ROTEIRO POLO VILARIÑO O Vilariño, Guitiriz. Lugo.
IES POETA DÍAZ CASTRO
ROTEIRO UN NENO DE ALDEA
Neste dicionario atoparás información en cinco linguas, iniciando coa imaxe. Facemos a nosa propia definición, que apoiamos coa da Real Academia da Lingua Galega. Pero, se es máis visual, podes acceder á definición en pictogramas e, tamén, en linguaxe de signos. Os códigos QR que aparecen en cada folla levan inseridos os vídeos de LSE, precisas un lector de QR no teu dispositivo móbil para acceder a eles!
Aldea
Conxunto de casas no campo nas que viven poucos veciños.
RAG: Núcleo pequeno de poboación de carácter rural e con poucos veciños.
VERSO Cada liña dunha poesía RAG: Conxunto de palabras que constitúe unha unidade en si mesma seguindo unhas regras de ritmo, rima, número de sílabas etc., que se corresponde polo xeral cunha soa liña do texto poético.
CAPELA Igrexa pequena RAG: Igrexa pequena, polo xeral cun sรณ altar e frecuentemente anexa a outra.
ESTRADA Camiño de asfalto polo que van coches. RAG: Vía destinada á circulación de vehículos automóbiles.
NIMBOS Tipo de nube. Único libro de Díaz Castro. RAG: Círculo luminoso que arrodea a cabeza de Deus, dos anxos, dos santos e dos obxectos sagrados.
ÁRBORE Ser vivo vexetal que ten pólas e follas e dá froitos. É grande e dá sombra RAG: Calquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.
FOLLA Parte das plantas que é verde case sempre e está nas polas das árbores, pode ter diferentes formas. RAG: Órgano vexetal, de cor xeralmente verde e forma de lámina delgada, que nace no talo, nas pólas ou, en certos casos, nas raíces das plantas.
TRONCO Talo das árbores, é duro, de madeira e vai desde a raíz ata as follas. RAG: Talo leñoso dunha árbore ou arbusto, que sobresae do chan desde onde comeza a raíz e do que parten as pólas máis grosas que á súa vez se van dividindo.
TEIXO
Árbore moi alta, ten as ramas desde o chan, as follas son agullas e ten froitos vermellos RAG: Árbore conífera da familia das taxáceas de ata quince metros de altura, con pólas moi mestas que nacen desde a base do tronco, follas aciculadas e coriáceas, e froitos en forma de bagas vermellas.
AMEIXEIRA Árbore con follas caducas, dá ameixas. RAG: Árbore froiteira da familia das rosáceas, de follas elípticas e flores abrancazadas, solitarias ou en parella, que ten como froito a ameixa.
MACEIRA Árbore que dá mazás. As súas follas son verdes, caducas, e as flores son brancas. RAG: Árbore de folla caduca da familia das rosáceas, propia de climas temperados, xeralmente co tronco retorto, pólas grosas, copa irregular, follas ovadas con peluxe no envés e flores de cor branca tirando a rosa, que dá como froito a mazá e da que existen moitas variedades.
EUCALIPTO Árbore alta con follas verde claro, estreitas, perennes. Ten propiedades medicinais. RAG: Árbore da familia das mirtáceas orixinaria de Australia e da que existen moitas especies, de folla perenne con característica forma de gadaña.
CARBALLO Árbore grande con follas con lobos, caducas, dá landras. RAG: Árbore caducifolia da familia das fagáceas, de gran tamaño, cerna moi dura, copa ampla, follas glabras con lobos, flores masculinas en amentos e femininas terminais, que ten como froito a landra sobre un longo pedúnculo.
CIPRÉS Árbore moi alto, coa copa estreita, e as follas escuras e mestas RAG: Árbore da familia das cupresáceas, de tronco medianamente groso e moi alto, con pólas erguidas e pegadas a el, copa en forma de cono e follas pequenas, mestas e de cor verde escura.
PRADAIRO Árbore grande, de follas agrisadas, con lobos, flores colgantes e froitos en sámara. RAG: Árbore da familia das aceráceas, de copa ampla, casca lisa e agrisada, follas caducas lobuladas e dentadas, flores en acios colgantes e froitos miúdos en sámara.
ESMERALDA Pedra preciosa de cor verde moi valiosa. Poema de DĂaz Castro. RAG: Variedade de berilo, cristalina e de cor verde, que ten moito valor como pedra preciosa.
