Nadal no mar

Page 1

CONTO DE NAMAR (NADAL NO MAR)

PROXECTO “NÓS SOMOS MAR”


CONTO DE NAMAR (NADAL NO MAR)

PERSOAXES Narrador 1: Ana Rodríguez Narrador 2: Iria Sanromán Narrador 3: Nerea Corbal Martín Pescador: Hugo Pereira Colega 1: Sara Riveiro Colega 2: Yaiza Iglesias Colega 3: Alba Alonso Amiga 1: Nerea Esmerode Amiga 2: Patricia Pérez Amiga 3: Marián Centeno Amiga 4: Antía Esmerode Amiga 5: Noelia Cea Peixe 1: Sergio Goce Peixe 2: Carlos Denis Peixe sindicalista: Antonio Giráldez Entrevistador: Alberto Otero Militar Pacifista: Brais Fernández Pacifista de Greenpeace: Sandra González-Besada González Acompañante amigas: Mencía Tenorio


Narrador 1: Ola, bós días Narrador 2:: Que tal? Moi bos días, como estades? Narrador 3: Requetechupete--bien, sobre todo cando xa estamos no Nadal. Narrador 1:Requete….que? Narrador 3: Requetechupete--bien!!!! Narradores 1 e 2: Aaaah!! Narrador 3:: E cal é o gusto de atoparvos aquí, no escenario? Narrador 1: Pois nada, eu pasaba asaba por aquí e…. Narrador 2:: Que casualidade!! Eu tamén pasaba por aquí e…. Narrador 3: e…..que? Narrador 1:: pois quería comer un pouco de turrón de chocolate, ehem.. Narrador 2:: sí, sí, eu quería comer tamén un pouco de marisco, ehem… Narrador 3: No teatro? Narrador 1:: E logo? Onde pasan os soños? Onde se cre aquelo no que se deixa de crer na vida? Narrador 2 e 3: Ehh??? Narrador 1:: Vale, pedíronme facer unha obra de Nadal relacionada co mar Narrador 2:: Vaia!! O mesmiño que me pediron a mi, facer unha obra sobre o mar relacionada co Nadal.


Narrador 3:: Pois que sorte que tedes, a min soamente me pediron un bocata de chourizo e que me perda no mar. Narrador 1:: Diso nada, non te podes perder no mar, que a iso lle chaman Contaminación mariña: (Narrador 3 quere uere pegarlle a Narrador 1 pero Narrador 2 concilia a ambos) Narrador 2:: Veña, tedes que ter calma, está claro que temos que facer algo polo Nadal e polo mar. Narrador 3:: Xa sei!! E se cantamos a panxoliña dos peixes?? Narrador 1 e 2: Cal? Narrador 3: “Pero ro mira como beben los peces en el mar, pero mira como beben por ver a Dios nadar…..” Narrador 1:: É no río, “mira como beben no río por ver a Dios nacío” Narrador 3:: Ah! Vaia!! Entón que facemos? Narrador 2: Xa sei!! Contamos un “Conto de Namar” Narrador 1 e 3:: Un conto de Namar?? Narrador 2:: Claro, un conto de Nadal no mar, Na…mar, non o colledes? Narrador 1:: Déixao, ese conto xa é vello, ademáis Abraham Scrooge xa o fixo o Nadal pasado. Narrador 2:: pois non sei que facer…..mirade quen ven? Narrador 3: É un n peixe? É un iate? Narrador 1:: Non, é Martín Pescador. Martín:: Ola a tod@s, que facedes? Narradores:: Nada, pasabamos por aquí…. E ti? Martín:: Pois eu veño coma sempre, ao porto no mellor día do ano, pero este ano veño moi moi triste. Narrador 1: E logo?


