Biodiversidade aos teus pes

Page 1

REdondEla

Biodiversidade

aos teus

Pés

Esta exposición forma parte do proxecto “Biodiversidade aos teus pés”, iniciativa do Concello de Redondela financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología Ministerio de Ciencia e Innovación.

Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


Biodiversidade A paisaxe que contemplamos en Redondela é o reflexo da historia dos seus habitantes e as súas actividades desde hai máis de 4.000 anos. É o resultado da interacción entre o ser humano e o medio natural, na terra e no mar. A comezos do século XXI, os redondeláns mantemos a dependencia dos recursos naturais do mar e da terra: para a actividade pesqueira e o marisqueo, para a agricultura e o forestal, para o turismo. Alén do valor económico, o patrimonio natural tamén contribúe á nosa calidade de vida: a calidade do aire que respiramos, a paisaxe que contemplamos, o monte onde paseamos, a praia onde nos bañamos, a natureza que nos rodea e inspira.

aos teus

Pés

As mesmas circunstancias naturais que fan da comarca un lugar tan agradable para nós, tamén o fan para a multitude doutras especies de flora e fauna que chegaron aquí, antes ca nós. Esta exposición apela ao recoñecemento desta privilexiada biodiversidade, na terra e no mar, e da que nós non somos máis que gardiáns.

Hábitats do litoral

Hábitats terrestres

Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


Deseño e producción: Integra futuros sostíbeis, s.l. Fotografía: Daniel Cara Gil

Debaixo

da Auga

Hai 12.000 anos, despois da última idade de xeo, o nivel do océano Atlántico subiu. Asolagou os vales fluviais da costa galega, e así formáronse as rías. Na ría de Vigo o mar entrou uns 35 km, pasando o estreito de Rande e creando así a Enseada de San Simón. Hoxe, a maioría dos sedimentos vertidos polos ríos Verdugo-Oitavén e Maceiras-Alvedosa non chegan ao mar aberto. De feito, co paso do tempo a enseada está a se encher pouco a pouco con ese material de enxurrada. Os diferentes hábitats que atopamos no litoral de Redondela son o testemuño deste lento proceso natural de entullo, colonización por plantas e conversión, logo de miles de anos, en zona terrestre. En conxunto sosteñen unha biodiversidade de importancia internacional.

o Afloramento Oceánico Cada primavera-verán, cando os ventos dominantes sopran do nor-nordeste, prodúcese un desprazamento das augas superficiais costeiras cara ao oeste, cara ao mar aberto. Créase un “baleiro” que provoca o ascenso das augas profundas para enchelo, e co paso dos días estas augas frías e cargadas con nutrientes chegarán mesmo ao interior das rías. A pouca profundidade da auga, a enerxía do sol no verán, e as altas concentracións de nutrientes, son condicións que provocan unha explosión de fitoplancto e algas, e crea a base alimentaria para o resto de formas de vida das augas mariñas da cadea trófica. Este proceso fai que as Rías Baixas sexan un dos ecosistemas acuáticos bioloxicamente máis produtivos de Europa.

auga doce dos ríos (menos densa)

auga salgada e fría, procedente do oceano (máis densa)

choco (Sepia Officinalis) FOTO: MANUEL E. GARCI

as Pradarías de Seba

Debaixo da auga agóchanse verdadeiras xoias biolóxicas como as “pradarías” de seba, que podemos observar entre a franxa da baixamar e ata 5 m de profundidade aproximadamente, medrando sobre fondos de area e lama con alto contido de materia orgánica. As sebas son plantas herbáceas mariñas, acotío confundidas con algas, e na enseada existen dúas especies: Zostera marina, nas zonas máis profundas, e Zostera noltii, que chega a ocupar parte da zona intermareal.

alavanco real (Anas platyrhynchos)

Desenvolven un papel ecolóxico clave no ecosistema global da enseada. Reteñen e estabilizan os sedimentos que chegan á enseada a través dos ríos, axudando así a reducir a turbidez da auga e amortecer o seu movemento, e así favorecen certa quietude na auga.

parrulo chupón (Aythya ferina)

seba (Zostera marina)

anguía (Anguilla anguilla)

solla (Platicthys flesus)

nécora (Necora pubens)

Estas pradarías constitúen un refuxio e hábitat idóneo para a desova, a cría e a alimentación de peixes como o cabaliño de mar (Hippocampus ramulosus), o fodón (Trisopterus minutus), a solla (Platichthys flesus), a robaliza (Dicentrarchus labrax), o muxo (Chelon labrosus) e a anguía (Anguilla anguilla). Entre os invertebrados sobresae, por riba de todos, unha especie de cefalópodo que desova e cría aquí: o famoso “choco de Redondela” (Sepia officinalis), e máis a lura (Loligo vulgaris); asemade son frecuentes varios crustáceos, como a nécora (Necora puber), e equinodermos como a estrelamar (Marthasterias glacialis). Destacan tamén as numerosas aves adaptadas para se aproveitar desta produción natural. Nas augas do infralitoral abondan os patos e parrulos (as anátidas), capaces de mergullarse ata 2-3 m na procura de alimentos. Con aproximadamente 3.000 individuos, a enseada acolle un 10% das anátidas invernantes de Galicia, sendo máis numerosos o parrulo asubiador (Anas penelope), o alavanco real (Anas platyrhynchos), e o parrulo chupón (Aythya ferina). parrulo asubiador (Aythya ferina)

Redondela

o Litoral Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


Deseño e producción: Integra futuros sostíbeis, s.l. Fotografía: Daniel Cara Gil

Entre Mareas garza (Ardea cinerea) e garceta (Egretta garzetta)

Durante a baixamar a superficie acuática na enseada pode verse reducida un 25%, quedando ao descuberto unhas 500 ha de chairas areosas e lamacentas. Esta enorme banda intermareal é unha zona de alimentación para decenas de especies de aves, e unha das principais razóns porque a enseada acolle un promedio de 6.000 aves acuáticas.

