Prestige, para primaria xaneiro 2014

Page 1

A SINGULAR HISTORIA DUN BARCO CHAMADO

PRESTIGE PROXECTO “NÓS SOMOS MAR”


Personaxes

CAPITÁN: Lúa TIMONEL: María e Begoña TORPE: Sheila. DIVERTIDO: Laura. GRUÑÓN: Pedro. OPTIMISTA: Patricio PREVISORA: Alejandra. MAFIOSO 1: Paula MAFIOSO 2: Rafa. MAFIOSO 3: Isma MAFIOSO 4: Sofía AVARAS: Carlota, Malena e Sabela GUARDACOSTAS 1: Anita GUARDACOSTAS 2: Erika CARGUEROS: Pablito-Nacho CANCIÑOS:Eviña // Alejandra ESCENA 1 CAPITÁN (Suspira) Ai, que bonito é o mar. De verdade que é moi bonito. Ata onde chegará o mar? Quizáis non remate nunca, que pensades vós, canciños?. No cole, no curso das enerxías, aprendín que a terra era redonda e que por iso nunca poderiamos ver onde acaba o mar. É tan grande e tan bonito que me encantaría poder ver tódolos mares do mundo. Claro, entón se me subirá nun barco podería dar a volta ao mundo e... e volvería outra vez aquí para contarllo a todos os meus amigos, e a vós, por suposto, meus canciños. (Se queda pensativo) Xa sei!! Vou construir un barco!


TIMONEL 1 Sí, claro, como Cristóbal Colón. TIMONEL 2 Ou como Magallanes TIMONEL 1 Ou como Francis Drake TIMONEL 2 Ou como Jack Sparrow CAPITÁN Quen é ese? E quen sodes vós TIMONEL 1 Un home de mar que entende moito de... ben, pois iso, de mar. TIMONEL 2 Unha muller de barco que entende moito de….ben, pois iso, de barcos. CAPITÁN Entón poderiades construir conmigo o barco. TIMONEL 2 Ui, construir un barco. Iso costa moito tempo e moitos cartos. TIMONEL 1 Ademáis eu só entendo de mar, non sei nada de barcos. Se queres dígoche os océanos: Atlántico, Pacífico, Indico… CAPITÁN É igual. Construiremos un barco estupendo, novo, fermoso e moi resistente, moi moi resistente, moi moi moi resistente. Con doble ou triple casco e todo, así nunca se afundirá. TIMONEL 2 Xa, pois non pides pouco. Mira, nós propoñémoste outra cosa. TIMONEL 1 Temos algúns amiguetes no porto que... que poderían conseguirnos un barco...digamos…. baratillo.


CAPITÁN Baratillo? TIMONEL 1 Sí, baratillo. Ben, en realidade é un de... de… segunda man. TIMONEL 2 Pero non te preocupes, é estupendo, e moi resistente. Vaia, que nin as ondas nin las gaivotas poderían con él. CAPITÁN Qué ben! Entón xamáis poderase afundir. Poderiamos dar a volta a Galicia, que digo, a volta a Europa, que digo, a volta o mundo como Willy Fogg. TIMONEL 1 Sería como Elcano e Magallanes. CAPITÁN Que máis ten! Por fin, un barco con doble casco. TIMONEL 2 Ben... este é…. monocasco. CAPITÁN Monocasco? E iso que é? TIMONEL 2 Pois que en troques de dous cascos só ten un, mono. Como se o casco fora unha casca de noz e en vez de dúas cascas de noz tivera unha soa para frotar. TIMONEL 1 Pero noN te preocupes. É un barco estupendo, excelente, que xamáis se afundiu. TIMONEL 2 Xamáis, xamáis. CAPITÁN Se mo pintades así. TIMONEL 2 Barato, moi barato, TIMONEL 1


Xa ves, non tes que agardar nadiña porque fai moito moito tempo xa que está construido. TIMONEL 2 Pero está moi moi reformado…. CAPITÁN Vale, vale, entón cando imos buscalo? TIMONEL 1 Agora mesmiño, ti síguenos e xa verás que preciosidade. ESCENA 2