Martín: Non hai peixe. Narrador 2:: como que non hai peixe? E que vou cear agora? Eu quería marisco… Martín:: Síntoo, é a verdade, non hai peixe, e moito menos marisco. Narrador 3: E por que? Narradores 1 e 2:: Iso, iso, por que? Martín:: Porque enteráronse de que ninguén foi culpable da traxedia do Prestige e están de folga!! Narradores: Como?? Martín:: Era broma, pero pode pasar. En realidade todo é culpa de moitos dos nen@s do mundo. Narradores: Por que? Martín: Mírao ti mesmo…. Aparecen no escenario 3 nen@s dispostos a contaminar o mar Colega 1: Buáh!! Hai que ver que sitio más molón para facer unha festa Colega 2: Xa che digo, aí afastadiños, sen que ninguén nos vexa Colega 3: Xa que non nos queren na cidade, mellor preto do mar, mar non é? Colega 1: E a falta de música, boas son as “ondas”, o pillas? Colega 2: Déixate de ondas que amolas, onde tes o que nos mola? Colega 1: (buscando e lanzando ao mar aquelo que non lle serve) A ver, restos de pizza, non é? Colegas: Paso, tío Colega 1: Botelliñas de auga? Colegas: Paso, tío Colega 1: Taponciños para facerlle a pelota ao xefe de estudos?


Colegas: Paso, tío Colega 1: Os exames para firmar? Colegas: Paso, tío Colega 3: Non amoles, non a trouxeches? E que imos facer agora? Colega 1: Non sei, ei, pero teño uns bolis que me regalaron do intercambio Colega 2: Veña, tira iso que non serve para nada, ademáis non somos os únicos que botamos tinta no mar. Colega 1: Aquí está, (E saca unha zambomba para cantar unha panxoliña). Colegas: Veña xa, non iremos cantar diante de todas esta xente non? Colega 1: Veña, bo rollo polo Nadal. Queredes unhas pipiñas? Ou uns Cheetos? Colega 3: Paso, vai ser mellor pirar, que a xente empeza a impacientar. Colega 2: Agardade!! Que é iso que apareceu na área? Un móvil!!!! mó Colega 1: (Colléndoo) Bah!! Está configurado en xaponés, non entendo nada. Colega 2: Déixao logo, que xa me costa o francés, como para comezar co xaponés. Colega 3: Veña, imos, que teño intuisión coa lotaría deste ano….. Martín: Vedes? Elas pensan que non lle fixeron mal a ninguén, e en cambio…. Narrador 2: En cambio, deixaron unha boa cantidade de pollution no mar Narrador 3: Ti sí que sabes, iso é en inglés, verdade? Narrador 1: Pois eu sí que me sinto hoxe Im-poluto/a….. Im Martín: Pero é que non acaba caba aquí a cousa….aínda hai mais, e os peixes quedaron fartos. Narradores: Aínda hai máis? Martín: Pois sí, mira o que pasa cando 5 amiguiñas saen coa súa motiño, ou co seu barquiño, mirade o rastro que deixan no mar sen querer…..


Narrador 1: Rastro é no que se está convertindo o mar, claro está Narrador 2: Ben, moi claro moi claro non o vexo. Narrador 3: Porque estás vendo cara atrás, mira para o público…. Narrador 2: Pois sigo a velo oscuro… Narrador 1: Shhh!! Que aquí veñen a xogar, a ritmo de Marc Márquez…. Amiga 1: Jo, tódolos homes son iguais!! Amiga 2 e 3: Son todos iguais!! Amiga 4: Digamos paresidos, non? Amiga 5: Pero que vos pasou? Por que falades así? Amiga 1: O meu mozo deixoume polos colegas Amiga 2: O meu deixoume polo fútbol Amiga 3: Pois o meu deixoume….por que me deixou? Amiga 4: Vedes? O que eu dicía, paresidos non iguais. Amiga 5: Pois eu soamente tiven un mozo, pero deixeino eu. Amigas 1, 2 e 3: En serio? Como fixeches? Conta, conta Amiga 5: Pois moi fácil, él estaba aí no paseo e eu díxenlle……..adeus!! dí Amigas 1 e 2: E non dixo nada? Amiga 5: Pois a verdade é que sí. Recordo que dixera……pois adeus!! Amiga 3: Tiveches sorte, debe ser un friki. Mozas, mirade o que teño!!! Amiga 4: Que tes? Que tes? Amiga 3 : A carta de despedida do meu mozo, moz a ver. Amiga 4: Déixama ler, porfa, seguro que ese sí é diferente (rindo) Amiga 3: (lendo) A ver….Ola, .Ola, escríbote escríbot para cortar, chao!!


