DIAGNÓSTICO Resume Executivo >
Parámetros socieconómicos relevantes
>
Infraestruturas de telecomunicacións
>
Capital humano e innovación
>
Penetración da Sociedade da Información na poboación
>
Penetración da Sociedade da Información nas empresas
>
Administración local
>
Caracterización do sector TIC
>
Tecido asociativo
Parámetros socioeconómicos relevantes O desenvolvemento da Sociedade da Información no contorno urbano e nos sectores económicos máis desenvolvidos é equiparable á media do Estado. Sen embargo, a menor renda familiar galega respecto á do Estado, a importancia económica do sector primario ou a excesiva atomización empresarial alónxanos dun escenario de converxencia.
ESTRUTURA DAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS
70%
Galiza ten un dos PIB máis baixos do Estado pero é que ademais algunha das actividades e sectores económicos que teñen máis dificultades para incorporarse á Sociedade da Información, coma aquelas asociadas ao sector primario (agrícola-gandeiro ou pesqueiromarisqueiro) ou un tecido de pemes ou micropemes, teñen, no noso país, moito máis peso que no resto do Estado.
60%
Ocupados/as por sector económico (2006)
50% 40% 30% 20% 10% 0% Agricultura, gandería e pesca
Industria Estado
Construción
Servizos
Galiza
Distribución de empresas por número de empregados/as 60% 50%
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A situación de Galiza no conxunto do Estado, en canto a gasto medio, está por debaixo da media do Estado e moi lonxe das comunidades autónomas con familias con maior capacidade de consumo.
51,4% 49,4% 45,5% 42,6%
40% Estado Galiza
30% 20% 10%
5,1% 4,5%
0% Sen asalariados
De 1 a 9 asalariados
De 9 a 50 asalariados
0,7%
0, 5%
De 50 a 500 asalariados
0,2% 0, 1%
+200
Ademais da situación de desequilibrio con respecto ao Estado e a Europa é posible constatar fortes desequilibrios internos no propio país: unha familia ourensá ten uns ingresos uns 20% menores aos dunha familia pontevedresa.
Parámetros socioeconómicos relevantes ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN
O envellecemento, a dispersión poboacional e os desequilibrios internos son outros atrancos que non facilitan a inclusión dixital.
A pirámide de idade ten unha forte correlación con outro tipo de indicadores coma os relacionados co nivel de estudos superiores ou a súa maior incidencia no contorno rural. Por outra banda o eixe atlántico presenta uns niveis de desenvolvemento maiores a todos os niveis e iso incide, tamén, de xeito positivo nos indicadores relacionados coa Sociedade da Información.
Evolución da poboación maior de 65 anos
Galiza perde progresivamente peso no conxunto da poboación do Estado, cunha tendencia que levou a unha caída de medio punto porcentual neste índice e que non amosa sinais de inflexión.
22
DISPERSIÓN
10
5 4
20
4
18
3
16
3 2
14
2 1
12
1 0 1991 1992 1993
En calquera parte do mundo os contornos non urbanos ofrecen á súa poboación menores posibilidades ao emprego dos servizos asociados á Sociedade da Información. No noso país boa parte da poboación vive en concellos de menos de 50.000 habitantes.
1994 1995 1996 1997
1998 1999 2000
Estado
2001 2002
Galiza
60% Poboación por tamaño dos con cell os 50% 40% 30%
A IMPORTANCIA E PESO DO EIXE ATLÁNTICO
A distribución poboacional no territorio amosa un forte desequilibrio a prol do eixo Ferrol-A Coruña-Compostela-Vigo, onde vive case o 80% da poboación e onde se dan as densidades de poboación máis elevadas.
20% 10% 0% menos de 1.000
de 1.000 a 5.000
de 5.000 a 10.000
Gali za
Estado
de 10.0 00 a 50.000
máis de 50 .000
Neste eixe, ademais, o desenvolvemento económico é maior que no resto do país. Todo elo fai que os indicadores de penetración da Sociedade da Información que presenta están ao mesmo nivel, ou son incluso lixeiramente superiores, aos do resto do Estado.
Infraestruturas de telecomunicacións O despregue das infraestruturas está en pleno desenvolvemento, co obxectivo de dispoñer de máximos niveis de cobertura en 2008. Polo de agora as prioridades están na eliminación das obsoletas liñas TRAC que impedían o acceso á Internet no rural, seguir facilitando o despregue do cable e impulsar os servizos portadores da TDT.
