O SOFTWARE LIBRE NOS
CONCELLOS DE GALIZA
2007
O SOFTWARE LIBRE NOS
CONCELLOS DE GALIZA
2007
Este é un informe que presenta os resultados obtidos do estudo sobre o uso e a implantación do software libre nos concellos de Galiza, conclusións obtidas del e recomendacións para a dinamización do uso do software libre. O Estudo "O Software Libre nos Concellos de Galiza" é unha iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Indústria. A publicación deste informe correspóndese coa iniciativa CES-LA2-I4 Acceso Libre aos contidos de orixe pública, do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).
PALABRAS CLAVE
Software libre, TIC, PEME, empresas, concellos, Administración local, ensino, formación, Galiza, informática. LICENZA
Esta obra é libre e está sometida ás condicións dunha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0. Para unha copia completa da licenza visite a web: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl
D.L. VG 570-2008
ÍNDICE 1. Introdución ................................................................................................................9 2. Análise dos datos.....................................................................................................10 2.1. Principais datos do software libre .....................................................................10 2.2. Concellos que usan o software libre..................................................................16 2.3. Concellos que non usan o software libre...........................................................19 2.4. Formación e xestión ..........................................................................................22 2.5. Visión xeral dos concellos .................................................................................27 2.6. Concellos como provedores de servizos públicos ..............................................30 3. Principais conclusións..............................................................................................34 4. Principais recomendacións.......................................................................................36 5. Metodoloxía .............................................................................................................37 5.1. Definición do universo de estudo ......................................................................38 5.2. Definición da mostra de estudo.........................................................................38
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
ÍNDICE DE FIGURAS Figura 1: concellos que teñen software libre instalado..................................................10 Figura 2: concellos con software libre. 2006-2007 ..........................................................11 Figura 3: concellos con software libre en ordenadores e servidores. 2006-2007 ............11 Figura 4: concellos con software libre e propietario ......................................................12 Figura 5: porcentaxe de ordenadores con software libre e propietario ..........................12 Figura 6: repartición das aplicacións libres e prop. nos ordenadores ............................13 Figura 7: concellos con soft. libre nos ordenadores e servidores. 2006-2007 .................13 Figura 8: concellos con software libre nos ordenadores ................................................14 Figura 9: concellos con software libre nos servidores. 2006-2007 ..................................14 Figura 10: idioma das aplicacións nos concellos. 2006-2007 ..........................................15 Figura 11: nivel de satisfacción do uso do software nos concellos................................16 Figura 12: satisfacción do uso do software libre nos concellos. 2006-2007 ....................17 Figura 13: aplicacións de s. libre existentes nos ordenadores de usuario .....................17 Figura 14: implantadores do software libre nos concellos .............................................18 Figura 15: previsión da evolución do uso do s. libre nos ordenadores. 2006-2007.........18 Figura 16: previsión do uso do s. libre nos concellos que non o usan. 2006-2007.........20 Figura 17: áreas previstas de uso do s. libre nos concellos que non o usan .................20 Figura 18: concellos que non usan s. libre que beneficiarían co uso. 2006-2007 ...........21 Figura 19: motivos polos que os concellos non usan software libre. 2006-2007 ............21 Figura 20: formación en informática e s. libre no último ano para os usuarios.............23 Figura 21: formación aos encargados das actividades informáticas. 2006-2007 .............23 Figura 22: formación aos encargados das actividades informáticas...............................24 Figura 23: concellos con encargados con titulación relacionada coa informática...........25 Figura 24: coñecementos software dos encargados e usuarios. 2006-2007 ....................25 Figura 25: concellos que desenvolven software. 2006-2007 ...........................................26 Figura 26: valoración global que os concellos dan aos provedores de software ............27 Figura 27: accións comerciais en s. libre recibidas polos concellos. 2006-2007..............28 Figura 28: estimación da evolución do software libre no mercado. 2006-2007...............28 Figura 29: estimación dos concellos sen licenzas regularizadas. 2006-2007...................30 Figura 30: concellos con páxina web. 2006-2007............................................................30
Figura 31: concellos con web que permiten descargar documentos. 2006-2007.............31 Figura 32: distribución dos estándares de descarga nas webs dos concellos ................31 Figura 33: concellos que ofrecen aos cidadáns acceso público a internet .....................32 Figura 34: distribución do software nos ordenadores de acceso público a internet.......32 Figura 35: participación en actividades de promoción das TIC.......................................33 Figura 36: distribución das actividades de promoción das TIC.......................................33
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
8
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
1. Introdución O presente estudo sobre a situación do software libre nos concellos de Galiza no ano 2007 é a segunda parte doutro estudo elaborado con anterioridade a finais de 2005 e a principios de 2006. Ambos os traballos encádranse nun proxecto do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galiza que ten como obxectivo divulgar e promover o software libre en Galiza. O conxunto do proxecto alcanza, ademais dos concellos, tamén os centros de ensino, as PEME e as empresas informáticas. Brevemente, o software libre pode definirse como “o software que, unha vez obtido, pode ser empregado, copiado, estudado, modificado e distribuído libremente”. Moitas das súas calidades xorden xustamente da transparencia e colaboración na súa elaboración e da liberdade de dispoñibilidade e distribución para facilitar o seu uso. Son xustamente estas características “públicas” as que fan as administracións públicas e concretamente os concellos uns destinatarios “naturais” para o emprego do software libre. Así pois, este contorno de “comunidade pública” no que se atopan os concellos podería ser un ambiente propicio para explotar en profundidade as vantaxes máis propias do software libre (personalización, transparencia, etc). Sería, pois, conveniente ollar os datos e as informacións que seguen con esta perspectiva que se acaba de sinalar. Afondando xustamente na adecuación do software libre ao ámbito público e no tema da personalización, convén indicar que o software libre pode así mesmo achegar unhas importantes vantaxes para a normalización do idioma galego nas aplicacións informáticas, un tema de primeira orde no que as administracións públicas están fortemente implicadas. Para concluír, é preciso apuntar que este documento foi realizado cos obxectivos de ser breve e claro a fin de invitar á súa lectura. Nel trátanse de reflectir os aspectos máis importantes do estudo realizado e pretende animar a facer unha reflexión como punto de inicio de posibles accións. O documento principalmente comprende unha análise da situación, un resumo das principais conclusións e unha proposta de recomendacións a prol do software libre co fin de acadar unha normalidade desta modalidade de software.