Amiga 5: Pois vaia diferenza!! Amiga 1: Oes? E se a lanzamos ao mar para non volvelo a ver mais? Coma se fose unha mensaxe… Amiga 2: Sí, mola, eu tamén teño aquí o seu reloxio, podemos metelo tamén para que non lle pase o tempo. Amiga 3: E que fas ti co reloxio do meu mozo? Amiga 2: Non é o do teu mozo, é o do meu, mira, un Rolex!! Amiga 1: Pois xa que o dis, eu tamén meto esta camiseta que xa estaba cansa dela dende que ma regalou!! Amiga 4: Pois sí que sodes ben diferentes, sí. Amiga 5: E non iredes lanzar todo iso ao mar, non? Amigas 1 e 2: Pois a quen se non? Non llo lanzamos a eles porque non os queremos ver diante!! Amiga 3: Mozas, pero haberá que dicir algo, non? Coma se fose un conxuro ou algo así? Amiga 4: Sí, claro: “Somos diferentes, somos iguais” Amiga 5: Ou “Se estás desenganada, contamina” Amiga 3: Que sosas!! Veña, colocade a botelliña, así, moi ben (mentres res as amigas 1 e 2 colocan a botelliña no mar)…. Amigas 1 e 2: Obxectos de desprezo: Non volvades xamais!!! Amiga 5: (Aparte) Iso é o que elas pensan, pero seguro que aparece en Filipinas, e acaba chegando de volta Amiga 3: Hei!! Esquecín meter o seu calzón calz de Piolín, era tan mono!! Amiga 4: Outra vez será, non te preocupes, o próximo que os teña de Songoku e seguro que volve. Veña, imos!! Narrador 1: Martín, non dixeras que andaban a xogar?


Martín: Certo, e paréceche pouco? Mira como xogaron comigo, e agora agora que calzóns me poño? Narrador 2: Pois sigo sen ver as cousas claras, o mar cada vez escurece mais Narrador 1: O mar non sei, pero creo que Piolín estaba peor ca ti. Narrador 3: Ben, compañeiras, Martín, temos un problema serio e grave e temos que resolvelo resolv Martín: Pois como non chamemos a Santa Claus ou aos Reis. Nestas datas son os únicos que nos poden axudar. Narrador 1: Tamén poderiamos chamar ao “Apalpador” Narrador 2 e 3 e Martín: O Apalpador? Narrador 1: Sí, ese duende celta que comproba se os nenos nenos e nenas cearon ben por Noiteboa palpándolles na tripa. Martín: Pois cos tempos que corren como non palpe no peto non vai atopar nada. Narrador 2: Pois mellor que non palpe, o que é seguro é que non vai atopar peixes, que están de folga. Escoitades? (Aparecen un par de peixiños cunhas pancartas en protesta pola nova lei de seguridade mariña, pola nova lei da educación mariña e pola liberación dos peixes asasinos) Peixes: BOTES NON, LATAS FÓRA!! BOTES NON, LATAS FÓRA!!! Martín: A ver, meus, que vos pasa? Peixes: BOTES NON, LATAS FÓRA!!! Quixera ser tan alto como a lúa, hei hei, como a lúa, como a lúa!!! Para poñer os restos por todas as rúas, por todas as rúas, por todas as rúas!!! Martín: Veña, non esaxeredes, que seguro que hai unha solución. Peixes: Eu son polución, polución, polución….eu son polución, polución, polución!!!! O que non bote é contaminador!!! O que non bote, é contaminador!!! Martín: Sodes menos razoables que os sindicatos asteleiros. Veña, explicádeme o que vos pasa. Peixe 1: A ver,, home, eu sonche un besugho de toda a vida, deses que se toman en Fin de Ano, pero este ano ata nós mesmos apestamos (e non é por non ducharse, eh!!)


