FLORA E FAUNA DA ILLA DE SAN SIMร N
ACTIVIDADES PARA 2ยบ E 3ยบ CICLO
As aves na ensenada de San Simón A ensenada de San Simón é unha zona considerada de enorme importancia pola presenza de unha gran variedade de aves.
Bilurico bailón
Lavanco
Garza real
Asubiador
Mazarico real
Pilro común
AS AVES NA ENSENADA DE SAN SIMÓN BILURICO BAILÓN Os exemplares adultos miden ata 22 cm. de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de entre 32 e 35 cm. Pesan de 40 a 80 gramos. É unha ave limícola, aliméntanse de insectos e arañas e inclúen tamén na súa dieta crustáceos e moluscos pequenos, que apañan das augas superficiais co pico. Poden cazar insectos en voo. A súa época reprodutora vai de maio a agosto. O niño é unha cinca no chan cuberta con anacos de plantas. Constrúeno en illas ou preto da beira da auga, agachado na vexetación mesta. Poñen de media catro ovos, duns 35 mm. de lonxitude, que chocan por quendas os dous membros da parella unhas tres semanas.
ASUBIADOR Os asubiadores miden entre 41 e 51 cm, teñen unha envergadura de alas de 75 a 86 e pesan de 500 a 900 gramos. A plumaxe dos machos é agrisada, coa barriga branca ou crema. As ás amosan unha banda branca. A cabeza é moi característica, marrón, cunha mancha branca na testa que lles chega ata á base do pico, que é gris coa punta negra. As femias teñen unha coloración discreta, de tons acastañados. A cor das patas vai do castaño escuro ata tons case negros. Son aves vexetarianas, que se alimentan tanto de plantas acuáticas como terrestres. Precisan comer entre 300 e 400 g de vexetais ó día, polo que dedican ata 15 horas diarias a buscar alimento. Os asubiadores maduran cando teñen uns dous anos. Fan os niños no chan, agochados entre a vexetación na beira da ría. As femias poñen de 4 a 9 ovos, duns 50 mm de lonxitude, que precisan uns 24 días de incubación. Os polos son capaces de voaren cando teñen uns 45 días.
LAVANCO É probablemente a forma de parrulo máis coñecida, e a orixe de case tódolos parrulos domésticos. Pesa entre 700 e 1.500 gramos, mide de 56 a 65 cm de longo e á envergadura das alas acada os 95 cm. A velocidade de voo chega ós 110 km hora. O aspecto do macho é moi característico. É gris co peito e o lombo castaños e a cola negra. A cabeza é de cor verde metálica cun anel branco na parte inferior e o peteiro amarelo agrisado. A parte máis importante da súa dieta é de orixe vexetal, incluíndo plantas acuáticas e terrestres, sementes, froitas. Come tamén insectos, moluscos, larvas, pequenos crustáceos, cabezolos, ras pequenas, crías de peixes, vermes e mesmo ratos pequenos. No outono poden comer landras e outros froitos secos. Mesmo poden comer pan e outros restos de comida. Fan os niños de plantas, cerca da auga. A niñada ten entre 7 e 16 ovos, que son chocados de 25 a 28 días.
GARZA REAL Mide entre 90 e 100 cm. de alto, cunha envergadura de alas de entre 175 e 195 cm e pesan entre 1 e 2 kg. A parte superior da cabeza e a fronte son brancas, o pescozo branco agrisado e o lombo gris cinza con bandas brancas. Teñen unha "cella" negra ancha e tres plumas longas e negras na cabeza que forman una crista fina. Na parte anterior da gorxa amosan unha lista de manchas negras. Cazan camiñando coa cabeza baixa polas augas pouco profundas. Estrican o pescozo coma un lóstrego para cazaren peixes, ras, moluscos, cobras e insectos acuáticos. O niño e unha plataforma plana e non moi estable feita de cotelos e situada no cume dunha árbore, nos canavais ou á beira da auga. Crían case sempre en colonias. Poñen catro ou cinco ovos verdes brillantes. Os polos tardan uns 50 días en poder voar.
MAZARICO REAL Se le soe atopar nas zonas con limo nos ríos, nas costas ou nos estuarios. Se recoñece facilmente pola súa forma, cun largo peteiro lixeiramente curvo, e a súa voz, cun canto moi bonito. A cor da súa plumaxe é parda. O niño é un oco , revestido de herba, sempre no chan. Pon catro ovos nunha única niñada, de abril a xullo. Aliméntase de vermes, insectos, cangrexos, moluscos e estrelas de mar.
