mesma igrexa de Setecoros que foron utilizadas en exposicións públicas de gran calado como “Galicia no Tempo” ou na actual “Gallaecia Pétrea”.


v a l o r a c i ó n ü Teñen un recoñecemento histórico dentro da comunidade científica. ü Poden aportar máis información científica. ü Son poucos os restos desta época e desta calidade. ü O mármore é un material estético e “exótico” en Galicia e a súa importación na época fala da súa importancia. ü A información e relevancia dos capiteis conservados nos museos. ü A importancia da época tardorromana dentro da historia de Valga. ü Iniciativa por parte da comunidade de coñecer o seu patrimonio. û O estado de conservación actual non permite unha boa apreciación. û Non hai recoñecemento do seu valor dentro da comunidade local. û Pouco interese dentro da sociedade nesta parte da historia. û Pouca información sobre percorridos culturais na zona. û Pouca divulgación dos elementos patrimoniais na zona. û O valor cultural do inmoble non se corresponde o dos capiteis.

conclusións dada a relevancia histórica destes elementos, considerase primordial a eliminación de calquera factor de deterioro (neste caso principalmente a humidade). Tamén conservalos e mantelos nunhas condicións de limpeza e exhibición adecuadas, tanto para o seu goce coma a valoración dentro da comunidade local. O uso como recurso cultural debe ir dentro dunha proposta máis ambiciosa dentro de medidas de interpretación e difusión dos elementos culturais locais.

p r o p o s t a s e s t u d o e r e x i s t r o tanto para a definición das actuacións, coma a para elaboración da memoria e contidos cara a divulgación. o rexistro fotográfico, inicial da intervención e final o estudo de materiais e técnicas de labra e construción o estudo pormenorizado dos factores e formas de alteración. c o n s e r v a c i ó n os tratamentos que se propoñen teñen máis que ver coa conservación preventiva e estética dada a estabilidade na que se atopa o material na actualidade.


▬ limpeza das columnas en xeral realizarase en seco e a base de auga atomizada, e utilizarase limpeza química dependendo da natureza da sucidade, alí onde sexa necesario. ▬ limpeza do entorno limpeza atopan encastadas as columnas. ▬ eliminación mecánica.

de

depósitos

dos

muros

de

fábrica

onde

se

de morteiros de cemento de forma

conservación preventiva ▬ eliminación de fontes de humidade dos contrafortes o limpeza mecánica e húmida de briofitos no contraforte o limpeza das xuntas dos sillares o encintado do contraforte con morteiro tradicional. ▬ plan de mantemento de cara a intervencións futuras, uso e limpeza do inmoble. ▬ cambio de lugar dos atrís das velas.

e x h i b i c i ó n potenciar a visión destes elementos no conxunto da igrexa. ▬

colocacion dunha iluminación adecuada.

▬ cambio de lugar dos atrís das velas.

d i v u l g a c i ó n realizada a partir dunha interpretación que comunique o valor do elemento patrimonial e estimule o seu aprecio e conservación. A continuación enuméranse algúns exemplos de métodos de divulgación onde poderían estar presentes as columnas o

permanentes -­‐ textos interpretativos, trípticos -­‐ panel informativo, a entrada da igrexa


-­‐ -­‐ o

creación dun blogue sobre patrimonio cultural de Setecoros que fomente a participación da comunidade roteiros culturais

temporais -­‐ charla á comunidade durante a intervención de conservación -­‐ participación da comunidade nos traballos de conservación preventiva -­‐ roteiros culturais guiados -­‐ exposicións culturais no inmoble


Bibliografía -Hauschild, Th.: "Copias y derivados del capitel romano de época visigoda" en Coloquio Internacional de Capiteles Corintios Prerrománicos e Islámicos (ss. VI – XII d. C.), Madrid 1990. -Schlunk, H.: “Arte visigodo, arte asturiano” en Ars Hispaniae, tomo II, Madrid 1947. -Domínguez Perela, E.: Capiteles hispánicos altomedievales. 4 vols., Universidad Complutense de Madrid, Colección Tesis Doctorales, nº 40-87, Madrid 1987. -Valle Pérez, X. C.: “Entre a baixa romanidade e o Renacemento. A escultura e a pintura medieval” en AA.VV: 75 obras para 75 anos. Exposición conmemorativa da fundación do Museo de Pontevedra. Pontevedra 2003. -Núñez Rodríguez, M.: “Estudio estilístico de los capiteles de los siglos V al VII en Galicia” en Conímbriga, XV, 1976. Núñez Rodríguez, M.: Historia da Arquitectura Prerrománica. Madrid 1978.

Arquitectura

Galega.

Fontaine, J.: El Prerrománico, en La España Románica, vol. 8. Madrid 1992 (Primera edición 1973). Domingo Magaña, J. Capiteles tardorromanos y altomedievales de Hispania (ss IV – VIII), Universitat Rovira i Virgili, 2007.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.