Peixe 2: Iso, iso, aquí onde me ves tentei ser unha boa lubina, desas que lle ghustan aos mestres de Panxón, ón, pero este ano non me queren comer nin que me aproben, oigha!! Peixe 1: Ve? Que futuro ten un besugho novo e forte coma min con toda esta mer….., ehem…, contaminación que hai no mar? Peixe 2: Iso, iso, xa non nos queren nin nas festas de mariñeiros, mariñeiros o meu eu pai xa nin me pesca do cheiro que boto, non creo que chegue nin á Reválida Mariña!!! (Póñense os dous a chorar) Martín: Tranquilos, peixes, tranquilos, que de seguro atopamos unha boa solución. Peixe sindicalista: Primeiro terá falar comigo, que son o representante. r Peixes: O que? Peixe sindicalista: O representante!! Peixe 1: Nós non queremos diso, queremos un servizo de limpeza, e de paso unha renovación do plancton que xa repite Peixe 2: Iso, iso. Basta xa de pedantes deses. Nós sabemos o que queremos: queremos Peixes: Que tódolos nen@s do mundo deixen de botar sobre nós toda esa mer….ehem…contaminación. BOTES NON, LATAS FÓRA!! BOTES NON, LATAS FÓRA!! Narrador 1: Hai que ver que toliños están estes peixes, pero teñen razón. Narrador 2: Tes razón teñen moita razón, razón, non hai mais que ver as illas formadas pola contaminación. Narrador 3: Estou dacordo niso, pero por que non queren botes? Para que non os pesquen? Narrador 1: Non, se xa sabía eu que tiñas que perderte no mar. Refírense aos botes de plástico, os que lanzan nzan os nenos. Narrador 3: Ah! Refíreste ás pelotas? Narrador 2: Vai ser mellor deixala. Por certo, Martín, ti pensas que isto ten unha solución doada?


Martín: Pois a verdade que non o sei, pero poderiamos encender a televisión, están a entrevistar a unha desas verdes. Narrador 3: E logo que ten que ver a froita coa solución da contaminación? Martín: Non entendes, refírome a unha desas pacifistas. Narrador 1: Xa sei, ti refíreste a un Australiano, para limpar o Océano Pacífico. Martín: (algo desesperado) Noooon, vai ser mellor mirar a televisión e que o miredes vós mesmas. Narrador 2: Mirade, se é Sandra, de Green Peace!! Narrador 1 e 3: Por que non o dixeches antes? Agora xa caemos!! (mentres Martín aínda máis dos nervios) (Na televisión) Entrevistador: Atopámonos aquí, hoxe, 20 de decembro, nas inmediacións do porto de Panxón para entrevistar a Sandra González; creadora da solución da contaminación. Bos días, Sandra. Sandra: Bos días, estou ben? Entrevistador: Sí, Sandra, non te preocupes. Cóntanos Sandra, Sandra, que foi o que te impulsou a tomar esta determinación de loitar contra a contaminación? Sandra: Pois verá, pero seguro que estou ben? Mire que miña nai está mirando (Ola, mamá). Entrevistador: Por suposto Sandra (sorrindo entre dentes para facela responder), responder) responda, por favor. Sandra: Pois verá, eu estaba na praia coma tódolos veráns, na praia de Panxón. Aínda que eu son de Ramallosa, sabe? De feito, son oriunda de San Pedro, que non é exactamente no centro da cidade, sabe? Claro que ben mirado, pode que sexa mais de cidade que de aldea, o caso é que coñezo ben o río Miñor, sabe? Entrevistador: Sí, sei, sei, pero quere responder xa? Sandra: Vale, vale, como son vostedes os periodistas, todo o queren saber!! saber!! Pois como lle ía dicindo, estaba eu na praia de Panxón, a piques de darme un baño cando de repente…. (Aparecen os peixes coas mesmas cantinelas de antes)


