REVISTA ESCOLAR CEIBE 2012

Page 1

Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXVI- Nº 27 | Curso Escolar 2011/2012

www.orecantodeleo.org


A

gora que está a rematar este curso escolar 2011/2012, chega o momento de que un novo número da nosa revista CEIBE vexa a luz.

É xusto neste momento de recortes, de inquedanzas, de incertezas..., no que despois de 26 anos, damos o salto á “era dixital” e abandonamos a edición impresa, para entregarche este número 27 deste novo xeito. O principal motivo que levou ao Equipo de Dinamización Lingüística a acordar esta decisión é a imposibilidade de facer fronte ao custo económico que supón. Pero ao mellor, foi a desculpa perfecta para facelo, xa que nos tempos que corren, onde o acceso a un ordenador está moi xeneralizado, pode ser que xa non tivera tanto sentido a revista impresa.

LIMIAR

Esperamos que a acollida entre o noso alumnado e as súas familias sega a ser a mesma que viñamos tendo, e que as posibilidades de difusión máis amplas que ten a versión dixital, espallen as nosas experiencias educativas moito máis aló do que imaxinamos. Entre as páxinas deste número 27 vos agardan as aprendizaxes, os traballos, os soños... dunha comunidade educativa que aspira a se superar curso a curso, e dar aos seus cativos un ensino propio do século XXI, da mellor calidade, e cos mellores medios ao noso alcance.


Sumario 4

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO - OS BOSQUES Fase de motivación, saídas, consulta con expertos, procura e tratamento da información, exposición do aprendido...

26

A VELLA LULULA “Nós tamén creamos”, concurso de curtas de animación organizado pola Secretaría Xeral e Política Lingüística, a editorial OQO e a TVG. Entrevistamos a Petra Coomans de Maktúbikan.

32

O RECANTO DE LEO 1º Premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas na Innovación e Dinamización das Bibliotecas Escolares, Selo Leer.es, 1º Clasificado no VI Premio Espiral de Edublogs e visita de Mark Taeger e Olalla González.

38

CONMEMORACIÓNS e SAÍDAS Samaín e Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da muller traballadora...

44

LETRAS GALEGAS Este ano homenaxeamos a... Valentín Paz Andrade.

46

PROXECTO VOZ NATURA Seguimos a estender a plantación de Racelo.


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO APRENDER A PARTIR DUNHA METODOLOXÍA SIGNIFICATIVA, INTEGRANDO AS NOVAS TECNOLOXÍAS E OFRECENDO AO RESTO DA COMUNIDADE OS RESULTADOS DA INVESTIGACIÓN

N

o curso escolar 2010/2011 comezamos a traballar empregando esta metodoloxía dos Proxectos Documentais Integrados, que tan bos resultados está a traer. Alfabetizar no acceso á Información (ALFIN) é o obxectivo principal.

Os PDI motívannos a procurar información en diversas fontes (orais e escritas) e en distintos soportes (libros, CDs, DVDs, internet...), construímos a aprendizaxe a partir do que xa sabemos, estruturamos a información para poder recollela logo en documentos que expoñer diante dos compañeiros... No noso caso, toda a escola desenvolve o proxecto ao tempo, cunha temática común (que cada ciclo concreta un pouco máis), e o fai pasando por unha serie de fases que nós xeneralizamos en: motivación, procura e tratamento da información, e exposición do aprendido.

4 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


A Biblioteca será a principal ferramenta para o seu desenvolvemento, pois profesores e alumnos atoparemos nela: documentos axeitados, elementos tecnolóxicos precisos, espazo de traballo, formación, organización... Trátase dunha “revolución” imparable dentro das dinámicas dos noso centro, que fai que toda a programación anual vaia xirando entorno a ela: conmemoracións, saídas, temáticas para outras actividades...

O Proxecto Documental Integrado está totalmente entroncado no noso proxecto educativo e o noso alumnado identifícao coma un dos xeitos de aprender que temos na nosa escola: máis motivador, que establece claras conexións entre o que xa saben e o que aprenden, que lles dá opción de empregar as novas tecnoloxías que tanto lles atraen, que lles achega ao coñecemento dun xeito ameno e divertido e que lles trae novas experiencias.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 5


OS BOSQUES 2011 “Ano Internacional dos bosques”; Voz Natura propón que esa sexa a temática do proxecto para o presente curso

