BIBLIOTECA ESCOLAR
CEIP A LAMA Xornada de
Formaci贸n de Usuarios (Docentes)
ITINERARIOS LECTORES O obxectivo destes itinerarios é que o alumnado, ao rematar cada ciclo teña lido canda menos, determinados textos escollidos. As claves para a súa elaboración:
- Son seleccións de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función dos obxectivos recollidos no Proxecto Lector de Centro. - O itinerario lector debe favorecer a adquisición da competencia lectora do alumnado. - Son os libros que “NON QUEREMOS QUE SE PERDA O NOSO ALUMNADO” - O listado debe ser aberto, flexible e revisable, para acoller novidades de interese e lecturas “xeracionais”, ao tempo que retirar títulos que non “funcionan”
Os criterios de selección poderían contemplar que: - Se traballen distintos estilos literarios (poesía, biografía, narrativa, teatro, cómic, textos expositivos, informativos, dixitais, lectura de imáxes…) - Estean representados determinados autores (recoñecidos) - A complexidade das lecturas sexa acorde coa idade - Enganchen aos nosos alumnos na lectura - Se manexen edicións especiais - Sexan clásicos da literatura e tamén grandes novidades - Dominen a lectura en diferentes idiomas
Para que estes textos cheguen a eles podemos ter en conta diferentes canles ou dinámicas : - As Mochilas Viaxeiras - Na Hora de ler - Pedilos como material do propio alumno - Solicitar a súa adquisición ao centro e aproveitar os que xa existen - Facer fincapé nas recomendacións lectoras temáticas - Pedir ás editoriais que faciliten certos títulos - Intercambios con outros centros destes materiais
Propoñemos… Na próxima xuntanza do mes de Marzo ter cerradas estas listas nos distintos ciclos para poder incorporalas ao Proxecto Lector de Centro.