PREPARANDO OS EXAMES -Algúns consellosPara preparar ben os exames é preciso evitar os agobios de última hora. O mellor é planificar con tempo suficiente todo o relacionado con eles. A continuación tes algúns consellos.
1.- ANTES DO EXAME * Programa adecuadamente os repasos: -Non o deixes todo para o último día: produce cansanzo, embotamento, olvidos, bloqueos emotivos... É mellor estudar un pouco todos os días que moito en poucos días. -Elabora un plan de repasos, onde escribas os datos fundamentais. Pode serte útil un cadro como este: (Asignaturas, data do exame, días de estudo e temas (cantidade de materia a repasar), repasos, repaso final... ASIGNATURA
DATA DE EXAME
MATERIA PARA EXAME
DÍAS DE ESTUDO/ TEMAS
DÍAS DE REPASO/ TEMAS
-O primeiro repaso realizase ao terminar o estudo e o segundo nas 24 horas seguintes ao estudo, que é cando máis esquecemos. -Debes establecer repasos os días anteriores a cada exame, tratando de profundizar en aquelas cuestións que menos recordes. O repaso final estará baseado nunha revisión xeral dos teus apuntes de clase ou libros, esquemas e resumes, ou, se non dispós de moito tempo, de aqueles temas que consideres mais importantes. -Durante a preparación dos exames deberás facerte preguntas sobre o tema: cómo, ónde, cándo porqué.... É convinte que te exercites en desenvolvelas oralmente e por escrito. ¡Fala contigo mesmo sobre o que estudes! 1
* Consellos antes do exame. -Non hai que deixarse vencer pola ansiedade nin polo sentimento de incapacidade ou fracaso, pois podemos chegar a bloquear o proceso de recordo. Si te asaltan os “pensamentos negativos”, cambia de “chip” e intenta pensar en positivo. É mellor esforzarse e intentalo ata o último momento, que renderse. -Convén para iso estar o mais relaxado/a posible. Pode virte ben facer pequenos descansos no estudo, pasear, cambiar de actividade (se te “atascas”), facer exercicios de relaxación, ducharte antes de acostarte... -É necesario durmir o suficiente, especialmente a noite anterior ao exame. En último extremo é preferible madrugar que acostarse tarde. Durmir normalmente é a mellor forma de ter a mente despexada. -Temos capacidade suficiente para afrontar os exames, o importante é : estudar, confiar en n os m esm o s, estar coa maior tranquilidade posible para que as ideas afloren con fluidez e coherencia. -Non podemos poñernos en mans da sorte. O estudo non é problema de sorte, senón de traballo e constancia. -A noite antes debes dedicala só a repasar. Evita os atracóns de última hora. Se te dedicas a estudar moitos contidos novos perderás visión de conxunto, terás elementos soltos e descordinados e apenas poderás memorizar. Sométeste a unha gran tensión e ao risco de que non te de tempo a estudar toda a materia. Acumularás unha fatiga física e psíquica nada recomendable nestes momentos cercans ao exame. -Por último, non esquezas preparar todos os utensilios necesarios: libros, apuntes, bolígrafo, papel, regra, dicionarios... * Cómo vai a ser o exame? Unha das principais preocupacións d os/as estudantes é coñecer cómo van ser os exames. Para iso convén preguntar aos profesores/as, días antes do exame, cuestións como as seguintes: - O tempo de que se vai a dispoñer. Cantas preguntas terá o exame. - O tipo de resposta que se espera.: preguntas cortas, de desenvolvemento, tipo test… - A puntuación que terá cada pregunta - O material que se pode levar ao exame: un dicionario, unha calculadora... - Os temas sobre l os que se realiza o exame - Como e cando pódese recuperar o exame no caso de que non nos vaia ben... 2
2.- DURANTE O EXAME * Organizar o tempo do exame: É fundamental que no exame non te vexas escaso/a de tempo e ao final te entren as presas por que te des conta de que se termina a hora. Por iso, antes de comezar a escribir... -Trata de relaxarte. Inspira profundamente cinco ou seis veces si fora necesario. -Atende ben ás normas e aclaracións que faga o profesor/a. -Hai que fixarse moi ben no tipo de traballo que se ten que realizar. A estratexia debe ser diferente para cada tipo de exame. Imos a repasalo * Exames escritos de desenvolvemento: -
Le todas as preguntas seguidas facéndote unha idea de qué se espera que desenvolvas.
-
Subraia a palabra clave de cada pregunta que nos di cómo organizar as respostas, por exemplo: explica..., define..., demostra..., compara..., resolve..., comenta..., calcula... Se non entendes algo pregunta ao teu profesor/a.