L

ogo de rematar o pasado ano o PDI sobre “A auga” e aínda co bo sabor de boca por todo o experimentado, xa sabiamos que o tema a traballar no 2011/2012 ía ser “Os bosques”. Como xa aprenderamos o ano anterior, cada ciclo debía concretar un pouco a temática, porque ao ser tan ampla corríamos o risco de non nos centrar. “Bosques de conto, contos de bosque”, “O camiño dos esquíos”, “O sotobosque” e “O bosque autóctono”, foron as temáticas escollidas por Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo, respectivamente. A través de distintas actividades e dinámicas, fixemos o percorrido por toda a aprendizaxe que propiciaron: 1 mes de motivación, 5 meses de investigación e 1 semana de exposición do aprendido. O Ecoespazo “O Rexo” de Allariz, as Fragas do Eume e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, foron os lugares visitados. A Biblioteca expuxo os documentos cos que xa

6 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


contaba e as novas adquisicións, e serviu de lugar de traballo no que ver documentais, procurar información en distintos soportes, ter encontros con expertos, contar o que se aprendera... FASE DE MOTIVACIÓN Durante o mes de outubro desenvolvemos a fase inicial do proxecto: a motivación. É o momento de xuntárense no grupo e debater sobre o que queremos saber, baseándonos no que xa sabemos.

Ecoespazo “O Rexo”

“O día 19 de outubro, e para comezar co PDI Os Bosques, os nenos do segundo e terceiro ciclo fomos visitar As Fragas do Eume. Para empezar vimos un vídeo coa flora e a fauna do lugar. Despois fomos camiñando co guía, mentres nomeaba cada tipo de árbore. Nós sabiamos moitas cousas pero non tanto coma el. Contounos cousas sobre as follas e características desas árbores. A min pareceume interesante porque aprendín moito. Preténdese espertar no alumnado as gañas de aprender sobre o tema elixido: empregando películas, documentais, lecturas axeitadas, saídas a lugares especiais... Unhas veces na aula, outras unindo varias clases, procuramos ter distintos tipos de vivencias que nos conduzan ben estimulados á seguinte fase do proxecto.

E ademais tamén vimos algúns animais. Ángela Peón, Loti e máis eu collemos unha pequena ra que case esmaga unha rapaza. Logo botámola nunha poza.” Verónica 6º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 7


PROCURA E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN A segunda fase do proxecto; a que nos ocupa máis tempo, é a de investigación. O alumnado, logo de revisar no grupo cara onde quere encamiñar as súas pescudas, terá que procurar a información en diversas fontes documentais: libros, revistas, audiovisuais, recursos na rede, consulta con expertos, visitas a exposicións, experimentacións...

8 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]

A información obtida non pode quedar simplemente aí, polo que será recollida en traballos que poden ter soportes diversos: murais, redaccións, presentacións dixitais, ilustracións, maquetas, etc. Durante os meses que dura esta fase, entraremos no tema sen saber a ciencia certa ate onde nos levará; que sempre é moito máis aló do proxectado. Que sexan uns usuarios competentes dos recursos que a Biblioteca brinda daralles vantaxe.


As saídas escolares gañan importancia, engadíndolle á súa vertente lúdica o aspecto investigador

Aglaia 1º

“Tivemos unha excursión a Lourizán, na que vimos moitas árbores. Algunhas eran xigantes e tiñan o tronco moi gordo, outras viñan de moi lonxe. A que máis nos gustou foi unha que se chamaba Sequoia; esa si que era grande!!!! Había tamén unha cova con espellos e unha fonte. Despois merendamos e xa fomos para o colexio. Pasámolo moi ben. Gustaríame volver coa miña familia.” Paula 1º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 9


“Apadriñando árbores” (6º de Infantil) anotaron os cambios que ían experimentando. Antes diso tiveron que consultar o nome da árbore que apadriñaban, e anotar as súas particularidades: froito, follas, tronco, flor...

Durante o proceso de procura e tratamento da información, e en función da idade, diversos tipos de actividades conducen ao alumnado ao coñecemento de tódolos aspectos salientables que rodean o tema. Un exemplo sería esta actividades dos alumnos de 6º de Educación Infantil que, durante 5 meses, e logo de escoller cadansúa árbore, observaron e 10 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