As Chairas A pesar do seu aspecto inhóspito e máis o cheiro a ovos podres, unha observación máis achegada amosa a presenza de algas como a leituga de mar (Ulva rigida), e a seba pequena (Zostera noltii). Abonda neste medio a miñoca mariña ou “bicho” (Arenícola marina), ademais de crustáceos, moluscos e gasterópodos.

chairas do verdugo

Onde os fondos son máis areosos, na maior parte da ribeira oriental da enseada, as suaves pendentes e a tranquilidade das augas converten o intermareal nun hábitat ideal para a medra de moluscos bivalvos. Velaí a importancia da enseada para o croque (Cerastoderma edule), as ameixas (Venerupis spp.) e a navalla (Ensis ensis). Entre algas como a correola (Chorda filum) tamén atopan acubillo pequenos crustáceos como o caranguexo común (Carcinus maenus) e o camarón (Palaemon serratus).

mazarico rubio (Limosa lapponica) virapedras (Arenaria interpres)

mazarico chiador

(Numenius phaeopus)

o Comedor das Aves

alavanco real (Anas platyrhynchos)

carangrexo (Carcinus maenus) miñoca (Arenicola marina)

As Marismas Salobres Co paso do tempo e coa continuada acumulación de sedimentos, o nivel do terreo vaise elevando. As comunidades de vexetación asociadas mudan segundo a proporción do tempo que están emerxidas, e sobre os fondos lamacentos comezan a colonizar plantas como a morraza (Spartina maritima), e a herba salgada (Salicornia ramocissima). Nalgunhas partes da enseada estas plantas halófilas chegan a ocupar grandes superficies e forman un tapiz denso que recobre o chan e frea a forza das augas, contribuíndo deste xeito ao depósito das partículas en suspensión, e provocando que progresivamente se eleve marisma de vilaboa aínda máis o nivel do terreo. Son as marismas salobres, e representan a verdadeira fronteira entre os hábitats terrestres e o mar. Ademais de Salicornia e Spartina atopamos os xuncos (Juncus maritima, Scirpus spp.), e onde as augas son máis doces os carrizos (Phragmites australis) e as espadanas (Typha latifolia). Co tempo, a sucesión ecolóxica resultaría nun bosque de ribeira, un proceso que se pode observar nas marxes interiores das marismas do extremo norte da enseada, onde atopamos árbores como o salgueiro (Salix atrocinerea) e o ameneiro (Alnus glutinosa). Hoxe, a única extensión grande de marisma que fica son as 30 ha no contorno das antigas salinas de Vilaboa, xa que o crecemento urbano de Redondela na segunda metade do século XX causou a desaparición case total da gran marisma de Santa Mariña. Na Punta Pesqueira, no extremo norte do municipio, tamén se conserva unha marisma de menor tamaño.

marisma de A baixamar é o mellor momento para santa mariña, observar a especial importancia da anos 60 (Foto CAL 3) zona intermareal para a alimentación das aves acuáticas. As garzas (Ardea cinerea), garzotas (Egretta garzetta), e limícolas como o mazarico rubio (Limosa lapponica), aprovéitanse das súas patas longas para vadear nas augas de 10-15 cm de profundidade na busca das miñocas, máis outros invertebrados e pequenos peixes. Outras limícolas máis diminutivas, como os pilros (Calidris spp.) e as píldoras (Pluvialis spp.) andan pola beira onde atopan os invertebrados atrapados fóra da auga. Cando sobe a marea, adáptanse mellor as aves capaces de mergullarse na procura de alimentos: os patos e outras aves anátidas.

Redondela

o Litoral Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


Deseño e producción: Integra futuros sostíbeis, s.l. Fotografía: Daniel Cara Gil

A Beira A Beira

do Mar do Mar A maior parte da beiramar de Redondela é unha combinación de pequenos rochedos e areais. A súa distribución depende das correntes da ría, que inflúen as zonas de acumulación dos sedimentos grosos. A “supralitoral”, xusto enriba da liña da preamar, é a zona do litoral que máis sufriu á presión humana, desde o turismo das praias ata a construción de vivendas, portos e outras infraestruturas.

Os Areais

Nas proximidades da Illa de San Simón, onde conflúen correntes de fluxo e refluxo mareal, foise acumulando unha barra de area formando unha frecha litoral: a Punta do Cabo, que con 6 ha no supralitoral representa o areal máis grande da Enseada. O máis probable sería que co paso dos séculos (no caso de non haber interferencia humana que poida impedir o proceso natural), a Punta chegara a conectarse coa illa formando unha gran barra areosa ou tómbolo. Se imos “praia arriba” deixando a influencia da auga, as condicións físicas fanse duras. As plantas terrestres destes medios areosos teñen que aturar a seca, a calor, a escaseza de nutrientes e as salpicaduras de auga salgada. Plantas coma o cardo de ribeira (Eryngium maritimum), a eiruga mariña (Cakile maritima) e a leiteira (Euphorbia paralias) contan con adaptacións fisiolóxicas para sobrevivir na primeira liña de praia. Máis arriba, a acumulación de pequenas cantidades de materia orgánica permite a colonización de máis especies herbáceas e pequenos arbustos, como son o carrasco bravo (Helichrysum picardii) e a espigadilla do mar (Artemisia crithmifolia), formando un contorno semellante ás dunas “grises” semi fixas da costa aberta.