ACCESO FUNCIONAL Á INTERNET
Unha tarefa prioritaria é eliminar completamente as obsoletas liñas TRAC, que imposibilitan de facto o acceso á Internet, por parte de Telefónica aínda que xa esta tarefa debería terse executado con anterioridade a decembro de 2004. O DESPREGUE DO CABLE
Pola banda de R a cobertura por cable chega, na actualidade, a un 28% dos fogares e das empresas galegas aínda que tamén a expansión do cable por boa parte do país xa está en marcha. Existe, neste eido, unha forte desigualdade entre os mundos urbano e rural e entre o eixe atlántico e o interior/Costa da Morte.
Parroquias con presenza de liñas TRAC en 2004
A RADIODIFUSIÓN DIXITAL
Por outra banda, RETEGAL, sociedade de capital público, dispón dun plano de despregamento, de execución no período 2007-2010, dos servizos portadores de TDT en Galiza mediante o cal desenvolveránse as infraestruturas suficientes na totalidade das demarcacións definidas.
Concellos con presenza de cable
Infraestruturas de telecomunicacións A dispoñibilidade da banda larga e do acceso a servizos móbiles está focalizado ao redor do eixe atlántico.
ACCESO A BANDA LARGA
Algo máis de dous millóns de galegos (aproximadamente o 74% da poboación) teñen acceso a servizos de banda larga. En termos territoriais, unicamente cóbrese un 19% do territorio, deixando fóra da zona de cobertura ao 43% dos núcleos de poboación, o que equivale ao 26% restante da poboación. As provincias con máis deficiencias neste aspecto son Lugo e Ourense, nas que as taxas de dispoñibilidade de ADSL acadan unicamente a un 56% e 59%, respectivamente, cubrindo apenas un 11% do territorio.
En 2005 tres cuartas partes da poboación galega tiña acceso a servizos de banda larga, pero o 80% do territorio quedaba excluído desta posibilidade. Algo semellante ocorre cos servizos móbiles. De novo aparece o desequilibrio territorial.
O 81% do territorio non ten cobertura ADSL (en rosa).
Cobertura de acceso á servizos móbiles
ACCESO A SERVIZOS MÓBILES
En canto a servizos móbiles a situación é moi semellante. A cobertura está completamente ligada ao eixo de desenvolvemento Ferrol-A Coruña-Compostela-Vigo e as zonas de interior ou da Costa da Morte quedan bastante relegadas. O desartellamento territorial é unha das principais eivas que ten Galiza para o despregue da SI.
Capital humano e innovación Unha das maiores fortalezas no eido da SI en Galiza é un sistema universitario que fornece de profesionais cualificados de xeito continuado. A opinión unánime dos expertos consultados é que o sistema educativo galego xera profesionais "cunha gran cualificación", que fai que "o tecido TIC galego dispón de capital humano para ser diferencial”.
A FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS NA UNIVERSIDADE
Os tres Campus Universitarios galegos dispoñen de carreiras e diplomaturas que fornecen de profesionais de alta calificación capaces de liderar o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza. As tendencias de estudantes no Estado e en Galiza son moi semellantes en canto a matriculados en carreiras técnicas: diminuiron no período 1999-2002 pero no período seguinte existe unha tendencia alcista.
Na actualidade aproximadamente un 6%, correspondentes a máis de 5.200 alumnos e alumnas, están matriculados en Enxeñerías informática ou de telecomunicacións, aínda bastante lonxe das porcentaxes medias de Cataluña ou Madrid. TAMÉN NA FORMACIÓN PROFESIONAL
Ademais a Formación Profesional galega ten deseñado dous módulos: o de Administración de Sistemas Informáticos e o de Explotación de Sistemas Informáticos, para prover de especialistas nestas áreas ao mercado profesional TIC galego.
Capital humano e innovación Galiza atópase nun déficit de aproximadamente 4.000 postos de traballo até chegar a un escenario de converxencia coa media do Estado.
