Guía de Recursos prácticos para a asistencia sanitaria a mulleres vítimas de violencia de xénero

Page 1

Recursos prácticos para a asistencia sanitaria a mulleres vítimas de violencia de xénero


O presente documento está baseado no texto Violencia de xénero. Procedemento de intervención en saúde editado polo Servicio Galego de Saúde (Consellería de Sanidade - 2021) AUTORÍA: Jorge Pablo Ortega. R1 MFyC Hospital Barbanza, CS Porto do Son. EDICIÓN: Dolores Crujeiras Bringas. Directora do Centro de Información ás Mulleres de Ribeira. EDICIÓN E MAQUETACIÓN: Paloma Seijo Anca. Técnica de Igualdade do Centro de Información ás Mulleres de Ribeira (SENES Cit SL).


A Organización Mundial da Saúde (OMS), no seu informe Violencia contra as mulleres, destaca o importante papel do persoal sanitario na detección e prevención secundaria da violencia de xénero. Neste informe indícase ao persoal sanitario que: “Non teña medo de preguntar. Contrariamente á crenza popular, a maioría das mulleres están dispostas a revelar os malos tratos cando se lles pregunta de forma directa e non valorativa. En realidade, moitas mulleres están a esperar, silenciosamente, que alguén lles pregunte”. Así mesmo, a OMS describiu unhas funcións mínimas a desenvolver desde o sistema sanitario. O ámbito sanitario, polo tanto, é un contexto privilexiado para identificar as mulleres que sofren violencia de xénero.

AGRESIÓN SEXUAL

AGRESIÓN FÍSICA COMPATIBLE CON MALTRATO SITUACIÓNS A DETECTAR DENDE O FILTRO

AGRESIÓN PSICOLÓXICA

SOLICITUDE DE AXUDA POR PARTE DA MULLER


INDICADORES DE SOSPEITA NA HISTORIA

Presenciar ou sufrir malos tratos na infancia. Lesións frecuentes. Historia de abuso de alcol ou drogas. Problemas xineco-obstétricos: No control da fecundidade: embarazos non desexados, moitos embarazos. Lesións xenitais, abdome ou mamas durante os embarazos. Dispareunia, dismenorrea, dor pélvica, infeccións de repetición, anorgasmia. Abortos repetidos. Fillas ou fillos con baixo peso ao nacer. Retraso na solicitude de atención prenatal.

Psicolóxicos: Insomnio. Depresión. Ansiedade. Trastorno de estrés postraumático. Intentos de suicidio. Baixa autoestima. Irritabilidade. Trastornos da conduta alimentaria. Debilidade emocional.

Físicos: Cefaleas. Cervicalxia. Dor crónica xeral. Mareos. Molestias gastrointestinais (diarrea, estrinximento, dispepsia, vómitos, dor abdominal, etc.). Dificultades respiratorias.

Uso de servizos sanitarios: Períodos de hiperfrecuentación e outros de ausencia. Incumprimiento de citas ou tratamentos. Reiterado uso de servizos de urxencia e/ou frecuentes hospitalizacións.


INDICADORES DE SOSPEITA SOCIAIS

Illamento tanto familiar como social. Migración tanto nacional como extranxeira. Enfermidade incapacitante. Dificultades laborais e desemprego e/ou dificultades de formación e de promoción no traballo. Situacións de exclusión social (prostitución, indixencia, reclusas). Ausencia de habilidades sociais.

INDICADORES DE SOSPEITA EN EXPLORACIÓN

Distribución central das lesións Lesións na cabeza, pescozo e boca Lesión típica: rotura de tímpano. Lesións defensivas nos antebrazos. Lesións que non parecen xustificadas adecuada ou coherentemente.

Lesións en múltiples áreas. Hematomas en distintos procesos de curación. Síntomas neurolóxicos como pérdidas de audición e visión, cefaleas. Calquera tipo de lesión causada por unha agresión sexual.


INDICADORES DE SOSPEITA NA ACTITUDE DA MULLER

Medorenta, mostrándose evasiva, incómoda e nerviosa. Síntomas depresivos. Baixa autoestima e sentimentos de culpa non xustificados. Estado de ansiedade ou angustia, irritabilidade. Vestimenta que pode indicar intención de ocultar lesións. Falta de coidado persoal. Xustifica as lesións ou lles quita importancia. Se está presente a súa parella, busca a súa aprobación ou sente medo das súas respostas.

INDICADORES DE SOSPEITA NA ACTITUDE DA PARELLA

Solicita estar presente durante toda a visita. Moi controlador, sempre contesta el, pode mostrarse moi “preocupado” ou, pola contra, despreocupado, despectivo ou tentando banalizar os feitos. Excesivamente preocupado ou solícito con ela. Colérico ou hostil coa muller e/ou co/a profesional.


ABORDAXE DA ENTREVISTA ANTE UNHA SOSPEITA DE MALTRATO

A entrevista realizarase a soas coa muller. Evitar todo tipo de interrupcións tanto físicas como telefónicas. Escoitar é un ACTO TERAPÉUTICO. Dedicar tempo nun ambiente adecuado, prestando atención ao que di e como o di. Manter unha actitude empática que facilite a comunicación cunha escoita activa. Asegurar a expresión de sentimentos. Non facer xuízos de valor ante o escoitado e compartido pola muller. Evitar actitudes insolidarias ou culpabilizadoras. No transcurso da entrevista evitar consellos ou decidir pola muller. Observar as actitudes e o estado emocional (a través da linguaxe verbal e non verbal) e así poder recoñecer as preocupacións, necesidades e expectativas da muller. Mostrar sempre preocupación e darlle a importancia que ten.