a punta do cabo, cesantes

A Costa Rochosa camarón (Palaemon serratus) buche bravo (Ascophyllum nodoso)

esquerda a dereita:

paxariño amarelo (Linaria polygafolia), carrasco bravo (Helichrysum picardii), correola das praias (Calystegia soldianella), herba algodoeira (Otanthus maritimus), leiteira (Euphorbia paralias), cardo de ribeira (Eryngium maritimum),

Desafortunadamente, na Punta do Cabo e noutros areais da Enseada a presión humana, a partir da segunda metade do século XX, foi demasiado intensa para estes fráxiles ecosistemas. Chegado o ano 2000 a Punta perdera case totalmente a súa flora autóctona e, de feito, o seu valor como hábitat para aves era case nulo; por iso, en 2004 o Concello de Redondela encetou un proxecto de restauración de vexetación autóctona en parte do areal e o control do acceso a esta superficie. Co paso dos anos obsérvase que se está a recuperar, de vagar ese tipo de flora que, nun futuro, podería devolver un valioso hábitat á diversa fauna da Enseada.

Na franxa litoral onde o substrato é a propia rocha nai, as condicións ecolóxicas na zona intermareal tamén se fan duras para a vida mariña. Algunhas algas adáptanse a sobrevivir certo período fóra da auga na baixamar, salientando entre elas o bocho (Pelvetia caniculata), o buche bravo (Ascophyllum nodosum) e a corbela (Fucus vesiculosus); tamén hai moluscos afeitos a este espazo cambiante, como a lapa (Patella vulgata) que evita secarse grazas á súa grosa cuncha e ao seu potente feche hermético. Nos pequenos charcos que quedan na baixamar, é posible observar pequenos moluscos como o caramuxo (Littorina littorea), e crustáceos como o camarón de rocha (Palaemon serratus). As rochas tamén serven acotío como lugares de repouso e de vixilancia para certas aves, como os máis de 2.000 individuos das sete especies de gaivota (Larus spp.) presente na enseada. Tamén é lugar común favorito para outra das aves máis comúns na Enseada, o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo).

gaivota chorona (Larus ridibundus)

A Punta do Cabo en 2004 (arriba) e 2010 (abaixo)

Redondela

o Litoral Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


Os

Ríos río fondón, trasmaño

Aproximadamente o 80% da chuvia que cae en terras redondelás é vertida na Ría de Vigo no mesmo lugar, na foz da Portela, onde conflúen os tres ríos principais do concello: o Maceiras, o Alvedosa e o Pexegueiro. Entre eles drenan case toda a parte central e norte do municipio. O cuarto río, en canto ao seu caudal, é o Fondón, que baixa de forma abrupta do Monte Penide e desemboca en Chapela.

nas Ribeiras

Nos seus tramos finais, ao pasar polos núcleos urbanos de Redondela e Chapela, os ríos redondeláns sufriron os efectos da urbanización. A combinación da forte presenza humana, as marxes e leitos alterados, e a eliminación da vexetación autóctona de ribeira reduciron os ecosistemas fluviais a ser case que simples “canles de desaugue”, con escasa diversidade. Porén, augas arriba atopamos outra realidade. No lugar do estéril formigón e bloques de pedra dos tramos baixos atopamos terra e vexetación nas marxes e nos leitos, con buratos feitos polos diversos animais que aquí fan o seu fogar, unidos por unha densa cinta verde de liques, fentos, gramíneas e ciperáceas. A maior parte dos percorridos dos ríos conservan tamén unha estreita fileira de ameneiros, salgueiros, freixas, carballos e bidueiros, que axudan a estabilizar as marxes do río e ademais son refuxio de moita da fauna fluvial, clave para aquelas especies que pasan parte do seu ciclo vital fóra da auga. ra patilonga (Rana iberica)

río maceiras, negros-saxamonde

Na confluencia dos regatos Cabeiro, Güelas e Pereira co Maceiras (Vilar de Infesta, Saxamonde e Negros), no tramo medio do Alvedosa (Reboreda), e do Fondón (Trasamañó) máis nalgún outro lugar puntual, atopamos mostras do bosque de ribeira, considerado de conservación prioritaria pola Directiva Hábitats europea, relativamente ben conservadas. É posible observar pa xaros emblemáticos dos ríos galegos como son o picapeixe (Alcedo atthis) e o merlo rieiro (Cinclus cinclus), e mamíferos como a pequena rata de auga (Arvicola sapidus) e, se temos moita sorte, a lontra (Lutra lutra).

merlo rieiro (Cinclus cinclus)

na Auga

Os peixes, anfibios e réptiles tamén dependen da naturalidade das marxes e da presenza de vexetación dentro e fóra da auga, e os tramos máis naturais son os mellores lugares para atopar as troitas (Salmo trutta fario) e anguías (Anguilla anguilla). Entre as oito especies de anfibio citadas en Redondela destacan dous endemismos galegos: a saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica) e a ra patilonga (Rana iberica). Ambas especies viven nos pequenos arroios dos tramos altos dos ríos, de augas rápidas e frías, con abondosa vexetación nas marxes.

FOTO: FERNANDO RODRÍGUEZ BREA

cobra viperina (Natrix maura) devorando unha troita (Salmo trutta fario)

Corredores Ecolóxicos Os habitantes máis numerosos e diversos dos ríos son os invertebrados. Moitos insectos voadores, como esta libélula recen emerxida, son acuáticos na súa fase larval.

Fóra da influencia das marés desaparecen os muxos (Chelon labrosus) pero aparecen as troitas (Salmo trutta fario); tamén atopamos anguías (Anguilla anguilla).

