Actividades Comité Ambiental

Page 1

“A enerxía máis ecolóxica e a que non se gasta” AFORRA E XOGA LIMPO Palabras clave: • • • • • • • • • •

Orden Limpeza Aforro Enerxías renovables Bo estado do material e das instalacións Sensibilidade cara o medio Mantemento da aula e do Centro Reciclar. Bo uso dos recursos enerxéticos e materiais O papel non é lixo, fai bo uso del

Obxectivos Sensibilizar ao grupo clase para o respecto ao medio ambiente e o aforro de enerxía e espertar unha conciencia ecolóxica dentro da aula-Centro. Implicará: • • • •

Concienciar o alumnado sobre a necesidade de asimilar e cumprir unhas normas. Conseguir unha mellora na dinámica do grupo aula Motivar a participación do alumnado na consecución dunha meta común. Aprender a asumir compromisos e a cooperar polo ben do grupo

Procedemento 1º Informar ao Claustro e posteriormente o titor de cada curso informará o alumnado 2º Distribucións de comisións e responsables de aula 3º Realizarase unha batida de limpeza (manchas de tinta, quitar chicles das mesas, adecentar o taboleiro, limpar grafittis, etc ) 4º Realizar un informe onde conste a nova realidade da aula, sinalando os desperfetos que sexa necesario reparar. 5º Confección de dous contenedores, un para papel e outro para plásticos. Cada grupo conseguirá dúas caixas de cartón dun tamaño medio que reforzará con cinta adesiva nas esquinas e decorará cas cores amarela e


azul. Pódense tamén utilizar fotografías recortadas, debuxos feitos polos propios alumnos, frases para motivar a súa utilización, etc. 6º Elixir o delegado/a de medio ambiente e nomear as distintas comisións que se encargarán: • • • • • • • •

Retirar cando sexa preciso o material recollido e depositalo nos contenedores correspondentes á entrada do Centro. Apagar as luces cada vez que se saia da aula, para aforrar enerxía e evitar gastos innecesarios. Pechar ventás cando estea a calefacción prendida. Pechar ordenadores cando non se estean utilizando. Estudio da luz, auga etc, para plantexar propostas e facer un uso responsable destes recursos (matemáticas, CC.NN, Bioloxía). Estudio de lugares onde colocar contenedores. Limpeza do patio e outros lugares de uso común. Outras actividades que se decidan entre todos.

7º Outras comisións terían as seguintes tarefas para organizar e arranxar a aula: • • •

Realización de cartaxes para a área das papeleiras para resaltalas como zona de recollida –poden ser frechas en varios idiomasCrear cartaxes para incitar a manter limpos os pasillos, servizos, outras aulas específicas (plástica, tecnoloxía, biblioteca, informática, etc) Decorar o tablón d eanuncios: Sobrepoñer papel continuo verde ou azul, (así quedará resaltada a información que s epinche. ORGANIXAR o taboleiro nos seguintes apartados: Información do centro, normas de clase, calendario de exames, diversas informacións.

Quizais para motivar ao alumnado poderiamos convocar un concurso:

A AULA MÁIS LIMPA E ECOLÓXICA. • •

Poderían participar todos os grupos do Centro, ou aqueles que tivesen interese. Cada grupo sería avaliado unha vez por semana cunha nota de 0 a 3( 0=non cumpre os criterios, 1=un pouco, 2=ben, 3=moi ben) nos seguintes aspectos: o Limpeza da aula (nin papeis nin lixo no solo, mesas limpas, ..) o Orden (mesas e cadeiras ordenadas, mochilas colgadas correctamente e non polo solo, libros recollidos, abrigos nas perchas, papeleiras no seu sitio, etc) o Bo estado de material e instalacións da aula ( que non haxa nada roto, paredes e mesas sen pintar, etc)


o Aforro de enerxía (ventás pechadas coa calefacción posta, luces pechadas cando non se utiliza a aula, ordenadores pechados cando non se estean utilizando, etc). Grupo de valoración das aulas. Estaría formado por unha comisión de 3 membros seleccionados de entre os delegados de medio ambiente, que puntuarían de forma independente, e como cualificación final faríase a media das tres valoracións. Para facilitar a súa labor sería necesario confeccionar un estadillo que recollese as diferentes incidencias a valorar. •

O premio consistirá nun vinilo decorativo para a aula


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.