SUCO LiĂąa recta na terra para sementar plantas. RAG: Fenda que se fai na terra co arado, legoĂąa etc.
PEGADA Pisada dunha persoa ou animal. Rastro. RAG: Cousa que queda ou que alguén deixa como testemuño despois dun acontecemento ou dunha acción.
PISTA Axuda que se dá para que alguén acerte algo. RAG: Sinal ou marca que deixa un animal, persoa, vehículo etc., por onde pasa. figurado. Indicio ou sinal que axuda a descubrir algo.
VIVENDA Lugar no que se adoita vivir RAG: Lugar onde se habita.
AUGA Composto químico con hidróxeno e osíxeno que é necesario para beber e vivir. Dela están formados os ríos, os mares, a chuvia... RAG: Líquido do que están compostos os mares, lagos e ríos, incoloro en pequenas cantidades, inodoro e insípido.
CARRO Medio de transporte levado por animais para levar provisións. RAG: Vehículo de tracción animal destinado ao transporte de moi diversas cargas e materiais, que consta xeralmente de dúas rodas sobre as que vai unha estrutura de táboas rematada nunha cabezalla por onde se une ao xugo para que os animais poidan tirar.
PALLEIRA Lugar onde se garda comida para os animais, apeiros e o carro RAG: Lugar onde se garda a herba seca ou a palla e tamĂŠn os apeiros e o carro.
HÓRREO Edificio construído sobre unhas columnas que está ventilado e serve para conservar provisións RAG: Construción rural, de forma xeralmente rectangular, feita sobre columnas e con moitas aberturas nas paredes para facilitar a ventilación, que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo e outros produtos agrícolas.
ALPENDRE Edificio para gardar comida, maquinaria, apeiros... ás veces non ten paredes. RAG: Construción rústica con paredes e tellado ou só con tellado, utilizada fundamentalmente para gardar o carro e os apeiros, leña, trastes e calquera tipo de ferramenta.
PENÉLOPE Protagonista dunha historia e dun poema de DĂaz Castro, no que tece para esperar polo amor. RAG: Este termo non se encontra no dicionario.
escola
Edificio ao que os nenos van estudar. RAG:
Establecemento pĂşblico, de propiedade privada ou do Estado, onde se dĂĄ calquera tipo de ensinanzas e, en particular, centro de ensino primario.
LIBRO Conxunto de follas que conteĂąen unha historia ou unha informaciĂłn RAG: Conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou pegadas entre si e encadernadas.
POETA Persoa que escribe poesía. RAG: Persoa que escribe poesía.
XOGO Actividade que facemos para divertirnos. RAG: Cada unha das actividades que se realizan co Ăşnico fin de entreterse e divertirse, e que se caracterizan por estar organizadas conforme unhas regras determinadas e, ĂĄs veces, por precisar duns obxectos concretos.
PITA-CEGA Xogo no que hai unha persoa cos ollos tapados no centro e o resto están en círculo. A do centro ten que descubrir quen é un dos do corro. RAG: Xogo infantil en que un xogador, cos ollos tapados, ten que pillar algún dos participantes ou adiviñar quen é.
CADEA Unha persoa persegue aos outros, que escapan, e cando pilla a un, cólleo da man, facendo unha cadea. RAG: Obxecto constituído por unha sucesión de pezas de metal en forma de aro enlazadas entre si, de distintos tamaños e materiais, segundo o uso. Figurado. Conxunto de cousas que están ou suceden unha despois doutra, coma os elos dunha cadea.
TIRA-SOGA Dous equipos tiran dunha soga que leva unha chave no medio, cando a chave pasa da marca que hai no chan, ese equipo gaĂąa. RAG: Este termo non se encontra no dicionario.
CHAVE Obxecto que serve para abrir ou pechar portas RAG: Instrumento de metal, de distintas formas e tamaĂąos, que se introduce nun fecho para abrilo ou cerralo.
BAILE Movemento que aprendes para acompañar unha canción. RAG: Sucesión regulada de pasos ou saltos especialmente ao ritmo dunha música.
CANCIÓN Letra e música que se cantan. RAG: Composición, xeralmente en verso, á que se lle pon música para ser cantada.
ROSCĂ“N Doce galego redondo para comer nas festas. RAG: Doce en forma de rosca feito con ovos, leite, fariĂąa e azucre.