Documento traballo profesorado mares e costas en boas mans

Page 1

“MARES E COSTAS EN BOAS MANS”

1ª PARTE O MEDIO MARIÑO DENDE UN ENFOQUE OCEANOGRÁFICO

CADERNO DO PROFESORADO

Plan proxecta: Programa Sustentabilidade e Paisaxe

Curso 2013-14


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

1.-CONTEXTUALIZACIÓN DO PROXECTO Antes de meternos a falar do proxecto MARES E COSTAS EN BOAS MANS é preciso comentar que no desenvolvemento do mesmo é doado que nos pase o que en ocasións acontece en centros escolares e asociacións de todo tipo cando realizan un proxecto: caer no activismo; entendendo por activismo a dinámica que considera a realización de actividades como o primordial do proxecto esquecéndose doutras cuestións que mesmo son previas ao aluvión de ideas sobre actividades. Tendo as actividades a súa importancia, cómpre reflexionar, como paso previo ás actividades, as seguintes cuestións: por que?, para que?, como? Traballaremos no proxecto.

Continuando co traballo por proxectos interdisciplinares, para os cursos 2013-14 e 2014-15 o noso Centro continuará a súa participación no PLAN PROXECTA intervindo en dous programas:  Sustentabilidade e paisaxe (co proxecto MARES E COSTAS EN BOAS MANS)  Aliménta-T ben Asemade o Centro participa co proxecto MARES E COSTAS EN BOAS MANS no programa de educación medioambiental VOZ NATURA

1.2. PROGRAMA SUSTENTABILIDADE E PAISAXE Unha das súas liñas básicas de traballo será: A comprensión da relación entre as persoas e os lugares, bautizado por algúns autores como “alfabetización na paisaxe”

Ler a nosa paisaxe para conservar o noso medio ambiente. Non ter en conta estas cuestións pode levar a que moitas das actividades desenvolvidas poidan ser moi vistosas, pero que a súa finalidade non teña moito que ver cos obxectivos que se queren conseguir co proxecto. Polo comentado parece imprescindible, como paso previo, contextualizar o noso proxecto MARES E COSTAS EN BOAS MANS.

Cómpre pois, ter sempre presente que o noso proxecto MARES E COSTAS EN BOAS MANS encádrase dentro do programa SUSTENTABILIDADE E PAISAXE, que á súa vez pertence ao PLAN PROXECTA e polo tanto asumimos os seus obxectivos e a súa metodoloxía na planificación do noso proxecto.

1.1-PLAN PROXECTA O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

1.3. OBXECTIVO XERAL DO PROGRAMA SUTENTABILIDADE E PAISAXE, OU, PARA QUE TRABALLAREMOS NO PROXECTO? Para que o alumnado coñeza e interprete as paisaxes próximas que observa na súa vida cotiá e desenvolva unha conciencia sobre a importancia do seu valor cultural, ambiental, social, económico...


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

1.4. METODOLOXÍA OU, COMO TRABALLAREMOS O PROXECTO? "Contáronmo e esquecino; vino e entendino; fíxeno e aprendino." Confucio

Este proverbio de Confucio resume perfectamente a metodoloxía a seguir neste programa e no noso proxecto. Non se trata de transmitirlle máis contidos ao alumnado mediante clases maxistrais. Trátase de presentarlle ao alumnado experimentos, preguntas ou calquera cuestión relacionados cos temas que queremos tratar e que esperten o seu interese. A partir de aí serán eles os que teñen que inferir que está acontecendo no experimento ou os que teñen que buscar a información, elaborala e presentar as conclusións.

Esta metodoloxía implica traballar de forma multidiscilplinar e integrando diferentes materias Tamén é fundamental ter en conta que, no proxecto, as actividades que desenvolvamos teñen un primeiro obxectivo: conseguir a motivación do alumnado. Nun segundo lugar preténdese que as aprendizaxes que logre o alumnado teñan unha repercusión na súa contorna a través de pequenas accións de mellora asumibles pola comunidade educativa (recollida selectiva de residuos, implicación das familias, vecindario e Concello cara á conservación medioambiental a través das campañas que o propio alumnado poida propoñer, posta en valor do patrimonio marítimo próximo …) . O profesorado realizará innovación educativa nos seguintes aspectos:

Por exemplo, se queremos que o alumnado comprenda por que as augas dos océanos están en continuo movemento, e ademais eses movementos seguen uns patróns cíclicos, non lles contaremos que é polos cambios da densidade que a auga experimenta pola maior ou menor salinidade, tampouco explicaremos como reacciona a auga ante os cambios de temperatura, ou darlle unha charla sobre as mareas.

