En tempos de crise ata na T.I.A. teñen que aforrar. O Súper ordena a Mortadelo e Filemón que poñan en práctica os novos sistemas de aproveitamento de materiais. Imaxinade o desastre!
Escolle o teu libro e vive a lectura o Parecía que estaba sempre nas nubes, pero coa súa inventiva foi capaz de defender a súa cidade de todo un exército, coa axuda duns simples espellos.
Lecturas para o verán
O sorriso da muralla Boletín da biblioteca do IES Xoán Montes
Este foi un ano de moitas lecturas: novela, ciencia, poesía e cómic. Para acompañarvos no verán ofrecémosvos máis de aquelo que vos gostou e demandastes; tamén algunhas novidades coas que esperamos atinar.
Greg ten 12 anos. Coñeceremos as súas divertidas desventuras. Un retrato cómico da vida dun pre‐ adolescente.
Nesta despedida, os que estamos na biblioteca, agradecemos as vosas visitas, suxestións e sobre todo, os sorrisos que recibimos cun libro polo medio.
o sorriso da muralla Rúa Montevideo s/n, 27001 Lugo Tel. 982241984 Fax: 982227342 bibliotecaxoanmontes@gmail.com http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com
Xuño 2011 Boletín número 7
Jack ten mal o corazón e para salvalo colócanlle un reloxo de madeira ao que deberá dar corda durante toda a súa vida. Unha das regras que deberá cumprir é que non pode namorarse... pero coñecerá a Miss Acacia e embarcarase nunha marabillosa aventura.
Poesía para disfrutar e sentir como algo vivo e entretido.
Unha estrela do rock mundialmente coñecida é tiroteada por unha das súas fans. Unha historia de intriga e amor.
"creo que a televisión é moi educativa, cada vez que a prenden, marcho para outro cuarto a ler" Groucho Marx Catro rapaces frikis, unha escola única e unha directora excéntrica.
Isabelle instálase nun vello caserón, o misterio que rodea a esta muller espertará as sospeitas dos seus veciños, sobre todo cando unha vaca aparece completamente desangrada.
Recompilación das primeiras tiras do detective neoiorquino. Intriga e melodrama sentimental ambientado despois da Segunda Guerra Mundial.
A familia celta dos Barbazón celebra o solsticio de verán, a festa pagá da noite máis curta do ano.
As matemáticas non menten! dicía, e por iso de maior chegou a ser a científica máis grande do seu tempo.
Un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil. Un libro de versos sen final feliz.