PREGUNTAS FACILITADORAS DA ENTREVISTA EXPLORANDO A HISTORIA

Repasando o seu historial atopei algunhas cousas que me gustaría comentar con vostede. Vexo que… (comentar aqueles achados da historia indicadores de sospeita), a que cre que se debe? Cre que pode ter relación con algunha situación que está a vivir? Encóntroa algo nerviosa, que lle preocupa? Está a vivir algunha situación que lle faga atoparse máis angustiada? En moitas ocasións, mulleres que teñen problemas como os seus… (identificar algún dos indicadores de sospeita) adoita ser porque están a recibir algún tipo de agresión, desprezo, insulto, malos tratos por parte de alguén, por exemplo das súas parellas, familiares, seres queridos… é este o seu caso? En caso de sospeita por antecedentes como dispareunia, dor de pelvis… preguntar se as súas relacións afectivas son satisfactorias.


PREGUNTAS FACILITADORAS DA ENTREVISTA EXPLORANDO AS LESIÓNS

Esta lesión aparece cando se recibe un empuxón, golpe, corte, puñalada... é isto o que lle pasou? A súa parella ou algunha outra persoa, fixo forza contra vostede? Como? Cando? Agredírona algunha outra vez de maneira máis grave? Algunha vez a súa parella obrigoulle a manter relacións sexuais?

PREGUNTAS FACILITADORAS DA ENTREVISTA ANTE SÍNTOMAS PSICOLÓXICOS COMPATIBLES

Gustaríame coñecer a súa opinión sobre ese síntoma que me contaba (ansiedade, nerviosismo, tristeza, apatía): desde cando se atopa así? A que cre que se debe? Relaciónao con algo? Sucede ultimamente algo na súa vida que a teña preocupada ou triste? Ten algún problema quizais coa súa parella? Ou cos seus fillos? Con alguén da súa familia? No traballo? Parece coma se atopase alerta, asustada, que teme? Ve os seus amigos e/ou familiares con frecuencia? Que lle impide facelo?


PREGUNTAS FACILITADORAS INICIAIS

Como lle van as cousas por casa? Como lle van as cousas no traballo? Como lle van as cousas coa súa parella? Como resolven as súas diferenzas? A súa parella contrólalle os gastos de maneira esaxerada ou lle obriga a darlle conta deles? Na súa relación de parella, hai berros e/ou empuxóns?

PREGUNTAS FACILITADORAS DE CONFIRMACIÓN

Sentiuse maltratada nalgunha ocasión? Tenlle medo á súa parella? A súa parella insúltaa ou lle pega? Fórzaa a ter relacións sexuais?


AGRESIÓN SEXUAL

Sala de espera illada e acompañada de persoas de confianza da paciente. Valoración por Xinecoloxía. Anamnese, exploración e recollida de mostras SEMPRE, unha vez co/a forense. Se non é posible que acuda a/o forense, dous médicos ou médicas adxuntas. Non retirar roupa nin lavarse ata a recollida de mostras. Valorar en cada caso, o tratamento necesario. Indagar se quere ou non denunciar. Aínda que non haxa denuncia, débese emitir parte de lesións ao Xulgado. REFLECTILO NA HISTORIA CLÍNICA.


AGRESIÓN FÍSICA COMPATIBLE CON MALTRATO

Situación complicada: Moitas mulleres encóbreno como caídas ou traumatismos casuais. Revisión minuciosa da historia clínica. Revisión do ocorrido, mantendo unha escoita activa. Atención aos indicadores de sospeita. Se a entrevista clínica o permite e existe alta sospeita, expor a posibilidade de sufrir malos tratos. Ofrecerlle toda a información e valorar se quere denunciar ou non. Se existe suficiente evidencia, débese REFLECTIR NA HISTORIA CLÍNICA, aínda que só sexa como sospeita.

AGRESIÓN PSICOLÓXICA

Estas agresións debemos abordalas coma se fosen malos tratos físicos. Xerar parte de lesións. Propoñer opción de denuncia. Expoñer alternativas se sente medo de volver co maltratador. REFLECTILO NA HISTORIA.


PREGUNTAS FACILITADORAS EN CASO DE AGRESIÓN PSICOLÓXICA

Bérralle con frecuencia? Fálalle con carácter autoritario? Ameázaa con lle facer mal a vostede, aos seus fillos ou fillas, a outras persoas ou aos seus animais domésticos? Insúltaa, ridiculízaa ou a menospreza cando están a soas ou diante doutras persoas? Ponse celoso? Dificúltalle ver os seus familiares ou amizades? Culpabilízaa dos sucesos negativos? Contrólalle o diñeiro? Impídelle traballar fóra de casa ou estudar? Ignora os seus sentimentos? Ignora a súa presenza?


SOLICITUDE DE AXUDA POR PARTE DA MULLER

Escoitar todo o que teña que dicir a muller. Acomodar un espazo tranquilo para a entrevista. Ofrecer todas as opcións dispoñibles. REFLECTIR NA HISTORIA.

QUE PODEMOS OFRECERLLE?

Contacto con Traballo Social e CIM en horario laboral: TRABALLO SOCIAL: Luns a venres de 8:00 a 15:00 horas (hospital). CIM: Luns a venres de 8:00 a 15:00 e luns de 16:00 a 18:00 horas.

900 400 273. Policía Nacional de Ribeira: 981 876 086 / 016. Garda Civil: 016. Mantela protexida mentres toma decisións. Protexela en urxencias pola noite mentres se xestionan recursos.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.