guión

Page 1

SEMANA DA CIENCIA:  ALUMNO 1 - Colocar ós alumnos ao redor da mesa na que realizaremos a actividade. Establecer normas: para falar levantar a man e estar atentos porque haberá preguntas para resolver un rosco de pasapalabra ao final da actividade. Elixir un portavoz.

PRESENTACIÓN – ALUMNO 1

- Somos os alumnos de CIENCIAS DE 2º BAC e imos presentar un proxecto englobado no ámbito das competencias científico-tecnolóxicas que este ano xira en torno A TÁBOA PERIÓDICA E O PROXECTO DESCONÉCTATE que como sabedes é o intento que está facendo toda a comunidade educativa para facer un uso responsable dos teléfonos móbiles.

-

Presentación do panel que temos exposto no hall:    

primeira táboa periódica publicada en 1869 polo químico ruso Mendeléyev. táboa actual elementos máis abundantes no ser humano e na Terra. infografía mostrando os elementos químicos máis abundantes nos teléfonos móbiles.

-

Presentación dun vídeo elaborado polos alumnos de 2º ESO no que explican a orixe etimolóxica tan variada que teñen os nomes dos elementos da táboa periódica (orixe mitolóxico, nomes dedicados a persoas, topónimos, referencia a cores...) Moitos dos nomes veredes que proceden do grego ou do latín. O vídeo inclúe os 24 elementos máis abundantes nos seres vivos e na Terra.

-

Presentación do xogo elaborado polos alumnos de PMAR na materia de Fª e Qª impartida pola profesora Nuria S.

-

Desenvolvemento de tres breves prácticas ou experiencias:

. PRÁCTICA 1: osmose . PRÁCTICA 2: reaccións que producen CO2 . PRÁCTICA 3: análise de densidades en distintos materiais: a diferenza de densidades entre o medio líquido e o obxecto fai que este descenda ata atoparse cun medio de maior densidade.

-

Pasapalabra


 PRESENTACIÓN DO PANEL: 

Primeira táboa periódica publicada en 1869 polo químico ruso Mendeléyev (150 ANIVERSARIO): colocou nesa táboa todos os elementos coñecidos naquela época, inicialmente con 63 elementos, ordenándoos segundo as propiedades que aparecían con certa regularidade. Dispuxo os elementos desde o máis lixeiro ao máis pesado - os que eran pertencentes a unha mesma familia aparecían na mesma liña vertical - os elementos estaban en orde crecente das súas masas atómicas Foi o único naquel momento capaz de sinalar as deficiencias nesa primeira táboa, e predicir que debían existir algúns elementos descoñecidos con certas propiedades adecuadas para encher eses baleiros. Polo seu traballo, Mendeléyev foi recomendado para recibir o premio Nobel de Química en 1906 pero finalmente foi pasado por alto. Logo da súa morte, nomeouse o elemento radioactivo número 101, mendelevium, en homenaxe a el.

-

Táboa actual: os elementos químicos aparecen ordenados polo seu número atómico (número de protóns), pola configuración dos seus electróns e as súas propiedades químicas en: 7 filas horizontais chamadas períodos (segundo a súa última capa electrónica) 18 columnas verticais chamadas grupos (formados por elementos con propiedades químicas similares). Algúns grupos reciben nomes propios: metais alcalinos, metais alcalino terreos, metais de transición, boroideos, carbonoideos, nitrogenoideos, anfíxenos, halóxenos e gases nobres.

 Elementos máis abundantes 1. Na Terra: na biosfera (zona da Terra onde se desenvolven os seres vivos) distínguense tres partes: litosfera (é sólida e pode ser continental u oceánica), hidrosfera (auga líquida ou xeo) e atmosfera (capa de aire que cubre a Terra). Os elementos máis abundantes nesas tres capas son: O (53,3%), Si (15,9%), H (15,1%), Al (4,8%), Na(1,8%), Fe (1,5%), Ca (1,5%) e resto de elementos (6,1%) 2. No ser humano: o 99% dos átomos que forman o noso corpo son: H, O, C y N. O Hidróxeno e Osíxeno forman entre o 65% y 75% da masa dunha persoa en forma de H 2O. Tamén destacan o Ca e o P. Os oligoelementos son elementos químicos que se atopan en cantidades mínimas pero que son indispensables para a vida. Ex: Co, Fe, Zn, F... 

Infografía mostrando os elementos químicos máis abundantes nos teléfonos móbiles clasificados segundo a parte do dispositivo que ocupen (pantalla, batería...). Mencionar que a tradución desta táboa a fixo o alumnado de inglés coa axuda da profesora Manu Balsa.

ELEMENTOS DUN SMARTPHONE PANTALLA : O óxido de Indio e Estaño utilízase nunha película transparente na pantalla que conduce a electricidade.