NEGOCIO E EMPREGO NO CONTORNO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Distribución de empresas por número dos seus traballadores/as
O volume de negocio das empresas TIC galegas está sobre os 900 millóns de euros dos cales as actividades relacionadas coa informática e as telecomunicacións representan o 75% dese volume do negocio. O seu tamaño medio é reducido xa que máis do 70% teñen 10 ou menos traballadores/as. O EMPREGO NO TIC GALEGO
O volume de negocio das empresas TIC galegas está ao redor dos 900 millóns de euros, xerando uns 8.000 postos de traballo que supoñen o 0,7% da poboación activa galega, fronte ao 1,1% que supón no Estado español.
O 40% do emprego corresponde a a titulados procedentes das Universidades fronte ao 20% procedente da FP, aínda que, segundo as empresas, resúltalles pouco doado atopar profesionais co perfil que demandan ou que o sistema de formación debería estar máis orientado cara a súa futura actividade profesional.
Percepción das empresas sobre a cualificación dos profesionais TIC formados en Galiza
Valoración da dificultade de atopar os perfís demandados polas empresas segundo elas mesmas
É moi posible que a orixe desta desigual valoración está no nivel de descoñecemento mutuo que, a xuízo das empresas, existe entre as compañías TIC e o sistema educativo.
Capital humano e innovación Aínda que o gasto en I+D está lonxe da media europea, a tendencia é achegarse á converxencia coa media estatal nun período curto de tempo.
TENDENCIA Á CONVERXENCIA COA MEDIA DO ESTADO
O esforzo investigador, medido en gasto por PIB reflicte o alonxamento das medias europeas e a tendencia crecente coa converxencia co Estado.
Se analizamos cal foi a evolución nos últimos anos, obsérvase que o gasto interno adicado ao I+D executado en Galiza nos últimos anos incrementouse de xeito constante. No 2004 cífrase en 366,29 millóns de €, o que representa un 0,86% do PIB, fronte á media do Estado do 1,07%.
O I+D NO SECTOR EMPRESARIAL E UNIVERSITARIO
O sector empresarial galego está sendo cada vez máis consciente de que o I+D é o axente principal para estimular e promover a súa competitividade. Por isto aínda que o gasto empresarial en I+D sitúase no 0,9% do PIB, segue moi lonxe dos países máis avanzados onde está por riba do 3%.
Un dos principais atrancos que hai no país é que o sector empresarial non ten aínda a confianza suficiente no I+D como ferramenta de mellora competitiva, polo que o dinamismo innovador deste tecido é aínda feble e bastante lonxe dun escenario de converxencia. É o sector universitario galego quen concentra a maior parte dos investimento do I+D, tendencia inversa á do resto do Estado. PROFESIONAIS DEDICADOS AO I+D EN GALIZA
En Galiza a cifra total de persoal dedicado ao I+D foi de 8.285 persoas que representa o 6,5‰ da poboación activa, fronte ao 8,4‰ que se rexistra no conxunto estatal, situando a Galiza na sexta ou sétima posición respecto das CC.AA. do Estado.
Comparación na evolución da cantidade de investigadores en I+D entre o Estado e Galiza.
Penetración da SI na poboación A percepción de que os contidos non son de interese ou pouco útiles son dúas das barreiras á maior penetración do ordenador e a Internet nos fogares galegos. Así Galiza está a situarse nos derradeiros postos de penetración de ambos parámetros dentro do Estado e moi lonxe das medias europeas. A evolución é positiva xa que logo a penetración é máis rápida que no resto do Estado. Outros dispositivos tecnolóxicos están tendo evolucións marcadas polas tendencias dos seus respectivos mercados.
PENETRACIÓN DO ORDENADOR E ACCESO Á INTERNET NO FOGAR
Comparativa de porcentaxe de fogares con ordenador por CC.AA.
Galiza amosa un dos menores niveis de penetración do ordenador españolas (o 50% segundo o INE; o 57% segundo as enquisas do Observatorio Galego da SI) e de acceso á Internet no fogar (30% segundo o INE; 35% segundo as enquisas do Observatorio) das comunidades autónomas. A evolución do dato no último trienio, no entanto, apunta un cambio de tendencia, xa que Galiza é das comunidades autónomas que máis medra, tanto na penetración do ordenador persoal coma no acceso á Internet, sobre todo no que se refire á banda larga.
Comparativa de porcentaxe de fogares con acceso á Internet por CC.AA.
