O BOLETÍN DA BIBLIOTECA Equipo dinamizador da Bibli oteca Escolar do CEIP Rosalía de Castro - Xinzo de Limia
“Educar é impregnar de sentido o que facemos a cada instante.” Paulo Freire Decembro do 2015- Boletín nº 8
LIMIAR: ler fainos mellores [sic]
Si, o curso pasado diciamos isto e non atopamos nada mellor para o noso limiar. Así que non o cambiamos. Engadímoslle ese sic. Sabes o que quere indicar?
Ler parécenos que é máis que ler a palabra, é ler o mundo. E cada vez hai máis sumisión, máis sometemento ós ditados económicos, ós paradigmas que nos impoñen (aínda que sexa o Banco Mundial). Así que á acusación de que “todos os mestr@s valemos pouco se non educamos para ler, isto é, para ver, escoitar e comprender mellor”, engadimos o reto de que a lectura é unha ferramenta de emancipación. Porque –como reflexionabamos nas xornadas de B.E.- o noso é non perder o norte, e iso márcanolo o compás (forma correcta de dicir brúxula en galego). E estamos a falar do compás ético. Si, dunha educación transformadora (Paulo Freire) que pon á persoa no centro é ó ben común no horizonte.
Sabendo que “os analfabetos de mañá non serán aqueles que non saiban ler senón os que non teñan aprendido a aprender.” Herbert Gerjuoy. PASO A PASO, FACENDO CAMIÑO… Gozando dunha chea de actividades. Celebramos o mes da Ciencia en Galego na Biblioteca (outubro, porque o 24 é o día das Bibliotecas escolares), converténdonos en exploradores e aprendendo cousas deles; o outono, a posta en marcha dos equipos de supervisión ambiental, os traballos na horta escolar (cos bancais xa mellorados), o VI abraço ao Río Lima, o Samaín, día dos coidador@s) e agora tamén o Nadal. Aprendemos a mirar mellor coa exposición fotográfica Serra do Larouco (un antes e un despois do lume). Tamén participamos nas VI Xornadas das Bibliotecas Escolares, en Obradoiros (contra a violencia de xénero), en saídas (andainas, teatro, visitas), deporte escolar. E, seguimos en Voz Natura, no concurso La Región (xornal escolar), etc. Na Biblioteca contamos coa axuda dun equipo de axudant@s e de doutor@s e enfermeir@s dos libros. E ampliamos o espazo da biblioteca escolar: máis de 300 metros cadrados que queremos que sexan importantes polo que podemos facer neles. E podemos facer moito. As mochilas viaxeiras non paran de viaxar polos vosos fogares outro ano (infantil 5 anos, 2º, 4º e 6º). Continuamos animándovos ás familias a que empreguedes a “Biblioteca de Nais e Pais que temos no Centro. Tamén vos convidamos a gozar dos microrrelatos que atoparedes polas paredes do Centro escolar cada vez que vos achegades por aquí e a vir ó Centro a compartir uns momentos de lectura cos nen@s. Se vós ledes, eles len”. Xa contamos, moitas grazas, cun equipo de familias voluntarias que se anotaron a “Ti, tamén contas”; xa empezaron a vir á biblioteca a ler, contar algún conto… en definitiva, gozar dun tempo educativo xuntos, crearmos “vínculos lectores”.
Tempo de Nadal, inverno, frío... A acubillarse ao redor do fogar, na compaña da nosa familia, cun fermoso libro nas nosas mans... Achegámosvos algunhas propostas. Despois do Nadal podedes traer ao cole algún dos libros recibidos como agasallo –dos que recomendamos ou outros-cos que faremos unha actividade de intercambio dentro da aula, na hora de ler.
Educación Infantil
Moustache
El monstruo de colores
A vaca que puxo un ovo
Moustache é un gato especialmente elegante, refinado e presumido, que coida cada detalle do seu aspecto e a súa vestimenta . Os seus fermosos e negros bigotes, distíngueno do resto dos gatos e causan admiración.
O monstro fíxose un lío coas súas emocións, e hai que buscar as cores que lle axuden a identificalas.
Cóntanos a historia sorprendente dunha vaca que vive nunha corte e que quere poñer un ovo .... Conseguirao?...
1º ciclo de Educación Primaria
Arturo y Clementina De la mítica colección "A favor de las niñas", una historia fabulada que reivindica el rol femenino en la sociedad; combate los estereotipos sexistas y denuncia la discriminación.
Amizades secretas
Versos del mar
Ollos Grandes é unha ratiña pequena e curiosa. Ela e mais a súa familia viven nun tobo situado entre dúas vivendas dunha casa da cidade vella. Unha delas está baleira… ata que Beatriz e a súa familia ocupan o piso. Ollos Grandes asústase ao que Beatriz a ve. Agora os humanos xa saben que os ratos están alí!
Un libro para primeros lectores con 30 poemas sobre el mar en el que a cada poema se le dedica una doble página ilustrada.
2º ciclo de Educación Primaria
As outras historias.
Sofía viaja a la Antártida
Un libro que fala desas historias que non se ven, das que están agochadas e nin sequera se sabe que existen. Historias de había unha vez e de princesas e de pantasmas e de… Parecen as de sempre. Pero non. Xa verás que non. Neste libro atoparás páxinas absolutamente fascinantes...