9
2. Análise dos datos A análise da situación do software libre nos concellos de Galiza está baseada nos resultados dunha enquisa telefónica aos concellos de máis de 5000 habitantes. A enquisa céntrase principalmente en dous aspectos fundamentais: · Os concellos como usuarios do software libre. · Os concellos como provedores de servizos públicos electrónicos (e-servizos). A análise como usuarios do software libre estrutúrase nos seguintes apartados: · Principais datos do uso do software libre. · Características dos concellos usuarios de software libre. · Características dos concellos que non usan software libre. · A formación e a xestión informáticas e en software libre. A análise dos concellos como provedores de e-servizos alcanza a páxina web e os estándares dos documentos dispoñibles nela, os puntos de acceso público a internet para os cidadáns e as actividades públicas de promoción do software libre feitas polo concello. Convén sinalar que na análise que se desenvolve a continuación se inclúen referencias ao estudo anterior elaborado entre decembro de 2005 e xaneiro de 2006, de xeito que os datos actuais proporcionan uns resultados moi valiosos da evolución a través do tempo. Débese, pois, ter presente que esta evolución comprende un período de case dous anos, aínda que pola denominación (2006-2007) aparenta ser dun ano. 2.1. Principais datos do software libre Unha porcentaxe importante dos concellos (o 49%) ten software libre. O uso do software libre nos concellos de Galicia é razoablemente alto, xa que o 49% destes afirma ter software libre. Esta porcentaxe resulta ser moi alta tendo en conta que o software libre é un fenómeno de recente implantación no mercado. CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 1: concellos con software libre instalado
10
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
Atendendo á dimensión dos concellos, son os de maior poboación, os de máis de 50.000 habitantes, os que rexistran unha situación máis destacable, pois absolutamente todos contan con equipos con software libre. Este feito é especialmente importante, pois a miúdo estes concellos son a referencia para os de menor tamaño, polo que é probable que co paso do tempo estes municipios máis pequenos imiten este comportamento e os datos globais de uso do software libre sexan aínda máis elevados. O software libre no conxunto dos concellos experimentou un notable avance (17%). Comparando os datos obtidos na presente edición cos da anterior vaga, obsérvase un importante avance, xa que a presenza do software libre medra desde o 32% dos concellos ata o 49% na actualidade, é dicir, prodúcese un aumento en termos xerais do 17%. CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 2: concellos con software libre. 2006-2007
Como xa se mencionou, os concellos de máis de 50.000 habitantes merecen unha mención especial, posto que neste período de tempo o software libre pasa de estar presente no 67% a encontrarse en todas e cada unha das grandes cidades galegas . Á vista destes resultados, pódese dicir que o software libre no caso dos concellos está a experimentar un grande aumento no seu uso e que son os grandes concellos a referencia para a súa implantación, e os ordenadores persoais os dispositivos nos que se encontra con maior facilidade. CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE NOS ORDENADORES E SERVIDORES. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 3: concellos con software libre en ordenadores e servidores. 2006-2007
11
O maior aumento no uso do software libre produciuse nos ordenadores de usuario. Se comparamos os resultados ofrecidos polo anterior informe e os obtidos en 2007, vemos que o maior aumento se dá en ordenadores de usuario, cun 27% de crecemento. No caso dos servidores tamén se experimenta un forte ascenso, que, pese a ser alto, é máis moderado que no caso dos ordenadores, xa que é dun 13%. Neste sentido, parece apreciarse un cambio na tendencia de uso, xa que no ano 2006 a utilización nos servidores superaba lixeiramente a súa aplicación nos equipos de usuario. Non obstante, atendendo ao patrón de crecemento descrito polos datos deste ano, o uso do software libre parece que estará marcado polos equipos de usuario. Aínda existen diferenzas importantes entre o uso de software libre e propietario. En canto á comparativa co software propietario, débese dicir que, aínda que o camiño por percorrer é longo para chegar a equipararse co uso do software propietario, o libre está a ter presenza en case a metade dos concellos, polo que as perspectivas a medio prazo son moi favorables. CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE E PROPIETARIO
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 4: concellos con software libre e propietario
O software libre úsase principalmente nas aplicacións libres e execútase sobre un sistema operativo propietario. Atendendo á distribución do software libre dentro das instalacións realizadas, vese claramente que o elemento tractor do software libre son as aplicacións, xa que son estas as que parece que están a reducir a súa fenda con respecto ás realizadas en tecnoloxías propietarias. PORCENTAXE DE ORDENADORES CON SOFTWARE LIBRE E PROPIETARIO
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 5: porcentaxe de ordenadores con software libre e propietario
12
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
Por outra banda, no que respecta aos sistemas operativos vese que neste sentido a presenza de sistemas libres non é tan alta como cabería esperar (2%). Polo tanto, dedúcese que o uso do software libre se centra no modelo de aplicación libre executado sobre un sistema operativo de tipo propietario. Isto pode deberse a que este modelo de uso é sen dúbida o máis sinxelo, pois poden ser os propios usuarios os que instalen nos seus equipos as aplicacións de tipo libre, como o navegador ou o paquete ofimático. O feito de adoptar sistemas libres adoita levar parellas configuracións e modificacións nos equipos que non están ao alcance de moitos usuarios, polo que este paso ten que promoverse desde os respectivos departamentos de informática. Dentro das aplicacións, a repartición entre software libre e propietario garda similitudes co resto de ámbitos analizados. A porcentaxe de aplicacións libres instaladas nos ordenadores sitúase no 19%, fronte ao 81% de aplicacións propietarias. REPARTICIÓN DAS APLICACIÓNS LIBRES E PROPIETARIAS NOS ORDENADORES QUE TEÑEN AMBAS
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 6: repartición das aplicacións libres e prop. nos ordenadores
Produciuse un cambio no patrón de uso do software libre e agora hai máis concellos que empregan o software libre nos ordenadores de usuario (44%) que nos servidores (34%). Anteriormente comentábase que parece existir un cambio no patrón de uso do software libre, posto que ata este ano 2007 a presenza en servidores era maior: no 2006 había un 21% en servidores fronte a 17% en ordenadores. Este cambio na tendencia pode indicar certo grao de madurez, e o que parece claro é que os usuarios finais se están a decantar por esta opción, é dicir, o software libre xa non está só no ámbito dos xestores das tecnoloxías da información do concello, senón que saltou definitivamente aos propios usuarios. CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE NOS ORDENADORES E SERVIDORES. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 7: concellos con software libre nos ordenadores e servidores. 2006-2007
13
Existe correlación entre o uso do software libre nos ordenadores e a dimensión do concello. A tipoloxía do concello parece que é importante na adopción do software libre nos ordenadores de usuario, de xeito que son os concellos máis grandes os que semellan ter unha mellor disposición á hora de implantar esta tecnoloxía. CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE NOS ORDENADORES
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 8: concellos con software libre nos ordenadores
A adopción de novas tecnoloxías está moi unida aos recursos materiais e humanos con que conta o concello. O feito de dispoñer de máis medios é o que probablemente fai máis sinxelo que os grandes concellos adopten este tipo de tecnoloxía. No caso dos pequenos, carecer en moitos casos de recursos, tanto para a instalación como para realizar un seguimento na fase de adaptación das novas aplicacións en software libre, fai que estes non se decanten tan claramente por este tipo de solucións. O uso do software libre nos servidores amplíase a todos os concellos de maior dimensión. En todos os segmentos de municipios analizados aprécianse avances importantes na aplicación do software libre nos servidores, pero destacan especialmente os que teñen máis de 50.000 habitantes, pois pásase de empregalo nun 36% no ano 2006 a estar presente en todos os concellos (100%). A pesar de que este grupo posúe pouca relevancia á hora do cálculo do número total de concellos, dado que o seu peso é pouco significativo, débese ter moi en conta, pois a miúdo son os que marcan a tendencia no uso de servidores e tecnoloxías en xeral. CONCELLOS CON SOFTWARE LIBRE EN SERVIDORES. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 9: concellos con software libre nos servidores. 2006-2007
14
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
Existe un crecemento importante dos concellos con aplicacións informáticas en galego. Os concellos con aplicacións informáticas en idioma galego aumentaron de forma importante (un 8%). O software libre é probablemente un dos principais factores responsables deste aumento, xa que nos últimos dous anos foron traducidas ao galego moitas das aplicacións de software libre máis populares: OpenOffice, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird, etc. Polo tanto, o software libre está a ter un efecto normalizador do galego no eido da informática. Ademais, o galego segue a ocupar o segundo posto, precedido polo castelán. IDIOMAS DAS APLICACIÓNS NOS CONCELLOS. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 10: idioma das aplicacións nos concellos. 2006-2007
Outro dato de interese con respecto á vaga anterior do 2006 é o aumento do inglés ata o 12% dos concellos con aplicacións instaladas neste idioma. Este aumento pódese deber tamén ao uso do software libre, pois unha maioría deste software desenvólvese e documéntase neste idioma, o que leva a que as súas primeiras instalacións se realicen en inglés. Se estas aplicacións son de interese para os usuarios, levará posteriormente á aparición da súa tradución, polo que se identifica unha oportunidade para a ampliación da presenza do galego. PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO · O uso do software libre nos concellos de Galicia é razoablemente alto, xa que a metade dos concellos (o 49%) afirma ter software libre. Esta porcentaxe resulta ser moi alta tendo en conta que o software libre é un fenómeno relativamente novo no mercado tecnolóxico. · O software libre experimentou un importante avance nos últimos dous anos, pasando dun 32% na anterior vaga ao 49% na actualidade. Os concellos de máis de 50.000 habitantes ampliaron o uso do software libre desde o 67% de concellos no 2006 ata o 100% en 2007. · O modelo de uso do software libre caracterízase polo emprego de aplicacións libres executadas sobre sistemas operativos de tipo propietario. Esta situación é lóxica, pois os propios usuarios poden sen dificultades instalar nos seus equipos aplicacións libres, mentres que o cambio de sistema operativo leva asociadas dependencias con outros sistemas ou aplicacións. · Ao contrario do que sucedía no pasado, o software libre pasa a ter unha maior presenza nos ordenadores que nos servidores. Polo tanto, o seu uso amplíase máis alá do ámbito dos xestores das tecnoloxías da información e chega ata os propios usuarios finais.