Un conxunto de persoas que falan entre elas. Son a tripulación do barco, o “Prestige”. Algúns deles, o Torpe, persiguen a outro, Divertido. TORPE 1 Non te escapes... xa verás en canto te collamos... DIVERTIDO Ja, ja, corre, corre! GRUÑÓN Vale xa que me estades volvendo tolo. PREVISOR Tede coidado que a cuberta do barco está chea de aceite e podedes esvarar. TORPE Como esvara isto….. ¡Ai! DIVERTIDO ¡Ja, ja, ja! Vedes? Xa sabiamos que acabariades no chan. Sempre lle pasa aos torpes. Ja, ja, ja!! Sí, soamente lle pasa aos torpes….Ai!! OPTIMISTA Ben, pero nunca lles pasa nada. Están ben GRUÑÓN


Ata que algún día lles pase, xa verás. DIVERTIDO Que estás a facer? OPTIMISTA Estou calafateando o casco do barco. TORPE E iso que é? OPTIMISTA Pois frotar con grasa a cuberta do barco para que non entre auga e flote. GRUÑÓN Para o que nos vai servir. PREVISOR Pois sí que nos ten que servir. Tódolos barcos teñen que estar moi ben coidados para que sigan sempre flotando. TORPE E o noso está ben coidado? GRUÑÓN O que lle pasa ao noso é que vai xa moi vello e terían que deixalo tranquilo e que se fora descansar. DIVERTIDO Entón teriámonos que xubilar? Eu non quero ser xa coma unha vella…..así….

PREVISOR Sería o mellor. Os barcos vellos terían que deixar de traballar e levalos aos asteleiros para desarmalos. É perigoso que siga navegando porque se podería afundir. DIVERTIDO Pero non nos pasaría nada porque os barcos flotan. Mira!! GRUÑÓN


Eso era antes, cando os barcos eran de madeira e sempre quedaba algunha peza que flotaba na que te podías amarrar. Agora como son de metal en canto se mete o agua dentro afúndense. O metal non flota. OPTIMISTA Este non afundirá nunca porque o estou calafateando moi moi ben. TORPE Xa, pero iste só ten un casco. E se por un casual un día atopamos cunha galerna moi forte e entrara algo de auga por algunha rendixa do casco vello? Iso, e se ven unha tempestade? (Alguén fai o ruído dunha tempestade e os torpes caen) OPTIMISTA Iso a nós non nos pasaría! Dígovos que estou calafateando moi moi ben. GRUÑÓN Nada, nada, por fin atopo a alguén que teña a testa sobre os ombreiros. Este barco é vello e ten un só casco. Se tivese dous, o segundo casco salvaríanos e impediría que nos afundamos. PREVISOR Sí, ten razón. E tamén con doble casco impediríamos que se mesture co mar calquera cousa que estiveramos transportando. OPTIMISTA Eh, escoito un ruido, alguén se achega, somos a tripulación do barco e temos que poñernos en posición, recordade que estamos no porto!

Xúntanse deprisa, TORPE esbara e volve caer. DIVERTIDO ¡Ja, ja, outra vez él! ESCENA 3


Entra o TIMONEL buscando a alguién que non atopa. O barco mantense en posición firme. TIMONEL 1 Ola? Hai alguén? Sei que estades por aquí. TIMONEL 2 Pasades a vida nos asteleiros.

Escóitase un gato e asústanse os Timoneis. Entra por varios lados á vez un grupo de persoas vestidos de oscuro con gafas negras. Son os Mafiosos. TIMONEL 1 Ah! Xa era hora, levamos buscando por vós moito tempo por todos lados. TIMONEL 2 Iso, eu xa estou canso de buscar eh!! MAFIOSO 1 Sabémolo. TIMONEL 1 Teño un asunto que vos pode interesar. MAFIOSO 2 Un Capitán que busca un barco para dar a volta ao mundo. TIMONEIS ¿Eh? MAFIOSO 3 Tamén o sabemos. MAFIOSO 4 Sabémolo... todo! Todo, todo, todo!! MAFIOSOS Todo! TIMONEL 2 (Nervioso) Pois iso, busca un barco. MAFIOSO 1


Temos o que necesitas. MAFIOSO 2 Un barco vello, cansado con ganas de xubilarse e... TIMONEIS E...? MAFIOSOS E monocasco! TIMONEL 1 Ben, eso é o que buscaba, algo baratiño. TIMONEL 2 Algo que non costara moito, xa nos entendes. MAFIOSO 4 Pero terá que llevar algo no barco. MAFIOSO 3 Sí, ten que levar algo….que ten que levar? TIMONEL 1 e 2 Que teremos que levar?