1. Dando liberdade ao alumnado para o desenvolvemento dos seus proxectos (autonomía e iniciativa persoal).

No traballo por proxectos que estamos a desenvolver presentaremos ao alumnado algúns dos experimentos, que atoparedes na información deste documento, e que mesturan augas frías e cálidas, ou augas salgadas e doces, tinguidas de diferentes cores. O alumnado comprobará que acontece e logo axudarémoslles a aplicar o aprendido aos océanos.

3. Motivando o alumnado para que acade unha comprensión e respecto pola súa contorna de xeito proactivo e corresponsable.

1. Potenciando o traballo en equipo (competencia básica social e cidadá).

2. Abrindo novas perspectivas e campos de coñecemento no desenvolvemento dos proxectos e vinculalos co contorno inmediato do alumnado (aprender a aprender).

4. Vencellando os coñecementos curriculares cos espazos próximos cotiás, estimulando o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais e proporcionando ao alumnado un rol activo na sociedade.

Todo o relacionado co programa SUSTENTABILIDADE E PAISAXE en canto a metodoloxia, pasos para realizar o proxecto, etc. podedes seguilo no enlace: http://www.cmati.xunta.es/axenda21/wpcontent/uploads/2013/09/PDF_OrientacionsMetodoloxicasPlanProxecta2013-2014.pdf


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

1.5 MARES E COSTAS EN BOAS MANS. POR QUE FACEMOS O PROXECTO? Os océanos de todo o planeta están interconectados entre sí.

Imaxinemos unha pinga de auga no océano. Se a seguíramos de cerca veríamos que percorre todo o planeta viaxando polos mares, unhas veces pola superficie outras polo fondo. As augas oceánicas están en continuo movemento, debido fundamentalmente, ás súas diferenzas de temperatura, á súa salinidade, aos ventos, á rotación da terra e á interacción da gravidade da lúa o sol e a terra. Todo isto dá lugar a desprazamentos horizontais e verticais, superficiais e de fondo que distribúen, nutrientes e calor por toda a terra. Grazas á súa capacidade para gardar o calor e transportalo, as augas oceánicas regulan a temperatura do planeta, condicionando climas, paisaxes e formas de vida. Máis eses mesmos movementos oceánicos tamén poden espallar polo planeta os focos de contaminación creados polo ser humano.

Nos Océanos teñen lugar continuamente fenómenos físicoquímicos e biolóxicos que o converten no ecosistema máis dinámico e importante do planeta, no que se desenvolven as máis variadas formas de vida e multitude de recursos aproveitables: seres mariños animais e vexetais, minerais, enerxía, vías de comunicación, lugar de lecer … Isto fixo que dende os tempos máis antigos o ser humano usase o mar no seu beneficio e adicase tempo e esforzo a entendelo, estudalo, coñecelo e explotalo. Na actualidade o 60% da poboación mundial vive a menos de 60 Km de distancia do litoral, e a proporción aumenta constantemente.

Galicia, pola súa situación, a lonxitude e diversidade da súa costa, así como pola riqueza das súas augas mantén, dende tempo inmemorial, unha vinculación directa co mar, medio do que obtén multitude de recursos e xenera milleiros de postos de traballo. O mar tamén é determinante no clima de Galicia. Del proceden os ventos dominantes, temperados e húmidos que suavizan a temperatura e empuxan as masas nubosas que achegan a auga.


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

A relación durante séculos de mulleres e homes de Galicia co mar maniféstase de moi diversas formas materiais: construcións, aparellos, faros e sinais embarcacións, instalacións, como en obxectos ou en creacións inmateriais: vocabulario, costumes, crenzas, folclore, gastronomía, xeitos de facer as cousas… de tal forma que co paso do tempo conformouse unha cultura propia, a cultura do mar, con un rico e variado patrimonio marítimo.

Pola ubicación do noso colexio nun entorno costeiro e mariñeiro, pola proximidade do alumnado e as súas familias a eses entornos, polo descoñecemento xeral que boa parte da poboación temos sobre eses medios, a pesares de ser tan próximos e de tanta influencia sobre as nosas formas de vidas, é polo que consideramos a elección do proxecto MARES E COSTAS EN BOAS MANS como modo de achegar un maior coñecemento á nosa comunidade educativa sobre a paisaxe costeira e mariño e todo o que acontece neles. En base á xustificación que se ven de expoñer, proponse o desenvolvemento do proxecto MARES E COSTAS EN BOAS MANS en tres enfoques, que se traballarán temporalmente en tres períodos diferentes (trimestralmente ou bimestralmente).