“O caracol” (4º de Infantil) “Os nenos e nenas de educación infantil tamén traballamos ao redor do PDI: ‘Os bosques’. ‘Ilustración busca conto’ foi unha actividade pensada para todo infantil na que, a partir dunha imaxe diferente para cada aula (3, 4 e 5 anos), pero as tres sacadas do mesmo conto (O oso que amaba os contos), cada un de nós elaborou un conto coa axuda da familia. ‘O caracol’ é un proxecto que fixemos os nenos e nenas de 3 anos, a través do cal aprendemos características dos caracois: as súas formas, como son, que comen, como se desprazan, onde viven... Tivemos na nosa aula a Caracol, a Caracola e os seus curmáns que nos acompañaron ao longo do desenvolvemento do noso proxecto. Ímosvos ensinar algunhas cousas que fixemos: cancións, adiviñas, pulseiras de cunchas de caracol, caracois con pedriñas... e un biscoito-caracol. Para a súa elaboración empregamos un biscoito, galletiñas, barquillos, azucre glass e virutiñas de chocolate e de cores. Cando o rematamos fixemos unha festa e... queremos contarvos un segredo. A verdade é que estaba riquísimo!” Alumnos de 4º de Educación Infantil REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 11


“Os bosques celtas” (5º de Infantil) “Os nenos/as de 4 anos estiveron investigando sobre como era a vida dos celtas e a importancia que tiñan para eles os bosques. Eran os lugares sagrados nos que celebraban as súas principais festas e cerimonias. Ademais descubriron que cada un de nós era unha árbore segundo o día en que nacera e moitas outras cousas interesantes. Aquí nos amosan algunhas a modo de conto...”

12 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


Brian o trasgo... BRIAN O TRASGO Brian o trasgo ao bosque foi pasear e detrás dun arbusto.. mirade o que foi atopar! Pero que e iso que estou a ollar? Unha casa de pedra que de azul van pintar... chámase castrexa e é a casa dos celtas, se te achegas un pouco verás que ben queda! Brian o trasgo... Uns celtas que as pernas queren tapar... son uns pantalóns que acaban de inventar, ademais de bonitos o frío vanlle tornar! Brian o trasgo... Uns homes moi fortes que con armas van loitar... Non te preocupes van practicar Son un pobo guerreiro e deben adestrar!

Estes homes e mulleres moi adornados van... Pois claro, as xoias de ouro fan xa que moitas minas teñen deste metal! Brian o trasgo... Nunhas pedras grandes están a debuxar... non son debuxos o que están a pintar eles escriben facendo raias para poderse expresar! unha mesa chea de xente que se dispón a xantar … Brian o trasgo... E que aos celtas gústalles moito papar sentados ao lado dunha fogueira e comendo coas mans! Brian o trasgo... Unha festa no bosque van a celebrar... Estes celtas moi ben o van a pasar así que con eles queremos quedar!

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 13


“O camiño dos esquíos” (1º ciclo) Independentemente de que a temática escollida para o proxecto foran Os Bosques, e pareza que se preste máis a un traballo investigador de ciencias, ben podemos acabar aprendendo a tradición xaponesa do “Kamishibai” e ata lanzarnos a crear un.

14 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]

A interdisciplinariedade do PDI nos permite traballar tódalas áreas relacionándoas entre si. Tamén nos permite desenvolvernos en todo tipo de soportes, tanto dixitais como analóxicos.


“Ti si que podes” (1º ciclo) “Melendi é un esquío director de orquestra que vive en Andalucía por casualidade. Marchara de vacacións coa súa tía e nada máis chegar, esta morrera dun celebrar a súa chegada. Melendi quedou só sen saber que facer e desexando volver á súa casa de A Lama en Pontevedra. Sentado na pola dunha oliveira pensando que facer, atopouse con Bertín, un touro que fuxía a todo correr dos homes do San Xorguíns que o perseguían. Bertín era moi “medica” e estaba moi namorado da vaca de Osborne que, ao revés del, era moi valente e sempre andaba a pelexar polos dereitos e igualdade de xénero. Na súa carreira escornouse contra a oliveira onde estaba Melendi, que caeu enriba del. Pasado o primeiro susto, Melendi que é moi charlatán pregúntalle: - A onde vas con tanta presa? - Escapo dos homes que me queren levar ás festas de San Xorguíns para tourearme. - Tan grande e con tanto medo!! - É que non quero morrer, que estou namorado. Quero casar coa miña mociña que está en Galicia.” (Pódelo ler enteiro en www.orecantodeleo.org)

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 15


“Poesías do bosque” (2º ciclo)

“Ciertos animales, todos con alas A la gallinita ciega jugaban una vez: el águila, el búho y la paloma que hacen tres. La mariposa, la abeja y la mariquita, que hacen seis” Matías 3º

16 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


Sabela 4º

Vanesa 4º

Nenos e nenas de 2º ciclo investigaron sobre a flora e a fauna do sotobosque. No seu percorrido tiveron tempo para se inspirar e compoñer estes poemas que acompañaron coas correspondentes ilustracións. Roberto 3º REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 17


“Ibarrola na escola” (Educación Infantil) O ciclo de Educación Infantil fixo unha investigación relacionando “Os Bosques” coa arte. Nas súas pescudas “topáronse” co artista vasco Agustín Ibarrola, autor de “O bosque Oma”. Un conxunto de pinturas feitas en árbores.

