DIA DA PAZ...SOSTIBLE

Page 1

xaneiro: Actividades Boletín nº 3


Como xa todos sabedes, o vindeiro 30 de xaneiro, celebrarase en Todos os colexios o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Por que o día 30 e non outro? Porque nesa data morreu asasinado MAHATMA GANDHI un líder pacifista que loitou dende a NON VIOLENCIA .

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN •

10:00 a 10:30: Recitado de poesías sobre a PAZ. O recitado será realizado no salón de actos polo alumnado de EP.

10:30 a 10:40.- Todos xuntos construiremos o gran puzzle da PAZ, UNIDADE E SOSTENIBILIDADE.

10:40 a 10:50: 5º, 6º e 2º da ESO interpretaran o Himno da Alegría.

10:50 a 11:00 Toda a Comunidade educativa cantaremos xuntos a canción de Gisela. “ AMOR Y PAZ”

IV CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ Neste curso, faremos extensiva a CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE a outros colexios de Nigrán, participarán o colexio CEIP “DA CRUZ” e a EEI “ AS DUNAS”. Este ano adicaremos o diñeiro recaudado a axudar ás familias máis necesitadas do concello para que realicen a distribución en función das necesidades do noso entorno.

Página 2

Título del boletín


Trátase dunha carreira non competitiva, onde o importante non é chegar en primeiro lugar, senón correr a maior distancia posible nun tempo de 10 minutos, conseguindo diñeiro en función da distancia percorrida e axudando co esforzo de cada un aos máis desfavorecidos. Ao rematar a carreira realizaremos un lanzamento de globos con mensaxes de PAZ.

OUTRAS ACTIVIDADES AO LONGO DESA SEMANA

O alumnado de 6º DE EP, creará Contos online sobre a PAZ, coa ferramenta BATALUGU, cada un realizará o seu. Tutorial Batalugu.

“FRASES POLA PAZ”: O 2º Ciclo de EP e 5º de EP, realizará un traballo de investigación, sobre personaxes célebres que dixeron frases importantes pola PAZ.

Colocaremos a nosa árbore ecolóxica, pombas e mans feitas polo alumnado. As máns serán realizadas polo alumnado de 1º e 2º de EP e nelas deixaran as súas ideas para poder conseguir a xustiza e a PAZ.

Selección dalgunha película ou texto literario que trate de forma directa ou indirecta o tema da guerra, unha forma máis de violencia pero non a única, construcción dunha frase que defina e que delimite esta actuación e PALABRA para combatir esta lacra social. Finalmente con todas as presentadas, elaboración dun “movimaker”.

L

Entrevista a familiares ou coñecidos que viviran a guerra civil española.

I

Elaboración de comics Paz-Enerxías, onde o protagonista sexa Panxeolo a mascota do proxecto deste ano “Do pedernal á fusión”.

30 X A N E I R O B I B

O T E

C A S Boletín nº 3

Página 3



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.