PENETRACIÓN DOUTROS DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS
Só o teléfono móbil e o DVD amosan un nivel de uso maior que o do ordenador. Outros dispositivos con capacidade de interacción na rede (TV dixital, videoconsola, PDA) ou introdutores ao ocio dixital (cámaras dixitais) presentan graos de penetración inferiores, pero probablemente con ritmos de crecemento moi significativos.
Porcentaxe de penetración doutros dispositivos electrónicos nos fogares galegos
Penetración da SI na poboación O uso do ordenador e o acceso á Internet polos galegos e galegas está correlacionado con parámetros socieconómicos e factores culturais. A idade, o grao de desenvolvemento económico, o hábitat contorno rural/urbano, a desigualdade territorial eixe atlántico/resto de Galiza son algúns dos factores que inflúen decisivamente sobre o grao de uso dos servizos da SI, fundamentalmente uso do ordenador e acceso á Internet, por parte da poboación. Por outra banda, a falla de interese ou de coñecemento son as maiores barreiras identificadas.
Frecuencia de uso do ordenador por parte dos galegos/as
Frecuencia de acceso á Internet por parte dos galegos/as
USO DO ORDENADOR PERSOAL E DO ACCESO Á INTERNET
Máis da metade dos galegos e galegas empregan o ordenador e acceden á Internet con frecuencia, máis por motivos persoais, para ocio e tempo libre e, polo tanto no propio fogar; que profesionais, no posto de traballo. De calquera xeito aínda se percibe un amplo percorrido cara a converxencia cara a media do Estado en ambos parámetros. BARREIRAS NO USO DO ORDENADOR E DO ACCESO Á INTERNET
Os factores culturais, coma a percepción da falla de utilidade, desinterese dos contidos e servizos que se ofrecen ou carencia dos coñecementos necesarios para o seu uso, son as principais barreiras detectadas no diagnóstico. Por outra banda os maiores de 45 anos, as mulleres, os habitantes de concellos pequenos, os galegos/as con só estudos primarios e as familias con menor renda son os principais colectivos que están a padecer, na actualidade, a fenda dixital. Barreiras de uso do ordenador por parte da poboación galega
Barreiras acceso á Internet por parte da poboación galega
Penetración da SI na poboación O emprego do comercio electrónico aínda é baixo: faino un de cada cinco internautas galegos. Mentres, máis da metade empregan a Internet para a relación coa Administración. Aínda que a compra electrónica non é usada masivamente, dous de cada tres internautas toma decisións de compra tras consultar a páxina web dos distintos provedores. Mentres un de cada cinco galegos/as emprega a Internet para a relación telemática con calquera das distintas Administracións.
O EMPREGO DO COMERCIO ELECTRÓNICO
O 20% dos galegos e galegas emprega a Internet para realizar compras de xeito electrónico, bastante en liña cos resultados existentes no resto do Estado, gastándose nelo aproximadamente uns 400 € anuais en produtos relacionadas coa alimentación e o tempo libre ou en servizos relacionados co turismo ou con eventos (compra de entradas, fundamentalmente). A Internet ten moita máis influencia sobre a decisión de compra xa que máis do 40% dos internautas tomaron decisións de compra baseadas en informacións dispoñibles na Rede.
Porcentaxe de persoas que mercaron pola Internet nos últimos 3 anos
AS BARREIRAS PARA O SEU USO
A desconfianza, –que implica seguridade e privacidade– é o principal aspecto a traballar para resolver as eivas que reducen a progresión do comercio electrónico entre a cidadanía. RELACIÓN COA ADMINISTRACIÓN
A obtención de información, a descarga de formularios e solicitudes, o envio dos mesmos xa cubertos e a interacción a través dos sistema de queixas e suxestións son os servizos máis empregados polos internautas galegos.
Prefirir comprar persoalmente nunha tenda
41%
Falla de confianza
22%
Non o necesita
14%
Preocupación pola privacidade
13%
Non sabe como facelo
3%
É máis caro
1%
Non funciona ben a distribución
0%
Motivos alegados polos que non se emprega o comercio electrónico
Penetración da SI nas empresas A inmensa maioría das empresas galegas teñen integrados sistemas tecnolóxicos de xestión. Porén, aínda non perciben ás TIC como un elemento decisivo de competitividade. Un 93% delas dispoñen de sistemas de información para a xestión, aínda que só as funcionalidades relativa a procesos contables e de facturación están verdadeiramente xeralizadas (por riba do 85%). As ferramentas ofimáticas están presentes en máis do 86% das organizacións.