18 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]

Durante a fase de motivación, visitaran a granxa “O Rexo” en Allariz, xunto á cal Ibarrola ten un conxunto escultórico e unha serie de pinturas realizadas coa mesma técnica empregada no famoso bosque vasco. Este encontro motivounos a reproducir na entrada da escola algunhas das pinturas: “El arcoiris de Naiel”, “Ojos del presente y del pasado” y “Homenaje al Greco”.


Algúns datos que aprendemos... AGUSTÍN IBARROLA “Nacín en Biscaia o 18 de agosto de 1930, agora teño 82 anos. Estudei en moitos lugares: Madrid, París...” O Bosque Oma “Atópase no Pais Vasco e é un espazo no que a arte se traslada á natureza. Este xeito de pintar chámase Land Art” Outras obras coñecidas - Os cubos da memoria (Asturias) - El bosque de los tótems (Madrid) - Viaje al infinito (Bilbao) - Ecoespazo do Rexo (Allariz)

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 19


“Este curso, no CEIP A Lama, traballamos nun Proxecto Documental Integrado que trataba sobre ‘Os Bosques’. Os nenos do 3º ciclo centrámonos nas árbores autóctonas de Galicia. Para desenvolver todo este proxecto buscamos información nalgúns libros, e tamén dedicamos un tempo semanal para traballar na aula de informática. Aí traballamos por parellas. Cada parella tiña unha árbore e un arbusto ou planta. Buscabamos información nunha páxina da Internet que se chama “Os ríos galegos”. Nela aprendemos moitísimas cousas que non sabíamos. Con toda esa información fixemos unas fichas onde aparecía todo dunha forma clara e ordenada: nome científico, nome galego, nome castelán, tipos, folla, tronco, flor, froito, interese... Ao rematar de facer as fichas, tamén fixemos unha gravación con toda a información. Gravamos o son co profesor Marcos. Ás veces tiñamos que repetir varias veces porque se escoitaba ruído das clases. Tamén fixemos outros traballos na clase. Descubrimos moitas cousas sobre as árbores que non sabíamos. Coidade os bosques!!!” Verónica, Ángela Peón, Loti e José 6º Primaria 20 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


“As nosas árbores” (3º ciclo) Como auténticos investigadores que son, o noso alumnado fíxose experto na materia na que andaban a traballar. O recoñecemento das distintas especies, o traballo co vocabulario técnico e autóctono, a clasificación, o descubrimento de curiosidades... foron algúns dos aspectos desenvolvidos nas fichas que cubriron. Quizais se lle acabou de dar forma coa elaboración do vídeo explicativo que empregaron para lles contar aos demais compañeiros da escola o aprendido sobre as árbores e arbustos de Galicia. Nesta creación audiovisual tiveron a oportunidade de experimentar como locutores das imaxes que nos amosaban.

Ficha técnica elaborada por un alumno de 3º ciclo

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 21


EXPOSICIÓN DO APRENDIDO É na terceira e última fase no desenvolvemento do Proxecto Documental, na que o alumnado prepara con moito mimo a presentación dos materiais elaborados durante a fase anterior (procura e tratamento da información). Se nesta última traballábamos con intensidade as competencias de Aprender a Aprender, a competen22 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]

cia do Tratamento da Información e a competencia Dixital, nesta última fase de exposición, potenciase a competencia en Comunicación Lingüística.

“Non chega con aprender, hai que saber compartilo cos demais”


REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 23


24 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


HISTORIA DUNHA ÁRBORE Son un carballo que vinte anos vivín no monte onde nacín ...cando de repente me cortaron e moitísimo me amolaron. Leváronme nun camión a unha fábrica de papel. Que emoción! Malláronme, batéronme e, axiña convertéronme en pastiña. Estiráronme e pasáronme o ferro e pasei a ser papel. Folla con folla moi pretas, convertéronme en libretas ...pero cando me remataron fun dar a un contedor, deses de SÓ PAPEL E CARTÓN! Noutro camión, moi apretado leváronme a unha fábrica de reciclado... E, cunha chea de aparatos, convertéronme en sementeiros moi baratos... Enchéronme de terra e logo piñóns sementaron e... Non o ides crer! Ata auga me botaron... ...logo foi pasando o tempo e moitas coma min medraron Púxenme mais contenta! Alumnos de 4º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 25


sobre o proceso de realización: adaptación, guión, toma de imaxes, programas de edición... foron algúns dos aspectos dos que falamos.

