É importante ler estas indicacións antes de usar a Mochila viaxeira.
O principio da educación é predicar co exemplo Turgot
As mochilas viaxarán de familia en familia durante quince días e seguindo un calendario que se establecerá en cada clase. Debedes coidar estes materiais para que todos e todas podamos gozar das obras.
OBXECTIVO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS: Trátase de compartir as lecturas, intercambiar opinións, expresar comentarios e emocións, ler xuntos polo puro lecer de comunicar intereses, temores e soños.
MATERIAL DAS MOCHILAS VIAXEIRAS: Conto infantil e literatura xuvenil: con temas atractivos para vivir experiencias do máis imaxinativas. Contos e lecturas infantís ou xuvenís: en galego, castelán e inglés. Lectura para adultos: con temas interesantes e actuais. Poesía: para ler en voz alta ou para ti mesmo. Banda deseñada: unha forma de expresión moi interesante. Música: para escoitar moitas e moi variadas aventuras. Película: outra forma de “ler” con toda a familia. Caderno viaxeiro: para expresar as túas opinións, suxerencias e reflexións.
2
1
INSTRUCCIÓN DE XOGO: Colocar todos os materiais nun lugar axeitado coa axuda de toda a familia. Cada membro da familia escollerá un libro e buscará o seu rincón favorito: a cama, unha hamaca, o sofá, a rúa… Ao rematar, podemos recomendarlle o libro a alguén para que, despois de lelo, podamos intercambiar opinións. Para ver as películas, xuntarémonos ao redor da televisión. Ao finalizar podemos falar e opinar sobre o que acabamos de ver. A música pódese escoitar sós ou acompañados, pero tamén é importante intercambiar opinións entre todos e todas. No caderno viaxeiro incluido na mochila, convidámosvos a escribir os vosos comentarios sobre as lecturas, as actividades que fixéchedes ou as vosas impresións e suxestións para o resto do alumnado. Podedes facer cun texto, un debuxo, etc.
CONSELLOS: Achegarse a algunha librería e coñecer as novidades editorias. Agasallar libros nas ocasións especiais e nas celebracións. Crear unha biblioteca familiar con lecturas interesantes para toda a familia. Amosar o voso gusto pola lectura. É moi importante que cada familia comprobe que a mochila regresa con todo o material dentro da mesma e en boas condicións.
2
2