BIBLIOTECA ESCOLAR
CEIP A LAMA Xornada de
Formaci贸n de Usuarios (Docentes)
CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL - CDU Que é?
É un sistema de clasificación numérico que nace da necesidade de organizar os fondos dunha biblioteca.
Dewey foi o seu creador en 1876 pero foi revisado por Paul Otlet e Henri La Fontaine entre 1904 e 1907 que lle deron o nome actual. Dende entón foi numerosas veces revisado e sempre demostrou ser un sistema flexible e efectivo para ordenar os fondos. É universal xa que deste xeito calquera usuario poderá defenderse nestes espazos e poder acceder autonomamente á información e cultura.
Esta clasificación divídese en 10 campos principais. 0 - Xeneralidades 1 - Filosofía 2 - Relixión 3 - Ciencias Sociais 4 - Libre 5 - Ciencias exactas e natureza 6 - Ciencias aplicadas 7 - Arte, música, deportes e ocio 8 - Lingua e literatura 9 – Xeografía, biografía e historia
Cada gran grupo pode ser subdividido en outros 10 e así sucesivamente de xeito ilimitado, en función das necesidades de cada biblioteca.
Na realidade da nosa biblioteca o «Equipo B» define así a CDU que se pode consultar sempre no blog!
Estes campos están subdivididos nas seguintes subcategorías: CÓDIGOS DA CDU CEIP A LAMA 0 – xeneralidades, dicionarios, enciclopedias 1 – pedagoxía, didáctica 1I – Materiais didácticos inglés 5 – ciencias exactas e naturais – observar a materia 5A – animais 5P – plantas 6 – ciencias aplicadas, curar fabricar 6C – corpo humano 7 – ocio, entretemento 7C – cine 7X – xogos 7M – manualidades 7MU – música 7EF – educación física 8 –literatura 8C – cómic 8I – inglés 8P – poesía 8T – teatro 9X – Xeografía 9H- Historia 9B- Biografía
www.orecantodeleo.org