Por último, convén destacar tamén outra función dos ríos e do bosque de ribeira nunha paisaxe tan humanizada como a nosa. Onde os hábitats naturais e semi-naturais están fragmentados e son de pequenas extensións, serven como vías de acubillo, usadas por todo tipo de especies animais para moverse de forma protexida entre as diferentes zonas. Son os corredores ecolóxicos, que ademais de ser reservorios das sementes da flora autóctona, conectan bioloxicamente o territorio redondelán desde a Enseada ata os bosques e matos dos montes máis altos.

saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)

anguía (Anguilla anguilla)

Redondela Augas

Continentais Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


Brañas e

Humidais

ra verde (Pelophylax perezi)

Nas zonas caracterizadas pola acumulación de auga en superficie, sexan nas zonas chas no monte, como nas cabeceiras dos regatos, ou preto da desembocadura dos ríos, atopamos as brañas continentais, os hábitats con maior biodiversidade e tamén os máis fráxiles. A súa escasa superficie actual en Redondela é o impacto patente do desenvolvemento urbanístico dos últimos 50 anos.

Brañas altas e turbeiras Na planicie do Monte Penide, na Chan de Humberto, onde o enchoupamento permanente e a diminución da concentración de osíxeno atrasa a descomposición vexetal, atopamos o único exemplo de turbeira do municipio, onde domina o brión Sphagnum. Saíndo das zonas permanentemente asolagadas existe unha transición a outras asociacións vexetais que corresponden a diferentes niveis de humidade no solo. Destacan as praderías húmidas con gramíneas (Molinia caerulea), xuncos (Juncus spp.) e ciperáceas (Carex spp.), salpicadas moitas veces coa xanzá (Gentiana pneumonanthe), a herba de algodón (Eriophorum angustifolium), e a protexida amarelle (Narcissus spp.). Nos bordes desta zona observamos tamén a matogueira higrófila formada por Erica tetralix, Erica ciliaris e Calluna vulgaris, que tamén constitúe un hábitat prioritario de conservación na Directiva Hábitats. As turbeiras e brañas son ecosistemas extremadamente pobres en nutrientes, por iso, para sobrevivir, algunhas plantas como a orballiña (Drosera rotundifolia) complementan a súa alimentación coa captura de pequenos insectos mediante uns peliños pegañentos existentes nas súas follas. estroza (Hyla arborea)

orballiña (Drosera rotundifolia)

Xunqueiras e Carrizais Hai cen anos as brañas continentais máis importantes non se atopaban nas zonas altas, senón preto das desembocaduras dos ríos Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras, onde as marismas de auga doce dominaban a superficie actualmente ocupada pola parte baixa do casco urbano. Na actualidade fican tan só 0,5 ha en Santa Mariña, no tramo final do Pexegueiro, do que foi a grande marisma de Redondela. Esta marisma diferénciase das marismas salobres por estaren por riba da liña da preamar, de xeito que non se ven afectadas pola auga salgada. Bioloxicamente moito máis produtivas que as turbeiras e brañas altas, caracterízanse pola densa e alta vexetación, tal que espadanas (Typha latifolia), carrizos (Phragmites australis) e canas (Arundo donax), e outras formacións con plantas máis pequenas, como a platanaria (Sparganium erectum) e o lirio amarelo (Iris pseudoacorus).

sapo común (Bufo bufo) en matogueira higrófila cobra viperina(Natrix maura)

Representan hábitats clave para a cría de aves e anfibios: aínda no anaco que quedou da antiga marisma é doado observar aves como a galiñola negra (Fulica atra), a garza (Ardea cinerea) e o picapeixe (Alcedo atthis), así como anfibios como a ra verde (Pelophylax perezi).

Charcas e Humidais estacionais Outras pequenas zonas húmidas asociadas á rede fluvial están distribuídas por case todos os montes do municipio. As pequenas xunqueiras nas cabeceiras dos regatos, as charcas estacionais e permanentes, e os prados de inundación son os hábitats por excelencia dos anfibios, o grupo de vertebrados máis ameazado, os cales dependen exclusivamente das zonas húmidas para a reprodución. Nas charcas e brañas permanentes reproducen, por exemplo, urodelos como a pintafontes verde (Triturus marmoratus), anuros como a ra verde (Pelophylax perezi) e a estroza (Hyla arborea), mentres o sapo corredor (Bufo calamita) elixe pequenas charcas estacionais para a desova e a cría das larvas.

Ata hai 70 anos, o mar entraba ata o centro da vila e a zona da “xunqueira” era un importante humidal

lirio amarelo

(Iris pseudacorus)

As fontes e os pozos:

a alternativa humanizada para os anfibios

ra verde (Pelophylax perezi) entre oucas (Ranunculus sp.)

garza (Ardea cinerea) galiñola negra (Fulica atra)

Ao tempo que a actividade humana causou a perda de importantes zonas naturais de cría para anfibios, algunhas especies atoparon alternativas nas pequenas infraestruturas hidráulicas construídas no rural. A pintafontes, tal como delata o nome, gusta de aproveitar as fontes, as pozas de rego e as charcas, sobre todo cando mantemos parte da vexetación natural do contorno. Nos montes dominados polas plantacións forestais, os depósitos antiincendios poden representar o único punto de acumulación de auga permanente. Teñen o potencial de ser colonizados por anfibios, substituíndo como hábitat ás xunqueiras e brañas desaparecidas, aínda que a falta de saídas axeitadas dos tanques e as prácticas de limpeza cando a época de cría, convérteas adoito en trampas mortais. Aplicar pequenas melloras no deseño e no manexo destas pozas, podería render grandes beneficios ás poboacións de anfibios nos montes redondeláns.