15
· Medraron de forma importante os concellos con aplicacións en idioma galego e é probablemente o software libre un dos principais factores responsables deste aumento. Tamén o inglés experimentou un crecemento importante, polo que pode existir unha demanda de tradución de novas aplicacións. PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO · Promover a realización de proxectos de implantación de software libre nos concellos que aínda non son usuarios. Estes proxectos deben constar principalmente de accións de información e formación, así como de demostracións de implantación, administración e soporte. · Realizar un estudo polo miúdo das aplicacións libres que se están a empregar nos concellos e que aínda non contan cunha versión en galego, co fin de detectar novas oportunidades no eido da localización de software. · Amosarlles aos concellos de menor dimensión as vantaxes da utilización de servidores, tanto a nivel interno, coma para a prestación de servizos ao cidadán, facendo especial fincapé na aplicación do software libre neste campo. 2.2. Concellos que usan o software libre A satisfacción mostrada polos usuarios de software é maior no caso do uso do software libre que no software propietario. Os usuarios do software libre mostran un nivel de satisfacción maior que os do software propietario, aínda que globalmente esta diferenza é pequena. En ambos os casos obteñen unha valoración notable. NIVEL DE SATISFACCIÓN DO USO DO SOFTWARE NOS CONCELLOS
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 11: nivel de satisfacción do uso do software nos concellos
A satisfacción polo uso do software libre mantense constante. Se analizamos a evolución da satisfacción polo uso do software libre, observamos que, aínda que en termos xerais se mantén no mesmo nivel que no ano 2006, apréciase unha lixeira baixada nos concellos con máis de 20.000 habitantes.
16
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
Dada a importancia da satisfacción nos usuarios para a continuidade no uso, é clave que nos próximos estudos se analice de novo a correlación entre a satisfacción e o uso do software libre. Así mesmo, parece que pode ser interesante o estudo da satisfacción en diferentes ámbitos, xa que se observa que esta diminúe nos concellos que teñen un maior uso do software libre. NIVEL DE SATISFACCIÓN POLO USO DO SOFTWARE LIBRE MANTENSE CONSTANTE
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 12: satisfacción do uso do software libre nos concellos. 2006-2007
Os concellos usan sobre todo as aplicacións de navegación de internet e as de ofimática. As aplicacións de software libre que se instalaron con maior frecuencia nos concellos son os navegadores de internet (37%), as aplicacións relacionadas coa ofimática (36%) e os xestores de correo electrónico (17%). Este resultado reforza a hipótese de que o elemento dinamizador do software libre son as aplicacións de escritorio. Precisamente neste eido é onde a Iniciativa Galega polo Software Libre traballou máis intensamente lanzando en colaboración coa comunidade de usuarios do software libre a versión en galego do paquete ofimático OpenOffice, o navegador Firefox ou o cliente de correo Thunderbird, entre outros. APLICACIÓNS DE S. LIBRE EXISTENTES NOS ORDENADORES DE USUARIO DOS CONCELLOS
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 13: aplicacións de s. libre existentes nos ordenadores de usuario
Os implantadores do software libre son os propios concellos. O propio concello é quen se manifesta como principal impulsor do software libre. Así, un 51% de municipios sinala que son eles mesmos os que levan a cabo a implantación do software libre, seguido dun 29% que conta coa axuda de empresas externas e un 26% que recibiu apoio doutras entidades. Este resultado non
17
sorprende, xa que os provedores, como se comentará máis adiante, non están facendo unha actividade comercial moi intensa neste eido. Por outra banda, resulta lóxico que os concellos sexan os promotores deste tipo de software, dadas as súas limitacións tanto en persoal dedicado ás tecnoloxías da información como en recursos para poñelas en marcha. IMPLANTADORES DO SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 14: implantadores do software libre nos concellos
Hai unha percepción moi positiva sobre a tendencia futura do software libre. Na presente edición do estudo mantense a percepción de que o software libre evolucionará positivamente dentro do concello, xa que un 69% pensa que a medio prazo aumentará esta tecnoloxía dentro dos ordenadores de usuario. Ademais, obsérvase un aumento dos concellos que comparten este punto de vista, posto que en 2006 era o 61%. Tamén é importante comentar que ningún concello dos analizados manifesta que haberá un retroceso do software libre dentro deste ámbito. PREVISIÓN DA EVOLUCIÓN DO USO DO S. LIBRE NOS ORDENADORES DOS CONCELLOS. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 15: previsión da evolución do uso de s. libre nos ordenadores. 2006-2007
PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO · A satisfacción mostrada polos usuarios de software libre é superior á amosada polo software propietario, aínda que globalmente as diferenzas entre as cualificacións dun e doutro non son moi distantes e ambas obteñen valores notables.
18
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
· As aplicacións máis frecuentes nos ordenadores de usuario dos concellos son as de escritorio, é dicir, navegador de internet, paquete ofimático e cliente de correo electrónico. · O propio concello é quen adoita implantar o software libre. Este feito coincide coa tipoloxía de software máis presente, pois é facilmente instalable polo propio concello ou mesmo polos usuarios finais. · Aumenta a percepción de que o software libre gañará posicións dentro dos ordenadores de usuarios a medio prazo e ademais ningún concello manifesta que esta tecnoloxía retrocederá neste campo de aplicación. PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO · Crear paquetes de software que resolvan as necesidades comúns dos concellos máis pequenos baseándose na experiencia dos concellos usuarios. · Realizar unha recompilación de casos exitosos de implantacións do software libre nos concellos galegos, de xeito que poidan servir como orientación ou estímulo para os municipios non usuarios de software libre. · Promover a creación dunha comunidade que sirva de punto de encontro para os usuarios de software libre da Administración local, onde se poidan compartir experiencias de uso e recursos de software, así como deseñar propostas de desenvolvemento de software que favorezan as economías de escala e a colaboración entre concellos. 2.3. Concellos que non usan o software libre Neste apartado convén subliñar que o grupo de concellos non usuario de software libre está formado unicamente polos que teñen menos de 50.000 habitantes, posto que todos os concellos cun tamaño maior están a empregalo na actualidade. Ademais, tamén debe comentarse que este grupo de municipios coincide exactamente coa poboación, xa que os sete concellos que cumpren esta característica (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) foron considerados para a realización do estudo. Polo tanto, dentro desta sección, cando se dean datos segmentados por tamaño de concello, teremos soamente dous grupos, os de 5.000 a 20.000 habitantes e os de 20.000 a 50.000. Unha parte importante dos concellos que aínda non usa software libre prevé facelo nos próximos anos. Entre os concellos que non usan o software libre a previsión de uso é máis favorable que nos resultados obtidos no estudo realizado no ano 2006. Antes dun ano pensa usar software libre o 4% dos concellos, o 13% nun prazo de entre un e dous anos e o 22% manifesta que precisa máis tempo, máis de dous anos. Como se pode observar, a previsión de uso aumenta de forma moi significativa a partir de dous anos e ademais diminúen os concellos que aínda non consideraron este tipo de tecnoloxía, desde o 66% en 2006 ata o 55% na actualidade. É polo tanto posible que novos concellos que aínda non usan o software libre se decidan a usalo. Así pois, parece apreciarse unha clara tendencia ao uso, tanto por parte dos “xa usuarios” do software libre como polos que aínda non o son.