A VELLA LULULA “NÓS TAMÉN CREAMOS” - a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca este concurso de curtas de animación, coa colaboración da editorial OQO e a TVG.

O

pasado mes de marzo a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocaba o concurso “Nós tamén creamos”, para promover entre os escolares da nosa comunidade a creación de curtas de animación en galego.

A proposta consistía en adaptar un conto escollido de entre 15 seleccionados pola editorial OQO e rodalo coa técnica de “Stop Motion”. Previamente ao comezo do traballo, uns representantes da editorial viñeron ao centro para darnos un pequeno asesoramento 26 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]

A partir de aí comezou o proceso de preparación dos escenarios, o atrezzo, as roupas e personaxes...


REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 27


O proceso de toma de imaxes é moi laborioso, normalmente en cada plano precisas dunhas 12 fotografías por cada segundo de secuencia. Os movementos que se efectúen nos elementos que queres animar han de ser moi leves, para que logo non se aprecien grandes “saltos”. Todo o que modifiques accidentalmente no escenario parecerá que se move cando fas pasar as fotografías unha detrás doutra. 28 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


É importante unha boa banda sonora. As sensacións que xeran os efectos especiais de son, complementan á perfección ás imaxes e os textos. A música que escollemos está composta por Maktúbikan, dúo formado por Maureen Kinnear e Petra Coomans, esta última nai dun alumno do centro. Pódese ver en www.orecantodeleo.org

“A VELLA LULULA” Adaptación cinematográfica do libro “A Vella Lulula” de OQO editorial Texto de Mar Pavón Ilustracións de Alessandra Cimatoribus

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 29


Os seus compañeiros de clase prepararon esta entrevista que Petra teu a amabilidade de contestar. QUEN FORMA O GRUPO? Maureen Kinnear de Escocia e Petra Coomans de Holanda. QUE SIGNIFICA MAKTÚBIKAN? É unha palabra composta por nós,"Maktub" o nome co que comezamos significa "está escrito" (árabe) e engadimos "Jikan" que é o nome budista de Leonard Cohen, que significa: "o silencioso". Así que xunto é algo así como: "Está escrito en silencio"

MAKTÚBIKAN ENTREVISTAMOS A… PETRA COOMANS Texto: Alumnos de 6º curso Fotos: Juan Carlos Zamora Tamayo

O

pasado mes de maio estreamos a adaptación para curta de animación do conto “A Vella Lulula” (Texto de Mar Pavón, Ilustracións de Alessandra Cimatoribus) editado por OQO, que participa no concurso “Nós tamén creamos”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Para a banda sonora escollemos a música de Matúbikan, primeiro porque nos gustou moito e pareceunos moi axeitada, e despois porque unha das súas compoñentes é Petra Coomans (esquerda), nai de Kourosh, alumno de 6º curso do noso cole.

30 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]

CANTO TEMPO LEVADES TOCANDO XUNTAS? En todo xa uns 8 anos. CANTOS INSTRUMENTOS TOCADES E CALES SON? Tocamos máis do que usamos no grupo, xa que se non facíanos falla un camión, pero en concertos Maureen, leva a súa guitarra acústica, un pau de chuvia e uns pratos de cociña, e os toca por suposto, e a súa voz é o que mellor toca…!!!


Eu toco un set de percusión feito por min para poder tocar de pé, o saxo soprano, frautas, unha guitarra española, o “didjeridoo”, e canto. QUE VOS ANIMOU A FORMAR O GRUPO? A fluidez coa que se traballa, capaces de crear en conxunto e no momento (isto chámase improvisar). Temos "escrito" cancións no coche indo a unha actuación para tocalas despois diante do público por primeira vez. Cargámonos de enerxía xuntas tocando, e aínda que tivemos momentos estancados, non nos cansamos do que facemos.