pintafontes verde (Trituris marmoratus)

Redondela Augas

Continentais Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


O Bosque Autóctono A árbore raíña das Rías Baixas é o carballo (Quercus robur), a especie que dominaba a paisaxe antes de chegar o ser humano, e que hoxe, tras o cese das actividades que mantiñan o monte baixo, é das primeiras árbores en volver ocupar o monte. En Redondela na actualidade non conservamos ningunha carballeira de grande extensión, senón moitos pequenos fragmentos ciscados por todo o territorio municipal, que en conxunto suman unha superficie importante. As mellores mostras pódense ver no contorno do rego das Chans (Reboreda); na confluencia dos ríos Cabeiro, Güelas e Pereiras, no val do Maceiras; e no tramo medio do Fondón en Trasmañó. sobreiral da peneda, o viso

Se o carballo é ben o denominador común, a carballeira non é o noso único tipo de bosque autóctono. Nas ladeiras máis soleadas atopamos as sobreiras (Quercus suber), ficando trazos deste bosque máis tipicamente mediterráneo en Soutoxuste, na Peneda, e en Trasmañó. Máis doados de ver son os bosquetes de ribeira, clasificados de conservación prioritaria pola Directiva Hábitats da UE, nos que o ameneiro (Alnus glutinosa) convive cos salgueiros (Salix atrocinerea) e, nas partes altas, co bidueiro (Betula alba). Atopamos bandas estreitas deste bosque nos tramos medios dos catro ríos principais do municipio, no Maceiras, Alvedosa, Pexegueiro e Fondón. herba das almorrás (Ranunculus ficaria)

Os Bosques Autóctonos de Redondela carballeira no val do fondón, trasmañó. As carballeiras de Redondela son in-

maduras, pero nalgunhas xa se está rexenerando o sotobosque autóctono con loureiro e xilbarbeira

viola (Viola palustris)

boleto (Boletus edulis)

A vida no bosque A maioría dos rodais que atopamos en Redondela destes bosques autóctonos, ademais de ser de pequenas superficies, son novas, plantadas ou rexeneradas resultado do abandono das actividades agrícolas tradicionais, e inda precisan moitos anos para madurar e convertirse en verdadeiros bosques. Non obstante, a fauna que atopamos poida que sorprenda. O mosaico que configuran estes rodais cos prados, matos e outros hábitats abertos favorece ás especies que precisan da mestura de hábitats e da elevada insolación, comparado cun bosque máis grande: abondan réptiles como o lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), que precisa a insolación para se quentar. Os altos niveis de luz tamén favorecen arbustos como os estripeiros e as silveiras, que leva consigo beneficios para bolboretas como o podalirio (Iphiclides podalirius), que se alimenta nas flores; e para paxaros como o ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus), que aniña protexido entre as densas silveiras. Os bosques dos vales do Maceiras, Alvedosa e Fondón incluso acollen aves rapaces como o gabián (Accipiter nisus) e o miñato (Buteo buteo), que aniñan nas pólas e saen de caza tanto no bosque coma nos campos do arredor. Asemade son base de operacións de mustélidos como a algaria (Genetta genetta) ou o teixugo (Meles meles).

Dereita, arriba a abaixo: bolboreta castaña do bosque (Pararge aegeria), cardeal común (Pyrrhula pyrrhula), teixugo (Meles meles) , gabián (Accipiter nisus)

ferreiriño negro (Parus ater)

tipo

especies principais

onde velo mellor?

Carballeira Carballo (Quercus robur) Loureiro (Laurus nobilis), estripeiro termófila

Val do Maceiras (Negros, Saxamonde) Val do Fondón (Trasmaño)

Sobreiral

Monte da Peneda, Soutoxuste, Trasmaño (“ruta da auga”)

(Pyrus pyraster), xilbarbeira (Ruscus aculeatus), fentas (Dryopteris spp.), hedra (Hedera helix)

Sobreira (Quercus suber) carballo (Quercus robur), érbedo (Arbutus unedo), loureiro (Laurus nobilis), xesta branca (Cytisus multiflorus)

Bosque de ribeira

Ameneiro (Alnus glutinosa), Salgueiro (Salix atrocinerea) Carballo (Quercus robur), bidueiro (Betula alba), freixa (Fraxinus angustifolia), fentas (Dryopteris spp.), fento real (Osmunda regalis)

Pexegueiro (Cesantes), Maceiras (tramo medio en Negros, Saxamonde) Alvedosa (Reboreda) Fondón (Trasmañó)

As Árbores Senlleiras

A sobreira da peneda. Árbores vellas como esta acollen varias especies de lique que non medran en árbores máis novas vacaloura (Lucanus cervus) Redondela aínda acolle unha puñada de maxestosas árbores senlleiras, relictos de bosques máis vellos. A maioría son ben coñecidas e celebradas, como as sobreiras da Peneda e de Reboreda, e o (xa morto) carballo das Cen Pólas. A madeira morta asociada con estas e outras árbores maduras, tanto en pé como deitada, é esencial para moitos fungos e invertebrados, e consecuentemente para as aves e mamíferos que se alimentan deles. Por outra banda, as fendas e regañas no tronco e pólas dun carballo vello son usadas como refuxio por morcegos (Rhinolophus spp., Pipistrellus pipistrellus); ou para o aniñadoiro de aves como o peto (Picus viridis, Dendrocopos major), ou para a reprodución de insectos como a vacaloura (Lucanus cervus), entre outras especies.