Isto fai que a pantalla funcione como unha pantalla táctil. O vidro utilizado na maioría dos smartphones ( teléfonos intelixentes) é un cristal aluminosilicato, composto por unha mestura de alúmina e sílice. Este cristal contén tamén ións de potasio, que axudan a fortalecelo. Unha variedade de compostos de elementos de terras raras úsanse en pequenas cantidades para producir as cores da pantalla do Smartphone. Algúns compostos utilízanse tamén para reducir a penetración da luz ultravioleta no teléfono.

BATERÍA : A maioría dos teléfonos usan baterías de ións de Litio, compostas de óxido de cobalto e litio como eléctrodo positivo e grafito (carbono) como eléctrodo negativo. Algunhas baterías utilizan outros metais , como o manganeso, en lugar de cobalto. A carcasa da batería está feita de aluminio. Algunhas carcasas son unha aliaxe de magnesio, mentres outras están feitas de plástico. O plástico incluirá tamén compostos retardantes de lume, algúns dos cales conteñen bromo. O níquel pode incluírse para reducir a interferencia electromagnética.

ELECTRÓNICA: O cobre utilízase para o cableado do teléfono. O cobre, o ouro e a prata son os principais metais dos

compoñentes microeléctricos. O Tantalio é o compoñente máis importante dos microcondensadores. O níquel úsase no micrófono e noutras conexións eléctricas. Aliaxes de praseodimio, gadolinio e nedimio utilízanse nos imáns, no altofalante e no micrófono. O neodimio, o terbio e o disprosio forman parte do dispositivo de vibración. Os chips do teléfono de fabrican con silicio, que se oxida para producir zonas non condutoras. Engádense ademais outros elementos para permitir que o chip conduza electricidade. O estaño e o chumbo úsanse para soldar a electrónica no teléfono. As novas soldaduras libres de chumbo utilizan unha mestura de estaño, cobre e prata.


 PRÁCTICA 1: ALUMNO 2 

Observación de fenómenos osmóticos en células vexetais:

-

XUSTIFICACIÓN: supoño que a maioría da xente coñece a típica historia do náufrago que, tras días nunha barca sen comida nin bebida, deciduo beber auga do mar, e morreu ao pouco tempo. O que quizais non todos sabemos é que, ironicamente, ao beber auga de mar, morremos deshidratados. Van ben encamiñados os que pensan que ten que ver coa concentración de sal da auga mariña. Porque debido a esta, e ao proceso de osmose, pérdese a auga nas nosas células. Dous átomos da táboa, o Na e o Cl, combinados mediante unha ligazón forman o NaCl ( cloruro sódico) cuxa concentración é de vital importancia nas nosas células e no medio que as rodea. As nosas células teñen unha membrana semipermeable. Isto quere dicir que permitirá pasar só a determinadas substancias. A auga é unha destas substancias que non teñen dificultades para cruzar a membrana. Pois ben, unha das propiedades das células do noso corpo é que realizan a osmose. E que é a osmose, preguntárdesvos. O paso de auga desde a zona con menos sal á zona con máis sal. Verémolo claramente nas células vexetais posto que os seus vacúolos nun medio con pouco sal (auga destilada) ínchanse ( turxencia) e con todo se engadimos sal ao medio, o vacúolo expulsa auga e engúrrase (plasmolise). E desta forma, teremos unha célula deshidratada. - MATERIAL : portaobxetos, cubreobxetos, auga destilada, disolución de sal común, bisturí, pinzas, agulla enmangada, dous vasos de precipitados, dous contagotas, microscopio, cámara, computador portátil. - DESENVOLVEMENTO: poñer en dous portas unha mostra de epitelio de cebola e nun deles engadir unha pinga de auga destilada e no outro unha pinga de solución salina. Colocar o cubreobxectos e observar.


 PRÁCTICA 2: ALUMNO 3 : 

Reacción do Carbonato Cálcico co Ácido Clorhídrico:

-

XUSTIFICACIÓN: outros dous elementos presentes tanto na Terra como nos seres vivos nunha proporción destacable son o Ca e o O. Ambos interveñen, xunto con outros elementos na reacción química que vos imos a mostrar. O Ca é fácil de atopar tanto na materia orgánica (formando o carbonato cálcico dos ósos, na casca dun ovo, nas cunchas dalgúns organismos...) como na materia inerte (rochas, como a calcaria litográfica ou a lumaquela, formada esta última por restos fósiles de cunchas). JUSTIFICACIÓN: otros dos elementos presentes tanto en la Tierra como en los seres vivos en una proporción destacable son el Ca y el O. Ambos intervienen, junto con otros elementos en la reacción química que os vamos a mostrar. El Ca es fácil de encontrar tanto en la materia orgánica (formando el carbonato cálcico de los huesos, en la cáscara de un huevo, en las conchas de algunos organismos...) como en la materia inerte (rocas, como la caliza litográfica o la lumaquela, formada ésta última por restos fósiles de conchas).