 O MEDIO MARIÑO DENDE UN ENFOQUE OCEANOGRÁFICO  OS RECURSOS MARIÑOS DA COSTA GALEGA  A CULTURA DO MAR EN GALICIA

Moitos destes elementos deixaron de ter utilidade, ben polas reconversións pesqueiras, ben polos avances técnicos, ben pola presión urbanística sobre as costas e vilas, e cando algo deixa de ter unha función abandónase, comezando así a súa destrución, o seu esquecemento e a perda dunha identidade cultural.


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

2.- O MEDIO MARIÑO DENDE UN ENFOQUE OCEANOGRÁFICO 2.1 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DESTE APARTADO  Coñecer como no planeta existe un réxime global de correntes mariñas, determinado polo movemento de rotación da terra e as diferenzas de temperatura e salinidade da auga. Dende este nivel xeral do funcionamento global das correntes oceánicas se pasaría a un nivel máis concreto da súa repercusión na costa galega e aínda máis concreto da Ría de Vigo.  Comprender como o mar condiciona a vida dos seres humanos e como, pola contra, os seres humanos modificamos e incidimos no medio mariño.  Comprender como as accións locais dos seres humanos poden afectar tanto ao medio mariño próximo como ao lonxano.

2.2 CONTIDOS  Por que e como se moven as augas do mar? : as correntes mariñas; as mareas; os xiros oceánicos e o “efecto Coriolis”  As correntes oceánicas e a formación das “illas do lixo”  O litoral galego -As formas do litoral -As correntes na costa e nas Rías. O afloramento mariño. -O clima  A modificación da costa pola acción humana.


3.- O MEDIO MARIÑO DENDE UN ENFOQUE OCEANOGRÁFICO: Información complementaria para os contidos específicos deste bloque   

3.1- Por que e como se moven as augas do mar?: as correntes mariñas; as mareas; os xiros oceánicos e o “efecto Coriolis” 3.2- As correntes oceánicas e a formación das “illas do lixo” 3.3- O litoral galego - As formas do litoral -As correntes na costa e nas Rías. O afloramento mariño. -O clima (temperaturas pola influencia oceánica, ventos) 3.4- A modificación da costa pola acción humana.


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

3.1.- POR QUE E COMO SE MOVEN AS AUGAS DOS OCÉANOS? Si para que o alumnado comprendese por que as augas do mar están en continuo movemento empezáramos dándolle unha clase maxistral sobre as correntes mariñas, as mareas ou o efecto Coriolis, estaríamos entrando en contradición coa metodoloxía activa coa que estamos a traballar. Para espertar a súa motivación poderíamos plantexar como arranque os experimentos sobre a auga fría e quente, ou sobre a densidade da auga, que podemos atopar no libro “Experimenta con la Ciencia. Agua”. Ou preguntas do estilo: que percorrido faría unha pinga de auga se puidésemos seguila a través dos océanos?; por que hai mareas?, son todas as mareas iguais?; por que se en Panxón estamos na mesma latitude que Boston, no inverno temos temperaturas moito máis altas que alá? (Bostón media xaneiro -5 -6ºC. Vigo +8,3ºC.)

As correntes mariñas Como xa se comentou anteriormente, as augas oceánicas están en continuo movemento, debido fundamentalmente ás súas diferenzas de temperatura, á súa salinidade, á rotación da terra e á interacción da gravidade da lúa o sol e a terra (as mareas). Todo isto dá lugar a desprazamentos horizontais e verticais, superficiais e de fondo que distribúen, nutrientes e calor por toda a terra. O sol proporciona a enerxía que fai que a Terra sexa habitable. Os océanos quéntanse nas zonas tropicais e as correntes mariñas conducen esa auga quente cara outras rexións, proporcionando un clima suave e agradable (como nos pasa na costa galega). Funciona como a calefacción dunha casa… ¡ pero de incribeis dimensións !