Redondela

o Monte Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


As Plantacións

Forestais

As masas forestais máis extensas en Redondela non son naturais: falamos dos piñeirais (Pinus pinaster e P. Radiata), e dos eucaliptais (Eucalyptus globulus); plantadas en grandes cantidades desde os anos 1940 en sucesivos programas de reforestación do monte raso, polo que agora ocupan a meirande parte do monte. Daquela a produción de madeira parecía unha alternativa económica á actividade agro gandeira e contra o abandono do rural, unha maneira relativamente sinxela de rendibilizar o monte, sen o traballo intensivo que o agro e a gandería esixían. Hoxe en día, de feito, a industria de produción forestal é un piar importante no conxunto da economía galega.

Durante os primeiros ciclos de produción de madeira, a tendencia é á rexeneración de árbores e arbustos autóctonos debaixo das árbores plantadas. En moitas plantacións o rexenerado natural deu paso a masas forestais mixtas, de piñeiro e/ou eucalipto con carballo, que supoñen un importante refuxio para un amplo rango de animais, desde pequenos invertebrados ata grandes mamíferos, como o corzo (Capreolus capreolus) e o porco bravo (Sus scrofa).

Unha colección de árbores ou un bosque?

sobreiras e carballos rexenerando debaixo de piñeiros , trasmañó esquío (Sciurus vulgaris)

A plantación de árbores non necesariamente crea un bosque, e existen importantes conflitos entre as necesidades para a produción madeireira e a conservación da biodiversidade, alén da simple cuestión do uso de especies autóctonas ou exóticas. A vida do bosque depende tamén da súa estrutura: unha variedade de idades e tamaños de árbores asegura a súa renovación continua e crea unha ampla gama de hábitats e nichos ecolóxicos, e a distribución natural de pés crea zonas escuras e zonas con máis luz, e consecuentemente diversos tipos e densidades de sotobosque. Por outro lado a presenza de árbores vellas e de madeira morta é necesaria para preto do 25% das especies animais do bosque. Nas plantacións forestais fuximos deste modelo co obxectivo de producir madeira coa máxima eficiencia: creamos rodais da mesma especie, da mesma idade, aliñadas e con distancias uniformes. Limpamos o sotobosque e cortamos a árbore antes de que madure. De feito, as plantacións mellor “coidadas”, poden representar algúns dos hábitats con menor biodiversidade dos existentes en Redondela.

As plantacións nas que se deixa a rexeneración natural do sotobosque semellan máis a un bosque natural. Acollen mamíferos como o porco bravo.

porco bravo (Sus scrofa))

O níscalo e o esquío son das poucas especies beneficiadas pola dominancia dos piñeirais en Redondela. O azor é un das poucas aves rapaces que aniña nas árbores de eucalipto

azor

(Accipiter gentilis)

níscalo (Lactarius deliciosus))

O Eucalipto e o Lume

A integración da produción económica de madeira e da conservación dos valores naturais é posible, mais depende da adopción doutra mentalidade na forma de xestionar o monte. A creación de zonas de protección nas valgadas, a creación de ecotonos nos límites das plantacións e arredor das pistas, a conservación de proporcións axeitadas de especies autóctonas e de madeira morta, e a redución nas superficies cortadas son só uns exemplos das mellores prácticas para manter a biodiversidade no manexo forestal. Son prácticas das que aínda temos moito que aprender.

A falla de mantemento das plantacións poida que mellore o valor do sotobosque como hábitat, mais ao tempo enfróntanos con outro gran problema, sobre todo do eucalipto: a súa relación co lume e a súa grande capacidade invasora. O alto contido de aceite na madeira e nas follas, a acumulación de follaxe que tarda anos en converterse en humus, e a natureza seca do sotobosque, combínanse para converter os eucaliptais e piñeirais abandonados en auténticos polvoríns vexetais. Deixar unha proporción de troncos a descompoñer no monte, a protección das zonas humidas dentro das plantacións, e deixar algúns pés a madurar son algunhas das mellores prácticas que poderían incrementar a biodiversidade das plantacións forestais

Por outra banda, a facilidade de rexeneración e o rápido crecemento do eucalipto proporciónalle unha gran capacidade para invadir terreos abandonados. Este é o caso sobre todo despois dun incendio, cando adoita provocar unha xerminación masiva de sementes nos terreos próximos a un eucaliptal. De feito, a distribución das superficies de eucalipto en Galicia está vencellada á historia dos lumes forestais, pois, ademais das plantacións coñecidas, teñen xurdido moitos outros eucaliptais que nunca antes foran plantados.

Redondela

o Monte Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


A Matogueira toxo arnal (Ulex europaeus)

Non hai tanto o mato non era visto como problema, senón como un recurso. Para a xente do rural o toxo era o alimento e o estrume dos animais, e despois reutilizábase como fertilizante. A continuada actividade humana no monte, a través do gando, as cortas e as queimas controladas, impedía a medra do mato e a sucesión natural cara ao bosque, e aseguraba a persistencia desta formación vexetal. Durante séculos os montes mantivéronse nun diverso mosaico de pasteiros e matogueiras baixas. O declive da actividade agrogandeira tradicional en Redondela, e a súa substitución pola industria forestal, fai que xa non manteñamos as grandes extensións de matogueiras de antano, e as matogueiras que fican son xeralmente máis altas.

