A Asociación Cultural Niquelarte presenta:
SONDOKIOSKO
O inicio da Xira dos Palcos da Música
¿E se pensáramos nos palcos como caixas de música, caixas escuras ou caixas para monicreques?
Os protagonistas: OS PALCOS
Unha constatación. A exitencia dun patrimonio arquitectónico en Galicia: os palcos. Estes foron durante moito tempo un dos principais referentes dunha das manifestacións da cultura galega: as festas. Ex: Palcos da Música, unha iniciativa popular de catalogación de palcos da música. Unha posibilidade. Este patrimonio, ademais do valor histórico, podería (e pode) proxectarse no presente a través doutras manifestacións culturais, producíndose a partires del, novas pezas en diferentes disciplinas. Ex: Music Boxes de Luís Díaz . Unha necesidade. As festas continúan vivas pero os palcos mortos. Parte deste patrimonio está en perigo debido a que prácticamente nunca son empregados para a función para a que foron construídos: tocar música. Deixándoos às veces abandonados e outras sendo incluso destruídos. Ex: Palco da Música de Aríns (SQC). Os beneficiarios: AS PARROQUIAS As 3.792 parroquias de Galicia e os seus habitantes. SondoKiosko escolle como artefacto para a acción un palco da música do concello de Brión (ex. o da carballeira de Santa Nimia en Pedrouzos) ou do concello de Teo para combinar estas dúas realidades das que falamos: por unha banda a recuperación e posta en valor dun patrimonio de seu (os palcos) a partires da creación dun documental que recolla a memoria histórica do palco, dos seus habitantes (parte do éxito da revalorización e novo uso dos palcos parte da implicación da comunidade no proceso) e do seu entorno; e por outra, a realización dun espectáculo musical (con grupos galegos) que, aparte de darlle un uso a ese patrimonio, lle ofreza unha actividade musical máis coa que encher e diversificar o seu programa das festas. Os vehículos: O DOCUMENTAL E A MÚSICA Documental e música pop (non folk) en galego:
Unha constatación. Os grupos galegos, ademais de non ter prácticamente difusión nos medios (públicos e privados), situación paliada en parte con internet, teñen grandes dificultades à hora de tocar ao vivo por mor da inexistencia dun circuíto profesional no país. Dúas necesidades. Os palcos precisan recuperar a súa memoria e seren reactivados dende o presente para o futuro mediante a documentación audiovisual e a “conservacción”. Os grupos precisan ingresos e lugares onde tocar. Segundo as características propias do palco éste poderase acondicionar para música, teatro, cine, danza, graffiti, circo, etc. mellorando as características técnicas para a produción en cada elemento. Algúns recórdannos pola súa tipoloxía, ás cámaras escuras que poderíamos destinar á proxección de audiovisuais; mentres que outros presentan unha tipoloxía arquitectónica aberta que poderíamos destinar a representacións teatrais ou intervencións de artes plásticas; e hainos que simulan caixas de música perfectos para unha mellora acústica.