19
PREVISIÓN DO USO DO S. LIBRE NOS CONCELLOS QUE NON O USAN. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 16: previsión do uso do s. libre nos concellos que non o usan. 2006-2007
Os ordenadores de usuario son o ámbito máis probable para a incorporación do software libre no concello. En liña coa situación descrita anteriormente no caso dos concellos que están a usar na actualidade software libre, o ordenador persoal é o seu principal campo de aplicación. Así, un 37% dos municipios non usuarios de software libre pensa que implantaría esta tecnoloxía nestes equipos. No caso dos servidores, é un número menor de concellos os que aplicarían o software libre neles: o 24%. Estes datos resultan lóxicos, pois este tipo de software estase a empregar nos ordenadores de usuario e sobre todo nas aplicacións de uso máis común: as de escritorio. Polo tanto, resulta normal que os concellos que decidan pasar a empregar software libre sigan un patrón de uso semellante aos que xa o están facendo na actualidade. ÁREAS PREVISTAS DE USO DO SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS QUE NON O USAN
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 17: áreas previstas de uso do s. libre nos concellos que non o usan.
Só unha pequena parte dos concellos que non usa o software libre manifesta que se beneficiaría co seu uso. Entre os concellos que non usan o software libre, tan só o 6% manifesta que cre que se beneficiaría co seu uso. Esta porcentaxe corresponde a un 4% dos concellos pequenos e a un 20% dos medianos, mentres que os grandes xa son todos usuarios do software libre. Estes datos parecen reflectir un gran descoñecemento das vantaxes e beneficios que o software libre pode ofrecerlle ao grupo dos concellos que aínda non é usuario.
20
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
CONCELLOS QUE NON USAN SOFTWARE LIBRE QUE CREN QUE SE BENEFICIARÍAN CO SEU USO
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 18: concellos que non usan software libre que cren que se beneficiarían co seu uso. 2006-2007
As principais razóns para non usar o software libre son a falta de formación e o descoñecemento ou falta de información. No que respecta aos motivos que fan que os concellos non estean a empregar software libre, destacan dous de xeito significativo: a falta de formación (57%) e o descoñecemento ou falta de información (51%). Pese a este feito, apréciase que existe unha evolución que amosa certa madurez, xa que en dous anos baixaron de maneira importante os factores anteriormente comentados (desde o 70 e o 73%, respectivamente), produciuse un incremento nos concellos que atoparon incompatibilidades co software actual (pásase do 16% de municipios ao 41%), e os que detectaron a falta de provedores ou o soporte necesario incrementáronse desde o 19 ao 30%. Polo tanto, parece que entre os concellos que na actualidade non empregan software libre existe un grupo importante que xa comezou a interesarse por el e atopou as dificultades habituais á hora de adoptar unha nova tecnoloxía. MOTIVOS POLOS QUE OS CONCELLOS NON USAN SOFTWARE LIBRE. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 19: motivos polos que os concellos non usan software libre. 2006-2007
A conclusión que se pode deducir dos datos é que as campañas de promoción do software libre a través da formación e da introdución de información no eido do software están a funcionar. Como é lóxico, entre os concellos non usuarios de software libre a influencia dos provedores para que subministren este tipo de software tamén é moi determinante e neste caso o sector infor-
21
mático parece estar agardando a que se produza tanto unha demanda do mercado por parte dos clientes como unha intervención sobre os sistemas herdados existentes. Así pois, as compatibilidades entre os vellos e os novos sistemas son realmente difíciles, debido á interacción que se pide nestes e tendo en conta que moitos dos produtos propietarios herdados non cumpren os estándares e nalgúns casos nin se dispón de toda a información para facer a interacción. PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO · Unha parte importante dos concellos que aínda non usa software libre prevé facelo nos próximos anos e ademais diminúe o número de municipios que aínda non considerou esta posibilidade. · Os equipos destinados aos usuarios son o ámbito máis favorable para comezar a empregar o software libre no concello. · Os motivos máis comúns para non empregar software libre son a falta de formación e o descoñecemento ou falta de información. Pese a isto, apréciase que os concellos tentaron realizar algunha aproximación ao software libre, pois aumenta o número de municipios que detectou incompatibilidades ou falta dos provedores axeitados. · Só unha pequena parte dos concellos que non usa o software libre manifesta que se beneficiaría co seu uso, feito que pode confirmar as necesidades informativas e formativas neste sector. PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO · Crear grupos de traballo para a posta en común de posibles necesidades non cubertas polas solucións que actualmente están dispoñibles no mercado. · Crear redes de soporte que axuden aos concellos de menor dimensión na adopción de solucións de software libre, tanto na fase inicial de determinación da aplicación máis axeitada . para a súas necesidades e posta en produción, como na formación aos usuarios e técnicos. · Elaborar material divulgativo onde se recolla información xeral sobre o software libre, a equivalencia entre as aplicacións de software propietario máis comúns e a respectiva alternativa libre, etc. · Realizar xornadas de formación para técnicos dos concellos, nas que se presenten solucións de software libre específicas para estes e onde concellos xa usuarios do software libre poidan amosar a súa experiencia de uso, de xeito que xeren dinámicas de colaboración entre os distintos municipios. 2.4. Formación e xestión A formación en informática e software libre dirixida aos usuarios informáticos aumentou de maneira importante. En dous anos creceu o número de concellos que durante os últimos doce meses ofreceu formación aos usuarios con temática relacionada coa informática e software libre, concretamente, no caso da formación informática, o 71% dos municipios afirma ter organizado algunha actividade desta índole para os traballadores de perfil non informático. Este dato supón
22
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
unha notable mellora, pois na anterior vaga era o 58% de concellos o que se encontraba nesta situación. Particularizando para o caso do software libre, tamén atopamos un importante crecemento, pois partindo dun 6% de municipios que no ano 2006 formaron neste tipo de aplicacións, alcánzase neste último estudo un 13%, o cal supón duplicar a presenza desta temática dentro dos plans de formación dos traballadores do concello. Malia este importante avance, o software libre continúa tendo pouco peso en relación co total de formación en informática que o concello ofrece para os empregados non técnicos. FORMACIÓN NO ÚLTIMO ANO AOS USUARIOS. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 20: formación en informática e s. libre no último ano para os usuarios