Entran novas personaxes, as AVARAS. AVARA 1, 2 e 3 ¡Petróleo! TIMONEIS ¿Petróleo? AVARO 1, 2 e 3 Sí, petróleo. TIMONEL 1 Pero iso non pode ser, o barco é monocasco e está vello. TIMONEL 2 Se por un casual se escapara algo de petróleo poderiamos matar toda a pesca e tódolos corais do litoral. Co bonitos e importantes que son! AVARA 1


Non te preocupes, iso non pasará. AVARA 2 Ademáis tamén temos pescado en lata así que no peor dos casos nunca nos moririamos de fame. AVARA 3 Ben, tampouco te pases ti, bonita. Cunha latiña chega ben. TIMONEL Non sei, non sei.

As AVARAS fan un xesto aos MAFIOSOS MAFIOSO 1 Canto? MAFIOSO 2 1000? MAFIOSO 3 2000? TIMONEL 1 Ben, nós... nós somos timoneis moi difíciles de convencer. MAFIOSO 4 10.000? TIMONEL 2 Nós nunca nos deixaríamos... sobornar? MAFIOSO 4 50.000 euros e saides do porto co barco e o petróleo. TIMONEL 1 e 2 Feito! TIMONEL 1 Por certo, como se chama o barco? Vou ter que ensinárllo ao Capitán. AVARA 1 Prestige, ese nome nunca se te olvidará porque seguro que vos fará pensar en “prestixio”.


AVARA 2 En fin, eso é o de menos. Nestes momentos están cargando o barco con petróleo e en breves instantes estará listo para zarpar. AVARA 3 Adeus, volverémonos ver cando cheguedes ao voso destino.

Saen os Timoneis pensativos. MAFIOSO 1 Esto promete, imos ser ricos. MAFIOSO 4 ¡Ricos, ricos, ricos! MAFIOSO 3 Si xa o somos. Tódolos días estamos organizando transportes de petróleo. AVARA 1 Cantidade de toneladas de petróleo circulando sobre o mar. E iso da moito, moito diñeiro. MAFIOSO 2 E moitos riscos tamén. MAFIOSO 4 Riscos, de que? MAFIOSO 3 De que algún día un dos barcos poida afundirse e cubra o mar de chapapote. AVARO 2 Non vos preocupedes, que se pasa iso estade tranquilos que ese chapapote nunca chegaría ás nosas casas. MAFIOSO 2 O que importa é que sexamos ricos. Danos igual se o barco ten un só casco ou dous. MAFIOSO 3 Cun só sae máis barato. MAFIOSO 1


E ata que os gobernos non fagan as leis que nos obriguen a levar doble casco, nós a disfrutar e a facernos aínda máis ricos. MAFIOSO 4 Aos gobernos saleríalles demasiado caro. E ademáis algún que outro pequeno soborno... MAFIOSO 2 Así ninguén ve nada. MAFIOSO 3 Sí, pero agardemos que o mar non se entere de todo isto que estamos facendo. MAFIOSO 4 Ti tranquilo, que os peixes nunca se enteran de nada.

Saen da escea. ESCENA 4 OPTIMISTA Víchedes? Parece ser que imos zarpar. DIVERTIDO 1 Que ben, por fin lanzarémonos a navegar! A navegar, a navegar!! PREVISOR 1 Sí, pero hai algo que cheira mal, moi moi mal. Algo cheira a podrido na costa de Galicia. GRUÑÓN Imos ter que transportar... petróleo. DIVERTIDO Ben, e que? TORPE Pois que seguro que nos chocamos con algo e seguro que... PREVISOR ...que acabamos desparramando todo o petróleo polo mar e iso é...iso é…. GRUÑÓN


...malo... moi malo. TORPE Malo para a natureza. OPTIMISTA Pero iso non nos pasará, xa veredes, calafateei moi ben o barco e nunca deixarei escapar unha gota de petróleo. GRUÑÓN Non sei, non me fío. Silencio que veñen o Capitán e o Timonel! DIVERTIDO 1 Ja, ja, o Capitán e o Timonel, o Capi….ups!! Capitán!!

