Recomendaciones lectoras para o período de adaptación

Page 1

Lecturas para o per铆odo de adaptaci贸n


Chegar por primeira vez a un lugar novo, con

tantas caras novas, non é doado para ninguén; e menos para os máis cativos.

Coñecer ese lugar e chegar a pasalo ben é un

proceso que a cada neno lle leva o seu tempo, por iso é tan importante o período de adaptación.

Durante este período cada familia debe crear

vínculos fortes, non só cos docentes que estarán ao cargo dos seus fillos, senón tamén cos seus propios nenos, e que mellor xeito que a través dun conto!!


O Equipo de Biblioteca do CEIP A Lama quere

axudarvos nesta tarefa por iso vos propoñemos algunhas lecturas que son moi interesantes.

Lembrade que moitos deles están na nosa Bi-

blioteca e que está aberta tamén para as familias.

ESPERAMOS QUE VOS AXUDE!


IAGO VAI A ESCOLA

BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP A LAMA

EDITORIAL: TAMBRE

Este álbum ilustrado cóntanos, con pouco texto e vistosos debuxos cheos de cores, o que lle acontece ao neno protagonista o seu primeiro día de clase. unha historia sinxela, coa que o lector pode identificarse facilmente, rir e descubrir que outros pensan e senten o mesmo ca el.


EMMA VA AL COLEGIO

Como lle vai a gustar ao neno ir o cole por primeira vez se iso supón deixar a papá e mamá? Esta é a pregunta de partida deste conto que pretende facerlles ver aos nenos que, aínda que é difícil, o cole é un lugar onde aprender e pasalo ben!

BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP A LAMA

EDITORIAL: SM


BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP A LAMA

NO QUIERO IR A LA ESCUELA EDITORIAL: CORIMBO

Había unha vez un coelliño moi pillo, que cando a súa nai lle dixo: “ mañá é o teu primeiro día de escola, cariño!”, el asustado contestou: “nin falar!”…. Conseguiron chegar a un acordo, se queredes saber como, teredes que ler este divertido conto !


EN LA ESCUELA

Vistosos debuxos representan diferentes escenas que poden ter lugar na escola: no patio, na entrada, na aula… en cada unha destácanse as cousas máis representativas acompañadas co vocabulario correspondente coa fin de familiarizar ao neno co novo espazo que vai a coñecer.

BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP A LAMA

EDITORIAL: EDELVIVES


Lémonos en… www.orecantodeleo.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.