A formación en software libre tamén medra entre os encargados das actividades informáticas. No caso da formación dirixida aos traballadores relacionados coa xestión das actividades informáticas, detéctase na presente vaga un retroceso na formación en informática, pois no ano 2006 un 60% dos concellos afirmaba achegarlles esta aos técnicos relacionados con este ámbito, mentres que na actualidade é o 43% dos municipios o que se atopa nesta situación. Este feito que inicialmente debería afectar a formación informática centrada no software libre non parece afectala, senón que se produciu un crecemento en termos absolutos do 3%, polo que o software libre está presente no 16% dos concellos. Aínda que é certo que este dato aínda é baixo, pode ter unha interpretación positiva, pois, a día de hoxe, a formación en software libre ten moito máis peso sobre a formación informática que hai dous anos. Nesta situación inflúen, por unha banda, o crecemento da temática relacionada co software libre e, por outra, a redución das actividades formativas no eido da informática. FORMACIÓN NO ÚLTIMO ANO AOS ENCARGADOS DAS ACTIV. INFORMÁTICAS. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 21: formación aos encargados das actividades informáticas. 2006-2007
23
Facendo unha análise polo miúdo da distribución das actividades formativas en cada un dos tipos de concellos analizados, atopamos que nos municipios de tamaño medio e grande a formación en software libre comeza a ter un peso moi importante sobre o total de formación recibida, posto que, por exemplo, nos de máis de 50.000 habitantes observamos que o 57% formou en informática e o 43% formou en software libre. Nos de tamaño medio dáse a mesma cifra para o caso da informática, e esta é lixeiramente menor para o software libre (36%). En ambos os dous grupos o resultado alcanzado é altamente satisfactorio, tendo en conta que o software libre comezou a introducirse nos programas formativos hai relativamente pouco tempo. FORMACIÓN NO ÚLTIMO ANO AOS ENCARGADOS DAS ACTIVIDADES INFORMÁTICAS
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 22: formación no último ano aos encargados das actividades informáticas
A situación detectada no presente estudo debería tomarse como unha posible oportunidade para a introdución da formación sobre software libre dirixida aos técnicos encargados das actividades informáticas, xa que a miúdo a formación en software propietario está organizada polos propios fabricantes ou distribuidores destes produtos, polo que se é certo que está a haber un freo nesta, a organización de actividades centradas nas necesidades dos departamentos de tecnoloxías da información podería xerar un crecemento no uso do software libre, tanto no propios departamento e nos servizos soportados coma nos propios usuarios dentro do concello. A xestión das tecnoloxías da información está moi condicionada pola dimensión do concello. Aínda que en termos xerais un 54% dos concellos conta cun titulado do ámbito informático a cargo das actividades informáticas, este dato non reflicte totalmente a realidade dos concellos galegos, pois atopámonos con dúas tipoloxías ben diferenciadas de concellos atendendo á xestión das TIC. Por unha banda, existen os municipios cunha poboación superior a 50.000 habitantes, que contan na súa totalidade cun xestor das actividades informáticas formado neste eido. Atópanse nesta mesma situación case todos (o 93%) dos que teñen entre 20.000 e 50.000 habitantes. Por outra banda, están os pequenos concellos, con máis de 5.000 pero menos de 20.000 veciños, nos que non se reproduce esta situación e dos que tan só o 45% dispón de especialistas a cargo das actividades informáticas. Mellora o nivel de coñecemento do software libre entre os encargados e os usuarios informáticos. Desde a anterior vaga do estudo aumentou o coñecemento que os usuarios e responsables informáticos teñen do software libre e, así, no caso dos encargados das actividades informáticas,
24
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
alcanza unha valoración de 5,7 puntos sobre unha escala de 0 a 10, onde 0 é nulo e 10 moi alto. Aínda que este valor non resulta excesivamente elevado, é importante lembrar que en 2006 se rexistraba un nivel baixo, concretamente un 4,7 sobre 10. Outro dato de interese é que se reduce a fenda entre o coñecemento do software propietario e o libre, pois no anterior estudo era de 3 puntos, mentres que no ano 2007 é inferior a 2 (1,85 exactamente). CONCELLOS CON ENCARGADOS CON TITULACIÓN RELACIONADA COA INFORMÁTICA
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 23: concellos con encargados con titulación relacionada coa informática
A situación do software libre entre os usuarios informáticos é menos favorable, pois aínda que é certo que se rexistran avances no coñecemento desta tecnoloxía dentro deste colectivo (pásase dun nivel do 1,7 a 3,3 sobre unha escala de 10 puntos), segue a ser moi baixo e aínda perdura una fonda fenda entre este e o nivel alcanzado polo software propietario, de 3,6 puntos. COÑECEMENTO DE SOFTWARE LIBRE DOS ENCARGADOS INFOR. E USUARIOS. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 24: coñecementos de software libre dos encargados e usuarios. 2006-2007
O desenvolvemento de software mantense como unha actividade secundaria, mais, pese a isto, o software libre gaña protagonismo fronte ao propietario. A porcentaxe de concellos que desenvolve software internamente mantense en valores moi semellantes aos rexistrados na anterior vaga e é na actualidade o 25% o que realiza esta actividade. Respecto ao impacto do software libre, a situación parece mellorar, pois temos un crecemento do 2%, de xeito que alcanza o 8%
25
de municipios. Se temos en conta o feito de que só se desenvolven aplicacións informáticas na cuarta parte dos concellos, o software libre está entón presente nun de cada tres. Por outra banda, apréciase un descenso na utilización de tecnoloxías propietarias nos desenvolvementos informáticos, xa que baixa a porcentaxe de uso desde o 25 ao 20%. CONCELLOS QUE DESENVOLVEN SOFTWARE. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 25: concellos que desenvolven software. 2006-2007
PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO · Nos dous últimos anos aumentou de maneira importante a formación informática dirixida aos usuarios e dentro desta a formación en software libre experimentou avances moi significativos, pois duplicou a súa presenza nos concellos. · Os encargados das actividades informáticas dos concellos recibiron máis formación en software libre, pero baixa a porcentaxe de municipios que os formou no último ano no eido da informática. · O modelo de xestión das TIC é moi distinto entre os concellos pequenos e os de tamaño medio ou grande, pois dentro do primeiro grupo menos da metade conta con titulados técnicos á fronte das actividades informáticas, mentres que no segundo o habitual é contar con este perfil. · Aínda que persiste a fenda con respecto aos coñecementos sobre software propietario, detéctase unha mellora no coñecemento dos usuarios e os encargados das actividades informáticas sobre o software libre. · Son poucos os concellos que están a desenvolver internamente software. Con respecto á tecnoloxía elixida, o software libre medra, mentres que o propietario rexistra retrocesos. PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO · Organizar actividades formativas en software libre dirixidas aos responsables das actividades informáticas, pois probablemente resulte complexo encontrar esta formación no mercado. Isto podería ter un efecto dinamizador do software libre, tanto no departamento de sistemas do concello como no usuario final.