PILRO COMÚN Os adultos miden entre 17 e 21 cm., cunha envergadura de ás de entre 32 e 36 cm. Pesan de 40 a 60 gramos e poden vivir ata 24 anos. O peteiro é longo e lixeiramente curvado. Os ollos e as patas, que son de lonxitude media, son castaños escuros. En inverno son castaños por arriba e co ventre branco. Na época de cría o ventre ten una coloración negra e a parte superior e castaña avermellada. Machos e femias son de plumaxe semellante. Comen insectos e larvas, que capturan de zonas cunha pequena capa de auga. Na época de migración capturan tamén caracois, vermes e pequenos crustáceos. Maduran ao ano de idade. Fan o niño agachado entre a vexetación do chan. Entre abril e xullo poñen catro ovos castaños con marcas castañas máis escuras. Chocan unhas tres semanas, e os pitos son capaces de voar tres semanas despois de saír do ovo.
AS AVES NA ENSENADA DE SAN SIMÓN. VIDEOS.
Bilurico: http://www.youtube.com/watch?v=Z8Fxt5Cd2Ik
Asubiador: http://www.youtube.com/watch?v=1mFZtyWx7zI
Lavanco: http://www.youtube.com/watch?v=3xzZEGE0Kpo
Mazarico real: http://www.youtube.com/watch?v=qdDqwOIhhDE&feature=related
Garza real: http://www.youtube.com/watch?v=4WHnQKG_sAc
Pilro común: http://www.youtube.com/watch?v=oPLRmSLyCvM&NR=1
AS ÁRBORES DA ILLA DE SAN SIMÓN. O BUXO. O seu nome científico é “Buxus Sempervirens”, e xa era utilizado polos romanos para facer distintos utensilios usados para comer coma vasos, coitelos ou culleres, así como instrumentos musicais de percusión e frautas. O buxo é un arbusto de folla perenne abundante en Europa e o norte de África. De lento crecemento, pode chegar a medir metro e medio de ancho e raramente alcanza os cinco metros de altura.
O seu tronco agretado, lixeiramente retorcido, é de cor pardo grisáceo. Posúe moitas ramificacións, cunhas follas pequenas entre dous e tres centímetros, ovaladas, de cor verde brillante no anverso e verde amarelo no envés, apegadas ás ramas.
As súas flores son pequenas, duns cinco milímetros, sen pétalos, cunha cor branca ou crema e un cheiro desagradable. Dan un froito pequeno, do tamaño dun garavanzo, ao principio verde e despois pardo con dúas sementes en cada cápsula.
Nos xardíns o buxo emprégase a miúdo a xeito de sebe, mesmo recortado en forma de prisma ou esfera así coma en figuras. É a base da chamada arte topiaria.
Tradicionalmente, concedéuselle a propiedade de facer medrar o pelo, pero en realidade é unha árbore moi tóxica, a súa inxestión pode provocar vómitos, vertixes ata parálise. A súa madeira, compacta, dura, flexible e duradeira, é moi demandada e empregada para elaborar ferramentas. Tamén se utiliza na elaboración de punteiros da gaita.
A illa de San Simón conta cun paseo formado por buxos centenarios.
EDIFICACIÓNS DA ILLA DE SAN SIMÓN E SAN ANTÓN
A CAPELA Deseñada por Alejo Andrade Yáñez, destaca a súa fachada de cantería de estilo neoclásico con porta de entrada rematada en arco de medio punto. Na súa restauración eliminouse a falsa bóveda e recuperouse a cuberta orixinal. Construíuse un soportal novo na fachada este para permitir o seu uso como refuxio aos visitantes.
VIVENDA DO GARDA Os dous edificios situados aos lados da porta de acceso á illa, ambos de planta baixa, foron recuperados dispoñendo un espazo a modo de soportal con cubrición de vidro soportado por estrutura metálica. En tempos do lazareto e a colonia penal aloxaban a caseta do garda e o locutorio. Actualmente esta dotación que conta con despacho, sala de reunións e aseos, utilízase como vivenda do garda e lugar de recepción aos visitantes.
RESIDENCIA STELLA MARIS É o edificio de maior altura das illas, con soto, planta baixa e dous pisos. Destinábase a uso residencial de primeira categoría para a pasaxe na época do lazareto e tamén acollía oficinas e a vivenda do director na época da colonia penal. Un uso residencial que se conservou na rehabilitación, respectando as fachadas, a estrutura interior, os corredores e as escaleiras. A súa excelente localización sobre o mar rodeado de xardíns convérteo nun escenario perfecto para aloxar a participantes en encontros e actividades que precisan facer noite nas illas. Conta con 21 cuartos con baño con capacidade para albergar a 36 residentes, restaurante-comedor, diversas estancias para o descanso, a lectura e o ocio, así como cafetaría, piscina e terrazas.
CASA DA CULTURA E DEPORTES DO MAR Este edificio, que estivo destinado a aloxamento da pasaxe de segunda categoría durante a época do lazareto e como zona de dormitorios da colonia e do fogar para nenos orfos, atopábase en pésimo estado de conservación. A súa remodelación permitiu respectar a súa fisionomía pero axeitándoo ás necesidades deste equipamento, que conta con catorce cuartos para a escola de vela, así como aulas e laboratorios con capacidade para 70 prazas, almacén e despacho.
