ANIMO¡
PONTE AS PILAS NA TERCEIRA¡¡ Chegamos das vacacións de Semana Santa e empezamos o terceiro trimestre, coa vista posta no fin de curso e co obxectivo de tratar de superar o que fixemos ata agora. Se os resultados no que levamos de curso foron positivos,
debes
mantelos
e
para
seguir
esforzándote
conseguir
para
melloralos
no
posible. Se, polo contrario, as cousas non te foron ben, non te desanimes xa que vinda estamos a tempo de corrixir o que saíu mal. Se traballas máis e mellor, se o intentas dende o primeiro día organizándote adecuadamente, seguro que terás mellores resultados. A continuación propoñémoste uns consellos para empezar con moitas ganas o Terceiro Trimestre:
A) OS TEUS ESTUDOS SON O TEU TRABALLO …E no traballo, como fan os teus pais, hai que “ser serios” e cumprir coas obrigacións. Ti tamén. Para iso debes: ●
Organizar e planificar o tempo de estudo e tarefas, facéndote un horario e tratando de cumprilo diariamente sen excusas.
●
Traballar na túa casa nun lugar cómodo e tranquilo, sen ruídos, onde podas facer as tarefas e repasar sen que ninguén te moleste nin te interrumpa.
●
Estar atento na clase ás explicacións, sen molestar a profesores/as e compañeiros/as.
●
Anotar na axenda diariamente todas as tarefas e repasos que indiquen os profesores/as.
●
Se tes materias pendentes ou recuperacións, debes adiantar todo o traballo que poidas nestes primeiros días do trimestre, non deixándoo para o final. Fala cós teus profesores/as para ver como te organizas.
B) FAI UN PLAN DE ESTUDOS E TRABALLA TODOS OS DÍAS ●
Dedica cada tarde entre 2-2,30 horas (polo menos) ás tarefas e repasos. Inclúe no teu plan de traballo diario: ○
As TAREFAS “INMEDIATAS”: as que tes que facer para mañá ou pasado.
○
“As TAREFAS a MEDIO PRAZO”: traballos e tarefas que tes que facer para dentro duns días ou unhas semas. Aproveita eses días nos que non tes tarefas para dar un empuxón a estas “tarefas a medio prazo”.
○
REPASOS: trata de repasar cada tarde polo menos un par de materias para levalas así todas ao día.
○
ESTUDIO-PREPARACIÓN de EXÁMES: se te queda algo de tempo, dedícate a estudar e a preparar os exames que terás máis adiante.
C) HAI QUE COIDARSE… Estudar é un traballo duro para o que tamén hai que "estar en forma”. Non se pode vir cansado e con sono a clase, nin atender e estudar se non se teñen hábitos de vida saudables. Para iso: ●
Almorza ben antes de vir ao colexio.
●
No te acostes tarde. Descansa o necesario.
●
Controla as horas que dedicas ao ordenador e a
televisión: non te
pases. ●
Trata de levar unha vida saudable, sen fumar nin consumir alcohol. Práctica, se podes, algún deporte.
●
Os fins de semana reserva un rato para estudos e tarefas: se te organizas hai tempo para todo.
ANIMO! PONTE AS PILAS!