26
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
· Crear unidades de apoio e soporte técnico en software libre para os concellos de menos de 20.000 habitantes. Deste xeito impulsarase o software libre nos concellos que polas súas características non poidan contar con persoal especializado. · Impartir cursos para os usuarios informáticos dos concellos, principalmente centrados na ofimática e nas aplicacións de xestión, mostrando desde un punto de vista totalmente práctico como resolver os problemas máis comúns (expedientes administrativos, concursos públicos, etc.) e empregando para iso ferramentas libres. · Avaliar as necesidades que os concellos máis pequenos teñen no eido das aplicacións informáticas de xestión e e-administración e tentar satisfacelas desde a Administración con desenvolvementos en software libre que dean resposta ao conxunto de concellos. 2.5. Visión xeral dos concellos A valoración que os concellos fan dos provedores de software libre é moi semellante tanto no caso so software libre como no caso do software propietario. Os provedores de software libre reciben unha valoración elevada, 6,7 puntos nunha escala de 0 a 10, practicamente igual á recibida polos fornecedores de software propietario. Este feito parece confirmar que o software libre está a ofrecer un nivel de resultados satisfactorio e que existen provedores cos coñecementos necesarios para a súa implantación nos concellos. VALORACIÓN GLOBAL QUE OS CONCELLOS DAN AOS PROVEDORES DE SOFTWARE
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 26: valoración global que os concellos dan aos provedores de software
As accións comerciais sobre software libre comezan a ser frecuentes entre os concellos con máis de 20.000 habitantes. O ámbito que parece ser obxectivo de accións comerciais enfocadas ao software libre é a Administración local, xa que o 35% dos concellos foi informado sobre produtos ou servizos de software libre. Así mesmo, comparando cos datos da anterior vaga, apréciase un aumento moi importante da actividade comercial, xa que en termos xerais se triplicou, pois en 2006 tan só un 11% dos concellos se atopaba nesta situación. Tamén é moi destacable o feito de que a totalidade dos concellos de maior tamaño, é dicir, os que teñen máis de 50.000 habitantes, recibiu accións comerciais en software libre. Parece, pois, que as empresas provedoras de software libre detectaron un posible nicho de mercado na Administración local e iniciaron durante os dous últimos anos de forma xeneralizada
27
campañas co fin de ofrecer os seus servizos aos municipios, sobre todo aos que teñen unha envergadura que os obriga a ter unhas necesidades máis elevadas no campo tecnolóxico. ACCIÓNS COMERCIAIS EN SOFTWARE LIBRE RECIBIDAS POLOS CONCELLOS. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 27: accións comerciais en software libre recibidas polos concellos. 2006-2007
Un dos feitos que quizais animou as empresas informáticas a interesarse por este ámbito é a aparición de iniciativas, como a promovida pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, destinada a facilitar o acceso á sociedade da información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes. Subvenciónanse os custos de deseño e realización dunha páxina web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano. Entre os criterios esixidos figuraban os seguintes: o galego sería a lingua vehicular ou a primeira opción no caso de existir máis, a páxina debería cumprir as normas de accesibilidade W3C-WAI-AA ,e por último, o mantemento do portal debería facerse a través dunha aplicación xestora de contidos (CMS) de código aberto, ou no caso de concellos de maior tamaño que preferisen un desenvolvemento a medida, este debería facerse sobre a base do software libre. ESTIMACIÓN DA EVOLUCIÓN DO S. LIBRE NO MERCADO. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 28: estimación da evolución do software libre no mercado. 2006-2007
Os concellos consideran maioritariamente que o mercado do software libre crecerá. Do mesmo xeito que na pasada edición deste estudo, mantense unha percepción moi positiva sobre o posible
28
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
desenvolvemento futuro do mercado do software libre e, así, unha maioría de concellos (77%) considera que este evolucionará favorablemente. A pesar de que o dato é moi alentador, preséntase un pequeno grupo de municipios (3%) que parece mostrar certo rexeitamento ou desconfianza, xa que afirma que o software libre sufrirá un retroceso no futuro. Aínda que se trata dunha porcentaxe baixa, é recomendable seguir a súa evolución en estudos futuros. Os concellos estiman que hai unha porcentaxe elevada de incumprimento na regularización das licenzas de software propietario. A percepción que os concellos teñen sobre o cumprimento da legalidade no respectivo ás licenzas de software propietario mantense pasados dous anos, é dicir, existe a día de hoxe a visión de que a maior parte dos concellos (o 65%) usa, en menor ou maior grao, aplicacións de software propietario de modo ilícito, ben sexa por carecer da licenza necesaria ou por non contar co número axeitado para o total de ordenadores nos que se emprega. ESTIMACIÓN DOS CONCELLOS SEN LICENZAS REGULARIZADAS. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 29: estimación dos concellos sen licenzas regularizadas. 2006-2007
PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO · A valoración feita polos concellos dos provedores de software é notable, tanto no caso do software libre como no caso do propietario. · Detéctase un aumento na realización de accións comerciais por parte das empresas informáticas que ofrecen produtos ou servizos baseados no software libre. Esta mellora é máis notable nos concellos de tamaño medio ou grande. · A percepción sobre o futuro do mercado do software libre é moi positiva e aumentaron en dous anos os concellos que consideran que este crecerá, · A visión que os concellos teñen sobre o uso das licenzas de software propietario segue amosando un elevado nivel de incumprimento da legalidade.
29
PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO · Fomentar as iniciativas de apoio ás implantacións ou desenvolvementos a medida baseados no software libre para estimular a difusión deste nos concellos e xerar unha demanda que leve as empresas TIC a comprender as potencialidades e beneficios que esta tecnoloxía pode achegar. · Concienciar sobre a importancia do cumprimento dos termos establecidos nas licenzas de software privativo e amosar como, cun menor custo e igual nivel de resultados, o software libre pode axudar aos concellos a resolver as súas demandas en tecnoloxías da información e da comunicación. 2.6. Concellos como provedores de servizos públicos Neste apartado móstranse os aspectos relacionados co papel dos concellos como provedores de servizos ao cidadán e como axentes dinamizadores da sociedade da información no seu contorno. Agás os concellos máis pequenos, todos os municipios teñen páxina web. O 93% dos concellos galegos dispón na actualidade de páxina web. O feito de que este servizo non estea xeneralizado en todos débese a que unha parte dos concellos de menor dimensión aínda non conta con ela (8%). No resto de grupos, é xa algo moi común e o 100% dos municipios xa ten presenza na rede. CONCELLOS CON PÁXINO WEB. 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 30: concellos con páxina web. 2006-2007
Nos dous últimos anos aumentou o número de concellos que permite descargar documentos desde a súa páxina web. Na actualidade, o 76% dos concellos galegos permite descargar documentación desde os seus sitios web. Esta cifra elévase ata o 93% nos de tamaño medio e alcanza o 100% nas cidades. Nos dous últimos anos rexistráronse avances en todos os segmentos, menos nos municipios máis poboados, nos que xa na anterior edición se ofrecía este servizo de forma xeneralizada. Os estándares abertos son os máis empregados para os documentos que se descargan dos sitios web municipais. Os concellos optan maioritariamente polo emprego de estándares abertos (71%) nos documentos que se colgan nas súas webs. Pola contra, os estándares pechados utilízanse nun
30
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
29% dos casos. O feito de que os estándares abertos sexan os máis frecuentemente ofrecidos garante que o usuario poida optar libremente polo software que considere máis adecuado e ademais non supón un freo para o desenvolvemento do software libre. CONCELLOS CON PÁXINA WEB QUE PERMITAN DESCARGA DE DOCUMENTOS 2006-2007
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 31: concellos con web que permiten descargar documentos. 2006-2007
Á vista dos datos obtidos no estudo, parece desvelarse que, canto maior é o municipio, máis aumenta o uso de estándares abertos na documentación posta a disposición do cidadán no sitio web do concello. Así pois, por exemplo nos de maior dimensión, os estándares abertos chegan ao 88%. DISTRIBUCIÓN DOS ESTÁNDARES DE DESCARGA NAS WEBS DOS CONCELLOS
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 32: distribución dos estándares de descarga nas webs dos concellos
A práctica totalidade de concellos galegos ofrece acceso público a internet para os cidadáns. Todos os concellos con máis de 20.000 habitantes contan na actualidade con puntos de acceso público á rede situados en espazos públicos, como poden ser bibliotecas municipais, o propio consistorio, etc. No caso dos de menor tamaño, tamén se lle ofrece ao cidadán esta posibilidade nun número moi alto de localidades, un 93%. Polo tanto, asegúrase o acceso a internet para a maior parte da poboación dos concellos, independentemente da dimensión do municipio.