Ao norte do Océano Atlántico chega auga quente e salgada, alí mestúrase con augas polares moi frías, faise máis pesada e afúndense cara as grandes profundidades. Esta auga desprázase moi lentamente sobre o fondo mariño, para volver subir á superficie anos máis tarde en outras rexións oceánicas, e volver aos trópicos pechando o ciclo case mil anos despois. A este proceso denomínase CIRCULACIÓN TERMOHALINA dos océanos (termo: temperatura; halina: sal). Por outra parte, o principal responsable das correntes superficiais son os ventos dominantes en cada zona.

As mareas As mareas son os movementos da auga causados pola forza da gravidade que a lúa exerce sobre os mares e que provoca unha forte atracción do océano cara o satélite. O sol tamén exerce esta forza sobre os mares, pero como está máis lonxe, a súa influencia é menor. Cando a marea está no seu cumio chámase marea alta, marea chea, abalo ou preamar; cando está no seu menor nivel chámase marea baixa, devalo ou baixamar. Cantas veces sube a baixa a marea cada día?: De media, as mareas oscilan nun período de 12 horas e 24 minutos. Doce horas debido á rotación da Terra e 24 minutos debido ao movemento orbital lunar. As mareas soben e baixan dúas veces por día. Por que a marea é máis forte cando hai lúa nova? : Porque unha vez ao mes, o sol e a lúa están alineados, entón os océanos se ven atraídos pola forza da gravidade dos dous astros. A este fenómeno chámase “marea viva”. Cales son as mareas máis fortes que se coñecen? : Danse no Atlántico, na baía de Fundy (Canadá), a auga pode variar ata 19 metros entre a marea alta e a baixa. Na Bretaña Francesa, en Mont Saint Michel, a variación do mar pode chegar aos 16 metros.


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

Os xiros oceánicos As grandes correntes mariñas realizan movementos rotativos que se coñecen como xiros oceánicos. Estes xiros están relacionados co movemento de rotación da terra, en especial pola forza centrífuga deste movemento na zona ecuatorial. Os xiros son a manifestación do “Efecto Coriolis” que logo veremos con detalle

Para entender que é o efecto Coriolis, imaxinemos que estamos no faro máis alto das Illas Cies onde instalamos un potente cañón. Queremos lanzar un proxectil dende as Cies para darlle a un barco que está no porto de Cork (Irlanda). Polo tanto orientaríamos o cañón cara ao norte en liña recta cara a Cork e disparamos. ¿Que pasará? Pois que o noso disparo vai saír desviado varios quilómetros cara á dereita cara Dublín. ¿por que?, polo efecto Coriolis que se produce porque a terra está xirando.

Estes son os principais xiros oceánicos do Planeta:

O efecto Coriolis fai que os obxectos que lanzas no hemisferio norte, parezan desviarse cara a dereita, e os que lanzas no hemisferio sur cara a esquerda. No noso exemplo o cañón estaba apuntando cara ao norte, pero o mesmo sucedería, non importa na dirección que o houbéramos lanzado. Si o noso cañón estivera orientado cara ao leste, nos houbera dado a impresión de que o proxectil xiraba cara ao sur. Se o cañón estivese orientado cara ao sur, o proxectil parecería desviarse cara ao oeste, e así sucesivamente.

Xiro do Atlántico Norte xiro do Atlántico Sur Xiro do Océano Índico Xiro do Pacífico Norte Xiro do Pacífico Sur.

O divertido Efecto Coriolis A rotación da Terra exerce un efecto sobre os obxectos que se moven sobre a súa superficie que se chama “Efecto Coriolis”. No hemisferio norte este efecto curva a súa dirección cara a dereita. No hemisferio sur é ao contrario. Cando un obxecto inicia un movemento apuntando nunha dirección no hemisferio norte, sexa cal sexa esa dirección, a traxectoria real resulta curvada cara a dereita respecto da dirección inicial. Isto é así polo movemento de rotación da terra que xira de oeste a leste.

O Efecto Coriolis, os Ciclóns e Anti-Ciclóns A rotación da Terra fai que o vento se curve polo efecto Coriolis. O ventoE=do hemisferio norte se curva cara a dereita e, o vento no anticiclóns hemisferio sur cara a esquerda. B= ciclóns

E= anticiclóns

Cando o vento se curva na dirección contra reloxo no hemisferio B= ciclóns norte e en dirección as agullas do reloxo no hemisferio sur, coñécese como fluxo ciclónico (os meteorólogos tamén falarán de baixas presións). Un furacán é un ciclón. Cando o vento se curva en dirección ás agullas do reloxo no hemisferio norte e en dirección conta reloxo no hemisferio sur, coñécese como flujo anticiclónico (os meteorólogos falarán entón de altas presións). O efecto Coriolis non só afecta a proxectís, tamén afecta a avións, ventos, correntes mariñas. Pode que agora poidamos entender un pouco mellor as imaxes do Meteosat que nos poñen na televisión cando vemos os programas do tempo, onde vemos masas de aire que xiran e adoptan traxectorias circulares

E= anticiclóns B= ciclóns


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

Como demostrar o efecto Coriolis dunha forma divertida? Poñemos dous nenos no parque lanzándose o balón coa man. O neno 1 que lanza o balón está no centro dun tiovivo e outro no exterior, (neno 2). A continuación poñemos o tiovivo a xirar de modo uniforme no sentido oposto ás agullas do reloxo (visto dende arriba). Para o neno 2, fóra da plataforma, o balón móvese no aire da mesma forma que antes. Pero para o neno 1, na plataforma, as cousas percíbense de distinta forma. O que el ve é que o balón desvíase cara á dereita. En realidade, a el parécelle que todo o Universo está xirando cara a dereita: o parque, o seu amigo, a lúa. Non pode identificar ningunha "forza real", nada está empurrando o balón ... pero o caso é que se desvía.

O cañon dun barco de guerra grande pode ter un alcance superior aos 20 quilómetros. Para o tempo que tardaría o proxectil en percorrer esa distancia (64 segundos), o efecto Coriolis supón unha desviación duns 250 metros, máis que a eslora dun buque de guerra. Hai unha anécdota ao respecto e relacionada co efecto Coriolis. Nas Illas Malvinas, en decembro de 1914, unha flota alemana e unha inglesa enfrontáronse a cañonazos. Os dous bandos eran coñecedores do efecto Coriolis e os seus artilleiros tiñan as táboas correctoras correspondentes a esas latitudes. O que non tiveron en conta os ingleses é que estaban no hemisferio sur, cousa que si fixeron os alemáns. Iso significa que a corrección era de signo inverso. ¿Adiviñades quen gañou o combate?

Os seguintes vídeos relacionan o Efecto Coriolis e as correntes oceánicas, e como condicionan os climas terrestres e polo tanto as nosas paisaxes e formas de vida Ver os seguintes vídeos http://www.youtube.com/watch?v=dt_XJp77-mk 3minutos http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=77krqZbLss4

(en inglés 1´19” ) http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Corioliskraftanimation.g

Outros exemplos para demostrar o Efecto Coriolis poden ser os seguintes:

http://www.youtube.com/watch?v=PrO7ejaVdzs 7´32” moi didáctico pero en inglés http://www.youtube.com/watch?v=i2mec3vgeaI 3´06” moi didáctico En inglés


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

3.2.- AS CORRENTES OCEÁNICAS E AS “ILLAS DO LIXO” Polo que levamos visto ate agora sabemos que, si puidéramos seguir de cerca unha pinga de auga no océano veríamos que percorre todo o planeta viaxando polos mares, unhas veces pola superficie outras polo fondo. Tamén sabemos que as augas oceánicas, debido ás diferenzas de temperatura, á salinidade e aos ventos están en circulación continua o que dá lugar a desprazamentos horizontais e verticais, superficiais e de fondo que distribúen nutrientes e calor por toda a terra, regulando a temperatura do planeta, condicionando climas, paisaxes e formas de vida. Tamén sabemos que as grandes correntes mariñas realizan os xiros oceánicos pola acción do Efecto Coriolis

Pero esta non é a única Illa do Lixo. No ano 2010 localizáronse unhas grandes concentracións de plástico flotante no oeste do Océano Atlántico, consecuencia das correntes superficiais e a acción humana.

ILLAS DE LIXO NOS OCÉANOS

Agora compre reflexionar como eses mesmos movementos oceánicos tamén poden espallar polo planeta os focos de contaminación creados polo ser humano, creando as “ILLAS DO LIXO”.

O “Sétimo Continente”, “Sopa Tóxica” ou “Illa do Lixo” son os diferentes nomes que recibe unha illa de catro millóns de toneladas de lixo flotante descuberta en 1.977. Atópase no Océano Pacífico, entre California e Hawái. Os expertos calculan que ten unha superficie equivalente á de tres veces España. Este fenómeno artificial é posible porque é un punto de concentración de correntes oceánicas que levan ate alá os residuos, o 80% dos cales procede de terra firme e o 20% restante procede dos barcos.

Pode ser interesante que o alumnado complete esta información buscando máis documentación en internet, pero especialmente non podedes deixar de ver co alumnado os seguintes enlaces como presentación ao problema das illas do lixo http://www.veoverde.com/2012/11/isla-basura-un-documental-indispensable-paraentender-la-problematica-del-plastico/ moi boa subtitulada 3´56´´ http://vimeo.com/25563376 imaxe 3´56´´

A mesma en inglés e con algo máis de calidade de

http://vimeo.com/36585927

A praia plástica VIP subtitulada 2´26´´

http://www.youtube.com/watch?v=OUYnUFqNzkQ problema

7,45´ en castelán, explica o


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

3.3.- O LITORAL GALEGO Esténdese dende a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño. Ten unha lonxitude de 1.194 km. Presenta unha morfoloxía moi variada con alternancia constante de zonas rochosas (cantís puntas, rochedos …), zonas areosas (praias enseadas, marismas,…) abundantes illas; e zonas protexidas (rías, enseadas …)

Costa rochosa É o tipo de costa máis común do litoral galego. Esténdese ao longo de 820 km con elevacións de diversa altura, desde os poucos metros nas Rías Baixas até os máis de 600 metros na serra da Capelada. Está constituída polos depósitos de materiais de gran tamaño desprendidos pola acción erosiva da auga. E por frontes de rocha que resisten as acometidas do mar. A forma máis característica da costa rochosa é o cantil

A costa galega prolóngase baixo a superficie do mar nuha estreita plataforma continetal que acada o seu maior desenvolvemento fronte á Coruña con só 15 millas

As formas do litoral galego Cando falamos de costa, litoral ou beiramar, estamos a falar de sinónimos ou son cousas diferentes? Indagade sobre o tema. Cal ou cáles son as causas que orixinan as formas da costa? A paisaxe costeira amosa unha gran variedade de formas que teñen unha orixe diversa: a natureza da rocha litoral, a acción das ondas, o tipo de correntes litorais, a actividade tectónica (elevación ou afundimento da costa), ademais da intensa actividade humana que nos últimos anos está a modificar o litoral, son os factores que determinan as características xeomorfolóxicas que definen as distintas zonas costeiras Na zona costeira onde vivimos podemos atopar formas diversas como as que podemos ver no debuxo seguinte.

A enerxía das ondas vai destruíndo de maneira desigual o cantil, esta é a razón pola que se forman covas ou furnas e arcos rochosos

Costa areosa As partículas arrincadas dos cantís polas ondas e, sobre todo, polos materiais sedimentarios transportados polos ríos até o mar, son arrastrados polas correntes e empurrados polas ondas que os depositan cando perden enerxía, dando lugar a unha gran diversidade de estruturas areosas, a máis común é a praia. En Galicia hai unhas 750 praias que ocupan o 25% do total da costa. As praias atópanse tanto no mar aberto como no interior das Rías. O perfil dunha praia varía ao longo do ano debido a que, no inverno, as ondas dos temporais provocan unha gran resaca que arrastra a area cara ao mar. As suaves ondas do verán acumulan sedimento continuamente na praia, facendo que esta adquira un perfil máis elevado.


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

A area das praias presenta unha gran mobilidade. As ondas, as correntes e o vento son os causantes de que a area dunha praia estea en constante movemento, polo que o material que a forma está simplemente de paso.

Os ventos constantes, procedentes do mar, arrastran as areas da praia cara ao interior. Cando neste desprazamento atopan algún obstáculo forman un amoreamento que chamamos duna. A duna é un elemento imprescindíbel para o equilibrio da praia, pois funciona como unha reserva de area, da que se alimenta. Cando se eliminan ou destrúen as dunas, case sempre por actividades humanas, a praia corre o risco de desaparecer no futuro, como ocorre coas praias de Samil e Praia América.

Por que hoxe en día xa non se fan paseos de formigón nas zonas dunares e sí se fan de madeira lixeiramente elevada sobre o nivel da area?.

Cando a praia está próxima a unha baía ou entrante costeiro onde desembocan ríos ou regatos, adoita formarse unha frecha de area, como a que as veces se forma na desembocadura do río Muiños que separa as praias de Panxón e praia Loura (Praia América). As frechas areosas son orixinadas polo choque de dúas correntes, a do mar e a fluvial. No lugar de choque acumúlase a area e as veces a frecha acaba formando unha barra areosa que se sigue pechando a baía e a deixa illada do mar orixina unha lagoa litoral. Nese momento, as augas doces do río e as salgadas do mar seguirán mesturándose ao atravesar por filtración esta barreira natural de area.

Formación e evolución dunha lagoa de litoral Unha praia completa ten tres zonas ben definidas: zona sublitoral, sempre cuberta polo mar; zona intermareal que se cobre e descobre coas mareas, e zona supramareal ou supralitoral, que só se ve afectada polo mar nos grandes temporais e que se prolonga cara ao interior en campos e dunas. As praias urbanas son case todas incompletas porque a zona supralitoral está ocupada polas construcións.

Esteiros e marismas . Nas desembocadura dos ríos é onde se forman os esteiros e marismas Os esteiros son as zonas de confluencia das augas doces procedentes dos ríos e das augas salgadas de orixe mariña e onde hai unha gran acumulación de material sedimentario. As augas fluviais achegan de forma continuada materiais areosos e lamacentos que van cubrindo os fondos dos esteiros, e durante a baixamar fican ao descuberto, desaugando o río por unha rede de canles que atravesan os depósitos de area e lama. As marismas fórmanse nas zonas internas e protexidas do esteiro como consecuencia do depósito de lamas sobre as que medran xunxos e outra vexetación de auga salobre. Durante a preamar, estas zonas son invadidas pola marea, sobresaíndo unicamente a vexetación.


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

As illas Na costa galega hai numerosas illas, illotes e cons. Podemos atopar dous tipos de illas, as de mar aberto con abruptos cantís pola parte exposta, e as interiores, de perfil case chan.

As correntes na costa e nas rías. O afloramento mariño A dinámica mariña nas costas galegas é moi complexa; nel interveñen as masas de auga a distinta temperatura e os ventos dominantes. A nivel xeral, no inverno os ventos do sur achegan á costa unha corrente de auga quente que se despraza cara ao norte. No verán os ventos do norte e nordés empuxan a corrente cara ao sur afastándoas da costa e favorecen o afloramento de augas profundas máis frías e cargadas de nutrientes, sales minerais que favorecen o fitoplanto, base da cadea alimenticia e as converten as rías en espazos naturais únicosno mundo de gran produtividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica.

Illas Estelas e Cíes. Considérense a parte emerxente do que sería a última serra da provincia de Pontevedra mergullada no Atlántico

As rías Sen dúbida un dos elementos da paisaxe que mellor define a costa galega son as rías. Sabías que Ferdinand Von Richthofen, o tío do famoso Baron Rojo, foi o que lle deu o nome en 1886?. No seu viaxe arredor do mundo para estudar os distintos tipos de costa atopouse en Galicia con algo nunca visto, aínda que realmente no sexan algo exclusivo da nosa comunidade. Sabías que as máis antigas son as Rías Baixas, que datan de hai 110 millóns de años?. Moito máis tarde, hai 24 millóns, xurdiron as Rías Altas e o proceso rematou hai tan so cinco millóns de anos coa la irrupción de las Medias, cuia constitución coincide coa formación do río Miño. Unha ría, polo xeral, se forma pola inundación do curso final dun río causada polo afundimento do borde costeiro, por unha subida do nivel do mar ou por ambos sucesos á vez. Pero recentemente descubriuse un novo matiz: en Galicia, o factor determinante que propiciou a creación das Rías foi a inundación pola subida do nivel do mar a causa da fusión del auga dos polos. E o máis paradóxico é que ocorreu nun momento en que a corteza terrestre galega estaba levantándose, un proceso xeolóxico que continúa na actualidade.

Esquema de circulación da auga na Ría de Arousa


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

O clima do litoral galego O mar é determinante no clima de Galicia. Del proceden os ventos dominantes, temperados e húmidos que suavizan a temperatura e empuxan as masas nubosas que achegan auga. Ademais desta situación xeral o mar tamén é responsábel da circulación das brisas de réxime local producidas pola diferenzas de temperatura das masas de aire, situadas enriba do mar e da terra, entre o día e a noite. Para entender o clima do litoral galego o mellor e facer a seguinte comprobación co alumnado: Ver nun mapa como Boston e Vigo case que están a mesma latitude, polo tanto deberían ter unha temperatura similar. Logo buscar en internet as temperaturas medias de Vigo e de Bostón dos meses de decembro e xaneiro, comparádeas e veredes a enorme diferenza. Prantexarlles pois cal é a causa desa diferenza de temperaturas estando as dúas cidades na mesma latitude. A resposta está voltar a ver as imaxes das correntes mariñas do punto 3.1 para comprender que as augas marítimas costeiras suavizan as temperaturas, xa que inverno as augas mornas da Corrente do Golfo quecen o aire e fan que o clima galego sexa máis temperado que o que lle correspondería pola súa latitude

3.4.- A MODIFICACIÓN DA COSTA POLA ACCIÓN HUMANA Por todo o que levamos visto nesta información complementaria e fácil comprender que a costa que temos é consecuencia do paso de millóns de anos e da acción das correntes mariñas costeiras e oceánicas, os ventos, as ondas, os movementos tectónicos... e nos últimos anos a acción do ser humano. A costa en xeral, pero sobre todo as rías e as praias teñen un equilibrio no que calquera acción do ser humán pode alteralo. É moi probable que si os políticos que tomaron as decisións de facer os paseos marítimos de Samil, o da praia do Vao en Vigo, o recheo de Bouzas, ou o paseo de Praia América en Nigrán, cometeran tales agresións a nosa costa si no seu paso polo colexio manexaran a información que estamos manexando e desenvolveran unha sensibilización como a que pretendemos conseguir co noso alumnado a través do proxecto MARES E COSTAS EN BOAS MANS,

O recheo de Bouzas, ademais do soterramento dun dos bancos marisqueiros máis produtivos da Ría de Vigo, supuso a alteracións importantes dentro da dinámica da ría. A terra verquida ao longo dos anos foi transportada polas correntes cara ao interior da ría, chegando a soterrar outros bancos marisqueiros e a modificar os calados doutras zonas da ría ata en 3 metros de altura. Boa parte das industrias que se instalan nos recheos poderían estar ferfectamente ubicadas fóra da beiramar, pero os recheos resultan un excelente negocio para as autoridades portuarias: onde teño auga fago un recheo e xa teño un terreo que alugare polo que vou ingresar cartos.


MARES E COSTAS EN BOAS MANS CPI PANXON

Actividades Orientativas (que é preciso completar polo profesorado) 

Presentacións do proxecto para o profesorado, alumnado e familias.

Retirar os murais e outros materiais de actividades puntuais realizadas anteriormente para “centrarse” no proxecto.

Realizar un mural ou similar na entrada do colexio co título do proxecto.

Realizar unha ambientación do colexio como motivación inicial e espertar a curiosidade sobre o proxecto

Boa parte dos contidos deste documento están desenvolvidos nos libros sobre o mar e sobre os recursos mariños de Adela Leiro e Mon Daporta que temos no colexio a vosa disposición. Adela Leiro é mestra e a súa experiencia de máis de 40 anos de docencia tratando a área de ciencias naturais os recolle neses libros (e noutros moitos máis), así como na súa páxina web, na que ten o recurso para os profesores de máis dun cento de presentacións en power point elaborados por ela e un equipo de colaboradores tamén mestres. Algunhas destas presentacións corresponden cos temas do mar que tratamos no noso proxecto. www.adelaleiro.com

Actividades e experimentos diversos para primaria e secundaria recollidas no

Mensaxe nunha botella: Traballar co alumnado as noticias da prensa que recollen as experiencias das mensaxes polo mar para, sobre un mapa, ver o percorrido realizado polas mensexes, o que pode ser unha boa introdución ao tema das correntes mariñas.

caderniño “AZUL COMO EL MAR” ou no libro “Experimenta con la ciencia: AGUA” , que temos no colexio 

Actividades do tríptico “MERGÚLLATE NO OCÉANO CON NÓS”

Traballar as novas palabras aprendidas nos experimentos e actividades, así como a presentación oral e escrita.

Ver, comentar e traballar co alumnado os vídeos sobre as illas do lixo que se relacionan no apartado 3.2. Visita á exposición sobre as illas do lixo na Fundación Barrie en Vigo

Elaboración de maquetas ou murais que a xeito de corte transversal da codia terrestre proporcionen a vista do perfil da costa e do fondo do mar. Para infantil temos os materiais MERGÚLLATE NAS RÍAS.

Obra de teatro representada polo alumnado do colexio.

Preparar e facer un percorrido andando co alumnado dende a praia de Panxón ata a Foz do Miñor para traballar os puntos 3.3 e 3.4 desta documentación.

Desenvolver algunha das actividades que se comentan no punto 3.1 para comprender o efecto Coriolis.

Temos no colexio documentación moi boa e interesante para traballar co alumnado o proxecto.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.