O TAMAÑO DA EMPRESA É UN FACTOR CHAVE
O emprego de ordenadores, redes locais e a conectividade á Internet (máis do 80% en banda larga) é practicamente total nas empresas de máis de 10 empregados/as e facturación por riba do millón de euros, e baixa até o contorno do 80-85% nas máis pequenas. Na mesma liña as tecnoloxías básicas atópanse inseridas de xeito xeralizado no tecido empresarial galego, aínda que perviven importantes diferenzas segundo tamaños, moito máis acusadas cando se trata de tecnoloxías avanzadas de xestión de procesos, loxística, relación con clientes e provedores…
Dispoñibilidade de distintos sistemas informáticos na empresa galega
Porcentaxe de empresas con acceso á Internet por número de empregados/as
OS SISTEMAS TECNOLÓXICOS IMPLANTADOS
A maioría das empresas galegas empregan unha combinación de aplicacións de xestión empresarial (93%) e ofimática (83%) para a xestión e control dos seus procesos, pero só as funcionalidades relativas a procesos contables e de facturación están verdadeiramente xeralizadas (por riba do 85%). Aínda así, as empresas non perciben que o uso das TIC sexa un elemento decisivo na mellora da súa competitividade.
O INVESTIMENTO NAS TIC POLAS EMPRESAS AÍNDA É BAIXO
O 90% das empresas con menos de 50 empregados/as destina a investimento TIC menos de 30.000 € anuais, dos que tres cuartas partes delas non acadan os 6.000 € mensuais. Os investimentos están destinados a equipamentos hárdware e sóftware. Por enriba dos recursos económicos a falla de coñecemento, a formación do persoal, cultura empresarial e descoñecemento da tecnoloxía, convértense nas principais barreiras da non incorporación das TIC na empresa.
Penetración da SI nas empresas Algo menos da metade dos traballadores/as empregan o ordenador e, aproximadamente, un terzo teñen acceso á Internet. Manténse a correlación co tamaño e facturación da empresa. Os niveis de uso do ordenador e do acceso á Internet por parte dos empregados/as son dependentes tanto do tamaño da empresa coma do sector de actividade desta, atopando, nos distintos indicadores, diferenzas moi salientables segundo os distintos segmentos. Só aproximadamente un 15% das empresas están impartindo formación específica nas TIC para os seus traballadores/as.
Porcentaxe de traballadores/as con uso habitual do ordenador
Porcentaxe de traballadores/as con uso habitual da Internet
O TAMAÑO E SECTOR AO QUE PERTENCE A EMPRESA INFLÚE NO USO DOS SERVIZOS TIC POR PARTE DOS SEUS TRABALLADORES/AS
Segundo o tamaño das empresas existe unha forte correlación entre o uso do ordenador e o acceso á Internet e o seu volume de facturación. Cómpre subliñar que o ratio de empregados/as que accede a Internet fronte ao que utiliza o computador practicamente se mantén constante por enriba do 70% en todos os casos. Aprécianse, tamén, diferenzas sensibles segundo o sector de actividade. Os sectores de servizos empresariais, servizos financeiros e, loxicamente, servizos informáticos, amosan niveis de uso significativamente superiores aos restantes ámbitos de actividade. Non obstante, este feito semella unha consecuencia lóxica do tipo de actividade que desempeñan os/as empregados/as das diferentes tipoloxías de compañías.
A FORMACIÓN NAS TIC PARA OS TRABALLADORES/AS
A formación específica en TIC para traballadores e traballadoras só a realizan un 15% das empresas galegas. A falla de capacidade interna para dar formación tecnolóxica e a falla de medios técnicos e económicos son as principais barreiras para afondar na formación TIC. A porcentaxe de empresas que empregan o elearning, para formación en calquera materia, increméntase até o 18%.
