12 de maio, día escolar das matemáticas 26‐ A matemática non era o seu inimigo, de feito definiu os números amigos como aqueles nos que a suma dos divisores dun é o outro.
12 de maio, DIA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS
27‐ Grazas á profesión comercial do seu pai, viaxou por todo o Mediterráneo e así aprendeu a calcular cos numerais indo‐arábigos, que se usan na actualidade. 28‐ Sen ver un barco na súa vida, con 19 anos, recibiu unha mención honorífica polo seu estudo de deseño náutico. 29‐ Como todas as mulleres científicas, foi autodidacta e, como as mulleres non eran admitidas na Escola Politécnica, conseguiu facerse con apuntes dalgúns cursos e presentou un traballo, asinándoo co nome dun antigo alumno da escola. O traballo impresionou aos profesores, que prognosticaron o seu éxito como analista, animándoa desta forma a seguir estudando. 30‐ Demostrou que o heptadecágono, o polígono regular de 17 lados, pode construírse con regra e compás, resolvendo de paso o problema clásico de que polígonos regulares poden construírse con regra e compás. 31 ‐Naceu en Lugo. Unha obra súa é o libro de autor galego con máis edicións e, grazas ao mesmo, os cálculos complicados eran moito máis doados de facer nun tempo no que non había calculadoras.
BIBLIOTECA IES XOÁN MONTES
Biblioteca IES Xoán Montes http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com/ Tf.: 982241984 Fax: 982227342 R. Montevideo s/n. 27004 Lugo
ADIVIÑA QUEN SON…
12 de maio: d í a
e s c o l a r
d a s
m a t e m á t i c a s
Adiviña quen son… 1‐Quen é o Nobel de matemáticas deste ano? 2‐Quen é o matemático ruso que ten a curiosa costume de rexeitar os premios que lle conceden? 3‐Era tan irónico que a un alumno que lle preguntou para que servía estudar xeometría deulle unhas moedas xa que debería gañar algo material do que aprendía. 4‐Fíxose famoso por sair da bañeira berrando “eureka”. 5‐Teresa Moure, na súa novela “Herba Moura”, describe a viaxe deste matemático e filósofo a Suecia, convidado pola raiña Cristina, famosa pola súa afección polas ciencias. 6‐Na universidade de Gottinger, concedéuselle o título Doctor in absentia (a distancia), xa que, sendo muller, o claustro non estaba disposto a facelo doutra forma. 7‐Foi a primeira programadora informática e era filla dun famoso poeta romántico inglés. 8‐Estudou os números perfectos. Un número perfecto é aquel que é igual á suma dos seus divisores exceptuando el mesmo. 6=1+2+3, 28=1+2+4+7+14. 9‐A súa obra matemática foi descrita como un poema científico escrito polo Shakespeare das matemáticas. 10‐Era un gran aficionado aos xogos de cartas e dados e grazas aos seus coñecementos de probabilidade puido vivir do xogo. 11‐Foi o primeiro matemático español en publicar os seus traballos en revistas estranxeiras. 12‐Unha das súas preocupacións foi o ensino das matemáticas en todos os niveis educativos. Publicou numerosos títulos de divulgación matemática para rapaces: Contos con contas, Aventuras matemáticas… 13‐Cando tiña dez anos, un día, na escola, o profesor mandou calcular a suma dos primeiros cen números naturais. O mestre pretendía ter uns momentos de tranquilidade… pero transcorridos uns segundos un rapaz levantou a man para darlle a solución: 5050. 14‐A versión matemática do Premio Nobel leva o seu nome. 15‐Desenvolveu o fundamento da súa teoría matemática no cárcere. Ainda que morreu aos 21 anos nun duelo, a súa publicación asombrou ao mundo científico.
… e quen serán, logo? 16‐É o matemático máis prolífico, coñecido como “ciclope das matemáticas”. Non deixou de escribir nin un so día da súa vida, pese a que nos últimos 16 estaba cego.
relaciónase o número de ouro co Universo grazas a ela.
17‐ Unha das primeiras mulleres matemáticas en ser recoñecida como tal, e ultimamente famosa por ser a protagonista dunha película de Alejandro Amenábar.
23‐ Coñeces a solución a x3 + Ax2 + Bx + C = 0 grazas a este personaxe coñecido por “O tatexo”. Durante un ataque á súa cidade, un soldado deixoulle o cranio roto, abertas as dúas mandíbulas e partida a lingua.
18‐ Viviu arredor do ano 2000 a.C., e dos seus coñecementos sabemos a través dun papiro, que no canto de levar o seu nome, leva o nome de quen o comprou. 19‐ A súa cruzada contra a sociedade tecnolóxica fixo que canalizase os seus coñecementos cara ao terrorismo. Aínda o está pagando con cadea perpetua. 20‐ Aplicou as matemáticas ao mundo da computación, logrando unha proba para discernir se os datos son enviados por humanos ou por máquinas (proba da existencia de intelixencia). Morreu cunha mazá envelenada. 21‐ É considerada a primeira muller matemática. Por primeira vez
22‐ Cando pretendeu publicar os seus coñecementos de logaritmos, tívoo que facer co nome do seu pai.
24‐ O seu nome significa “a máis grande” en grego. Esta muller non sufriu a discriminación por sexo na formación académica grazas ao seu pai. Matemática, astrónoma e filósofa, construíu instrumentos científicos como o astrolabio. 25‐ Ademais de estudar Medicina e publicar as súas teorías sobre as matemáticas, exerceu como astrólogo con tanto éxito que chegou a ser o máis afamado da súa época. Esta sona foille fatal, pois prognosticado o día da súa morte, suicidouse para deixar a salvo a súa reputación.