ESCENA 5 CAPITÁN Así que xa temos barco? TIMONEL 1 Sí, un barco estupendo, precioso, ademáis chámase Prestige. TIMONEL 2 Fíxate, coma se tivese prestixio. CAPITÁN Home, algo terá, non? TIMONEL 1 Ten de todo, de todo, mira! ata un áncora. CAPITÁN Entón xa... TIMONEL 2 E un cargamento. CAPITÁN Un cargamento? TIMONEL 1 Sí, petróleo. Pero ben, é a túa profesión a de levar cargamentos. TIMONEL 2


E ademáis..., dixéronme que ao final o barco terá doble casco (miente el Timonel). así que non teremos ningún problema. TIMONEL 1 O petróleo viaxará seguro. CAPITÁN Sí, é verdade, son capitán de barco e o meu traballo é levar cargamentos dun porto a outro. En fin, supoño que iso é normal. Polo menos ao final o petróleo viaxará seguro. Cando zarpamos? TIMONEL 1 Agora mesmo. Xa acabaron de cargar o barco. CAPITÁN Pois adiante. ESCENA 6

Música. Dous gardacostas vixiando a saída do Prestige. Os mariñeiros acaban de cargar o barco e despídense da costa. CAPITÁN Todo listo? TIMONEL 1 e 2 Todo listo. CAPITÁN Zarpamos!

O Capitán e os Timoneis cantan unha canción. Oscuro. Pasaron xa varios días. Vese á tripulación cansada e bostezando. Silencio no barco e sólo se oe o mar. Están en altamar. GRUÑÓN Falta moito? Levamos xa dez días en altamar e teño ganas xa de ver terra. DIVERTIDO


Pois vaia mariñeiro que estás feito. Os que son de verdade aguantan no mar ata, ata un ano enteiro se fixera falla. TORPE Sí como Cristóbal Colón. ¿No? PREVISOR Que bestia es! Cristóbal Colón aguantou xusto o que tivo que aguantar. Un par de meses e estaban xa que non podían máis. GRUÑÓN Pois eu xa estou empezando a cansarme. TORPE Vese algo? OPTIMISTA Aínda non, pero xa deberíamos ver terra dentro de pouco, estamos moi preto de Galicia. PREVISOR 1 Teríamos que chegar o antes posible. Estase achegando unha galerna. DIVERTIDO 1 Estupendo, así ata poderemos pegarnos unha ducha,unha ducha ben fresquiña….

Entra o Capitán CAPITÁN Timonel, mantén o rumbo? TIMONEL 2 Sí Capitán, noroeste e estamos xa preto de Galicia. PREVISOR Achégase unha galerna Capitán. GRUÑÓN Sí, Capitán unha galerna. DIVERTIDO E unha boa ducha. CAPITÁN


Sí e parece que vai ser forte. Vaia, parece que isto de navegar non é tan divertido como pensaba. TIMONEL 1 Que va! Se isto é un pasatempo, se non tiveramos algunha galerna de vez en cando aburriríamonos como ostras. OPTIMISTA Coidado timonel, unha onda moi moi grande! TIMONEIS Onde? ¡Aaaaah!

Toda a tripulación fai a ola. TIMONEL 2 Que graciosos, non me fixo gracia. OPTIMISTA Agora sí, timonel, unha onda de verdade…. TIMONEL 1 Pois agora non vos creo…. (Opción de botar caldeiro de auga ao Timonel) TORPE 1 Acábanos de alcanzar a galerna e estamos no medio!