-

CaCO3 + 2HCl → CO2 + CaCl2 +H2O O dióxido de carbono libérase en forma de gas, que forma burbullas, pero é tan grande a súa liberación que produce unha gran cantidade de escuma. No ovo a medida que a casca se disolve, o ácido penetra a través da membrana do saco do ovo, desnaturaliza* as proteínas da clara que hai dentro, pasando a ter unha cor branca, como nun ovo duro (rompen determinados enlaces e perden a súa configuración espacial deixando de ser funcionais). - MATERIAL : ovo nunha caixa petri, óso de tenreira con algo de xeo, calcaria, lumaquela e Ácido clorhídrico. - DESENVOLVEMENTO: engadir unha pequena pinga da disolución de Ácido clorhídrico a cada un dos materiais e observar a reacción.

 PRÁCTICA 3: ALUMNO 4 :


-

XUSTIFICACIÓN: a densidade é a relación entre a masa ( m) dunha substancia e ou volume que esta ocupa non espazo(V). Represéntase coa letra grega rho (ρ). A súa unidade non S.I. é o Kg/ m 3 aínda que tamén úsase con frecuencia o g/cm3 . Referencia a densidade da auga: 1 g/cm3 Ej 1: chumbo e cortiza. A densidade dunha substancia estará relacionada coa súa flotabilidade: unha substancia flotará sobre outra se a súa densidade é menor (a madeira frota sobre auga e ou chumbo afunde). A densidade é unha característica de cada substancia e depende da presión e temperatura do medio.

-

MATERIAL : probeta, líquidos de distintas densidades, distintos obxectos para mergullalos, pau para “rescatar” o material da probeta, bandexa para apoiar e non manchar, papel e pano para limpar.

-

DESENVOLVEMENTO: mergullar os obxectos na columna de líquidos de distintas densidades.

 PASAPALABRA: ALUMNO 5  A: capa de aire que cubre a Terrra.................................................................................. ATMOSFERA  B: capa da Terra onde se desenvolven os seres vivos............................ ........................... BIOSFERA


 C: nome científico do sal común ……………….................................................…….... CARBOHIDRATOS  D: nome do proxecto que está a desenvolver o centro para usar os móbiles dun xeito responsable ......................................................................................................................................... .DESCONÉTATE  E: substancia formada por un único tipo de átomo ...................................………. ELEMENTO QUÍMICO  F: capacidade dun corpo para sosterse dentro dun fluído ……………………………….… FLOTABILIDADE  G: nome que reciben cada unha das 18 columnas verticais da táboa ..................................GRUPOS  H: capa da Terra formada por auga líquida ou xeo. ……………………............…………..…… HIDROSFERA  I: elemento da táboa frecuente nos desinfectantes, excelente limpador de feridas .................. IODO  K: unidade na que se mide a densidade no S.I. ……………..............................................….………. Kg/m3  L: elemento químico presente na maioría das baterías dos teléfonos móbiles .......................LITIO  M: químico ruso que elaborou a primeira táboa periódica ……..……........................... MENDELÉYEV  N: cuarto elemento químico más abundante nos seres vivos …….........................…….. NITRÓXENO  O: elemento químico máis abundante da Terra …………………….................................……….. OSÍXENO  P: partícula subatómica cuxo número serve para ordenar os elementos na táboa periódica PROTÓNS  Q: (CONTÉN A Q) rocha caliza formada por fósiles de cunchas ………………………………… LUMAQUELA  R: (CONTÉN A R) tipo de membrana que deixa pasar só determinados tipos de substancias ……......................................................................................................................….……. SEMIPERMEABLE  S: número de elementos que incluía inicialmente a táboa periódica ………………...........…………….... 63  T: nela aparecen os elementos químicos ordenados polo seu número atómico e segundo as súas propiedades .…….......................................................................................................… TÁBOA PERIÓDICA  U: (CONTÉN A U) composto máis abundante nos seres vivos …………………........................…….. AUGA  V: orgánulo celular típico das células vexetais que almacena auga, nutrientes e substancias de desfeito ............................................................................................ ………………………..……. VACÚOLO  X: (CONTÉN A X): estado no que se atopan as células cando se inchan pola entrada de auga …............................................................................................................................……….………. TURXENCIA  Z: (CONTÉN A Z): utensilio de laboratorio, usado na práctica da osmose, con dous brazos articulados por un eixe e puntas fortes para coller obxectos ……………………………………………….….........…………. PINZAS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.