A exposición está organizada polo Cabildo da Catedral e o Consorcio de Santiago e se complementa co Museo da Catedral, a poucos pasos do Colexio de Fonseca. Desenvólvese en nove ámbitos nos que, seguindo unha orde cronolóxica, abórdanse os principais fitos na historia da Catedral. O momento da consagración, o 21 de abril de 1211, convértese en punto de inflexión e ocupa un lugar protagonista no percorrido da exposición.