ACTIVIDADES PARA A SEMÁN DO 20 AO 25 DE NOVEMBRO MOTIVO: CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A
VIOLENCIA DE XÉNERO PROPOSTA DE ACTIVIDADES PRIMARIA: 1º CICLO: - 1º EP: “NI UN BESITO A LA FUERZA” (Este libro de Marion Mebes ensina aos nenos/as a dicir “NON” ás relacións non queridas, o que fai que sexa un material complementario para a educación da prevención do abuso sexual).
o Lectura do conto o Visionado de imaxes (youtube), no seguinte link. Prema nel http://orientacioncpidepanxon.blogspot.com/2011/11/ni-un-besitola-fuerza.html o Elaboración dun mural como resultado da actividade. o LEMA “NON” Como podemos realizalo? 1.-Choiva de ideas: Que nos suxire a palabra "BESO"ou “BICO”/ Caricia? 2.-Lectura do conto entre todas e todos con axuda visual, Comentamos as nosas ideas. 3.-Recordas cando te deron un bico/unha caricia que te gustou? Explícao e debúxao. 4.- Recordas cando te deron un bico/unha caricia que NON te gustou? Explícao e debúxao 5.-Inventamos un poema ou un conto que conteña a palabra "bico"/”Caricia”.
-
2º EP: “ARTURO E CLEMENTINA” o Lectura do conto o Escoita activa da narración o Visionado de imaxes (youtube), no seguinte link. Prema nel http://orientacioncpidepanxon.blogspot.com/2011/11/arturo-eclementina-conto-para.html o Elaboración dun VÍDEO coa representación do conto realizado en materiais plásticos. http://patiodelosolivos.blogspot.com/2011/10/arturo-y-clementina.html (exemplo de grabación) o LEMA “NON”
2º CICLO 3º EP “MARTA DICE ¡NO!” (ensina a distinguir as sensacións cómodas e agradables das que non o son e trata de contribuír ao desenvolvemento das propias percepcións e sentimentos, insistindo na posibilidade de dicir “NON”).
o Lectura do conto o Escoita activa da narración o Spot de audios Ni una caricia a la fuerza o Visionado de imaxes (youtube), no seguinte link. Prema nel http://orientacioncpidepanxon.blogspot.com/2011/11/ni-un-besitola-fuerza.html
o Elaboración dun mural como resultado da actividade. o LEMA “NON” Como podemos realizalo? 1.-Choiva de ideas: Que nos suxire a palabra "BESO"ou “BICO”/ Caricia? 2.-Lectura do conto entre todas e todos con axuda visual, Comentamos as nosas ideas. 3.-Recordas cando te deron un bico/unha caricia que te gustou? Explícao e debúxao. 4.- Recordas cando te deron un bico/unha caricia que NON te gustou? Explícao e debúxao 5.-Inventamos un poema ou un conto que conteña a palabra "bico"/”Caricia”. 6.-Realizaremos un libro por titoría que plastificaremos e donaremos aos fondos da nosa Biblioteca.
4ºEP "MARTA DICE ¡NO1"
Traballase claramente o reparto das tarefas domésticas da man dos animais aos que se lles atribúen sentimentos e emocións como a que poden ter homes e mulleres. Dese modo aos nenos e nenas resúltalles máis fácil identificarse con estes dous personaxes e cos problemas que pode ocasionar na súa relación que sexa a lagartija Juana a que se ocupe de todas as tarefas domésticas mentres o lagartijo Emilio segue disfrutando de todo o que disfrutaba antes de que viviran xuntos.
3º CICLO 5º EP: “EN UN LUGAR DEL BOSQUE VERDE” Trata o tema máis difícil o dos malos tratos e do poder que exerce en moitas situacións sobre a muller. A través das vivencias duns animais que viven no bosque verde e que se reúnen todas as tardes para xogar, charlar e pasalo ben, descóbrese a problemática dun dos membros dese grupo e como se soluciona. É un tema delicado que se aborda dende unha perspectiva de fácil comprensión para o alumnado. o Lectura do conto o Escoita activa da narración o Debate na clase o Escritura creativa de cartas á osa protagonista, que dicide abandonar ao oso protagonista que lle impedía ser feliz. o Elaboración DUN LIBRO DIXITAL que doaremos a biblioteca do centro como resultado da actividade. o LEMA “NON”
6º EP: WEBQUEST LAS HERMANAS MIRABAL http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/wqyct/mq_25nov/index.htm
SECUNDARIA LEMA. MACHIS
¡NO!