31
CONCELLOS QUE OFRECEN AOS CIDADÁNS ACCESO PÚBLICO A INTERNTE
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 33: concellos que ofrecen aos cidadáns acceso público a internet
O software propietario predomina nos equipos destinados a dar acceso público a internet nos concellos. O software propietario ten un maior peso nos computadores postos a disposición dos cidadáns para o acceso á rede, cunha porcentaxe dun 66% fronte a un 34% no caso do software libre. Esta situación é semellante á que presentan os propios equipos da Administración local destinados a uso interno. Non se indagou sobre o tipo de aplicacións ou sistemas de software libre que están dispoñibles nos equipos para uso público, pero todo fai pensar que se tratará de computadores con sistema operativo propietario e que o software libre se centrará principalmente nas aplicacións de ofimática e navegación web. DISTRIBUCIÓN DO S. LIBRE E PROPIETARIO NOS ORDENADORES DE ACCESO A INTERNET
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 34. distribución do software nos ordenadores de acceso público a internet
Case a metade dos concellos participou nalgunha actividade relacionada coa promoción das TIC e internet. O 45% dos concellos participou nalgunha actividade de promoción das tecnoloxías da información e das comunicacións e internet para os administrados: publicidade, formación, eventos, distribución de software e apoio a provedores TIC. Apréciase que entre os municipios de tamaño medio, os que contan cunha poboación entre 20.000 e 50.000 habitantes, houbo unha actividade máis intensa que no resto, xa que o 57% se viu involucrado nalgunha actividade desta índole.
32
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DAS TIC DENTRO DOS CONCELLOS
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 35: participación en actividades de promoción das TIC
As actividades de promoción das TIC céntranse no eido do software propietario, máis que no software libre. No que respecta á distribución das actividades de promoción das TIC entre software libre e propietario, a segunda tecnoloxía ten máis presenza (76%) e o software libre queda relegado a un segundo posto (24%). Sen dúbida ningunha esta situación debe observarse no futuro e apoiar os concellos que opten pola promoción dos produtos libres, posto que así se lles facilitará aos cidadáns o acceso á sociedade da información. DISTRIBUCIÓN DAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DAS TIC DENTRO DOS CONCELLOS
Fonte: Informe 'Software Libre nas Entidades de Galiza' 2007. Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.
Figura 36: distribución das actividades de promoción das TIC
PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO APARTADO · A maior parte dos concellos galegos dispón de páxina web e é ademais moi frecuente que se poña a disposición dos cidadáns documentación para a súa descarga. · Os concellos optan maioritariamente por empregar estándares abertos na documentación dirixida aos cidadáns no portal web do municipio.
33
· O acceso público a internet está practicamente garantido nos concellos galegos, pero nos equipos destinados a este uso ten pouca presenza o software libre. · A metade dos concellos galegos participou nalgunha actividade de promoción das tecnoloxías da información e da comunicación, aínda que estas se centran máis en aspectos relacionados co software propietario que no libre. PRINCIPAIS RECOMENDACIÓNS DO APARTADO · Fomentar a instalación de software libre nos equipos dirixidos a ofrecer acceso público a internet. Deste xeito darase a coñecer esta tecnoloxía e impulsará a moitos usuarios a empregala a título persoal. · Informar sobre a importancia dos estándares abertos e as vantaxes que proporcionan tanto á Administración como aos cidadáns. · Organizar actividades de promoción das TIC e formación aos cidadáns neste eido, prestando especial atención ás aplicacións e sistemas de software libre máis comúns (GNU/Linux, OpenOffice.org, Firefox, etc.).
3. Principais conclusións O software libre está presente na metade dos concellos galegos. O software libre emprégase nun número razoablemente elevado de concellos (o 49%), pois non debemos esquecer que se trata dun fenómeno relativamente recente no mercado do software. Ademais, o uso do software libre aumentou de maneira importante, posto que hai dous anos estaba a usalo o 32% dos municipios. O uso do software libre está xeneralizado nos concellos de maior tamaño. Nos municipios con máis de 50.000 habitantes, o software libre pasou de ter unha presenza do 67% a empregarse no 100%. Este feito ten moita importancia, pois a miúdo os municipios de maior dimensión son o modelo que seguen os de tamaño máis reducido. O ámbito de aplicación do software libre son os ordenadores de usuario. O software libre emprégase fundamentalmente no eido dos equipos de usuario máis que nos servidores ou equipos centrais. Dentro deste grupo destaca nas aplicacións informáticas, pois son poucos os concellos que adoptan sistemas operativos libres. Aumenta a presenza de aplicacións informáticas en galego. O idioma galego está presente no 65% dos concellos, de xeito que medra oito puntos desde o 57% rexistrado na anterior vaga. Tamén se detecta un crecemento da presenza de aplicacións en lingua inglesa, polo que é probable que existan novas demandas de tradución, que poden ser aproveitadas para difundir aínda máis o galego. Os concellos usuarios de software libre están satisfeitos e móstranse optimistas sobre a evolución deste nos ordenadores de usuario. O software libre acada un nivel de satisfacción entre o usuarios
34
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
notable (7,2 puntos sobre 10) e ademais detéctase unha percepción moi positiva sobre a tendencia que rexistrará no futuro o software libre nos ordenadores de usuario de concello. A combinación destes dous factores sen dúbida facilitará que en próximas observacións se poidan ver datos de uso aínda máis altos. O principal implantador de software libre é o propio concello. O persoal do concello é quen está a implantar o software libre na maior parte dos casos (51%). Este feito probablemente garde relación co tipo de equipos onde se emprega, os de usuario, e coas aplicacións máis frecuentes: as de ofimática, navegación web e correo electrónico. Un grupo significativo de municipios non usuarios de software libre prevé incorporaralo nos próximos anos. Case a cuarta parte (o 39%) dos concellos que non emprega na actualidade software libre ten pensado implantalo nun prazo que vai desde menos dun ano (4%) ata máis de dous anos (22%). Respecto ao campo máis probable para a súa introdución, é no ordenador de usuario (37%) onde parece que se introducirá primeiro. Os principais motivos para non usar software libre son semellantes aos da anterior vaga. A falta de formación (57%) e o descoñecemento ou falta de información (51%) mantéñense como as causas fundamentais para non empregar o software libre, pero comezan a ser significativos outros motivos, como a incompatibilidade co software actual (41%) ou a falta de provedores ou soporte (30%), que revelan intentos de adopción e necesidades derivadas de plans de implantación de software libre. Aumentan os concellos que forman os seus empregados e responsables informáticos en materias relacionadas co software libre. No caso dos usuarios informáticos, rexístrase un avance importante, dado que en tan só dous anos se duplica a porcentaxe de concellos que achegou formación en software libre, pois pásase dun 6 a un 13%. Dentro dos encargados das actividades informáticas tamén se observan melloras, aínda que máis contidas, pois medra a porcentaxe de formación en software libre desde o 13%ao 16%. Este dato debe enmarcarse no contexto dunha redución no global da formación informática, dado que baixou desde o 60 ao 43%. Os provedores informáticos intensifican a acción comercial en software libre. En dous anos triplicouse a porcentaxe de concellos que recibiu algún tipo de acción comercial relacionada con software libre (visita comercial, material publicitario, etc.), que alcanza xa o 35% de municipios. Neste feito poden ter influído as accións de promoción do software libre e da sociedade da información promovidas desde a Administración, tales como o apoio para a creación de portais web mediante tecnoloxía libre e accesible. A visión de futuro sobre a evolución no mercado do software libre é moi positiva. Un 77% dos concellos afirma que nos próximos anos se producirá un aumento do mercado do software libre. Pola contra, só un 3% considera que se producirá unha contracción neste. A práctica totalidade de concellos ten presenza na internet e opta por empregar estándares abertos na documentación dispoñible no seu portal web. O 93% dos concellos ten habilitado un sitio web corporativo. Esta cifra elévase ata o 100% nos municipios que superan os 20.000 habitantes. Á hora de escoller os formatos para a documentación ofrecida no seu sitio web, unha maioría opta polos estándares abertos (o 71%), de xeito que lles permite aos usuarios escoller que software
35
queren empregar para manipulalos e non os forzan a empregar un programa propietario con custo de licenza. Os concellos achegan internet ao cidadán e participan en actividades de difusión das TIC, pero o software libre ten pouca presenza en ambas as iniciativas. O 94% dos concellos galegos pon a disposición do cidadán puntos de acceso a internet, pero nestes o software libre non ocupa un lugar destacado, xa que representa o 34% fronte ao 66% do software propietario. Os municipios tamén actúan como axentes dinamizadores da sociedade da información, organizando actividades de promoción das TIC, pero novamente estas céntranse máis no software propietario que no libre.
