Formación de usuarios (Docentes)_2

Page 1

BIBLIOTECA ESCOLAR

CEIP A LAMA Xornada de

Formaci贸n de Usuarios (Docentes)


A ONDE VAMOS? Continuando coa presentación do Plan Anual de Fomento da Lectura concretamos as primeiras actividades e actuacións a desenvolver:

PLAN ANUAL DE LECTURA

24 de outubro “DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES” “Decobiblio” Facer do recanto da aula onde se gardan os libros da Biblioteca un lugar atractivo, que chame a atención do alumnado, que invite á lectura, que ensine as normas da Biblioteca, que axude á Hora de Ler, que sexa acolledor, que se vexa organizado, que explore a creatividade… “Que é unha Biblioteca para ti?” Pulsar, a través da creación literaria, que concepto ten o noso alumnado do que é unha Biblioteca. Este ano o estilo a empregar será a Banda Deseñada. Haberá que traballar os distintos códigos que acompañan aos textos: viñetas, bocadillos, onomatopeas, debuxos… O escenario será a nosa biblioteca, pero a historia que aconteza nela pode ser inventada.


CANDO PRESENTAMOS? O día 24 pola tarde verase na Biblioteca, unha recompilación de fotos dos recantos das aulas, polo que terán que estar rematadas o xoves, 20 para tomar as imaxes e preparar a presentación. Cada equipo de mestres dunha aula deberase por de acordo para desenvolver os traballos cos alumnos. Dado que as aulas (a excepción de EF e Orientación) teñen recanto de lectura dedicado aos nenos, todas participarán desta actividade. Os traballos de banda deseñada, nos seus distintos soportes, serán presentados a continuación por cada aula para todo o colexio. A idea é que o escenario sexa a nosa biblioteca, pero a historia que aconteza nela pode ser inventada. O produto será un traballo feito en grupo por toda a clase, onde cada quen aporte o seu grao de area.

PLAN ANUAL DE LECTURA


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO Proxecto Pequeno traballo de investigación no que o alumnado traballa directamente coa documentación, aprendendo a aprender e a traballar autonomamente. Documental A multitude de soportes fai que a información se atope nunha variedade ampla de tipos de documentos. Alfabetizar na procura de Información (ALFIN) e o seu tratamento é unha das Competencias Básicas presentes no currículo. Integrado Promóvese a implicación de tódalas áreas e de todo o profesorado, así como o resto da comunidade educativa, polo que estará integrado nas distintas programacións a elaborar polos docentes.


FASES DO PDI

1ª Motivación 2ª Procura e Tratamento da Información 3ª Exposición do aprendido


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO FASE DE MOTIVACIÓN (1º MES) Actividades e dinámicas encamiñadas a espertar o interese do alumnado no tema que se vai traballar. - Debates no grupo sobre o tema escollido - Exposición de documentos na biblioteca - Saídas para motivar a investigación… Que conseguiremos: - Detectar os coñecementos previos - Realizar un índice do que queremos investigar (ACOTAR) - Sinalar fontes de información - Programar actividades…


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO FASE DE PROCURA E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN (novembro a febreiro) - Buscamos nas fontes: Orais Escritas Audiovisuais Gráficas Internet Biblioteca: pública e cole. Casa (familia) - Analizamos a información e reflexionamos sobre o investigado. - Plasmámolo en traballos: murais, PowerPoint, mapas conceptuais, vídeos, diferentes estilos de textos (carta, poesía, expositivo, teatro…), creación de museos, maquetas, dossier, blog…


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO FASE DE PRESENTACIÓN (determinaranse as datas para marzo) - É o final do PDI - Comunícase o aprendido - O formato pode e debe ter conexión directa co escollido para os traballos - Ensaiarase a presentación para que a mensaxe chegue o máis “nítida” posible aos receptores (resto da comunidade) - Terá lugar na Biblioteca podéndose contar con todos os elementos tecnolóxicos que se precisen: ordenador, proxector, micrófono, lector de DVD, paneis, guiñol…


ITINERARIOS LECTORES Proposta do Equipo de Biblioteca á Comisión de Coordinación Pedagóxica para que cada equipo de ciclo elabore un itinerario lector. O obxectivo destes itinerarios é que o alumnado, ao rematar cada ciclo teña lido canda menos, determinados textos escollidos. Os criterios de selección poderían contemplar que: - Se traballen distintos estilos literarios (poesía, biografía, narrativa, teatro…) - Estean representados determinados autores (recoñecidos) - A complexidade das lecturas sexa acorde coa idade - Enganchen aos nosos alumnos na lectura - Se manexen edicións especiais


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.