A PROPOSTA CONSISTE NO Visionado da película “EN EL TIEMPO DE LAS MARIPOSAS” para toda a secundaria o mesmo día e a mesma hora, Xoves 24 de novembro as http://orientacioncpidepanxon.blogspot.com/2011/11/en-el-tiempo-de-lasmariposas.html Posteriormente en horario de titoría o alumnado elaborará un producto: 1º ESO: Elaboración dun Mural 2º ESO : Elaboración dun Powepoint no que expliquen definición de violencia de xénero, orixe da celebración, .....etc 3º ESO: Glogster sobre a conmemoración, orixe, aprobación, cancións...etc http://www.glogster.com/edit/glog/?action=glogs_create 4º ESO: Elaboración dun vídeo (moviemaker) Se non conseguísemos a película a proposta de actividades é a seguinte:
1º ESO NAMORARSE
o Cada alumna/o da clase, debe escribir unha redacción na que describa como cre que será, ou como lle gustaría que fose, a experiencia de namorarse. É moi importante que detallen como imaxinan á persoa da que se namorarán, qué aspectos lles resultarán máis atractivos, en qué contexto coñécense, como se desenvolve a relación ao principio… o Ler as redaccións das alumnas/os contrastando se as expectativas axústanse aos roles de xénero estereotipados: activo/pasiva, independente/ dependente, distante/ afectuosa… o Determinar si na descrición dea persoa da que se namoran, valoranse por igual aspectos de carácter, do físico, estatus social… o Prestar especial atención a ideas estereotipadas sobre o amor, como “que fai sufrir”, que converte as persoas en posesivas… o Facer unha lista de cousas que nos fan sentir ben e cousas que nos fan sentir mal. Asociar cada unha delas a un comportamento desexable ou non desexable da persoa amada. Reflexionar se na redacción realizada hai situacións que nos puiden facer sentir mal. 2º ESO VIOLENCIA SIMBÓLICA A experiencia de diversas formas de violencia simbólica contra as mulleres é compartida por todas as mulleres, anque en diversos grados. Sen embargo, é moi frecuente que este tipo de violencia, moi tolerada socialmente, pase desapercibida para as propias mulleres que a sofren. Que non se perciba como
violencia, non quere dicir que non teña consecuencias para as mulleres, especialmente para a súa autoestima. Pensa e describe situacións nas que viras actitudes violentas como: - Ridiculizar o comportamento dunha muller, esaxerando as características “femeninas” - Ignorar as apartacións, intervencións, suxerencias, bromas… realizadas por unha muller nun grupo, sobrevalorando as dos homes do grupo - Cosificar ás mulleres, con comentarios sobre o aspecto físico como característica máis relevante ( ou a única!). ¿Cómo te sentirías si foses ti a persoa destinataria desa violencia? Pensa en como eses sentimentos faríante comportar en situacións futuras.¿Crees que salerías reforzada ou debilitada de esas vivencias? - Recoñeces algunha fonte de insatisfacción na túa personalidade que puido estar orixinada por vivencias como as que describes ti ou algunha compañeira ou algún compañeiro? Elabora para cada situación un argumentario para paliar os efectos negativos desa experiencia, e reflexiona sobre o importante que é darse conta de cómo nos afectan incluso as cousas sobre as que non pensamos. Fai un decálogo de comportamentos que non vas tolerar entre compañeiras e compañeiros de clase, colgalo no corredor cunha explicación de porqué rechazades ese comportamento.
3º ESO e 4º de ESO: WEBQUEST
TERRORISMO DOMÉSTICO
http://usuarios.multimania.es/webquestmerida/violencia_d e_genero/index.html
Links de interés para desenvolver as actividades http://www.juntadeandalucia.es/institutodelamujer/index.php/coeducacion/campanas/ca mpana-de-sensibilizacion-en-el-ambito-educativo-ante-el-25-de-noviembre-diainternacional-contra-la-violencia-hacia-las-mujeres http://www.guiaviolenciadegenero.com/ Definiciones y términos básicos de la Violencia de Género Directrices y estrategias Derechos Humanos y Violencia basada en el género - textos legales, resoluciones, etc. Violencia de Género en el contexto de la guerra y los conflictos Trata y tráfico de personas
Organizaciones y pรกginas