PROGRAMA ACTIVIDADES EFICIENCIA ENERXÉTICA 2013

Page 1

xaneiro: Actividades Boletín nº 4


Como xa todos sabedes, o vindeiro 5 de marzo, celebrarase o Día Mundial da Eficiencia Enerxética, prantesaxe como unha das políticas de freo para o cambio climático e a consecución de sociedades sostibles xunto co desenvolvemento das enerxías renovables e unha política de transporte menos agresiva, o noso Centro dentro de Proxecto “DO PEDERNAL Á FUSIÓN “ únese a conmemoración deste día coa organización de actividades que posibiliten a extensión de prácticas sostibles no ámbito familiar e escolar do noso alumnado.

ACTIVIDADES •

9:00 a 11:30 “INVESTIGADORES AMBIENTAIS DA ENERXÍA” o alumnado de 3º e 4º da ESO analizará o consumo eléctrico do noso centro nos dous últimos cursos . Co obxectivo de reducir o consumo racionalizando dito uso e cambiando os nosos hábitos: apagar as luces cando no son necesarias, aproveitar a luz solar, programar los equipos informáticos para que se apaguen sos, racionalizar o uso de fotocopiadoras e impresoras……..

1º e 2º da ESO: ELABORACIÓN DUN MURAL coa temática da eficiencia enerxética, (auga, climatización, electrodomésticos, automoción, iluminación e residuos)

3º CICLO DE PRIMARIA: “FACENDO UNHA ESCOLA VERDE” Ao longo de toda a semana en pequeno grupo farán unha investigación sobre o coidado que se ten no centro co lixo, a electricidade, o papel, e a auga. Despois propoñerán solucións para reducir, reutilizar e reciclar.

Página 2


OBRADOIRO PRIMARIA TALLER DE EFICIENCIA ENERXÉTICA 1ª parte: Charla sobre o gasto enerxético necesario para producir plásticos, envases e deterxentes que usamos a diario.

5

2ª parte: Dividirase ao grupo en catro equipos.

M

Cada equipo terá que elaborar un deterxente específico, con elementos non contaminantes nin nocivos para a saúde e envasar o produto reciclando envases (p.e.: deterxente para o chan, limpacristais, limpador para superficies e limpador de madeira)

A R Z

Calcular o gasto de elaborar o deterxente sumando o coste de cada ingrediente e comparalo co precio do usado anteriormente.

O

Fixarse por último nos compoñentes do limpador químico e comparalos cos componentes do que van a fabricar

E

3ª parte: Unha vez elaborados os limpadores, terán que probalos na superficie adecuada e comparar a súa eficacia cos limpadores químicos usados habitualmente.

F I

4ª parte: Cada grupo terá que expoñer ante todos a experiencia e as súa conclusións.

C I

OBRADOIRO SECUNDARIA

E N C I A E

CONSTRUCIÓN DUNHA BICICLETA XENERADORA DE ENERXÍA Cunha bici, unha correa, un alternador de coche, unha batería e un inversor de corrente construiremos unha bicicleta capaz de producir enerxía de maneira limpa ao mesmo tempo que facemos exercicio. O alumnado de secundaria coñecera o seu funcionamento e propondrá posibilidades de uso, como por exemplo nos recreos escoitar música pedaleando (Recreos musicais). Unha vez construida elaborarán un vídeo onde explicarán como a construiron e o seu funcionamento. (tomada de http://www.chilehazlotumismo.tk/ )

N E R

Boletín nº 4

Página 3



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.