Principais demandas das empresas para dar máis formación TIC
Penetración da SI nas empresas As empresas galegas empregan a Internet para a procura de información e como usuarias de servizos bancarios e financieiros. Tamén na relación coa Administración. O tecido empresarial vai inseríndose paseniñamente na Sociedade da Información a través do emprego dos servizos electrónicos, ben a través das relacións entre empresas, sobre todo entidades financieiras ou como ferramenta de obtención de información, ben na súa relación coa Administración pública a través do uso dos servizos públicos electrónicos.
USO DA INTERNET POR PARTE DO TECIDO EMPRESARIAL
A busca de información e os servizos de tramitación bancaria e financieira son os máis empregados por parte das empresas galegas. Contrariamente ao esperado a captación de persoal ou a participación nun marketplace son os servizos menos empregados.
Distribución de servizos que as empresas galegas empregan a través da Internet
MOTIVOS POLOS CALES NON SE EMPREGA MÁIS A INTERNET
A falla de conectividade á Internet ou o menor uso dos seus servizos é xustificado por motivos coma que non se perciben os beneficios ou a falla de utilidade ou rendibilidade fronte a outras prioridades, que o seu uso pode ser substituído por outras alternativas, que o seu persoal non está formado ou que non hai aínda suficiente confianza na canle. INTERNET EMPRÉGASE COMA CANLE DE RELACIÓN COA ADMINISTRACIÓN
Aproximadamente o 54% das empresas galegas empregan a Internet coma canle de relación coa administración. A realización de tramitación electrónica e o obxecto principal desa relación: as declaracións do IVE, o imposto de sociedades ou os seguros sociais son os principais servizos de interacción entre a empresa e a Administración. Os motivos polos cales optan polo uso dos servizos públicos electrónicos están o evitarse os desprazamentos, ter un servizo non limitado por horarios e acadar unha maior rapidez nas tramitacións.
Penetración da SI nas empresas A presenza na Internet das empresas galegas é baixo en relación ás medias do Estado: apenas un 10% delas contan con estruturas suficientes para que sexa unha canle de negocio.
A PRESENZA NA INTERNET DAS EMPRESAS GALEGAS
As empresas galegas amosan un nivel de presenza na Internet baixo en relación ás do conxunto do Estado: menos do 10% dispoñen das capacidades mínimas para explotar a Rede coma canle de negocio, nun contexto onde dous terzos dos internautas emprégana para tomar decisións de compra. O tamaño da empresa e, en menor medida, o sector de actividade determinan os niveis de presenza en liña. Por outra banda, a percepción de que esta canle non é axeitada para o negocio e a inseguridade son as principais barreiras a derribar.
Tipos de compras que realizan as empresas a través da Internet
A COMPRA-VENDA EN LIÑA
A web coma canle de negocio apenas é percibida polo tecido empresarial: só algo máis do 2% das empresas galegas recibiron pagamentos en liña no último ano pola venda de bens ou servizos.
A compra pola Internet está máis desenvolvida que a venda no tecido empresarial galego: se só algo máis do 2% das empresas foron quen de vender a través desa canle, máis do 30% si que se teñen fornecido a través da Rede. En lugar de canle de negocio a captación de novos clientes xunta coas melloras na calidade do servizo son os principais obxectivos de desenvolver estratexias de presenza na Internet.
Algo máis desenvolvido atópanse as compras por Internet: o 30% das empresas teñen feito algunha compra a través da Rede. Principais motivos de presenza e venda pola Internet
Administración local O tamaño do concello é un factor determinante para a dotación de infraestruturas tecnolóxicas. Pola contra a maioría dispoñen de puntos de acceso á Internet para a cidadanía. O tamaño do concello e, polo tanto, a súa capacidade de investimento é un factor decisivo para que estea dotado de infraestruturas tecnolóxicas. Aínda así, a case totalidade dispoñen de sistemas de xestión das áreas chave coma padrón ou a xestión orzamentaria. O sóftware libre ten presenza pero non aínda non está suficientemente implantado na cultura da administración local.
O TAMAÑO DOS CONCELLOS É DETERMINANTE PARA TER INFRAESTRUTURAS TECNOLÓXICAS
No conxunto dos concellos galegos, entre o 30 e o 42% dos seus profesionais teñen acceso á ferramentas de usuario básicas no eido das TIC, coma o ordenador, o acceso á Internet para ter servizos coma o correo electrónico. Cando se fala de infraestruturas tecnolóxicas (rede corporativa, servidores, banda larga), o factor tamaño é decisivo. Os concellos con menos de 1.000 habitantes teñen o maior índice sen conectividade á Internet (31%), sen servidores específicos (46%) ou sen banda larga (77%). Por outro lado, os concellos poñen a disposición dos seus cidadáns dous puntos de acceso público á Internet, cunha media de once postos de usuario/a.
