Publicación1 pais e nais len cos seus fillos e fillas

Page 1

13.- Fai constantemente preguntas ao teu fillo/a sobre o «Por que” das cousas, non só sobre os contos que le, sino tamén sobre os incidentes cotiás do fogar ou do barrio.

O Departamento de Orientación e o Equipo de Titores do CPI DE PANXÓN.

PAIS E NAIS LEN COS SEUS FILLOS E FILLAS. Para empezar a falar da LECTURA, en relación coas vosas fillas e fillos, debemos partir dunha idea xeral importante:

14.- Pregunta ao teu fillo/a sobre a parte que prefire dun libro ou conto que acaba de ler. Comentádea.

A necesidade de ler TAMÉN fóra da escola.

15. Utiliza o periódico como un libro de texto de lectura. Pide ao teu fillo/a que localice determinados artículos nas distintas seccións do xornal.

COMO AXUDAR AOS VOSOS FILLOS/AS NO FOMENTO DA LECTURA: 1. Apagade a televisión. Que o normal sexa tela apagada. Encendela só para ver un programa concreto. A televisión, ademais de distraer a atención incita a non ler. As palabras lidas non van directamente asociadas a ningunha imaxe, o que provoca un desenvolvemento máis libre da imaxinación.

16.-Cando vaias comprar ao supermercado, que o teu fillo/a te axude a facer a lista da compra, e a comprobar despois que ides comprándoo todo. 17 - Cando recibades cartas de amigos ou familiares, que os vosos fillos/as lean as partes que lles poidan interesar, e se encárguen tamén de contestar algunhas palabras.

2. Cos nenos/as máis pequenos, mirade libros infantís de debuxos e contade historias. Estade atentos ao que en cada época lles interesa, para proporcionarlles libros que falen de iso.

18.- Cando vaiades pola rúa co teu fillo/

3. Cando empece a ler, axudádelle a elixir libros de interese. Podedes pedir información: aos seus mestres/as, a libreiros e nas bibliotecas. Que aprenda a elixir o que vai gustándolle, ao tempo que tí lle guías.

a , lede xuntos os carteis das tendas, os nomes das rúas, os anuncios publicitarios Camiño dos lagos nº 1 36340 Panxón-Nigrán Teléfono: 986365963/64 Fax: 986366313 Correo: cpi.panxon@edu.xunta.es

4. Trala lectura dun libro, falade xuntos sobre o mesmo. Que se dea conta que para vós o libro é unha cousa importante, como o será para ela ou el.


PAIS E NAIS LEN COS SEUS FILLOS E FILLAS 5. Visitade a menudo a Biblioteca cos vosos fillos/as. Explicádelle como e de onde pode coller os libros, e onde debe deixalos. Dádelle tempo para que os mire e os lea, anque que non saiba aínda as letras. 6. Facede que a vosa filla ou fillo vos véxa desfrutar dun libro, revista ou periódico. Comentádelles que vos pareceu a lectura e invitádelles a participar dela. 7. Lede con el TODOS OS DIAS. E valorade estes momentos como verdadeiros actos de comunicación e de diversión, nunca como unha obriga odiosa. Cando contas ou les un conto creas un mundo de fantasía que permite estimular a súa imaxinación infantil. 8. Aproveitade o momento en que se acdeitan para ler con eles contos ou historias Que se acostumen a ler uns minutos cada noite.

ACTIVIDADES CONCRETAS DE LECTURA PARA FACER NA CASA 1.- Lédelle un conto pero omite unha palabra de vez en cando. Pídelle que diga unha palabra que encaixe co significado da frase 2.- Escribe palabras e pídelle que as asocie con debuxos ou con obxectos na casa. Escribe varias letras en fichas e pide ao teu fillo/a que forme palabras. 3.- Responsabilízalo dun calendario da familia onde teña que rexistrar e manter ao día os acontecementos familiares: festas, aniversarios, cumpreanos, viaxes, excursións,... 4.- Se hai un ordenador, dá ao teu filla/ o a oportunidade de usalo. Quizá empece por poñer os vosos nomes ou por copiar frases do seu libro preferido. 5.- Fai que busque fotos que lle gusten en revistas vellas. Pídelle que as recorte e poña títulos a cada unha. Fai que recorte palabras de titulares dos xornais ou anuncios publicitarios. Que os pegue nunha libreta e faga debuxos en relación con esas palabras.

6.- Deixa algún momento para cantar cancións cos teus fillos/as. Pídelle que repita as súas cancións infantís preferidas. 7.- Recorta tiras cómicas do xornal e pide ao teu fillo/a que coloque as viñetas nun orde correcto. 8.- Pregúntalle que palabras querería aprender. Escríbellas en fichas e fai que as coloque por orde alfabético ou por temas nunha caixa especialmente preparada para iso. 9.- Mentres preparas a comida, pídelle que te axude lendo partes da receita ou confeccionando un menú especial. 10.- Antes de que a familia emprenda unha viaxe, fai que o teu fillo/a colabore cos preparativos escribindo unha lista de cousas que hai que levar, lendo o mapa da carretera,... 11.- Le un conto e pídelle que invente un novo título 12.- Le parte dun conto pero omite o final. Pídelle que invente un novo final.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.