TOMA DE DECISIÓN NO PASO DE 3º A 4º DA ESO Neste curso promocionarás a 4º da ESO se estás nalgunha destas situacións: • Aprobas todo ou tes como máximo 2 materias suspensas logo dos exames de setembro. Recorda que contan todas as pendentes non superadas de cursos anteriores. As materias de Física-Química e Bioloxía-Xeoloxía contan como unha. • Se xa estás repetindo 3º ESO, promocionarás a 4º pero con pendentes e terás máis dificultades para afrontar o curso e polo tanto para titular. Se te atopas nesta segunda situación é posible que o Departamento de Orientación, logo de escoitar a opinión do teu profesorado sobre a túa actitude na clase e a capacidade de esforzo, te propoña para incorporarte a un Programa de REFORZO.
Se pasas a 4º é importante que saibas que a decisión que tomes sobre as materias a cursar vai influír na vía educativa que curses rematada a ESO: tanto en Bacharelato como en Formación Profesional de Grao Medio.
POR ISTE MOTIVO É MOI IMPORTANTE REFLEXIONAR SOBRE O TEU FUTURO E COÑECER A INFORMACION QUE TE PRESENTAMOS