-
Cando haxas comprendido o que se te pide, fai un esquema mental, un sinxelo borrador ou un guión (nunha folla aparte), dos puntos principais a desenvolver. Gañase tempo e non se olvidan cousas.
-
Pensa como vas a distribuír o tempo de exame, intentando asignar a cada resposta o necesario.
-
Se podes variar o orden das preguntas, empeza polas que saibas mellor.
-
Comeza a escribir con rapidez pero sen precipitación: respeta os marxes, escribe con letra clara, coida a ortografía, as expresións correctas, evita tachaduras... Pensa que a presentación tamén é un factor moi importante.
-
Coida a expresión: non repitas varias veces a mesma idea, non te "enrolles" innecesariamente andándote polas ramas, nin des respostas moi cortas.
-
Demostra o que sabes respondendo de forma clara e ordeada. Non inicies aspectos da pregunta que descoñeces e que poden poñerte en evidencia. Si é oportuno, completa a exposición con gráficos, debuxos, esquemas... que aclaran o escrito. 3
-
Ao acabar cada pregunta deixa un pequeno espazo en branco por si logo recordas algo máis cando volvas a relela antes de entregar o exame.
-
Non deixes preguntas sen contestar. Se non te da tempo a contestar algunha pregunta, fai brevemente un esquema da mesma para demostrar que a coñeces anque non poidas desenvolvela.
-
Se te queda tempo, rele as túas respostas, completa se podes algunha, corrixe, si é necesario, algún error ortográfico... REPASA
* Probas obxectivas: Xa sexan probas do tipo verdadeiro/falso ou probas de elección múltiple, convén ter en conta algunhas cousas: -
Le moi atentamente as proposicións que se fan.
-
Responde primeiro a aquelas preguntas que saibas seguro as respostas. Ante a dúbida, pasa á seguinte pregunta. Na segunda volta responde ás que deixastes e que te resultan menos dificultosas. Na terceira volta contesta as máis difíciles.
-
Nas preguntas de elección múltiple, elimina sucesivamente as respostas que vexas con claridade que non poden ser correctas, para quedarte coas posibles, e ao final coa que penses que é verdadeira.
-
Comproba se a pregunta está feita en sentido negativo ou afirmativo para non contestar o contrario do que se pide.
-
Fíxate de modo especial nas palabras clave que limitan o verdadeiro contido da pregunta. Algunhas soen indicar proposicións falsas (todos, ningún, sempre, nunca, ...) e outras soen indicar que a proposición é verdadeira (algúns, as veces, xeralmente, con frecuencia,...).
-
Se tes dúbida en algunha pregunta, ¡ollo!, pode ser arriscado: tes o 50% de probabilidades de acertar e de equivocarte.
-
Se se penalizan os erros, interesa non contestar algunhas preguntas se non estás seguro da resposta, porque do contrario non suma punto e resta dos acertos anteriores.
4
* Durante o exame: - Céntrate no teu traballo e olvídate do que fagan os demais - Cando os teus compañeiros/as empecen a entregar os exercicios, non te poñas nervoso/a: segue o plan que te marcaches e, ei consideras que xa terminastes repasa o que escribiches (nome, numeración das respostas, ortografía...) - Non esquezas escribir o nome e apelidos en cada folla e numeralas.
3.-DESPOIS DO EXAME -
Se te provoca ansiedade comentar as respostas cos compañeiros/as ou buscalas nos apuntes e libros, evita estas situacións. ¡Non pases máis malos ratos!
-
Trata de distraerte e olvidarte do exame. Cambia de actividade e procura relaxarte.
*Cando recibas o exame correxido debes ter en conta algunhas cousas: - Non te fixes só na nota - Observa con detemento os erros. Aprende deles. - Analiza as súas causas e pensa como corrixilos para outras ocasións. - Pregunta ao profesor/a todo o que non entendas. - Ante un resultado insuficiente, non busques a culpabilidade onde non a haxa. - Non consideres o suspenso como un fracaso persoal, nin votes a culpa ao profesor/a. -Non pagues o teu enfado con teus pais ou irmáns. O exame é un toque de atención sobre os teus erros e informate para que poidas corrixilos no futuro. Se tes isto en conta o exame poderá converterse nun verdadeiro instrumento de aprendizaxe.
A seguinte ficha, ou unha parecida que ti elabores, pode servirte para organizarte mellor este período de exames.
ASIGNATURA
DATA EXAME
TIPO DE PROBA MATERIA DE ESTUDO / TEMAS
PLANIFICACIÓN DE REPASOS. DATAS DE PREPARACIÓN
PREPARANDO OS EXAMES: PLANIFICACIÓN DE REPASOS
6