Música. (Se utilizó la de los gallegos DIPLOMÁTICOS, “Komunicando”) Miman el movimiento de las olas y del barco. Siguen la canción. PREVISOR 1 Capitán, oín cruxir o casco del barco. Sí, capitán cruxe cruxe. CAPITÁN E iso é malo? GRUÑÓN


Malísimo, podería partirse en dous o casco e afundiríamos nun santiamén. O barco é vello. TORPE E monocasco. CAPITÁN Monocasco?, entón... GRUÑÓN Entón que o barco irase a pique e o peor de todo é que... DIVERTIDO A piqué, que divertido, virá tamén Shakira? GRUÑÓN Cala, mariñeiro, a pique moça, a pique. TIMONEL 1 Silencio! Aquí non está pasando nada, non é máis que unha simple galerna. CAPITÁN Timonel, non me dixeras que o barco tiña doble casco como... como dúas cascas de noz? TIMONEL 2 Ben, xurdiu un pequeno problema no derradeiro momento e tivemos que quedar co que hai. TIMONEL 1 Por catro cadelas non podiamos conseguir nada mellor. OPTIMISTA Capitán abriuse unha brecha a estribor do barco! CAPITÁN Meu deus ! E como é que non afundimos? PREVISOR Porque non é o suficientemente grande. TORPE O xusto para ir perdendo o petróleo. O mar estase volvendo negro! CAPITÁN


Rápido, temos que chamar pola radio a Galicia e dicirlles que nos fagan un sitio no porto. Precisamos que nolo arranxen antes de perder tódalas toneladas de petróleo que leva o barco. OPTIMISTA Capitán, capitán, unha serea varada CAPITÁN Que optimista es….será un peixe grande OPTIMISTA Que non, Capitán, fíxese ben. DIVERTIDO Certo, mirade como move a coliña….. GRUÑÓN Está negra, moi negra OPTIMISTA Seguro que alguén pode axudala PREVISOR Se tivesemos outro bote…… GRUÑÓN Negro, moi negro……

ESCEA 7 TIMONEL 1 A ver, probando, probando, oídesme, Galicia? Galicia? desde Galicia? TIMONEL 2 Somos a tripulación do Prestige e estamos perdendo petróleo. Precisamos entrar no porto para que nos axudedes a arranxalo. GARDACOSTAS 1 Uuui, Uiii, Uiii, Uiiii, a ver que me estades a dicir? TIMONEL 1 Por favor!! Precisamos ir ao porto para arranxar unha avaría.


GARDACOSTAS 1 Pois non o vexo nada claro, agarde que pregunte. Ti que pensas? GARDACOSTAS 2 Nin falar, que di, mancharíanos todo o porto e iso no lles gustaría aos que vivimos aquí. GARDACOSTAS 1 Ademáis temos os iates limpos e os trasatlánticos ben atracadiños. GARDACOSTAS 2 Eu non me quero ensuxar de negro. GARDACOSTAS 1 Ala!! Xa escoitou mociño. A levar o barco polo Atlántico. TIMONEL 1 Pero se tampouco lle pedimos tanto. Só lles manchariamos un pouquiño o porto e así... CAPITÁN E así salvaríamos o resto do mar. TIMONEL 2 Iso, salvaríamos o resto do mar. GARDACOSTAS 1 Nada de nada. Que temos un porto moi bonito e non queremos que se manche. GARDACOSTAS 2 Dilles que o barco é moi grande e non cabería no porto. GARDACOSTAS 1 Xa escoitou “jefe”, que non cabe. OPTIMISTA Que facemos Capitán? CAPITÁN Non sei... TIMONEL 1 Agarde, vou chamar ao señor que nos pasou o petróleo. TIMONEL 2


Un, dous un, dous... probando, probando óese? AVARO 1 Sí, qué pasa? TIMONEL 1 Imos afundir con todo o petróleo dentro, teñen que salvarnos. AVARO 2 É verdade hai que salvar o cargamento. Hai algún outro petroleiro por aí cerca? MAFIOSO 1 Non sei vou intentar comunicarme con algún. Ola, hai algún outro petroleiro por aí rondando? CARGUEIRO 1 Sí, estoy serca de Galisia y vengo vasío. CARGUEIRO 2 Sí, moi moi vasíos!!! AVARO 3 Pásamo. Ola, teño unha proposta que facerlle, alquílanos o barco e enchémolo de petróleo nun periquete. TIMONEL 1 Decídanse pronto, non sabemos canto pode aguantar o barco! CARGUERO 1 e 2 Pois non sei, non sei... MAFIOSO 2 Dille que lle pagamos. AVARO 1 Entón nós non gañariamos diñeiro. MAFIOSO 3 Pero se non lles pagamos algo perderíamos todo o cargamento de petróleo. MAFIOSO 4 E ata case poderiamos manchar o mar. MAFIOSO 3 Sí, manchar o mar, de que manchamos o mar?


