Boletín
Escola de familias
CADERNO PARA FAMILIAS
21 de MARZO 2012
Contido
HOXE OCUPAMONOS DO…….. COMPROMISO DA FAMILIA A lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación establece no seu preámbulo como un dos principios fundamentais: “ A necesidade de que todos os compoñentes da comunidade educativa colaboren para conseguir o obxectivo de mellorar o nivel educativo de todo o alumnado, conciliando a calidade da educación coa equidade do seu reparto”.
fillos, puxo en marcha. 1º O programa PROA que contaba cunha liña para familias e este curso escolar os ContratosPrograma nos que os centros podían presentar un proxecto para desenvolver unha liña de “mellora de comunicación
A Consellería de Educación co fin de potenciar a participación das familias na vida escolar dos seus
coas familias”. O CPI, entre outras liñas como xa sabedes acolleuse a desenvolver esta, tanto no Progra-
ma PROA como nos ContratosPrograma con ela pretendemos proporcionar ao profesorado e as familias da nosa comunidad educativa diferentes posibilidades de participar na vida do centro e establecer relacións de colaboración entre ámbolos dous.
O Compromiso da 1 Influencias das 2 familias nos procesos educativos dos seus fillos/as
Suxerencias para 3 axudar nos aprendizajes dos fillos/ as. Proxecto de Inno- 4 vación: Ecoescola
“As
familias constituen un elemento clave na comunidade educativa. A partici-
pación esixe formación, información e actitudes de implicación e compromiso
INFLUENCIA DAS FAMILIAS NOS PROCESOS EDUCATIVOS DOS SEUS FILLOS/AS
Cuestións a en conta :
ter
Seguridade
e
Calidade do medio ambiente físico: que lles posibilite e satisfaga a súa necesidade de explorar e aprender. Compartir esta necesidade aumenta o seu sentimento de competencia.
As dúas primeiras institucións que inflúen no alumnado para lograr a súa socialización son a familia e a escola; ámbalas dúas contribúen a que interioricen un sistema de valores, normas e crenzas. Os pais e nais son os mais importantes e os primeiros responsables, xa que proporcionan ao fillo/a:
Recoñecer que a familia é responsable do proceso educativo dos seus fillos/as supón reflexionar sobre que factores teñen unha influencia mais directa en dito proceso e en qué medida afectan ao seu benestar. Neste senso, Cunnigham e Davis (1988) especificaron os seguintes:
senti-
Relación activa: charlar, xogar, facer cousas xuntos, aproveitar calquera situación da vida diaria para ensinar algo novo repercute no axuste emocional e a autoestima.
Calor e afecto: imprescindibles para que o neno/a desenvolva unha imaxe positiva de si mesmo e aprenda a valorarse e respetarse.
Sensibilidade cara as des: brindándolle oporque actúe e se exprese. imprescindible a cohee a constancia nos plancativos de todos os adulñen na educación do ne-
súas necesidatunidades para Neste senso é rencia, o acordo texamentos edutos que interveno/a.
Control e establecemento dos limites precisos á hora de establecer relacións. Só si os pais e as nais son coherentes e persistentes tanto na súa función de modelado como na esixencia do respeto a normas básicas de comportamento, os nenos/as terán posibilidade de crecer con seguridade, responsabilidade e equilibrio emocional.
mento de pertenencia. Desenvolvemento dunha personalidade san e equilibrada. Mecanismos de control Axuda na resolución de problemas Expresión dos seus sentimentos. Sistema de valores
Página 2
“Entre a escola e a familia debe existir unha estreita comunicación para lograr unha visión globalizada e completa do alumno/a, eliminando no posible discrepancias e antagonismos a favor da unificación de criterios de actuación e apoio mutuo, xa que por dereito e por deber teñen fortes competencias educativas e necesariamente teñen que estar coordinados, sendo obxecto, meta e responsabilidade de ámbalas dúas institucións construír unha intencionalidade educativa común” (Martines
y Fuster, 1995)
CADERNO PARA FAMILIAS
SUXESTIÓNS ACERCA DA MANEIRA EN QUE A FAMILIA PODE APOIAR OS APRENDIZAXES DOS FILLOS/AS. 1. - Os nenos/as, para desenvolverse como personas, necesitan experimentar a seguridade dunha familia que lles dea afecto e demostre interess por todo o que lle ocorre. É fundamental que os fillos/as se sintan queridos polos seus pais e nais. 2. - Dialogade cos vosos fillos e fillas sobre a súa vida escolar, non só sobre as notas. 3. - Ante o rendemento escolar, felicitalos se os resultados foron positivos e apoialos se son malos ou regulares para que poidan mellorar. Preguntádelle que axuda necesitan e dádelle confianza para que vola expresen. Evitade no posible as descalificacións globais. É mellor sinalar os erros de maneira concreta. 4. - Ante calquera inquietude respecto á vida escolar dos vosos fillos/as acercádevos ao centro e tratar do mesmo co titor. 5. - Participar nas actividades que para as familias convoque o centro. Para os vosos fillos/as é moi importante que asistades, séntense así queridos e apoiados. 6.- Propiciade a autonomía dos vosos fillos/as para que sexan capaces de ter iniciativas para estudar, facer as súas tarefas escolares... Proporcionádelles medios de consulta: libros, utilización da biblioteca do Centro, a pública...) 7.- Apoiándoos para que se organicen durante o curso escolar. Establecer un horario para durmir, para actividades extraescolares, xogo... 8.- Facilitarlles un lugar propio e tranquilo para traballar e gardar as súas cosas personais.
( Fuente: Protocolo de Compromiso de las familias. Junta de Extremadura)
Boletín
Página 3
Este curso plantexámonos unha serie de retos, que imos abordando pouco a pouco con eficacia e moita ilusión. Entre eles está o de realizar unha serie de actividades de Educación Ambiental co obxectivo principal de desenvolver o interese do alumnado por valores ambientais e solidarios, xa que son eles/as os que deberán asumir importantes responsabilidades nun futuro próximo. Entendemos este proxecto como unha iniciativa multidisciplinar onde os temas transversais teñen moito protagonismo; sobre todo a Educación Ambiental para o desenvolvemento sostible, a Educación para a Saúde e a Educación para o consumo. O Proxecto pretende xerar un cambio no día a día do centro, xa que o obxectivo fundamental é propiciar un cambio de actitude tanto no alumnado como no profesorado e que este espíritu ecolóxico chegue a todas as familias e membros que conforman a comunidade educativa.
BLOG DO PROXECTO : Se estades interesados en coñecer as actividades que imos desenvolvendo podedes entrar no seguinte enlace: http://enerxiassostiblescpidepanxon.blogspot.com.es/
O Departamento de Orientación e o Equipo de Titores do CPI DE PANXÓN
Camiño dos lagos nº 1, 36340 Panxón; Nigrán Teléfono: 986365963 Correo: cpi.panxon@edu.xunta.es