Tipoloxía de centros de acceso público á Internet que ofrecen os concellos
Sistemas de información dos que dispoñen os concellos
O TAMAÑO DOS CONCELLOS É DETERMINANTE PARA TER INFRAESTRUTURAS TECNOLÓXICAS
Os niveis de informatización de moitos procesos da administración local (padrón, xestión de orzamentos, rexistro…) é alto. A medida que aumenta a complexidade na xestión, redúcense os índices de penetración e aumentan as diferenzas por tamaño. O sóftware está presente nun 26,5%, maioritariamente nos postos de usuario/a e cun nivel moi reducido (3,4%) nos aplicativos de xestión.
Administración local Máis da metade dos concellos galegos teñen portal web. Nel ofrecen fundamentalmente información de diversa clase. Os servizos públicos, polo de agora, son minoritarios A calidade do portal depende, sobre todo, dos recursos dos que dispoña o concello. Por isto, hai diferenzas significativas entre grandes e pequenos concellos en canto á frecuencia de actualización da información ou cantidade de servizos públicos electrónicos aos que a cidadanía pode achegarse.
MÁIS DA METADE DOS CONCELLOS ESTÁN PRESENTES NA REDE
O 60% dos concellos dispoñen de páxina web, cunha diferenza de case sesenta puntos entre os de menos de 1.000 habitantes (31%) e os de máis de 10.000 (89%). Os contidos e servizos están fortemente orientados á achegar información e, nos concellos máis pequenos, con niveis de actualización baixos. Servizos coma participación cidadá, solicitude de servizos do concello (pavillón, piscina, biblioteca…) acadan unha presenza na orde do 30% dos concellos con portal web: algo menos de un de cada cinco concellos galegos. O TAMAÑO DOS CONCELLOS É DETERMINANTE PARA DESENVOLVER SERVIZOS DE MAIOR CALIDADE
As principais barreiras para unha maior presenza e de maior calidade está na falla de recursos sobre todo económicos e técnicos. Así menos dun terzo achegan información sobre procedementos administrativos, e, apenas a quinta parte permiten a descarga de formularios. A presenza de servizos máis avanzados é moi reducida.
O DESENVOLVEMENTO DA SI NOS CONCELLOS ESTÁ SUPEDITADO A OUTRAS PRIORIDADES
De feito, máis do 60% dos concellos entenden que as súas actuacións en materia da SI deben estaren supeditadas a outras necesidades básicas. Este valor medra até o 84% nos concellos máis pequenos Sistemas administrativos en liña por tipo de servizo e tamaño do concello
Caracterización do sector TIC O sector TIC galego achega un 3,4% ao PIB do país e xera emprego até un 0,7% da poboación ocupada: hai un potencial de percorrido até chegar á media estatal ou europea. A actividade do sector TIC xera uns 8.000 postos de traballo, o 0,7% da poboación ocupada (fronte ao 1,1% do Estado), e un volume de negocio de 1.400 millóns de euros, o 3,4% do PIB, moi lonxe das CC.AA. máis adiantadas (Cataluña e Madrid). A Administración galega xera aproximadamente un 25% do negocio do sector.
O SECTOR TIC GALEGO TEN UN POTENCIAL DE PERCORRIDO IMPORTANTE
Os servizos da SI en Galiza acadan un volume de negocio arredor do 3,4% do PIB cun importante potencial de percorrido até chegar ás CC.AA. máis avanzadas. Isto indica que o investimento en tecnoloxía do tecido económico galego é inferior ao do seu contorno e/ou que existe un percorrido moi importante na actividade do sector empresarial TIC galego até converxer coas medias estatais e europeas. A actividade TIC ocupa a uns 8.000 postos de traballo en Galicia, o que supón un 0,7% da poboación ocupada, mentres no conxunto do estado este ratio é dun 1,1%; nun escenario de converxencia, xeraríanse uns 4.000 postos de traballo adicionais.
