JOHN FROM_20160704_Ponte Vedra Viva [gl]

Page 1

A película 'John From', de João Nicolau, gañadora do Premio Novos Cinemas pontevedraviva.com/cultura/29222/pelicula-john-from-joao-nicolau-ganadora-premio-novos-cinemas/

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas, clausurou este domingo a súa edición 01, que deixou un grande sabor de boca entre o público coas súas diferentes actividades programadas ao longo da semana, especialmente o 'cinema baixo as estrelas' celebrado na Praza da Pedreira. Despois do visionado de todos os filmes a concurso, o xurado formado por Ana Isabel Strindberg, Jonás Trueba e Diana Toucedo deu a coñecer o seu veredicto nun acto no Teatro Principal. A película John From, de João Nicolau, levou o premio á mellor longametraxe "por facer vibrar ao xurado, polo súa viveza e emoción e por amosar o desexo e o amor", sinalou o xurado no seu fallo. Lu Bian Ye Can (Kaili Blues), de Gan Bi, recibiu ademais unha mención especial do xurado. Pola súa banda o Premio Xurado Novo 'Screenly', cun xurado composto por Flavia Rodríguez, Iria Silvosa, Pablo Vázquez, Santiago Morales e Nerea Darriba, foi para Short Atay, de Ted Fendt, "pola súa proximidade e honestidade" e tamén "polo xeito no que o director é capaz de encapsular o espírito de Novos Cinemas". O Premio Xurado Novo ten como finalidade axudar á distribución da película incluíndoa no catálogo de proxeccións baixo demanda Screenly. Por último o Premio dos Público Cinemas de Galicia, co que colabora AGADIC, recaeu en Siembra, de Santiago Lozano e Ángela Osorio. Como axuda á súa distribución este filme incluirase na rede de salas públicas Cinemas de Galicia para a súa exhibición cinematigráfica.

1 / 12

Clausura do festival Novos Cinemas 01 © Diego Torrado

1/1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.