Alison Lester. Ekaré
É o primeiro viaxe de Sofía á estación Mawson, na Antártida. Co seu pai e a tripulación do Aurora Australis, descubrirá un mundo maravilloso, cheo de pingüíns, baleas, icebergs e auroras austrais. Un libro que intercala información e ficción, narrado en forma de diario.
Number Magic Dolphin Readers 1 Lecturas graduadas e interactivas deseñadas para o desenrolo das habilidades lingüísticas. Divertido, con ilustracións... para o alumnado máis xove.
3º ciclo de Educación Primaria
Cantarolas
O segredo da illa máxica
Xosé Neira Vilas. Kalandraka
Agustín Fernández Paz. Xerais
Clásico da literatura infantil galega, con cantos e poemas que recordan a natureza, que fala da amizade, dos xogos, dos costumes e das emocións da infancia.
Contén dúas historias onde as protagonistas son dúas nenas audaces, que fan da valentía a súa gran virtude e que axudarán a salvar a quen teñen arredor.
Los Futbolísimos. Sm É unha colección sobre fútbol e misterio protagonizada por Soto Alto Fútbol Club. Teñen unha misión fundamental: gañar os dous próximos partidos para evitar que a asociación de nais e pais de alumnos non pechen o club.
Para as nais, pais, mestres e titores ...
Educar en el asombro
Os elefantes de SoKúrov
Os nosos fillos aprenden en clave de realidade. Para poder captala, necesitan relacións interpersoais, contacto coa beleza e motivos para actuar con sentido. Catherine L’Ecuyer demostra que a mellor preparación para utilizar as novas tecnoloxías de forma responsable ten lugar na realidade.
Antón Riveiro Coello conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non albisca futuro.
Niños con capacidades especiales Pablo Pineda baseándose na súa experiencia persoal da as claves da educación dun fillo con Síndrome de Down ou outro tipo de “discapacidade”: o papel da familia, a escolarización, a independencia, ou a inserción laboral, É un referente na concienciación e sensibilización da sociedade.
Unha ducia de motivos 1. A biblioteca escolar é un espazo de lecturas. 2. A biblioteca escolar é o centro de recursos, o servidor central do centro educativo. 3. A biblioteca escolar é a biblioteca á que accede toda a poboación. 4. A biblioteca escolar é o lugar onde están reunidos todos os fondos documentais do centro, rexistrados e catalogados con criterios estandarizados para que toda a comunidade educativa poida utilizalos. 5. Na biblioteca escolar os documentos están accesibles directamente para poderen ser consultados ou solicitados en préstamo sen dificultade. 6. A bilbioteca escolar é o espazo no que lemos, nos informamos e aprendemos. 7. A biblioteca escolar serve ao proxecto educativo de centro, poñendo a disposición da comunidade educativa os seus recursos, apoiando todos os proxectos que esta leve a cabo e atendendo ao desenvolvemento do currículo. 8. Na biblioteca escolar accedemos aos recursos presentes (materiais impresos, audiovisuais e multimedia) e aos que se atopan en liña (bibliotecas vituais, páxinas web, redes sociais...) converténdose nunha fiestra ao exterior que integra as tecnoloxías de información e a comunicación. 9. A biblioteca escolar atende ás demandas de cada un dos niveis, materias e sectores da comunidade educativa, facilitándolles a súa formación e dotándoos dos recursos que necesitan. 10. A biblioteca escolar compensa as desigualdades socioculturais e económicas de orixe do alumnado e das familias, ao pór á súa disposición materiais actualizados e de calidade, completando nese caso as bibliotecas familiares. 11. A biblioteca escolar atende a diversidade do alumnado, aportándolle a cada un deles os materiais que precisan de acordo coas súas necesidades, intereses, competencias, procedencia... 12. A biblioteca escolar é unha oportunidade para exercitar as competencias intelectuais e emocionais, para convivir e construír cidadanía. http://www.edu.xunta.es/centros/iespintorcolmeiro/node/359
Algunhas propostas para o noso tempo de lecer nestas vacacións. EN XINZO DE LIMIA: Actividades no Nadal para pequenos e maiores. Venres 18 Pasarrúas de Nadal A partir das 20h. Banda de gaitas B e A de Xinzo. Sábado 19 a partires das 20h. no Auditorio Gala de Nadal: Teatro Aneis. Tamén Concerto da Coral Antioquía na Igrexa nova a partir das 19.30h. Do 22 de dec. a 3 de xaneiro no Pavillón Municipal de Deportes LIMIALANDIA de 11.30h a 20.30h Sábado 26. XV Concerto de Panxoliñas na Igrexa Nova. Coral Santa Mariña de Xinzo Venres 1 de xaneiro ás 20.15 na Igrexa Nova: Concerto. X aniversario da Agrupación Musical da Limia. Martes 5 a partir das 17h. Cabalgata de Reis. Máis actividades e información no www.facebook.com/Concello-de-Xinzo-de-Limia. OURENSE: Oferta un amplo abano de actividades. Podedes consultalas e elixir as do voso agrado no seguinte enlace: http://www.ourensecultura.com/gfx/Blog/files/Programa%20Nadal%20cultura%20(2).pdf
http://charcalibros.blogspot.com.es/