Volume de negocio de servizos da Sociedade da Información en termos relativos ao PIB, por comunidades autónomas
Volume de negocio de servizos da Sociedade da Información en valores absolutos por comunidades autónomas
A IMPORTANCIA DA ADMINISTRACIÓN GALEGA NO SECTOR TIC
O gasto público ten unha importancia relevante na demanda de servizos da SI. Así en Galiza tense estimado que o 25% do mercado TIC é o correspondente a investimentos por parte da propia administración galega como demandante de servizos.
Caracterización do sector TIC O perfil de empresa caracterízase por estar en Vigo ou A Coruña, adicarse á informática, ter tamaño de micropeme, facturar menos de 300.000 € e centrarse no mercado local.
UN SECTOR BASTANTE ATOMIZADO E MOI CENTRADO NO MERCADO LOCAL
O sector TIC galego está integrado basicamente por empresas moi pequenas, o 60% factura menos de 300.000 € e o 90% teñen menos de 5 empregados/as. Están centradas en achegar servizos ao propio mercado local, xa que catro de cada cinco euros de vendas prodúcese en clientes galegos, e concentradas ao redor das áreas da Coruña e Vigo. A maioría desenvolven actividades informáticas, xerando o 35% do volume de negocio total do sector, nunha proporción moi semellante ao que xera o subsector das telecomunicacións. O EMPREGO
O 40% do emprego no sector corresponde a titulados/as universitarios/as e o 20% a profesionais procedentes da Formación Profesional. O 70% do emprego é masculino, cifra que se eleva ao 90% nos titulados en FP. Unha distribución semellante, 83%-17% prodúcese nos niveis directivos. O I+D+I TEN UNHA IMPORTANTE PRESENZA NO SECTOR
O sector TIC galego está moi atomizado xa que están identificadas máis de 1.500 empresas das que pouco máis da metade teñen máis de 5 empregados/as. Destes o 40% son titulados/as universitarios/as e o 20% proceden da Formación Profesional. O I+D+I ten un importante peso e funciona de dinamizador do sector.
O 40% das empresas TIC galegas levou a cabo algún proxecto de I+D+i no último trienio, destinando aos mesmos uns 225.000 euros anuais. Unha de cada catro empresas do sector ten persoal adicado especificamente á función de I+D, sendo a media neste colectivo de case tres profesionais asignados a este cometido. Só unha de cada cinco empresas dispoñen dun departamento específico de I+D. A CERTIFICACIÓN DE CALIDADE COMO DISTINCIÓN
Unha de cada catro empresas TIC, as de maior facturación e as dedicadas á fabricación principalmente, dispoñen de certificacións de calidade.
% de empresas que desenvolveron proxectos de I+D por volume de facturación
% de empresas que dispoñen de certificación de calidade segundo facturación
Tecido asociativo O equipamento tecnolóxico do tecido asociativo é bastante limitado. O portal web é o elemento máis dinámico e está cada vez máis implantado.
Niveis de uso de sóftware libre nas asociacións
GRAO DE EQUIPAMENTO DO TECIDO ASOCIATIVO GALEGO
A base tecnolóxica das asociacións é moi elemental, xa que solucións dun grao de complexidade maior do básico teñen niveis de penetración bastante baixo. No referente a solucións de xestión, case a metade teñen algún sistema informático, sobre todo para o ámbito económico-financieiro. O correo electrónico está presente como ferramenta para os traballadores/as nun 70% das asociacións. No caso de utilizaren outras ferramentas, fundamentalmente ofimáticas, en case o 31% dels empregan plataformas baseadas en sóftware libre. A PRESENZA NA INTERNET DAS ASOCIACIÓNS
Case a metada as asociacións posúen páxina web, chegando a case o 90% se se trata de asociacións profesionais ou máis do 70% no caso das ideolóxicoculturais.
O 40% das asociacións teñen presenza na Internet a través dun portal con funcionalidades básicas: sobre todo servizos de información xeral, actividadeS da asociación e descarga de documentación. Detéctase unha tendencia á implantación inminente dunha páxina web: o 85% dos que non dispoñen dela cren que se poden beneficiar a medio prazo de tela.
Achegar servizos de información e participación son os principais obxectivos dos seus portais web. Principais contidos e servizos dos portais das asociacións
Cando existe no 60% dos casos o idioma principal do portal é o galego