Entrevistador: Atención, señoras e señores, nenos e nenas, en riguroso directo temos unha lubina e un besugo en plena protesta. Se son capaz de entrevistalos seguro que me dan o Pulitzer. Sandra: O Pulitzer? Entrevistador: Un premio. A ver, señor besugo, señor besugo: por que protestan? Peixe 1: Pro testa? Oia! Eu teño a miña testa ben amueblada, eh!! Non crea que por ser besugo non sei como son on as cousas. Dille aí, lubina. Peixe 2: Iso, iso, vostedes sí que tedes a testa dura. Nós non protestamos, soamente exercitamos o noso dereito de Expresión. (Neste momento chegan tamén as amigas de antes, soamente para curiosear sobre o que está a acontecer) Sandra: Aquí, aquí temos as culpables de toda a contaminación do mar. Eu vin perfectamente como estas mozas tiraban cousas inútiles ao mar. Amigas: Quen, nós? Amiga 3: Inútiles non, vale? Os calzóns de Piolín sentábanlle tan ben… (Empézase a armar a dee San Quintín, ata que chega un militar, pacifista, iso sí) Militar pacifista: Quieto todo el mundo!! A ver, que pasa aquí? Besugo, responda. Peixe 1: Pois verá, nós viñamos mercar un pouco de plancton para miña avoa e atopamos esta xente aquí reunida. Verdade, dade, lubina? Peixe 2: Iso, iso, vimos ver se quedaba algo de comida sen contaminar. Sandra: Claro, porque estas mociñas e mais aquelas outras que veñen por alí, xunto con tódolos rapaces do mundo non deixan de lanzar cousas ao mar. Así está de contaminado, contaminado claro. Militar pacifista: Iso é certo, señoritas? Colegas: Hei!! Vai por nós o de señoritas? Militar pacifista: Silencio, é certo ou non é certo?


Amigas e colegas: Pois….ben….sí, é certo. Colega 1: pero o móvil estaba configurado en xaponés, non o podía recoller entende? Militar pacifista: Silencio!! Está claro que temos que atopar unha solución para a contaminación. E vostedes recibirán un severo castigo. Sandra: Señor militar, eu téñoa, se me permite. Saio ben, non? Militar pacifista: A ver, cóntenos enos a todos, cal é a solución? Sandra: Pois é moi doado, trátase da Educación. Educaci Todos: A Educación? Sandra: Claro, soamente temos que educar ao tódolos espectadores aquí presentes, e os das casas para que non tiren cousas ao mar, así non se pasaran da raia. Peixe 2: Raia, non, lubina, que aínda hai clases oiga!!! Militar pacifista: Pois está ben claro, oíchedes señoritas? Xa sabedes o que tedes que facer, non? Pois veña!!! Amiga 1: E teño que recuperar a camiseta do meu mozo? Amiga 2: Eu teño que recuperar rar o reloxio? Amiga 3: E eu téñome que quedar con…..? Colegas: Paso, tío. (As amigas e as colegas baixan ao público a convencer aos espectadores de que non tiren as cousas ao mar) Peixes: E recordade…..pez queniñes, non grazas, debes deixarnos crecer!!! Peixe 1: Imos, lubina? Peixe 2: Imos, besugo. Peixes: Xa hai solución, solución, solución. Xa hai solución, solución, solución. Entrevistador: Ben, amigos, isto é todo dende o porto de Panxón. Xa sabedes se o mar queredes coidar, non debedes contaminar. Alberto Otero para…..


Sandra: perdoe, cre vostede que nos darán o Pulitzer agora? Entrevistador: Veña, señora, veña, que vai ser mellor pasarse á radio. (Vanse) Narrador 1: Como dicía un coñecido meu: “Ben está o que ben acaba” Narrador 2: Eu teño outra desas, esas, tamén dun coñecido meu: “Me encanta que los planes salgan bien” Narrador 3: E ti, Martín, non tes nada que dicir? Martín: Pois a verdade é que non se me ocorre nada, pero estánme entrando unhas ganas de comer lubina….. (Entrando o peixe 1) Peixe 1: E eu que? Claro, como son besugo….. Narrador 1: Pois xa temos a mellor cea para hoxe á noite, nada mais que un bo peixe traido dun mar limpo. Narradores e Martín: Bo proveito e felices a festas a todos!! (Entrando a lubina limpa……todos miran para ela e sae sa correndo) THE END


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.