Querido Xoaquín

Page 1

Trigás, 12 de decembro de 2014 Querido Xoaquín : Se estás lendo estas letras é porque xa non estou aí contigo. Preguntaraste por qué o fixen, pero querido Xoaquín, hai cousas nesta vida que non teñen explicación. A vida pesábame nas costas como se dunha rocha se tratase, non podía máis. Pero non quero que o teu recordo de min sexa todo o que eu sufrín, xa que ti non tiveches a culpa. O meu amor por ti era moi intenso, só de soñar cun bico teu o mundo era para min soa. Verte cada día era coma ter un millón de bolboretas no meu estómago, querendo fuxir para abrazarte e bicarte. Sei que ti nunca me quixeches desta maneira, eramos bos amigos, pero para min eras o que me animaba a levantarme cada día e darlle unha oportunidade á vida. Espero que atopes un mozo que te faga feliz, que ilumine de vida eses teus ollos azuis, que te ame con loucura e que, sobre todo, che permita ser ti mesmo e non te cambie. Xoaquín, non deixes que ninguén che quite a túa vida, a túa vitalidade e a túa alegría. Espero que non me odies por facer isto, antes de irme precisaba dicirche o moito que me importabas e te amaba, xa que non tiven valor suficiente de dicircho á cara. Ámote, ameite e amareite sempre; aínda que non volva ver o teu rostro, sempre quedará gravado no meu corazón, agora parado e sen vida. Un bico de mel :

Marga


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.