COMO VOS DESPRAZADES CANDO IDES DE XIRA? Imos en un coche, cabemos con todos os instrumentos “aínda”, e as veces co meu fillo e o equipo de son incluído... COMO SE PODE ADQUIRIR A VOSA MÚSICA? En concertos vendemos os cd's que gravamos, ou a través do noso enderezo electrónico. Os nosos cd's están decorados por Zamotamay e aínda que permitimos a copia, paga a pena ter o orixinal, todo completo por 10 euros, apoiando así aos músicos. QUE ESTILO TOCADES? A verdade é que non o queremos definir para deixalo libre, pero nos teñen suxerido “ETNO-BLUES” (palabra inventada). ETNO: porque nos gusta viaxar e incluír as influenzas que nos teñen inspirado nos países por onde pasamos de varias etnias, e BLUES pola voz de Maureen que tira a ronca… Pero non ten nada que ver co blues, algo de folk tivo, pero xa cada vez menos. Estamos abertas ás definicións alleas... SODES MOI POPULARES? Onde nos coñecen, SI!!!

DADES CONCERTOS FÓRA DE GALICIA? Si pasou, aínda que non o buscabamos, xurde, coma tódolos bolos. Teño que admitir: iso é Maktub, “Se está de vir... virá”. Aínda que eu "en silencio" penso que hai que preparar o camiño un pouco para que xurdan as cousas. Interactuar co destino en xeral (é fascinante). TENDES PÁXINA WEB? Eu teño unha persoal onde hai algo do grupo tamén, pero crearemos unha conta en Facebook pronto... e temos un mail: maktubikan@hotmail.com

COLABORA CON VÓS ALGÚN OUTRO MÚSICO? As veces temos feito conxuntos espontáneos, para casos especiais ou gañas de ampliar, pero vímonos perdendo a liberdade… É máis sinxelo sendo dúas. QUERERÍAS ENGADIR ALGO MÁIS A ESTA ENTREVISTA? Grazas por empregar a nosa canción na vosa xenial curtametraxe. Chapeau!!! Moitas grazas Petra por responder ás nosas preguntas e transmítelle as grazas tamén a Maureen pola vosa música.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 31


O RECANTO DE LEO CONSOLIDACIÓN DUN PROXECTO

C

Despois de 4 cursos cunha dirección ben clara cara onde tirar, e logo de moitos esforzos, pensamos que os nosos obxectivos se viron cumpridos con creces, aínda que xa que estamos aquí non lle imos poñer meta.

http://www.unesco.org/webworld/libraries/ manifestos/school_manifesto_es.html#0

Queremos que o proxecto non se estanque, aínda que tamén sabemos do importante de deixar afianzado o traballo realizado. O paso do tempo nos levará a outras dinámicas coa pretensión de seguir innovando e poder servir de axuda á nosa Comunidade

ando no ano 2008 comezabamos o proceso de transformación da nosa Biblioteca Escolar, e iamos dando pequeniños pasos cara un modelo máis acorde coas recomendacións da UNESCO do que debería aspirar a ser, non imaxinabamos, nin de lonxe, poder chegar a dispor na nosa escola dos recursos que 4 anos despois nos ben brindando.

32 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


A AUGA: UN PROYECTO DOCUMENTAL INTEGRADO O recanto de Leo, CEIP A Lama, de Pontevedra. “El agua es el tema del proyecto de investigación impulsado este curso dentro del plan anual de biblioteca de centro. Salidas del centro, experimentos, búsqueda de información, exposiciones… Un Proyecto Documental Integrado (PDI) bien planificado y desarrollado.” www.leer.es (xullo 2011)

Educativa e á Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, que tanto nos aportou a nós tamén. COMEZAN A CHEGAR OS RECOÑECEMENTOS Case sen acabar de crérnolo, en xullo de 2011, recibimos unha moi boa nova do Ministerio de Educación: o espazo leer.es acababa de concedernos o seu selo de Boa Práctica Lectora polo PDI “A Auga” desenvolvido no curso escolar 2010/2011. Aínda que a nosa experiencia en Proxectos Documentais reducíase a ese (era o primeiro e nós non deixabamos de ver erros de metodoloxía, moitísimas cousas que mellorar...), alguén, fóra da nosa Comunidade Educativa, valorábao coma unha experiencia educativa a destacar. Se xa o tiñamos claro, con este pulo aínda máis, e por suposto que as nosas aspiracións para o segundo proxecto “Os Bosques” subirían uns pasos.