A Fauna do Mato Na matogueira moran algúns dos nosos animais máis especiais. O manexo tradicional do mato, que mantiña parcelas en diferentes fases de crecemento era ideal, xa que a fauna dispuña así dunha estrutura diversa no mato, coas condicións necesarias para criar, alimentarse e refuxiarse. Loxicamente, a redución da superficie de matogueiras en bo estado nas últimas décadas, polas reforestacións con especies alóctonas, os lumes, e a perda do manexo tradicional, tivo un serio impacto na fauna propia desta formación. Algunhas especies que dependen exclusivamente do mato como a lebre (Lepus granatensis) ou a perdiz (Alectoris rufa) teñen desaparecido dos montes redondeláns pola sobre caza e a perda de hábitat. Outras, incluíndo aves protexidas como a cotovía (Lullula arborea) e a avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus) sobreviven nos montes redondeláns por precisaren menor extensión de hábitat. Os réptiles tamén persisten, concentrándose nas zonas onde o mato linda con espazos abertos e soleados, como prados, rochedos e montes máis pedregosos. No monte da Peneda, por exemplo, abondan cobra de colar (Natrix natrix) especies como o lagarto arnal (Lacerta lepida), a lagarta das Penedas (Podarcis hispanica) e o cobregón (Malpolom mospessulanus).

bolboreta

coello

(Polygonia c-alba)

(Oroctylagus cuniculus)

Outros animais víronse favorecidos pola recuperación do mato alto e do arboredo, como é o caso do cada vez máis frecuente porco bravo (Sus scrofa) e o corzo (Capreolus capreolus). Por outro lado a fragmentación das matogueiras e a súa intercalación con áreas boscosas, prados, rochedos e incluso campos de cultivo, favoreceu as especies adaptadas a un diverso rango de hábitats, incluíndo dous eficaces cazadores: o miñato (Buteo buteo) e o raposo (Vulpes vulpes).

papuxa montesa

miñato

(Buteo buteo)

O mato non é todo a mesma toxeira: se botamos un ollo de preto descubrimos varios tipos, segundo as condicións naturais de solo e humidade, así como da intensidade e historia das cortas, do pastoreo e das queimas. Podemos diferencialas segundo o nivel de alteración da carballeira orixinal que a precedeu. tipo de mato

especies principais

Espiñais

fase de sustitución do bosque

Estripeiro (Pyrus pyraster, Crataegus monogaena) loureiro (Laurus nobilis), silva (Rubus ulmifolius), herba salgueira (Lonicera periclymenum), sanguiño (Frangula alnus)

Xesteiras Xesta negra (Cytisus scoparius), xesta mansa (Cytisus striatus) e codesais codeso (Adenocarpus complicatus), piorno (Genista florida), toxo (Ulex europaeus), fento (Pteridium aquilinum), silva (Rubus ulmifolius)

Toxeiras e uceiras

Toxo arnal (Ulex europaeus), toxo molar (Ulex minor) queiroga de umbela (Erica umbellata), queiroga de tres follas (Erica cinerea), queiroga maior (Daboecia cantabrica), queiroga común (Calluna vulgaris), carqueixa bioeira (Halimium alyssoides), carpaza (Cistus psilosepalus, C. salviifolius), pelo de raposo (Agrostis curtisii)

Herbeiras e rochedos

corzo

queiroga maior (Daboecia cantabrica)

xesta negra

(Cytisus scoparius)

queiroga

(Erica tetralix)

carpaza

(Cistus salviifolius)

O Lume e a Degradación Hoxe en día cando se provoca un incendio no mato, o lume adquire máis virulencia, acada maior temperatura e arrasa maior superficie que nas queimas controladas de antano, xa que o mato é máis alto e conten máis combustible. En vez de pasar lixeiramente pola vexetación, provocando a rexeneración, os lumes de alta temperatura chegan a destruír as raíces, o banco de sementes e a vida microbiolóxica no solo. O solo convértese en pouco máis que nun areal, con pouca capacidade de retención de auga e, por tanto, moi vulnerable á erosión cando caen as primeiras choivas fortes. A terra vaise degradando progresivamente, e as futuras posibilidades da rexeneración ecolóxica vense seriamente dificultadas.

queiroga común(Calluna vulgaris) e toxo molar (Ulex minor)

(Sylvia undata) (Saxicola torquatus)

Redondela

o Monte

Concellaría de Medio Ambiente

máis alonxado do bosque, peores condicións máis degradado

(Capreolus capreolus)

chasco común

Concello de Redondela

máis parecido ao bosque, condicións mellores, menos degradado


Os Prados

e a Paisaxe Agrícola

raposo (Vulpes vulpes)

herba da fame (Vicia sepium) patelo (Ranunculus repens)

Centaurea nigra

Os prados, igual que as matogueiras, son mostra da capacidade das actividades humanas tradicionais de crear novos hábitats, semi-naturais, de gran valor para a biodiversidade; ocupan pequenas superficies, mesturadas con viñedos, leiras e devesas, e son un compoñente importante do mosaico de hábitats que caracteriza o panorama natural das parroquias.

Melitaea sp.

Boloria sp.

bolboreta arlequín (Zerynthia rumina)

Os prados cunha longa historia de manexo tradicional acollen unha diversidade de flora moi alta, onde diversas gramíneas partillan espazo con, por exemplo, patelo (Ranunculus spp.), trevo (Trifolium spp.), Centaurea spp., e Veronica spp. Ademais das variacións zonais causadas por diferencias naturais de solo e humidade, a flora dos prados varía segundo o tipo de manexo practicado. Así, o pastoreo (normalmente con vacas ou ovellas) e mais a sega producen distintas composicións florísticas e cada un favorece a un ou outro grupo faunístico. En ambos casos a diversidade está vencellada á escaseza de nutrientes: no manexo tradicional a achega de fertilizantes artificiais era mínimo, e cando se segaba a herba era apañada para levar para a corte. Por iso, ao aplicar fertilizantes ou introducir novas variedades de herba, a produtividade biolóxica tende a se incrementar, mais en troques, só unhas poucas especies tenden a predominar, diminuíndo desta maneira a diversidade da flora.

un fogar soleado

Os prados son o hábitat preferido dalgúns invertebrados que aproveitan a insolación e a existente variedade de flores. Se o grilo (Gryllus campestris) compón o son do verán, as belas bolboretas como o Polygonia e as Melitaea achegan o colorido da tempada. Esta abundancia e variedade de flores tamén será do gusto das abellas, insectos polinizadores indispensables para unha colleita de éxito nas nosas hortas e nas viñas, e de esplendor cromático nos xardíns.