4. Principais recomendacións Detectar as necesidades informáticas dos concellos non usuarios de software libre. Realizar unha análise das necesidades no eido dos sistemas informáticos que os concellos, especialmente os de menor dimensión, teñen na actualidade, intentando ofrecer asesoramento e solucións baseadas en software libre para resolver estas carencias. Promover a creación dunha comunidade de concellos usuarios de software libre. Establecer o marco colaborativo necesario para a posta en marcha dunha comunidade de concellos que emprega na actualidade software libre e que sirva como punto de encontro para compartir experiencias, recursos e deseño de novos proxectos en común, de xeito que xere economías de escala entre concellos e una esforzos. Crear unidades de apoio e soporte técnico en software libre. Posto que moitos concellos polas súas características non contan co persoal preciso ou cos coñecementos necesarios para poder abordar proxectos de implantación de software libre, faise necesaria a posta en marcha dunha rede de apoio, tanto para os aspectos máis técnicos do proceso, como para os relativos á formación no uso destas ferramentas. Deseñar actividades formativas en software libre para os traballadores dos concellos. Xa que a formación segue a ser unha das principais demandas dos concellos, faise imprescindible afondar neste campo e introducir nos plans de formación unha maior variedade de actividades relacionadas co software libre. Débense diferenciar, por unha banda, as iniciativas dirixidas aos usuarios informáticos, que deberían estar enfocadas a resolver as súas tarefas cotiás mediante o emprego de ferramentas libres, e, por outra, unha formación tecnicamente máis complexa para os encargados das actividades informáticas, centrada na prestación de servizos baseados no software libre. Apoiar as iniciativas de implantación do software libre ou desenvolvementos baseados neste. Achegar axuda aos concellos que opten por trasladar algún dos seus servizos a software libre ou que precisen de desenvolvementos a medida baseados en software libre para satisfacer as súas necesidades no campo dos sistemas de información. Deste xeito pódese xerar unha demanda que leve as empresas TIC galegas a valorar os beneficios que o software libre pode ofrecer e a apostar decididamente por este.
36
O SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS DE GALIZA 2007
Realizar campañas divulgativas centradas no software libre. Achegarlles aos concellos información xeral sobre o software libre: as súas vantaxes, recompilacións de aplicacións, alternativas libres ao software propietario habitualmente empregado no concello, casos de éxito noutros municipios do seu contorno, todo isto con fin de estimular os concellos non usuarios na adopción desta tecnoloxía. Aproveitar a baixa presenza de servidores centrais nos concellos pequenos como vía de entrada do software libre. Na actualidade, os servidores non están a ter todo o protagonismo que deberan nos concellos que teñen menos de 20.000 habitantes, o que pode ser unha porta de entrada para o software libre. Deste xeito, as administracións públicas con máis recursos (autonómica, central e incluso as deputacións) poden axudar a estes pequenos municipios e así contribuír á modernización do concello, á mellora dos indicadores da e-Administración e a dar a coñecer as alternativas ao software propietario. Levar a cabo unha campaña de concienciación sobre a importancia do cumprimento das licenzas de software e o uso dos estándares abertos nos concellos. Desde os concellos tense a percepción de que existe un elevado incumprimento dentro da Administración local dos termos establecido na licenzas de software propietario, polo que resulta necesario dar a coñecer as consecuencias xurídicas desta situación e informar de como o software libre pode axudar a corrixir esta anomalía. Ademais, debe informarse sobre a importancia de empregar estándares abertos na documentación electrónica que o concello produce, xa que, deste xeito, o cidadán non se ve forzado a mercar unha aplicación concreta para poder interactuar coa Administración e ademais non se fomenta o uso inapropiado das licenzas de software. Seguir traballando na localización de software libre ao galego. Dado o incremento de aplicacións en inglés, que probablemente sexan software libre, analizar posibles novos proxectos de tradución deste software ao galego, ben poñendo a disposición dos usuarios ferramentas colaborativas de localización ou ben deseñando novos proxectos de tradución executados por empresas TIC. Apoiar as actuacións dirixidas ao fomento do uso das TIC que teñan como base o software libre. Fomentar as actividades centradas na promoción das tecnoloxías da información que fagan fincapé no emprego do software libre: instalación de puntos de acceso público a internet dotados deste software, organización de cursos de formación sobre aplicacións ou sistemas operativos libres, xornadas divulgativas, etc.
5. Metodoloxía Antes de comentar os aspectos metodolóxicos deste estudo, convén sinalar algúns elementos importantes que condicionaron a súa orientación. O estudo actual enmárcase nun proxecto máis amplo do CESGA e a Consellería de Innovación que xa desenvolveu un primeiro estudo a finais do ano 2005 e principios de 2006 e que tamén inclúe actuacións directas destinadas aos catro ámbitos de estudo: · Pequenos e medianos concellos de todos os sectores empresariais
37
· Empresas informáticas · Administración local · Centros de ensino. Así pois, o estudo actual ten un corpo común, tanto para estes catro ámbitos como respecto ao estudo anterior, a fin de extraer conclusións adicionais que puidesen xurdir da comparación destas catro realidades e momentos temporais. 5.1. Definición do universo de estudo O universo que forma a base total das entidades estudadas componse dos concellos de Galiza que teñen máis de 5.000 habitantes. Como base de datos de referencia para determinar o universo do estudo tomáronse as cifras de poboación do padrón do Instituto Nacional de Estadística dispoñible na súa páxina web. 5.2. Definición da mostra de estudo A mostra formouse con 103 concellos. Para realizar as entrevistas telefónicas, elixiuse unha mostra de 103 entidades. Os datos de contacto foron obtidos do Directorio da Xunta de Galicia. A distribución da mostra realizouse por segmentos atendendo a dous criterios: polo tamaño do concello e pola provincia. Para establecer o tamaño do concello recorreuse á variable do número de habitantes. Establecéronse os seguintes grupos: de 5.000 a 10.000 habitantes, de 10.000 a 20.000, de 20.000 a 50.000 e de máis de 50.000. Para a distribución da mostra, e para un nivel de confianza do 95,5% e p=q, o erro obtido é do 3,8% para o conxunto. Para obter os resultados globais aplícanse coeficientes de ponderación dos segmentos de tamaño do concello segundo os grupos: de 5.000 a 20.000 habitantes, de 20.000 a 50.000 e de máis de 50.000. O traballo de campo realizouse do 8 ao 31 de outubro de 2007.
38
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB · 15707 Santiago de Compostela (Galiza / Spain) T +34 981 957 867 · F +34 881 999 113 · mancomun@mancomun.org http://www.mancomun.org
CRS_OBSERVAR_ENTIDADESGZ_ED2007_2008052801
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza