AS AVES DO ESTEIRO DA FOZ

Page 1


Tipos de aves do Esteiro da Foz.

Hai diferentes tipos de aves no esteiro da Foz. Este é un esteiro que se atopa entre os concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona. Nel desembocan os ríos Miñor, Groba e Belesar, e é un espectacular espazo natural, incluído na rede natura 2000 da Unión Europea, pola súa calidade ambiental e paisaxística, e por ser a zona de nidificación de gran cantidade de aves.

O Esteiro da Foz

Estes son os diferentes tipos de aves, entre outras, que se atopan no Esteiro da Foz de A Ramallosa. Un pequeno censo na marisma aproveitando a preamar, só se contaron as aves que se quedan nas pequenas "illas" de vexetación dentro da marisma, en total saíron:

− 29 garzas reais.


- 16 biluricos claros.

− 3 Mazaricos reais.

− 3 Mazaricos rubios.


1 Avefría

2 patos asubiadores.

− 36 patos reais. Descrición A garza branca é unha garza de tamaño grande co peteiro amarelo e patas e pés gris escuros. Mide entre 85 e 100 cm de lonxitude, e ten unha envergadura de alas que vai de 145 a 170 cm, pesa ata 1,5 kg. En xeral, os machos son algo meirandes cás femias. O bico é longo e dereito. A cola curta. A plumaxe é uniformemente branca. Voan, coma tódalas garzas, co pescozo encollido, o que as diferencia das cegoñas e as grúas. − Distribución e hábitat E a garza de distribución máis ampla. vive no continente americano ata ó sur de Canadá, no sur e centro de Europa en África e no Oriente próximo. É unha especie parcialmente migratoria: os exemplares do hemisferio norte viaxan cara ó sur nos invernos máis fríos. Habita en canavais preto de lagos, ríos e pantanos, nos que haxa tamén árbores e arbustos. Fóra da época de cría, atópase a gusto en zonas de chaira. Alimentación Come insectos, anfibios, peixes e ratos e mamíferos pequenos.


Reprodución Forman colonias de cría. Constrúen niños moi grandes de garabullos nas árbores. Poñen, entre abril e xuño, tres ou catro ovos.

Status É unha especie en certa expansión, aínda que está en perigo nalgunhas áreas da súa distribución, como Nova Zelanda. En Australia é unha especie protexida. En

Norteamérica foron cazadas en grandes cantidades a finais do século XIX para usa-las súas plumas na decoración de sombreiros, pero as súas poboacións aumentaron grazas ás medidas de protección. A destrución do seu hábitat é a ameaza máis grande para a súa supervivencia. Esta incluída no AEWA Ave Fria A avefría ou galo da braña (Vanellus vanellus) é unha ave zancuda da familia carádridos, é común na Europa e na Asia de clima temperado. En Galicia só quedan 50 parellas na zona do río Limia.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.