MAFIOSO 4 De negro, como o traxe que levas, paspán. AVARO 1 Iso é o de menos. CAPITÁN Oia, iso non me gustou. Veña, denos permiso para pasar o petróleo a ese outro barco. PREVISOR Dun momento a outro o barco vai escachar en dous! CAPITÁN Porto de Galicia, déixenos entrar inmediatamente! GARDACOSTAS 1 Que non, que non, que me dixo un paxariño que non se pode, é dicir que non caben, iso, que non caben. GARDACOSTAS 2 Bien dicho. Hala, ya me salió el castellano!! CARGUEIRO 1 Ben, pois xa está, páguenos moito e deixámoslles empregar o meu barco. A TRIPULACIÓN O barco está partindo en dous!! ¡¡Aaaaaaah!!

Pártese en dous ao tempo que se extende unha tea negra sobre o escenario.

ESCENA 8

Están todos tristes en escena. Uns de pé e outros aínda tumbados. Levantan despacio. TORPE Ao final démonos conta do arriscado que era a viaxe. GRUÑÓN Ao final démonos conta do perigoso que é o petróleo.


DIVERTIDO Do que é un monocasco. PREVISOR E do importante que é a natureza. OPTIMISTA E o mar. MAFIOSO 1 E os peces. MAFIOSO 2 E as aves. CAPITÁN O barco afundiuse nun santiamén, e antes de que nos déramos conta... empezaron a sair toneladas e toneladas de petróleo que se foron convertindo en... TIMONEIS Chapapote! MAFIOSO 1 Comezou cubrindo as costas do Norte de Portugal. GARDACOSTAS 1 Logo pasou a Asturias. GARDACOSTAS 2 E despois a Cantabria. AVAROS E de seguida chegou ao País Vasco. PREVISOR E chegou ata as costas francesas. TORPE E Galicia... parece mentira como quedou a pobre Galicia. GRUÑÓN A Costa da Morte quedou como iso... como un cemiterio. MAFIOSO 3 De coral. MAFIOSO 4


De moluscos. MAFIOSO 1 As aves morrían impregnadas de chapapote negro. TORPES A costa enteira de todo o mar Cantábrico volveuse negra. GARDACOSTAS 1 E pegañenta. GARDACOSTAS 2 Puaj. OPTIMISTA Empezou a chegar xente de toda España para axudar a limpar todo iso. CARGUEIROS Pero era casi imposible. O petróleo seguía saindo do Prestige. PREVISORES E segue saindo! AVAROS E despois de moitos meses... GRUÑÓN E moito moito traballo... TORPES Conseguiron máis ou menos limpar a costa. MAFIOSO 1 Pero segue saindo petróleo. TIMONEL E toda a costa submarina segue estando negra, cuberta de chapapote. CAPITÁN E o coral segue a queixar. GARDACOSTAS 1 E os peces. GARDACOSTAS 2 E os moluscos. GRUÑÓN Co que nos gustan as gambas!


PREVISOR Vós credes que a golpes se aprende? GRUÑÓN (Reprimindo coa man aos Avaros.) Non sei, non sei... CAPITÁN Eu digo que a partir de agora aprenderemos a escoitar os consellos da xente de mar. TIMONEIS A non facer caso ao diñeiro. AVAROS Vale, vale... xa aprendemos. AVARO 1 A partir de agora só traballaremos con petroleiros de doble casco. OPTIMISTA Sí pero e que mais... AVAROS E que agora mesmo poñémonos unhas botas e un par de guantes e ímonos... ímonos á costa... a limpala para que non nos pase nunca mais. TODOS ¡Nunca mais!

Música y telón.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.