NOVO CURSO, NOVAS METAS No noso afán de seguir avanzando no desenvolvemento do Proxecto, comezamos o curso 2011/2012 cheos de ánimo para rematar de consolidar as dinámicas e actuacións comezadas durante os últimos tres anos. Co que non contabamos era con que a finais de novembro volveriamos ter unha comunicación do Ministerio de Educación, esta vez para anunciarnos que nos fora concedido o 1º Premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas na Dinamización e Innovación das Bibliotecas Escolares, e agora xa si que... non cabiamos dentro! A aposta feita tres anos atrás polo modelo de biblioteca que dispoñemos, era merecedora de tal galardón. Somos coñecedores que hai moitísimas realidades

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 33


coma a nosa que están desenvolvendo un magnífico traballo, e desde aquí queremos facerlles extensivo este premio. Moitos centros nos que nos temos fixado, para aprender e para inspirar o noso deseño de Biblioteca, das súas dinámicas e da súa organización. Esa é a principal riqueza das Bibliotecas Escolares Galegas.

Reproducimos do BOE a explicación do primeiro premio: “En la modalidad a) correspondiente a los Centros de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial y Educación de Personas Adultas los siguientes premios: – Un primer premio dotado con 14.000 euros al centro: CEIP A Lama, de A Lama (Pontevedra), por haber convertido la biblioteca en un recurso de primer orden al servicio del currículum y del proyecto educativo del centro, favoreciendo el desarrollo de las competencias básicas a través de un espacio multimedia bien organizado, gestionado y adaptado a las necesidades de la comunidad escolar.”

PARECE QUE NON HAI DOUS SEN TRES E por se fora pouco, www.orecantodeleo.org, quedou 1º Clasificado no VI Premio Espiral de Edublogs, na categoría de Bibliotecas Escolares. Na edición deste ano presentáronse máis de 1.800 blogs de 19 países entre tódalas modalidades.

34 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 35


VISITÁRONNOS MARK E OLALLA

P

ara festexar que nos concederan o premio da biblioteca organizamos unha serie de actividades no colexio. Unha que nos trae un recordo moi especial é o encontro de animación á lectura que tivemos con Marc Taeger e Olalla González, ilustrador e contadora de contos, autores de diversos títulos publicados por Kalandraka. Unha tarde chea de sorpresas e con agasallos tan especiais como as dedicatorias dos libros que tiñamos deles na biblioteca, a sinatura no libro de firmas, e as incribles ilustracións de Marc que agora engalanan un dos accesos á Biblioteca. Cristina 2º 36 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 37


CONMEMORACIÓNS E SAÍDAS ESCOLARES OUTRO XEITO DE APRENDER

A

o longo do curso sucédense unha serie de conmemoracións, actos, saídas escolares... que o que veñen é a complementar as aprendizaxes máis cotiás.

Día das Bibliotecas Escolares, Samaín, Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Día das Letras Galegas... son algunhas das efemérides que conmemoramos. 38 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


A GRANXA DO REXO “Un día fomos de excursión a unha granxa que se chama O Rexo. Fomos merendar a un sitio onde estaban unhas pedras pintadas de moitas cores. Eran moi bonitas e os rapaces subímonos nelas e xogamos un montón. As profes dixéronnos que as pintara Ibarrola. No Rexo había un carneiro que se chamaba Manolito, que de pequeno estivera moi maliño e case morre. Agora é moi grande e manso. Tamén había un can de raza mastín leonés grandísimo que coidaba ás ovellas pero estivo atado mentres nós estivemos por alí, aínda que como era tan bo, deixáronnos tocalo. Fomos visitar onde facían o queixo co leite das ovellas. Cando terminamos a visita déronnos a probar o queixo. Estaba tan bo que eu comprei un!” Carlota 2º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 39


ENTROIDO O Entroido é unha das conmemoracións máis agardadas polos nosos alumnos. Dende o curso pasado relacionamos os nosos vestidos co PDI. Este ano tiñan que ver todos co bosque: mouchos, esquíos, árbores e gnomos, encheron de cor as rúas da nosa vila.

Nerea 5º

40 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]

Logo pola tarde, tivemos o baile onde cada un puido seguir empregando o traxe da mañá ou lucindo un para a ocasión.


María 5º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 41


“A PANTASMA DO PALCO” “Hoxe chegamos ao colexio, deixamos as mochilas, e fomos a Pontevedra en autobús, para ver unha obra de teatro que se titulaba “A fantasma do palco”.

Foi moi agradecida a experiencia. Moitos dos nosos alumnos nunca foran ao cine e as caras de ledicia dicíano todo.