Ao tempo, estes insectos son alimento gustoso para paxaros como o peto verdeal (Picus viridis), ou para mamíferos como o furaño común (Crocidura rusula). Tamén os réptiles son atraídos pola ”solaina”, ou zona de insolación dos prados, mentres especies como a cobra de colar (Natrix natrix) elixen aqueles máis húmidos onde cazar anfibios. Como ocorre nas matogueiras baixas, a boa visibilidade nas herbeiras fai que sexan bos lugares de caza para outros carnívoros como o miñato (Buteo buteo), o lagarteiro común (Falco tinnunculus) e o raposo (Vulpes vulpes).

A xestión tradicional

Trifolium pratense

tremedeira (Briza maxima)

miñato

(Buteo buteo)

peto verdeal (Picus viridis)

grilo

(Gryllus campestris)

lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)

cobra de colar (Natrix natrix)

lagarteiro común (Falco tinnunculus)

pardillo común (Carduelis cannabina)

A maioría da fauna vése beneficiada da proximidade doutros hábitats complementarios arredor dos prados; como por exemplo os pequenos bosquetes, onde aniñan as aves e os mamíferos dispoñen dun refuxio. Asemade, os regatos e charcas serven para a desova de anfibios e réptiles, e para o desenvolvemento da fase larval de certos insectos. O valor para a biodiversidade deste mosaico ecolóxico vese incrementado ao non existir unha delimitación nítida entre as formacións vexetais naturais e as zonas agrícolas, de aí que se dea unha continua intercalación entre os diferentes tipos de ecosistemas, concepto ecolóxico que se coñece como ecotono.

Redondela Aldeas e Vilas Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


a Natureza

Urbana

lagarto arnal (Lacerta lepida)

estraloque (Digitalis purpurea)

cardo (Cirsium vulgare)

Os lugares máis perturbados e con maior impacto polo avance da urbanización preséntansenos como escenarios afastados daquelas carballeiras orixinais; mais, mesmo neste contorno, no casco urbano, ou nas beiras das estradas, nos xardíns, etc, podemos atopar especies que aturan esas particulares condicións, especies que se adaptaron ou outras que incluso se ven beneficiadas co troco. bolboretas: esquerda, Polyommatus sp. na flor de Plantago sp.; dereita, Papilio machaon, na flor de Budleia sp.

os colonizadores

abella (Anthophora sp.)

Entre a flora atopamos tanto plantas autóctonas como alóctonas, perfectamente adaptadas para colonizar rapidamente os novos nichos que as actividades humanas están a xerar de seguido. Así, nos solos removidos das hortas e nas beiras dos camiños, ortigas (Urtica dioica), gramas (Cynodon dactilon) e cardos (Cirsium spp.) non tardarán en chegar, mentres outras como a estraloque (Digitalis purpurea) ou a invasora acacia entran, sobre todo, despois das queimas. Plantas como a lingua de vaca (Plantagus major) están adaptadas ás zonas máis pisadas e compactadas, ao tempo que outras poden atopar no casco urbano condicións similares aos rochedos: así nos entullos atopamos as silvas ou as exóticas budleias, e nos muros o embigo de Venus (Umbilicus rupestris) e o pan de lagartos (Sedum spp.).

paporrubio(Erithacus rubecula)

a convivenza Estes hábitats humanizados sosteñen unha variedade de fauna sorprendente, animais que conviven nos nosos espazos urbanos, por máis que as máis das veces fican desapercibidas. Ir sachar a horta, normalmente, convida á compañía do paporrubio (Erithacus rubecula) e o canto do ferreiriño azul (Parus caeruleus); ou pasear polo río coa visión da lavandeira (Motacilla alba) cazando insectos nas beiras en pleno centro da vila. A capacidade das plantas ruderais para florecer rapidamente é a clave biolóxica fundamental para a súa supervivencia; e, ao tempo, abren os cascos urbanos ás bolboretas, abellas e outros insectos de vistosa presenza.

cabaliño do demo (Calopteryx virgo) e lavandeira branca (Motacilla alba), ambas comóns nos ríos incluso dentro da vila

Mención especial merecen os numerosos valados de pedra que delimitan as leiras e os carreiros, ou os perpiaños das casas de pedra tan abundantes nas parroquias. Nestes muros, a modo de rocha, se resistimos a tentación de limpar a vexetación e encintar, e de tapar os buratos e fendas entre pedras, recrean a función de hábitats acaídos para morar os insectos, ou pequenos mamíferos e paxaros aniñadores, e, maiormente, réptiles. Destacan as numerosas especies de lagarta, incluíndo a propiamente nomeada lagartixa dos muros (Podarcis muralis), que se poden ver absorbendo a calor das pedras en calquera día de sol. Eis outra mostra de que, en Redondela, se abrimos ben os ollos, sempre temos a biodiversidade aos nosos pés.

pan de lagarto (Sedum sp.)

embigo de venus (Umbilicus rupestris)

lagartixa galega (Podarcis bocagei)

Redondela Aldeas e Vilas Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.