CASA DE BAÑOS Desde a época do lazareto este edificio de cantería situado ao bordo do mar veuse utilizando como lavadoiro de roupa e na súa rehabilitación conserváronse tanto as fachadas como o espazo unitario interior. Actualmente dedícase a talasoterapia, con piscina, duchas, cabina de masaxe, cabinas de baño e vestiarios.
AUDITORIO MULTIUSOS Este edificio de planta baixa no que se pode visitar unha exposición permanente sobre o proceso de rehabilitación acometido na illa converteuse nun amplo espazo moi versátil para a celebración de conferencias, exposicións e actos públicos de toda índole. Conta cun aforo para 230 persoas en cadeiras móbiles.
EDIFICIO DE CURSOS E SEMINARIOS Estaba destinado a acoller os dormitorios do lazareto e tamén foi usado polos reclusos na época da colonia penal e polos orfos do Fogar Méndez Núñez. Situado nas inmediacións do auditorio, na beira oeste da illa, actualmente é un prisma de planta rectangular organizado en dúas alturas cun espazo central de acceso e dúas ás que aloxan grandes espazos destinados a uso docente para cursos ou seminarios. Conta con sete aulas con capacidade para 50 persoas cada unha, ás que se engaden outros espazos para actividades formativas como salas de reunións ou despachos. O baixocuberta converteuse nun eventual albergue de estudantes.
CENTRO DE INTERPRETACIÓN E DOCUMENTACIÓN O edificio ocupa o espazo do antigo lazareto sucio, situado na illa de San Antón, que serviu tamén como acuartelamento militar na época da colonia penal e como clínica do Fogar Méndez Núñez. O vello inmoble de albanelaría coñecido como “hospitalillo”, composto de soto, primeira planta destinada a clínica e azotea foi restaurado respectando a súa morfoloxía e distribución para albergar un centro de interpretación especializado na historia das illas. Conta con salas de reunións, despacho e centro de documentación, ademais dunha biblioteca con vinte postos de lectura. Esta alberga unha colección de libros sobre o contorno da ría de Vigo, natureza, historia, arte, costumes de Galicia, literatura medieval, memoria histórica e música de Galicia.
QUE APRENDICHES SOBRE O BUXO? 1. Escribe como é o seu tronco, as súas follas e as súas flores.
2. Como se chama o arte de facer figuras co buxo?
3. Que propiedade se pensaba que tiña antigamente?
4. Para que é empregada a súa madeira?
5. Pódense facer infusións cas súas follas e flores? Que pode pasarnos?
1. Peirao dos Oficiais 2. Casa do garda e administración 3. Embarcadoiro 4. Capela de San Simón 5. Casa da cultura e dos oficios do mar 6. Cafetaría restaurante 7. Miradoiro da boca da ría 8. Paseo dos buxos 9. Peirao do Capitán 10. Monumento aos trobadores do mar de Vigo 11. Edificio de cursos e seminarios 12. Auditorio multiusos 13. Residencia Estella Maris 14. Paseo emparrado e monumento ao capitán Nemo 15. Casa de baños 16. Ponte 17. Peirao dos Piratas 18. Peirao das Monxas 19. Museo-biblioteca 20. Cemiterio e osario
Coñeces a Illa de San Simón? Coloca o número no lugar que corresponde.
O N
S L
Coñeces a Illa de San Simón? Rodea o punto cardinal que corresponde. N Peirao dos Oficiais
N
S
Casa do garda
N
S
L
O
Embarcadoiro
N
S
L
O
Miradoiro da boca da ría Peirao do Capitán
N
L
N S
O
L
S S
L
L
O
O
Monumento aos trobadores do mar de Vigo Auditorio multiusos
N
S
O
L
O
Museo-biblioteca
N
S
L
O
Cemiterio e osario
N
S
L
O
N
S
L
O
AS ILLAS DE SAN SIMÓN E SAN ANTÓN
20
17 19 9 16
12
10 11 7
8
13
4
14
6
5 3
2
1
15
18 1. Peirao dos Oficiais 2. Casa do garda e administración 3. Embarcadoiro 4. Capela de San Simón 5. Casa da cultura e dos oficios do mar 6. Cafetaría restaurante 7. Miradoiro da boca da ría 8. Paseo dos buxos 9. Peirao do Capitán 10. Monumento aos trobadores do mar de Vigo 11. Edificio de cursos e seminarios 12. Auditorio multiusos 13. Residencia Estella Maris 14. Paseo emparrado e monumento ao capitán Nemo 15. Casa de baños 16. Ponte 17. Peirao dos Piratas 18. Peirao das Monxas 19. Museo-biblioteca 20. Cemiterio e osario