Trataba de que había cinco músicos que querían tocar e estaban buscando un escenario, e viron un onde vivía unha pantasma. Gustoume moito porque tocaban moi ben.” Diego 1º

“Fomos a ver unha peli en 3D; moitos compañeiros nunca foran ao cine”

TEATRO E CONCERTOS DIDÁCTICOS Estas saídas bríndannos oportunidades de aprendizaxe e goce coa cultura que nun concello pequeno como é A Lama dificilmente poderiamos ter. Para agasallar aos nosos alumnos por todo o traballo feito para conseguir o premio da biblioteca, Leo convidounos a ver unha película en 3D. 42 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


“O rastro solidario recada fondos para unha ONG”

DÍA DA PAZ SOLIDARIO Coma no ano anterior o Día da Paz celebramos un rastro solidario relacionándoo coa temática do PDI. Se en 2011 os cartos foron para o proxecto “Gotas de auga para Níxer”, este curso entregámosllos á asociación “Ridimoas” de Ribadavia. O seu proxecto consiste en aumentar e protexer o bosque autóctono, mercando terreo para facer crecer a súa fraga. Os produtos vendidos están elaborados polo alumnado do noso colexio, con e sen axuda das familias, e tamén nas clases de plástica. REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 43


DÍA DAS LETRAS GALEGAS VALENTÍN PAZ ANDRADE

O

17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Como é festivo e non temos clase, na escola programamos as actividades para o día 18.

A figura homenaxeada este ano foi Valentín Paz Andrade, galeguista, empresario, escritor, nacido en Pontevedra, na parroquia de Lérez no ano 1898. As actividades para ese día consistiron en traballar nas aulas a efeméride e a biografía do autor, e preparar as intervencións que logo terían pola tarde no 44 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]


VALENTÍN PAZ ANDRADE Naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril en 1898. Foi fillo de Francisco Paz Cochón. Fixo os estudos de bacharelato na cidade de Pontevedra e estudou Dereito en Compostela, onde coincidiu con numerosos intelectuais galegos: Castelao, Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Luís Peña Novo... Foi membro do Partido Galeguista e nomeado secretario en 1934. Anteriormente fora candidato a deputado nas Cortes, aínda que non sairá elixido. Dende moi novo dedicouse a escribir en xornais e revistas como a “GACETA DE GALICIA” chegando a dirixir, durante cinco anos, o xornal “GALICIA”, aínda que seguiu colaborando noutros xornais e revistas galegas de Madrid. Traballou como avogado de moitas empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas de pesca en Galicia e no mundo. Colaborou, xunto con outras persoas, na creación da empresa Pescanova, dedicada á pesca e conxelación de peixes en mares moi afastados de Galicia, así como na publicación de numerosos libros e traballos sobre a industria pesqueira galega mundial. Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está dedicado ao seu amigo Alfonso D. Rodríguez Castelao, e leva por titulo “Pranto Matricial”. Máis tarde escribiu “Sementeira do vento” e “Cen chaves de sombra”. Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias e galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis polo seu traballo en prol de Galicia, da súa cultura e do seu idioma. Estivo preso por escribir nos periódicos comentarios que non lle gustaban á xente. Finou en Vigo no ano 1987. Marcela 4º

acto de todo o centro na Biblioteca. Recitaron poesías, leron datos sobre a súa vida... Para decorar o espazo empregamos as láminas elaboradas polos alumnos do colexio ADR Castelao de Rianxo.

Tamén contamos co traballo de Marcela de 4º de primaria que nos fixo un achegamento á vida do homenaxeado aportándonos unha chea de datos biográficos.

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 45


PLANTAMOS EN RACELO PROXECTO VOZ NATURA

U

Cando chegamos alí, un home moi amable e e o seu funcionamento. Ao rematar a explic buratos para que despois nós plantáramos as

Unha vez feito todo o traballo, fomos come gamos. De novo no cole, déronnos uns agasallos.

n ano máis, dentro das actividades programadas para o desenvolvemento do Proxecto Voz Natura, fomos á área recreativa de Racelo.

Como non, o obxectivo non era outro que plantar máis árbores naquela zona que noutros tempos fora un vertedoiro ilegal de escombros e lixo.

Cristina 2º

46 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012]

“O día 2 de marzo, como tódolos anos, fomo va de Racelo.

Pasámolo moi ben!”


os plantar árbores á área recreati-

ensinounos un coche de bombeiros, cación, regaron coa mangueira uns s árbores.

er á praia fluvial, onde tamén xo-

Andres Boullosa 6º

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2012] 47


Aqueles marabillosos anos...

A revista escolar “Ceibe” está editada polo Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP A LAMA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.